-
07-02-2010: Ruta das almiñas
e do foxo do lobo, por Caritel, Pontecaldelas. Comentario
e fotos.
-
24-01-2010: Conta o cronista:
"Empezamos na mesa dos Bispos e acabamos na mesma mesa, para comer
ben pero sen chegar a facelo como o clero, é posible que algún
comese mellor, aínda que un pouco nervioso pola incerta viaxe de
volta.
Comezou o asunto frío alá pola parte baixa da dorsal galega,
utilizando un símil humano, sentía fresco Galicia un pouco
máis embaixo dos riles alí onde o lombo deixa de selo. Augas
ao Ulla empezamos a camiñar baixando rápido como verdadeiros
afluentes do Deza e tras pasar os muíños de auga tallada
mantemos a dirección do rio da Trigueira, sempre á sombra
do testeiro. A visión do Coco na serra do Candan non nos asustou
pero á altura da Carballeira de María Diz cambiamos o rumbo
para camiñar polo límite de provincias cunha intensa subida
cara ao xeodésico Daquela no alto do couto Mastalo, o sol acompañounos
toda a mañá pero aquí a calor xerouno un empinado
corta lumes, curto, de apenas 300 metros, pero dunha inclinación
apropiada para fotos panorámicas, ao lonxe Lalín, máis
preto Soutelo de Montes, aos nosos pés a Ermida e á esquerda
espéranos o couto das Antas para regresar ao inicio e remate da
camiñata.
Nos lo pasamos moi very well
(hai que empezar a ser trilingües)"
-
10-01-2010: Andaina
10. Así a conta Luisa no foro:
" Pois coma o ano pasado!!
- A hora de sempre.
- No sitio de sempre.
- E a impuntualidade de sempre.
Unha vez chegados todos os que fomos. SORPRESA!!
TODOS DACORDO... nin protestas,nin alternativas,nin,nin...collemos os
coches , e nos dispoñemos para ir a camiñar a Piñor
de Cea. Pois quedamos en Cotelas con un moi bo coñecedor,amante
e camiñante do seu pobo; o que nos fará de guía...
Fran o noso guía de honor, nos di que temos
duas alternativas, unha de 15 Km e outra de 10 Km. Como estamos con moitas
gañas de camiñar decidimos facer a de 15Km, a cal se pode
acortar...claro.!!
BEEENNNN, empezamos a camiñar, camiños
cheos de xelo, de pedras, de follas...Charlas,comentarios,chistes...Muiños,pontes,cabaceiros...Pobos
(por certo en Villeriño están a extrear unha pista de patinaxe,
na cal algunha rillamillas non poido resistirse a semellante tentación,
e nos sorprendeu coas suas habilidades sobre o xelo...Como patiinaaaaa!!!!
coma un autentico Anxo-eles...) ,fornos...XENTE...
Ao final! 10 km camiñados.
Despacio, aprendendo, observando, disfrutando...camiños de contos
de fadas, rios amparados por muros de pedra, muiños pequenos "castelos"
que na su época dourada non paraban de moer..FERMOSA TERRA DE PANADEIROS..
Foi un grato pracer o poder disfrutar das explicacións,da
compañia,do bo camiñar de FRAN...Grazas moita grazas por
compartir o teu pobo con todos nos.
A SORPRESAAAAAA!!...Centos de vagos blanquiñas
nos viñeron a despedir.. e nos preguntaron por algunhos dos rillamillas
que fallaron".
-
Decembro de 2009: Un
ano mais rematan as andainas dos rillamillas. Veleiquí algúns
numeros que nos deixou o noso cronista no foro:
90 persoas camiñaron en RILLAMILLAS
en algunha das 21 saídas do ano 2009, o 43% só o fixo unha
vez, e os 10 que o fixeron máis a miúdo foron:
Francisco – 18
Luciano – 17
Luísa – 17
Ángeles – 14
Juan – 14
Bernardo – 12
Cándido – 12
María – 11
Moncho – 11
Carolina – 10
Respecto a datos históricos é complicado xa que RILLAMILLAS
fai a súa primeira saída o 13/04/02 e non hai datos fiables,
os datos que se conservan son dende a saída 104, Ons o 10/06/07
e segundo estos cóntanse 52 saídas sendo os dez (once)
máis partícipes:
Luciano – 44
Luísa – 42
Bernardo – 33
Ángeles – 31
Manolo – 28
Paz – 28
Moncho – 28
María – 27
Darío – 25
Cándido e Juan - 22
-
13 de decembro de 2009.-
Andaina. Carballiño, Moldes, Bouteiro, Sagra, Mesego, Carballiño.
E logo comida no Maquía, con entrega do Premio Botiñas a
DON FRANCISCO. Fotos.
-
29-11-2009: Conta o
cronista: "Moita sabedoría xunta no sendeiro da moura, os
máis vellos de RILLAMILLAS non fallaron, e non por que sexan menos
demos que os que ficaron na cama senón porque saben moito e saben
que o tempo sempre é bo para facer o que un quere, e como o que
queriamos era ir a camiñar no concello de Arbo, arrincamos cara
o condado por a nova estrada a carón do Miño acompañados
por tres novidades na sección feminina, e menos mal pois senón
estaría deserta. Catro de Orcellón e tres da cidade das
burgas presentámonos en San Xoán onde fomos recibidos con
choiva, cousa que se corrixiu nada máis por as botas nas pedras
da ponte que cruza o rio Deva, fermoso e bravo a piques de morrer no pai
Miño, rio arriba e máis arriba cara o coto da moura con
unha subida forte, pero que fixemos mansamente e de parola, baixada outra
vez deica San Xoán e volta rio arriba agora por a marxe esquerda
entre un bosque de loureiro e carballo ata chegar a ponte de San Xoán,
completando unha ruta corta pero non exenta de dificultades, iso si, moi
fotoxénica unha mágoa a falla dos retratistas."
Algunhas fotos(bastante malas)de telefono en:
http://picasaweb.google.es/xanogon/SendeiroDaMoura#
-
15-11-2009.- Gran magosto
rillamillas. Primeiro andaina. 9 rillamillas sen medo. Chovía.
E chovía. As néboas estiveron toda a noite e toda a mañán
furadas, vertendo auga a cachón. Camiñamos cara Cabanelas.
Alí celebraban a festa do viño tinto. Cando chegamos un
vento moi forte fixo abanear as casetas da festa. Tomamos un viño
novo. Que este ano estaba bó. E reemprendemos o retorno cara a
Vila de Carballiño. E antes de entrar na Vila, topamos xa a casa
de Bernardo... Alí había un par de mesas grandes. Un montón
de rillamillas que non puderan ir a camiñar... E tamén algúns
outros (bós amigos, dito sea de paso) que se apuntan máis
a comer que a patear... Cheiraba a cocido. E abofé que era verdade.
Un bo cocido. Logo castañas asadas. Noces de aldea, con arrecendo
de infancia. Bica de Castro Caldelas. Pan de Cea. Viño novo que
trouxo Gonzalo. E non sei cantas cousas máis. E sobre todo conversa
e amizade (que este é o condimento que fai que unha comida sexa
de verdade boa). Comemos. Falamos. Cantamos. Bailamos. E hasta vimos algún
ser de luz en algunha foto... Por certo, para comer estabamos trinta e
sete persoas (sen contar os seres de luz, que nin comeron nin pagaron)...
Ainda que o de pagar foi máis ben unha broma, pois tocamos a dez
duros, digo dez euros, e ainda nos sobraron cartos... En resumo: que foi
un bo día para rillamillas. Un día dos que nos fan comprender
que rillamillas está mais vivo ca nunca...
Fotos.
Contan no foro:
O cronista: "O 9 de novembro do 2003 fíxose o primeiro magosto
RILLAMILLAS, quedou para a historia como o máis limpo, e aínda
hoxe se fai mención do ben varrida que ficou a Saleta. O 28 /11/2004
(2+8+1+1+2+0+0+4 = 18 = 1+8 = 9) fixéronse uns chourizos o viño
en Pol ata hoxe únicos no magosto oficial. O 20 de novembro 2005
(2+0+2+0+0+5 = 9) facíase o terceiro e inda que ese día
non compartiu magosto con nos empezou unha RILLAMILLAS moi importante
para a imaxe do grupo, tamén principiaba unha serie ininterrumpida
de catro magostos en Vilar de rei no cuarto queimáronse algo (as
castañas) e chegouse ó do 15 de novembro 200-9 e cantos
estaban para camiñar na saída 153 (1+5+3 =9) a simboloxía
non falla e alí estabamos, o número perfecto, o da vida
para a especie humana, 9 espécimes cheos de vida camiñando-conversando
sobre un asfalto hoxe necesario e incluso atractivo por mor do verniz
de auga doce que o cubría, fomos debullando o treito que nos separaba
da festa do viño novo de Cabanelas sen máis percances que
algunha avaría de paraugas (un houbo que reciclalo, con dúbidas
de contedor) chegamos con musica de gaiteiros e con aire, non do fol das
gaitas, vento do gordo que case leva a carpa da festa (algún agarraba
da cunca non fora ser que voase o tinto) despois da cata, este ano esta
ben bo o viño, costa arriba cara O Carballiño, tendo conta
dos raillistas que entrenaban a subida do vindeiro domingo, para gozar
de un novo magosto RILLAMILLAS o 7, número máxico por excelencia,
a mesa de Salomón mostraba os sete climas do mundo, hoxe só
vimos un clima, choiva, a mesa foi a de Bernardo e mostraba moitas e variadas
viandas das que demos conta trinta e sete comensales 3+7 = 10 a nota para
os organizadores-traballadores-colaboradores que prepararon tan gran magosto".
E Luisa: "Bueno,bueno,buenooooo...
Que decir...IMPRESIONADA!!!.uffff difícil de expresar todo o que
se me pasou por a cabeciña mentras leia a crónica...E volteina
a leer, pois non daba crédito o que poñía. Como é
posible tantas coincidencias numéricas.??.
Como moitas veces teño dito, e non me cansarei de decir...Temos
un cronista que é FANTÁSTICO,EXTRAORDINARIO,FORADO NORMAL...Ten
un coquiño...Pedazo de ideas...Eres coma un manantial,do que non
paran de nacer novas crónicas...
O día....... chulísimo,pra os que lles gusta disfrutar da
choiva, o vento,os contos...
O cocido.... estupendo.
As castañas. no seu punto.
O viño...... riquísimo
A compañia.. perfecta,amistade,campañerismo,chistes,risas...
E todo isto aliñado co bo facer dos nosos anfitrions Bernardo e
mais Pili que fixeron que iste magosto do 2009 sexa un magosto especial,inolvidable...Grazas,
grazas e mil grazas.
SAUDIÑA PARA TODOS".
-
1-11-2009: Contan que
me contaron algo así, ou polo menos parecido: "Hoxe fumos
cos Rillamillas. Estivo ben, polo reencontro, polas incorporacións
recentes das que eu non sabía, porque se animarons dous pequenos,
Lucía e Pablo, porque nos gusta camiñar, conversar...e mirar,
aínda que pouco vimos, pola néboa e pola chuvia, que se
converteu en diluvio cando estabamos aínda pola Pedriña.
Veunos ben porque iamos un pouco despistados. Uns, coas setas, outros
de parola...Acabamos como sopas. Subimos ata Corneda, polas terras de
Astureses e baixamos como puidemos. Quedamos en confirmar canto antes
se imos ó magosto, o quince. Faise na casa de Bernardo. Váiselle
encargar a un conciñeiro..." (Pili).
Por certo, dixéronme que había na andaina 16 rillamillas,
máis ou menos. E que os tres primeiros da clasificación
do "botiñas" non fallaron...
E o cronista dixit: "Sempre nos quedará Corneda. O romanticismo
foi o argumento recorrente para empezar a camiñar, e que mellor
motivo para ó día de tódolos Santos, lembrando con
amor o que se tivo ou púidose ter, de todos modos é ben
sabido que os románticos sempre tiveron que loitar contra a incomprensión
do mundo, como no caso desta saída na que ó principio houbo
discusións algo acaloradas para decidir o rumbo, pero xa se sabe
que amores rifados son os máis amados así que xuntámonos
unha rondalla de 16 RILLAMILLAS e por esos camiños que enfían
os concellos de O Carballiño, Boborás e O Irixo achegámonos
o lugar elixido para desplegarnos como bos tunos (ou tunantes) e cantar
unhos Clavelitos como nunca se oíran en Campeliños nin arredores,
isto é verídico, pois as notas deberon ser tan ben dadas
que a partir de entón empezou a chover por riba de nos como facía
tempo que non ocorría e tivemos que pór ó abrigo
as nosas cordas bocales cambiando de ritmo e escapando cara a casa onde
chegamos algo esparexidos pero, o final o máis salientable desta
romántica andaina non foi o tempo, nin as cancións, nin
a variedade de frechas indicando o camiño ós rezagados “apañasetas”
o verdadeiramente chamativo foi o triunfo do amor, do amor por camiñar."
E os Ánxeles contestáronlle: " Non caera na conta do
que empezou a chover , xusto despois de cantar "clavelitos"
por un amor que un rillamillas deixara alá por "Campeliños"...E
que non é xusto lembrar esas cousas despois de tanto tempo...A
cousa tivo que contar...., para outra vez teremos que ensayar un pouco
, porque así tan improvisado..."
E segundo Luisa: "BUENISIMAAAA!!!!!!! De onde sacas tantas ideas?
O motivo da choiva...Toda a razón do mundo e mais. Creo que as
CRONIMAXENES reafirman o que ti ben nos contas".
Para que logo non digan que o noso foro non está animado...!!!!
E eu seguireime preguntando sempre: ¿Por qué cando chove
moito... a xente que camiña é ainda máis feliz?
-
18-10-2009: O presidente,
no foro, mandounos para Pereiro... pero logo non se presentou na saída,
polo que por unanimidade decidimos non facerlle caso... (unha cousa é
forear e outra camiñar; aínda que visto lo visto ós
rillamillas dásenos mellor o de andar que o de forear... ¿ou
non?).
Estabamos 19 na bus statión
do Carballiño, ás 9:30, coma sempre. Sen presidente, coma
sempre. E sen guía, coma nunca. Convocamos urxentemente unha
tormenta de ideas... e saíron varias rutas posibles, entre as
que figuraba unha por Corneda, terra de mil amores... Pero ó
final, non sei se por maioría ou por case-unanimidade, acabamos
decidíndonos por ir a estrear a ruta nova do río Barbantiño,
ó seu paso por Punxín.
E a verdade é que valeu a pena.
O camiño estaba noviño noviño, coma se o fixeran
onte para nós... O río, algo-mollado coma sempre, sen
moita auga, que tampouco hai que abusar... E o bosque autóctono
tan fermoso e agarimoso coma sempre...
Baixamos pola finca da antiga escola.
Alí topamos árbores enormes, dos que se perden de vista
alá no ceo... Logo cruzamos o río e collemos río
arriba. Chegamos ós muíños, que estaban abertos.
Vimos a fervenza. Pasamos debaixo das inmensas pontes da autovía
e do AVE. AVE con maiúsculas, porque non é unha cousa
calquera... paxariños hai moitos... pero este manda truco...
E logo volvemos río abaixo,
polo outro lado...
E despois de camiñar tres horas
a bo paso... acabamos rematando outra vez nos coches, para volver para
a casa...
En resumo, unha ruta circular, nova,
do trinque, a estrear, por un lugar fermoso dende os tempos dos romanos,
e incluso dende antes...
E todo regado ca parola e cos sorrisos de dezanove rillamillas que convertemos
un día soleado e fermoso nunha festa de amizade e de ledicia...
Que se botamos algo de menos? Pois claro que si! ¡Faltábanos
o noso guía e noso cronista, que non son dous senón un,
pero UN, así, con maiúscula, coma o AVE!. Amigo Xano,
¡claro que te botamos en falta!...
FOTOS
-
04-10-2009: Luciano,
o noso guia, inventou un feixe de fermosos camiños, e foi enfiando
uns cos outros, facendo unha fermosa tea de araña. Gustoume. Gustoume
moito esta ruta. 14 rillamillas. Veleiquí algunhas fotos.
Conta o cronista: "A min gústanme os camiños como o
que nos achegou a Barro ou o que nos levou desde Cangues ata Esgueba,
tamén me parece fermoso o que fixemos na parroquia de Astureses
entre a Penela e a Gouxa por entre carballos e castiñeiros e tamén
algún frutal (neste tempo pódese camiñar sen víveres)
mesmo me gusta o campo a través como o que se fixo para achegarnos
á Pena do Can e mirar os debuxos na pedra o que xa non me gusta
tanto é o chapapote que hai ás veces sen moito tino aínda
que te acerquen a lugares con certo encanto como o peto das ánimas
en Madarnás que algún quería embelecer con un pendello-merendeiro
con vistas, seica patrimonio non o permitiu, e tampouco é santo
da miña devoción a zaorra que nos levou dende a Pena do
Can ata Cangues menos mal que alí ó pe do cruceiro unha
veciña sacou unha fonte de figos e me fixo cambiar o chip ¡vaia!
para os puristas cambiar o programa que seica o chip segue sendo o mesmo,
e pensei que eses camiños que a min non me gustan hoxe han ser
os que gocen os RILLAMILLAS do futuro e seguramente que os que a min me
gustan son os que non gustaban ós RILLAMILLAS do pasado.
De todos os modos esta saída tiña como obxectivo resetear
o persoal pois a saída montañeira puxera o listón
moi alto (2127 m) e parece que o conseguiu.
Por certo o do tempo e RILLAMILLAS empeza a ser lenda ¡ inda hai
quen non o cree!
Onde os RILLAS poñen a pegada
O tempo é unha gozada".
-
20-09-2009: Os rillamillas
chegan a Pena Trevinca. Fotos.
Así se comenta no foro:
O Cronista:
"É curioso, e seria preciso un estudio cientifico para darlle
calidade oficial, pero oficiosamente esta comprobado que cada vez que
RILLAMILLAS fai unha saida un tanto especial (esta foino) os fados alianse
para que todo agrome venturosamente. Xa o 19 chegado a Vilanova despois
de unha pequena excursión sin saida ata Curras, o tempo sumouse
á festa pois a néboa e a choiva imprimianlle un halo de
misterio e invernía a un fermoso pobo de montaña, e non
digamos ó Trisquel, encantador lugar que con aquela noite que facia
fóra ainda era mais acolledor, e grandes anfitrions o Marcos e
mais o Cholo que nos prepararon un condumio espléndido e temperaronos
cara o dia seguinte con unhas infusións caseiras e mais un barómetro
que decia que o domingo non chovia, e xa só choveulle a tres xogantis
de cartas con pouca sorte (ou xogaron en contra de tres moi sortudos)
o asunto é que o domingo con un tempo extraordinario, e despois
dun bo almorzo, os 15 valentes mais 1 valente devoto da Saleta emprendemos
camiño cara o Maluro guiados (moi ben) por Cholo, espectacular
o bo facer deste home na montaña, a partir de aqui empezan a escasear
as palabras ainda que se amontoan os adxectivos, ó principio o
camiño por ser unha pista forestal parece pouca cousa pero o sol
perlando o orballo das herbas fai del a entrada ao paraíso o resto
do camiño é soberbio incluso a poalla que nos cae no crestón
do lombo do Roncín contribúe a engrandecer o paisaxe co
arco da vella, con vagar e paladeando tan sublime roteiro fomos entrando
nos 2000m e deixando a un lado pena negra achegamonos ao teito galego
2127m ¡PENA TREVINCA! nunca RILLAMILLAS comeu a tanta altura e con
tan boas vistas, plantamos a bandeira e vimos dende ali arriba como se
aveciñava o outono mentras difrutabamos de un dia estival, pero
tiñamos que baixar e fixemolo por entre un mundo de arandos en
busca da lagoa da serpe, din que esta encantada e alguns mollaron a cabeza
coa ilusión de que lle saia pelo, a subida ó Fial trocou
para alguns o edén por o inferno mais xa quedaba pouco e había
que acabar, a baixada ata a Ponte fixose duriña e houbo que botar
man de algunha axuda milagreira, pero todos chegamos sans, ledos e cansos,
a millor coroa para unha saida raíña".
Juan:
"Leín a crónica de seguido e sen respirar... e ainda
así resultoume máis fácil que a baixada dende Trevinca...
demo de pedras que bailaban debaixo dos pes facéndonos trastabillar
de cando en cando, demo de dor de xionllos, demo de maniotas que ainda
duran, demo de mil cousas... demo que sempre anda ruxindo para amargarlle
a tarde a Deus... pero ó final o demo sempre perde... e gana o
ceo, que o foi, Ceo de ledicia a andaina de Trevinca, terra de héroes
antiguos, terra na que din que dormen os soños dourados nas noites
de inverno, cando todo está escuro, e alí falan uns cos
outros e xogan á brisca... ¿vistes algunha vez ós
soños xogando á brisca?... Soños e anxos son poboadores
habituais das montañas de Trevinca. Seres de luz que xogan ó
escondite entre os cumios. Seres que alí viven dende fai millóns
de anos, cando habitaban na alma dos glaciares que alí había...
Por certo, algún di que viu, cando baixou a neboa pecha, a sombra
da alma do glaciar maior... ¿creédelo?... Eu qué
sei!... Outro, non vos minto, cando chegou de volta ó Trisquel,
e viu que ainda estaba vivo... berrou: ¡Soy casi inmortal!...
Por certo, que ainda non tiven tempo de decilo, A CRÓNICA DE LUCIANO
é soberbia!!!!!."
Bernardo:
"O cronista vale máis do que pesa. Esta tan fraco que non
lle pesan as ideas e describe con axilidade o que pasou. Non chegaría
este foro para relatar as miudenzas deste senlleiro roteiro de Rillamillas.
Todo saiu ben, ata o tempo estivo no seu punto: nin frio nin calor. Lástima
dos que non foron. De tódolos xeitos somos un pouco arriscados.
Se chega a lexionarse alguén alá no alto témola crúa.
Non estaría demais pensar algo sobre o tema. Tamén se incrementaría
a asistencia con un roteiro" de menor intensidade" para sendeiristas
non avezados. O dito: todo saiu ben, en parte grazas a pericia de Cholo
(na cociña e no monte). Voltaremos ó Triskel, campo base
para seguir disfrutando das alturas de Trevinca."
Luisa:
"Maxistral,grandiosa,extraordinaria...O MILLOR DO MILLORCIÑO.
Unha crónica que te fai voltar xusto o mesmo momento de cada acontecemento.Con
cada palabra que leia notaba como se me estremecía a pel coa emoción
de revivir tantos e tan bos momentos...
Señor cronista é vostede fantástico,xenial, extraordinario...
na labor que desempeña."
Ángeles:
"Despois de ver unha crónica tan aproximada o que foi a realidade
alá por Pena Trevinca, non queda máis que aportar outro
grao de area o fermosa que foi en todolos aspectos... e o ben que o pasamos...Satisfación
tamén por formar parte dos dezasete aventureiros que deixamos alá
as nosas firmas no teito de Galicia ( a ver si alguén sube a rescatarnos
). Non se pode tirar o tipo de molde da ruta....para mín perfecta.
Saúdos para todos, Angeles"
Juan:
"O día 20-09-2009, ás 13:06 horas, os rillamillas chegamos
por primeira vez ó teito de Galicia: PENA TREVINCA...
Nunca estiveramos tan cerca do ceo...
E a verdade é que se notaba... pois o mundo visto dende Trevinca
vese que está ben feito: contaminación cero, eólicos
cero, ruido cero, feismo cero... e moitas mais cousas...
Pois ben, a pregunta é a seguinte:
Tendo en conta que os rillamillas empezamos a andar o día 13 de
abril de 2002 ¿canto tempo tardamos en chegar ó pico máis
alto de Galicia?
...
Por certo, a andaina de Trevinca foi excepcional dende moitos puntos de
vista:
- Día climatolóxicamente perfecto: fresco, soleado, con
algún momento pequeniño de neboa pecha, con arcoiris, e
cun ceo estupendo que nos acariciaba de seguido...
- A paisaxe maxestuosa.
- O guía: sabio, seguro, sereno, tranquilo, mestre no arte de andar,
profesor nos saberes da montaña...
- E os compañeiros de andaina: estupendos, coma sempre.
Rillamillas, en Trevinca, acompasóu por un tempo o seu latido cos
latidos do corazón do Universo."
Luisa:
"Sete anos, cinco meses e sete días.
16 rillamillas. 1+6=7
Son sete as maravillas do mundo.
Sete as notas musicales.
Sete os dias da semana.
Sete as cores do arcoiris....
Casualidade???
Dise que non existe a casualidade, que todo ten unha razón,un sentido...
O resultado un montón de pequenas cousas que se puxeron todas dacordo
para que o finde fose perfecto, inolvidable...Algo que xamais se voltará
a repetir. A DATA PERFECTA. "
Roberto/Pilar:
"Parabén!
A nosa felicitación para aqueles que chegaron ao cumio de Galicia
e tamén para todos os que forman parte dese grupo marabilloso.
Alegrámonos moito,.... tanto coma se tivésemos estado convosco
o pasado domingo.
Deseguido, debedes pór outra meta máis alta.
Bicos e abrazos para todas / todos"
Zalo:
"Súmome aos parabéns, non podía faltar Trevinca
no Currículum de Rillamillas!"
Fotos.
-
06-09-2009: II ANDAINA
VILA DO CARBALLIÑO: saída as 9:30 da mañan no Pabellon
de deportes Paco Chao. Distancia aproximada de 25Km. Dí o cronista:
"Despois do descanso empezou a segunda parte con certa desgana, por
que? moita calor a xente para a praia, xente a... por aí. O caso
é que poucos RILLAMILLAS participaron na II andaina vila do Carballiño,
25 Km. ou un pouquiño máis, por zonas coñecidas pero
non por iso menos fermosas e agradables para camiñar, que é
o que nos gusta (non?) A propósito da organización podeselle
dar un notable alto segundo o parecer dos que camiñaron, gustou
moito o deseño da ruta, os avituallamentos ben situados e completos,
o detalle que se deu foi un éxito, a xente do concello limpou moi
ben os puntos complicados no tema da maleza, a sinalización perfecta,
protección civil atenta e colaborando en todo momento, policía
local igualmente...Os participantes reciben unha matricula de honor, polo
menos en civismo, pois os que fomos por detrás recollendo as cintas
de sinalización non tivemos que coller nin un só resto de
lixo.
As cousas non son como empezan, son como acaban e algunhas veces, ou sempre
en caso de ser da organización, hai que estar ata o final para
ver como termina, e sufrir ou gozar (como foi o caso) o resultado.
Os RILLAMILLAS que puideron estar, e estiveron, pasarono JUAI". Máis
comentarios no foro
-
13-08-2009: Andaina
nocturna polo San Trocado. Conta o cronista: "A cousa pode que fose
así, pero calquera dos que alí estivemos ha ter a sua propia
idea. A cea por ser estival empezouse algo mais tarde do acordado pois
a calor convidaba a estar fora. Malia todo ainda nos xuntamos un feixe
de xente, unhos para andar, outros para andar pero en coche, e outros
para andar pero en moto. O asunto é que se diu conta de tódalas
cousiñas que caeron na mesa agás a vela do aniversario dunha
amiga francesa que cumpria a maioría de idade (o menos segundo
a nosa constitución).
Formando unha comitiva noctámbula achegámonos o aparcadoiro
da Cidá, onde se esperou por o Pepe, que como tódolos anos
tocoulle levar o coche para a capela do Santo. Tamen nos topamos cos que
non cearon (con nos) pero estaban para camiñar (entre nos). E ¡ala!,
a empezar o III roteiro nocturno chuvia de estrelas polo medio do castro
ata o seu cumio onde paramos para ver unha lua fermosa. Pode que volvamos
ver luas fermosas, pero esa lua só se pudo ver ahi nese intre,
con esa xente, con esa noite de calor africano, esa lua só a vimos
os que alí estivemos. O roteiro continuou con un novo anaco de
camiño (tres anos e tres novidades) e foinos levando cara a capela
de San Trocado. Non é duro si se pensa en distancia ou en desnivel,
pero sí estimula os sentidos pois a noite fai estar alerta, e mais
no monte, fai estar coa orella guicha pois o renxer dun pau semella un
risco, o tacto, que me pasou rozando a cara? cheirou a prea, o olfato
tamen traballaba, a vista tratando de adaptarse ós focos e ás
fugaces, e o gusto, menuda queimada que fixo o mestre Don Cándido
con unha aguardente selecta acompañada con un conxuro non menos
excelente feito por o Señor Bernardo, tamen se cantou, se cadra
algo lento para o bo elixir que tiñamos tomado. Algúns voltamos
o punto de inicio mentras outros guiados por a intrépida Luisa
foron ós biosbardos e é que a nosa millor fotografa quixo
enseñarlle a dous franceses a fauna aborixe da noite galega.
O tema rematou entre sorrisos alá por as catro do amencer, e pode
que se fagan mais roteiros nocturnos de chuvia de estrelas pero este foi
único, non a volver outro igual, os que alí estivemos disfrutamolo.
Unha xuntanza que perdurará para sempre entre a familia Rillamillas...As
bagoas de San Lourenzo".
E Luisa conta: "Bueno, bueno,
bueno... Unha crónica CHAPEAU...Uffff certa, certa tan certa
coma vida mesma. IRREPETIBLE!!!!
Foi unha noite morna, xenial, máxica... Cun ceo totalmemto cheo
de estrelas, estrelas serias, estrelas xoguetonas...
E as mais chamativas!! as que todos buscábamos con moito atención..ESAS
que se deixaban ver por segundiños, pero... que nos facían
decir o unísono UNHA,UNHA,UNHA...
FANTÁAAAAAASTICO.
Unha noite galega da que disfrutamos a tope.
Esto todo foi posible grazas a o noso cronista e mais guia, que uns
días antes se molestou en facer o camiño el soiño
con un calor matador.
PD:Espero que os franceses volten a repetir para o ano vindeiro...E
que non tenten cambiar de guia jejejejeje. Xa que lles amostrei os aboríxenes,
unha vacaloura, un bixito esmagao, e cepas moitas cepas...
Que como o pasamos?????
MAXIACELTAESTELADAXENIAL....BEN BEN BEN."
-
28-06-2009: Magnífico
día nas Illas Cíes: onde se xuntan, abrazan e confunden
a Terra, o Mar e o Ceo. Rillamillas bateu todos os seus records: 69 camiñantes
xuntos. E iso que algúns se deron de baixa a última hora
porque pensaban que ía chover... non sabían que, como dixo
Bernardo, "rillamillas sempre trae bo tempo"...
Coma sempre, o noso mellor cronista, deixanos este sabroso relato: "¡Como
sempre! Os metereólogos non dan unha, debesen preguntar a RILLAMILLAS
onde van a pór a súa pegada para adaptar a predición,
e tamén, como sempre, as saídas dos RILLAS saen malladas
(incrible que aínda haxa quen dubide) como sempre, éxito
de asistencia na benvida ao verán e fin da primeira parte da tempada,
como sempre boa elección do destino, como sempre cada un camiñando
ao seu aire, como sempre felices, como sempre algunha queixa, como sempre
a “non organización” funcionando (con axuda de San
Judas) como sempre, moitos dicindo que van a seguir en RILLAMILLAS ¡XA!
Como sempre, cansos pero ledos por pasar un día máis, pero
un gran día e distinto, como sempre…Non ¡Como nunca!
O presi non falou ás multitudes, non agradeceu en público
a asistencia non…Parecía non estar ¡botouse en falla!
Como sempre, viraremos (aínda que non o paréza) o 6 de setembro
cos 25 km. de Carballiño. ¡Como sempre! saúde".
Fotos.
-
14-06-2009: Conta o
cronista: "Comenzouse con serenidade o camiño pois era comodo
e curto, máis unhas pingas de chuvia lembráronnos que ás
veces as rutas pódense complicar, pero só foi un amago e
fixemos cume no monte de Man de Moura con calma e acougo; xa descendido
para a vertente do Maquiáns o asfalto acompañounos ata o
lugar de Vilaverde ao que se accedeu tras cruzar unha fermosa zona de
estrugas, charlouse con algúns veciños máis non souberon
informarnos sobre a cova Man de Moura pero si nos deron explicacións
sobre a rocha do gorila. Seguiuse polo campo de petanca dirixíndonos
para o comezo da ruta dos muíños do Brull-Outeiro, verdadeira
razón ou orixe desta saída RILLAMILLAS, bastante distinto
con respecto ao 2005; por aquel entón dixérase de repetila
en primavera e a verdade que todo esta en plena sazón e floración,
escollemos o mellor domingo para camiñala, Corpus, e camiñamos
sobre unha auténtica alfombra floral, claro que hai flores con
espiñas, que llelo pregunten ao do pantalón curto; non obstante
todo, río, muíños, flores, silvas, ortigas, pole,
árbores caídos, indiana e seu machete, contribuíron
a que o pasásemos MOOOOOI BEN".
-
06-06-2009: 10ª
andaina de Muiños ou do Xurés. Non podía ser menos:
os rillamillas estuvemos alí. E choveu. Vaia se choveu. Tanto que
non nos quedou nin unha soia idea sen lavar. Aproveitamos ben a xornada
de reflexión: mañán toca votar nas eleccións
europeas... Fotos aquí.
-
31 de maio de 2009:
ANDAINA - ROTEIRO SAUDABLE DO CONCELLO DO CARBALLIÑO, pola ruta
dos Arrieiros. Uns 10 Km, lineal, Fonteantiga - Plaza Maior do Carballiño.
Arredor de 150 camiñantes, dos cales, polo menos 20 eran rillamillas.
Sol a barrer. Bo ambiente e ledicia. E ío final sorteo de premios:
tocoulle ó Sr. Francisco, tocoulle a Manuel... e o primeiro premio
tocoulle á Paz!. Que entre 150 dous premios, entre eles o "gordo"
lle toquen a un mesmo matrimonio... é estatisticamente moi dificil...
Eu ca vos hoxe mesmo xogaba á lotería... ¿Que nos
conta o cronista desta pateada?... Veleiquí está: "Pateada
saudable, a saber, segundo as caras poderíase interpretar o que
algún sentía de saudable e de pateada. En xeral estivo aceptable,
o día estupendo, parecía que nunca ía chegar o sol
e chegou cunha morea de calor, ata o Carrás non desprendía
o mal cheiro doutros días e o camiño esta empezando a ser
un carreiro máis real e bonito coa súa vexetación
pletórica recuperando o que lle roubou a zahorra, claro que non
deixa de ser un punto de vista, outros (había unhos 150 pares de
ollos) o verán máis bonito con zahorra, cunetas, pasamáns,
sinais varias… e que o límpe algún organismo oficial.
Polo que atinxe á parte non camiñable houbo que esperar
un pouco dado a escaseza de autobúses pero o final foi redondo
cunha fin de semana en Mondaríz para un par de RILLAMILLAS (merecédelo?
Felicidades) así que ben esta o que ben acaba". Fotos
aquí.
-
30 de maio de 2009:
andaina de ALLARIZ, a andaina das andainas, a Reina, os 50 km de Allaríz,
en 3 etapas, con avituallamentos, con centos de camiñantes, con
historia, con carácter.... A clásica máis clásica
de tódalas clásicas... Varios rillamillas estiveron alí
(Francisco, Bernardo, Gonzalo, Luisa, Angeles...).
-
17-05-2009: Roteiro
saudable do concello de Piñor. Nove rillamillas estivemos alí.
Choveu. E non parou. Camiñamos por corredoiras cheas de bulleiro.
Fermosas corredoiras nas que latexaba moi viva a alma da Galicia eterna.
Fermosos sendeiros, entre balados, paredes e soños vellos... Respirando
aire puro, arrecendo de carballos, e bicos de vellos dinosaurios... Camiños
dos antergos, dos bisabós, camiños dos de sempre... dos
que non se inventan... Valeu a pena. Fotos
-
03-05-2009: Ruta do
día das mamis. Así nolo conta no foro unha delas:
"Será casualidade??
Pateada pola nosa casa... (tiran as raices).
Maioria sección fiminista. (¿fiminista ou feminina?)
Flores, flores, sendeiros perfumados que nos transportan ó manantial
do que manamos.
Unha camiñada onde se conxuntan as pontes do pasado coas pontes
do presente.Donde as augas de dous ríos se atopan, se funden, se
alean.
Pateada sen esforzos, con tranquilidade, suave, sin riscos...pero con
tenacidade.
Unha cronista en vez dos cronistas.
Unha alineación perfecta de circunstancias que nos guian hacia
un mesmo camiño.
CASUALIDADE!!!!!!
Non será que foi un día especial??
O DIA DAS MAMIS.
E todo isto guiado por FRANCISCO, e seguido de 14 rillamillas, que o seguiron
río arriba".
-
19-04-2009: Roteiro
Horacio. Polo canón do Arnoia. Inventando lembranzas de camiños
mortos fai mil anos. Subindo, escalando, furando coma as toupas por entre
unha maraña de mimosas. Soio para dez rillamillas selectos. Forzas
escollidas. Territorio da lexión. Xuntanza dos que fixeron a mili
alá na dura África. Cando chegamos ó alto fixemos
reconto da xente: dez vivos e ningunha baixa. Entón adicamonos
a imaxinar un castro. Os fosos. As "murallas". As forxas. Os
tesouros. Todo segredamente soterrado. Cuberto polas sombras escuras do
tempo. Pechamos os ollos, e escoitamos o latido lento dos corazóns
de celtas mortos fai dous mil anos. Baixamos logo ó pais dos mil
pozos. E subimos á semiderruida Torre de Sande, logo de pasar por
unha granxa de ovellas onde un rillamillas famento pediu un anaco de pan.
E déronllo. Comemos ó pé da Torre, acariciados polo
mesmo sol que nos cocera en África fai anos, soio que agora aquí
o sol é máis garimoso. Retornamos logo coa morte a costas
e volvemos a pasar polo lameiro da gadaña negra. Chegamos ós
coches... e conducimos cara casa Horacio: o territorio do bo viño,
das boas patacas cocidas, das costelas guisadas, e das conversas longas...
Alí rematou unha andaina de mil anos.
E o cronista díxo: "Soberbia a ruta, soberbias as fotos e
soberbia a crónica do amigo Juan, especialmente atinado o de “selectos”
tal como o viño do Sir Horacio, no que se pode oír o Iguazú,
ulir un carballo milenario e saborear froitas vermellas a pouco que se
utilicen os sentidos ou se escoite ao anfitrión como durante a
mesma camiñada, canto se pode chegar a vivir.Rutas Horacio: ¡só
para escollidos!"
Fotos.
-
05-04-2009. Domingo
de ramos. Ruta "sr.francisco" arredor de Carballiño.
Dez rillamillas: os nove da foto e mais Juan que estaba detrás
da cámara (prégase encarecidamente ó sr. Luciano
que non se esqueza de contar a Juan, que este ano estáse aplicando
un pouco máis ca o pasado... e ¡vaite tí a saber se
non estará a fin de ano disputando o trofeo botiñas!). Capitaneados
polo Sr Francisco. A ritmo lixeiro. Sin pausas. Camiñamos mais
ou menos quince kilómetros. Carballiño, a Saleta, Ponterriza,
Moldes, Bouteiro, Sagra, Mesego, Carballiño. Unha ruta circular,
moi ben enfiada, de camiño en camiño, por terra, case sen
carretera, e apenas sen obras... Un aplauso para Francisco. De verdade,
unha ruta para repetir calquera día... Ah, por certo, botamos en
falta a algúns, coma Luciano e Luisa, pero, ainda así, pasámolo
moi ben...
Así o comenta Bernardo:
" Chegou Chato e Pablo (rillamillas máis junior) xa pasadas
as 9.30, e o guía Francisco (rillamillas máis veterano),
xa estaba inquedo e co sangue fervendolle para escomenzar a marcha. Escasa
asistencia: faltas notorias (Luisa no Camiño, Luciano na cama,
o Presi sabe deus...). Enfiou o guía con pé veloz polo parque,
atravesamos o rio en dirección á Saleta. Non se despistar
para non quedar descolgados. Saleta, Godás e polo camiño
de Pazos ate Moldes. Bouteiro, Reguenga, Sagra, Mesego e xa polo Espiñedo
ate o Cruce de Ribadavia onde despedimos a Francisco e o felicitamos pola
puntualidade: 13.Km e remate ás 13.00. Non se pode pedir máis.
Non houbo tempo nin de queixarse. Veremos as fotos de Juan, pero nolas
imaxinamos xa. A primavera está reventona e foi o roteiro típico
de Francisco: raudo, informal e de multiples recursos. Non hai ninguén
na contorna que controle mellor os arredores do Carballiño.
Fotos.
-
22-03-2009: Roteiro
de Zobra. Monte do Coco. 23 camiñantes. Rillamillas e andaríns
de Pontevedra. Fermoso. Conta o cronista:
"Polas montes do Testeiro desenvolveuse a saída 140, un roteiro
especialmente fermoso para conmemorar tan redondo número, sensacional
o labor dos veciños de Santa Mariña de Zobra mantendo os
camiños sen as barbaridades feitas noutros sitios nos que se abusou
da zaorra ou outros materiais que nada teñen que ver co camiño
que pretenden ensalzar, neste caso están sen maleza e coas rilleiras
dos carros ou coas bostas das vacas tal como foi toda a súa vida,
agás algún novo ponte de madeira para pasar por riba de
magníficos rios de montaña cun auga xa difícil de
ollar noutros sitios. A verdade que é un roteiro moi aconsellable
para quen guste do sendeirismo, non para os que só queiran andar
pois talvez é un pouco duro. No que fai a RILLAMILLAS dá
gusto ver á xente nova con ganas de subir costas, de camiñar,
de aventurarse en novos camiños, xa están na porta os novos
RILLAMILLAS parece que isto vai continuar. Noutra orde de cousas colaboramos
coa ciencia achegando un novo descubrimento: o home tortus, coetaneo do
homo erectus, e que vimos na subida ao Coco, distínguese por levar
a cabeza por diante do resto do corpo. Se o queredes estudar non tedes
máis que ir camiñar polo roteiro de Zobra paga a pena".
Fotos.
-
08-03-2009: Andaina
do Barallete, por Nogueira de Ramuín. 29 persoas, procedentes de
Pontevedra, Vigo, Portugal, Carballiño e outros lugares de Ourense...
Os de sempre, os novos, os amigos de outros lugares... rillamillas estivo
máis rillamillas ca nunca. E para rematar un bo xantar por dez
euros e medio... ¿Quén da mais?
Conta o cronista, moi ben contado: "O tratamento parece estar surtindo
efecto na loita contra o abatimento, apatía, melancolía,
procesos depresivos…A fórmula baséase no ben que senta
camiñar e inclúe varias receitas, na de hoxe tomamos unha
cápsula un tanto cumprida, difícil de tragar nun día
gris, pero factible nun día primaveral como o que nos caeu en graza.
Os doutores de turno tratáronnos cunha serie de estimulantes camiños
por o concello de Nogueira de Ramuin e un complexo vitamínico constituído
por fermosas vistas, petroglifos, petos de ánimas, igrexas, capelas,
agraciados pobos, árbores centenarios e moita parola.
Como en todo proceso adoita ter efectos secundarios, aínda que
neste caso son á súa vez beneficiosos, a saber: compartir
procedemento con vellos e novos pacientes-camiñantes e un cansazo
físico que esperta o espírito. Seguindo o tratamento correctamente
chegaremos tamén ao 23 aniversario, ou máis".
Fotos de Juan.
Fotos de Chus.
-
22-02-2009: Conta o
cronista: "Oito afoutos RILLAMILLAS camiñaron no domingo de
entroido polo cuadrante sur do concello de Carballiño e aínda
que poida parecer que pasaban do entroido, o certo é que case a
metade estiveran de jarana a noite anterior e iban en comparsas pola tarde,
pero como o de camiñar é nutritivo e do que se trataba era
de pasear parolando nunha mañá asollada, alí estaban
ao pé do guía, que este si, como bo profesional deitárase
cedo para estar fresco e conducir a tropilla sen problemas reseñables,
acaso algúns restos do klaus en forma de ramas, pedras en metade
do camiño con non se sabe que fin e o Carrás que segue sendo
un río de merda como dixo algún día unha compañeira
(haber cando volve) despois de caer nun vadeo complicado. Ao final todos
a pola cachucha que xa se acerca dona Coresma". Fotos
L.
-
08-02-2009: Ruta pola
Ribeira Sacra. Concellos de Chantada e Saviñao. Circular. 17 km
de ledicia e fermosura. Arquitectura popular: bodegas na Ribeira, muíños.
Aldeas fermosas. Igrexa de Diomondi (San Paio). Igrexa de Santo Estevo
de Ribas de Miño. Presa de Belesar. Dificultade media (chégalle
ben). 13 rillamillas, todos positivos.
Juan comenta no foro: "A Ribeira Sacra é un deses lugares
cargados de beleza e de enerxía positiva... un dos lugares nos
que un sempre se sinte ben... un lugar no que é moi facil ser feliz...
Hoxe o amigo Xano levounos por unha ruta fermosísima, polos concellos
de Chantada e Saviñao, Miño abaixo, Miño arriba...
Eu tiven a sensación de estar vendo as paisaxes mais fermosas de
Galicia...
Fomos de sorpresa en sorpresa. Viñas, socalcos, aldeas encantadas,
e o Pai Miño ó fondo, deitado, transmitindo paz-serenidade-confianza...
E de pronto apareceron sagradas e fermosas igrexas románicas, coma
se estiveran saindo dun conto...
Todo foi coma un soño fermoso...
Pero foi tan real!!!" Fotos: O
grupo. A comida. Concello
de Saviñao. Concello
de Chantada. Fotos
L.
-
25-02-2009: Cóntanos
Ángeles que: "o domingo día 25 houbo 11 atrevidos que
desafiaron ó temporal e puxeronse a camiñar cara o puzo
do Lago. Esto é verídico...aunque non houbo fotografos que
nos afirmen que foi así..bueno algunha foto de aficionado poida
que apareza.
A ruta salvo as aventuras de sortear piñeiros que atravesaban o
camiño non tivo demasiada dificultade.
Houbo unha nena de nove anos que hasta animou a súa avoa para vir,
e tamén unha nova incorporación Geli...que cando rematou
dixo quedar moi a gusto de camiñar con nos.
Bueno o cronista oficial do rillamillas que si nos acompañou, pode
igualmente facer a súa versión dos feitos, isto é
solamente un comentario para que quede ahí..."Angeles.
E o cronista dí así: "O día estaba máis
para xogar ás cartas que para camiñar, non obstante alí
estaban os suficientes para camiñar e para formar un pau de barálla
incluído o 8, nova a estrear, como case os de todos os naipes ¿Que
pau formarían? Tal vez o dos Bastos, porque hai que ser un pouco
bruto para saír a camiñar coa que estaba caendo, ou o das
Espadas por ser duros como o aceiro e non amedrentarse por unha tormentiña
quizais o de Copas por ser uns campións que saen a camiñar
e vencen o mal tempo.
Acaso o de Ouros porque hai moito valor en saír a pasearse co que
parecía ía caer. Pero non foi tan malo como dicían
nin tan bo como nos gustaría e como sempre pasamolo moi bien, incluíndo
algún punto de ruta cascabel nunha ruta señor Francisco,
dando como resultado unha grata partida de cartas na que os triunfos pintaron
RILLAMILLAS."
Fotos.- Fotos (teléfono)en http://picasaweb.google.es/xanogon/PuzoLago#
-
11-01-2009.- O novo
curso dos Rillamillas -ano 2009- inciouse o domingo dia 11 de xaneiro,
cun roteiro a cabalo entre os Concellos de Piñor e o de San Cristovo
de Cea. Ainda que ó final, o roteiro non pudo ser a cabalo, porque
se presentaron máis rillamillas (16) que cabalos (0), e a ruta
tivo que ser a pé, coma sempre, ainda que diferente, pois esta
vez andivemos todo o tempo porriba da neve. A bronca levouna Darío,
que fora o que quedara de traer os cabalos e apareceu sin eles. Se conoce
que as arcas dos rillamillas andas "floxas" e non deron para
mercar os equinos. Fotos. Fotos
L.
-
28-12-2008: Andaina
por Brues. Xantar. E entrega do premio Botiñas. Así nolo
contan os que saben contar:
Cronista: Publicidad
-Rematou outro ano RILLAMILLAS
-Pois si, ainda parece que foi onte cando estabamos correndo coma tolos
polo camiño dos arrieiros
-Bueno hai que decatarse tamen que chovia de contino, e ganas de camiñar
habia, pero non de mollarse
-Falando de mollarse, algunha bágoa si que nos humedeceu na seguinte
andaina lembrandonos do amigo Pepe
-Certo, pero pasamolo ben pola Martiña, fixo un dia de sol moi
bo e canta xente nos xuntamos para ir ata Oseira
-Si o, pero mais para comer en Cotelas
-No Paraño tamen houbo un golpe de xente e un dia fermoso
-Si, pero o de comer non foi o mesmo, menos mal que Maria trouxo unhas
cuantas viandas
-A baixada do final, por o cortalumes, moito me gustou
-Gustar, gustar a min o que me gustou foi o porco celta en Beariz
-Mira que eres larpeiro, pois eu recordo que ese dia choveu e o chan estaba
esvaradío senon que llo pregunten a Luisa
-Para consultas a do 9 de marzo
-A, é verdade coincidiu coas eleccións e ó primeiro
non tiñamos claro para onde ir, pero ahi estan a Pontarriza, Eixán,
Fondo de Vila...moito que elixir
-E tanto, mira que ata deu para facer a seguinte saida
-Si con moito piche e pouca xente
-Xente a que atopamos no Candán, todos aqueles de Vigo
-Certamente, cando iamos por entre as tarabelas que unha delas parecia
unha trécola do ruido que metia, daba medo
-No, o que metia medo era o dia que nos veu cando fomos a Pena de Francia
¡canto choveu!
-Moito, e cantos alecrins vimos cara o berce do Arenteiro
-O Arenteiro tamen nos acompañou o dia catro de maio ¿recordas?
-¡Home! era o dia da nai e tamen as flores saltaban a vista
-Si, pero para vistas as de Coto Novelle
-Desde logo, mereceu a pena subir todas aquelas costiñas e escoitar
os chistes de sempre para ver o Ribeiro a vista de paxaro
-E no Ribeiro seguimos na saida 123, ainda que ó nivel do Miño
no encoro de Castrelo
-Si, pero tamen subimos o mirador de Santa Marta para ollar cara Ribadavia
e ver a desembocadura do Avia
-Falando de rios, que fermoso é o Tea e que bonito é Mondaríz
-Que raro que non fales de comida neste caso, mira que nos tratou ben
Maria ¡sublime!
-É que como na seguinte fomos en barco, non queria mesturar non
me vaia marear
-É verdade, Ons, que ben o pasamos, e ganou España a eurocopa
-Despois veu o parón do verán
-Xa o dito “nin no agosto andar nin no nadal pescar”
-O sete de setembro volta ó camiño
-Volta, volta O Carballiño 25 km na 1ª andaina da vila
-O, e tamen fermosa a volta por a serra da Groba, cociñada o punto
por Roberto e Pili
-Ti e os fogóns, por certo tamen Fran e Oscar cociñaron
unha xeitosa
-A Cruz da Grade, e ademais incorporaron novos RILLAMILLAS
-Si pero tantos como se xuntaron o dia 19 de outubro non ¿e?
-Lembrome, 54 pares de pes no revuelto CAMINHANTES-RILLAMILLAS
-Do que eu me lembro é dos chubasqueiros verdes de Berán
-Camiño Xacobeo do Ribeiro, bonita camiñada rematada con
magosto
-Si pero o magosto “oficial” foi o de Vilarderei
-Saimos algo queimados este ano, ainda que moito rimos
-Bueno e na cuarta do Carballiño decidiuse o BOTIÑAS
-Si,dirixida por o señor Francisco, faciache tempo que non viña
-Igual que a neve ¡como a gozamos no Paraño!
-Rematamos con un branco bautizo, e eso que xa ten aniños o neno
-Xa ten algúns, xa, que boa idea a de darlle o premio BOTIÑAS
a un dos pais da criatura
-Pois si, e ven a descubrirnos o segredo do bo camiñar da gañadora
do premio botiñas ¡un gran corazón!
-Hui canto pasteleo, para o ano hai que presentar mais competencia
-Si, e celebralo outra vez, si é posible, donde o Angel, moi ben
nos tratou e moi ben o pasamos
-Estou de acordo, é Nadal, feliz ano novo
-Feliz ano novo.
Luisa: Pero ???!!!!
De donde sacas tantas ideas???
A verdade que cada vez me gusta mais leer as crónicas...SON XENIALES!!!!!
Todo un ano... de extenso nada de nada.
Que bonita e orixinal forma de recordarnos todas as vivenzas de un ano,os
altercados,as risas,as mollas,os contos,as paparotas...A amizade en xeneral.
Todas, e cada unha perfectamente representada.
Que sigamos por moitos anos co mismo humor e ganas de pásalo ben.
QUE O 2009 NOS TRAIGA FELICIDADE E MOITAS, MOITAS GAÑAS DE CAMIÑAR.
FELIZ ANINOVO RILLAMILLAS!!!!!
Darío: Rematou o ano 2008 dos RILLMILLAS,cun roteiro extraordinario,
onte, que transcurriu polo entorno de Bruès (Boboràs) e
que tivo coma colofòn unha suculenta comida de confraternidade
- a cargo de Angel e a sùa señora nunha estupenda casa vivenda
vacacional- que serviu coma marco da entrega do Iº PREMIO "BOTIÑAS"
, que nesta a sùa primeira ediciòn tivo coma gañadora
à nosa compañeira e amiga Luisa Lorenzo , pero que nun xesto
de altruista xenerosidade cedeu iste galardon ò noso amigo e compañeiro
Bernardo, coma recoñecemento a sùa fidelidade ò colectivo
dende o seu inicio. Tamen houbo un recoñecemento a o noso compañeiro
e colega Luciano que mantivo unha dura pugna ata o final coa gañadora
na desputa desta distinciòn.
Pois ata aqui o 2008,
Grazas a todos
Felices Festas e Feliz Aninovo
Saùde a tòdolos rillamillas
Ata o ano 2009!
Fotos
L
-
14-12-2008: Roteiro
Padre Sarmiento e épica nívea dos rillamillas. Conta o cronista
que: "Custounos chegar pero volvemos axiña, e é que
a pesar do agradable do paseo e da gran oratoria de Carlos contando lendas,
recitando poemas... E aínda que el se acendía con recordos
aos xestores políticos, nós arrefriabámonos con tantas
paradas nunha mañá un pouco xélida, no entanto a
ruta do Pai Sarmiento merece a visita.
¿Volta para casa? Non, saímos a camiñar e como a
oportunidade pintábanos de cor branca no Paraño alí
que nos baixamos para facer uns sete quilómetros por neve, sensacional,
ata tivemos intres de sol e loita de bólas níveas, encantador
percorrido gozando dunha sedutora paisaxe e divertíndonos co renxer
do branco meteoro baixo as nosas botas. Ao final tivemos un opíparo
banquete para celebrar o níveo bautizo RILLAMILLAS e así
prolongar o goce de tan branca xornada.
¡Vivan os sete padriños!" Fotos
L.
-
30-11-2008: Andaina
polos arredores do Carballiño. Así nolo conta Luisa: "Cando
ia cara a estación de autobuses, atopeime cun coñecido que
me dixo: "Pero ti estas tola!!! Vas a camiñar???" Pegoume
a risa e contesteille: "Pois teras razón!!!!".
ISO MESMO ÍA PENSANDO EU, E PREGUNTÁNDOME SE APARECERÍA
ALGUEN.
Despois dunha longa noite de choiva, e das boas predicións meteorolóxicas
que nos "adiviñou" o noso amigo o home do tempo...
Pero segundo baixaba, para a miña sorpresa, estaba a chegar alguén
mais, e logo outro mais, outro mais... Ata que nos xuntamos SEIS "TOLIÑOS"...ufff
non estou soia!!!!
Hai un dito que ten moita razón (a mal tempo boa cara). É
totalmemte verdade.!
Comenzamos a camiñada, fixemos o tramo novo que abriron a pé
de río dende a Garda Civil ata o Muiño das Lousas, logo
collemos un cacho do camiño dos arrieros. Por certo, !houbo un
tramiño, en que un raiño de sol nos acompañou nos
nosos andares!...Que como resultou?...XENIALLLLL coma sempre, e o tempo
portouse excepcionalmente ben connosco.
Foi unha maña chea de boas cousas, soio había que porlle
boa cara.
Votaredes en falta a crónica do noso cronista. (a falta de pan...)
é o que hai.
Pero quíxolle dar ventaxa ao seu rival e deixou caer unha porta
enriba dun pe...Por tanto non poido sair a camiñar. Faille ben
as curas para poder voltar pronto. Fotos.
-
16-11-2008: Andaina
por Cenlle. ¡Canto rimos!. Camiñamos despacio. Paramos para
facer fotos. E rimos moito. Moito. Logo houbo cocido e magosto. Para andar
estabamos 18. Para comer... moitos máis. ¿Será que
comer é mais facil que andar?...
Conta o cronista: "Hai unha lenda sobre
a camiñada-magosto de RILLAMILLAS que fala dunha dureza extrema
con fortes subidas e extenuantes distancias, conta á súa
vez que existe unha boa organización cunha formulación clara
onde os horarios respéctanse ao segundo e en todos os cruces a
dirección a seguir está ben definida, din que apenas queda
tempo para mirar o que bordea ao carreiro que doutra banda é diferente
cada vez, coméntase que é un geto, un circulo pechado no
que sempre esta a mesma xente aburrida e con pouca graza pero con ganas
para comer o que din gran cocido. Ata aquí parte do mito, a historia
real é que a andada foi suave como un algodón de azucre,
a distancia como a dun corredor de calquera dos Pazos vistos, a organización
democrática a moreas, decidía cada cruzamento en asemblea
e sen importar nada o tempo nin o meteorolóxico nin o do reloxo,
houbo manga ancha para fotografiar e mirar entre a néboa, e algún
camiño repetido, poucos iso si, unha amiga primeriza, seguramente
volve, e sobre todo falamos e rimos en cantidade, sen as présas
doutras veces sabendo que nos esperaba un magosto-cocido… suculento
para algúns, e para outros…Ás veces as lendas sobreviven
á historia real".
E hai moitas cousas que non conta o cronista...
e que tamén sucederon... ¿Ou soñeinas eu? ¿Ou
é que non se poden contar?... ¡Demos, cánto rimos!
Fotos.
Fotos
L.
-
02-11-2008.- Conta
o cronista: "O primeiro domingo de novembro xuntou unha morea de
xente na esplanada do balneario de Beran coa intención de reclamar
un titulo para un camiño.De todos os xeitos coido que o obxectivo
real era pasalo ben, por que sinceramente, os camiños non necesitan
reivindicacións, necesitan ser camiñados, especialmente
nesta zona do Ribeiro onde entre fermosas paisaxes acumúlase unha
rica e interesante historia gravada na pedra e na memoria de xentes como
Pablo e Eduardo que nos levaron por Camiños Reais, e fóseno
ou non, o certo é que alí están, polo tanto existen
realmente e son dignos de conservar e necesariamente usar para gozar dunhas
paraxes deliciosas e duns pobos notables como Berán, Lebosende
ou o conxunto de Pazos de Arenteiro ao que nos achegamos logo de pasar
polo abandonado Viñoá, por si só suficiente motivo
para facer esta travesía. Tras repor forzas cunha grata comida
nunha das casas restauradas no barrio da igrexa de Pazos de Arenteiro,
continuouse camiño ata Móldes onde un magosto esperaba aos
valentes que decidiron facer a subida e completar así o programa
previsto.
Se é un camiño Xacobeo, haberá que chegar a Santiago
de Compostela ¿para cando a seguinte etapa? Nesta pasámolo
moi bien". Fotos
de Luisa.
-
-
Domingo 05-10-2008:
Andaina. A senda de Vilatuxe. Inicio no Alto da Cruz da Grada. Camiñando
por pistas forestais dos concellos de Irixo e Lalín. Qué
nos conta o cronista?. Esto: "Nunha mañá de climatoloxía
estupenda botámonos a camiñar pola demarcación ente
as provincias de Ourense e Pontevedra, nos límites dos concellos
de Irixo e Lalín. Empezamos e acabamos en Cruz da Grade, durante
unhas tres horas percorremos un monte aínda libre de aeroxeradores,
unha illa entre tanto parque eólico que se vía desde a cima
dos Agüeiros (creo que libre por pouco tempo) continuamos por Pena
Queixeira e baixamos a Ermida da Asunción e continuando polo Campo
dos Lobos cruzar o Val da Costa acercándonos a Bustelo, aldea da
provincia de Pontevedra que deixamos á nosa esquerda para, subindo
polo coto dá Moura, achegarnos con calma ao comezo e final desta
preciosa pateada organizada polo amigo Fran, xa un veterano RILLAMILLAS,
e axudado por Oscar (camiñando para veterano). Parece que o grupo
esta crecendo e renovando, de feito dos 15 camiñantes 3 eran novas
incorporacións incluíndo un RILLAMILLAS xa de terceira xeración,
non hai que esquecer como se pasa nas saídas RILLAMILLAS ¿lembrades?
Pois eso: MOI BIEN MOI BIEN". Fotos
de Luisa.
-
DOMINGO 21-09-2008:
Andaina pola Serra da Grova. 20 persoas. Isto era o que estaba previsto:
"Percorrido: 17,100 quilómetros. Desnivel máximo: 319
metros
Puntos de interes:
• Chan da Lagoa: Km. 0, altitude: 335 mts.
• Monte Facho: Km. 3,160, altitude: 428 mts.
• A Groba: Km. 8,725, 654 mts.
• Chan da Lagoa: Km. 17,100, 335 mts.
Aprovisionamento de auga: existe unha fonta na saída e outra na
metade da ruta. Este carreiro circular discorre pola redondeada montaña
que está por riba de Baiona. Nesta andaina, á parte do moi
coñecido Sendeiro das Greas, que percorre os montes e vales do
municipio de Vigo e da súa Mancomunidade, coincidiremos con algún
tramo do P.R.G. 62 – Sendeiro dos Petroglifos, que vén de
Baiona e, despois de percorrer estos montes volve ao mesmo lugar.
A ruta permite visualizar a franxa costeira que alcanza Baiona e A Guarda,
desde a Serra da Groba ata o Monte Tecla; as Illas Cíes, coa pouco
coñecida vertente Oeste da illa Sur; a Bahía de Baiona,
con Praia América e Monteferro; e, tamén, a ría de
Vigo.
Se o día está despexado observarase a Costa da Vela, dende
Cabo Home atá as Rías de Aldán e Pontevedra.
A ruta está considerada de baixa dificultade.
É unha proposta feita por Roberto e parécenos interesante
para a nosa saída 128"
E isto foi o que resultou, según nos conta o cronista: "Preparación
dun Serra dá Groba:
Cóllase o derradeiro día da estación estival, aderécese
cun tempo cálido e asollado, macérese un pouco afastado
da zona habitual de cocción, engádanse vinte areas de sal,
vértanse unhas pingas de fermosas paisaxes, unhas relas de bos
camiños, un chisco de grandes vistas e condiméntese ao gusto
con ganas dedisfrutar. Pasado un bo anaco, sírvase acompañado
de ansia por camiñar.
Este prato foi preparado con mestría e agarimo polos cociñeiros
Roberto e Pilar, saíndolles tan exquisito e abundante que ata se
compartiu cun par de veciñas.
NOTA.- aínda que resulte pesado, é básico maceralo
afastado da zona habitual de cocción para acadar novos e sorprendentes
sabores.
Bo proveito".
Vos me diredes qué vos gusta máis. Fotos
de Luisa.
-
-
8 de agosto de 2008:
Andaina nocturna. Conta o cronista: "O outro día, bo, na noitiña
houbo a dicir dos astrónomos unha alienación de planetas,
pois ben, si houbo alguén que ollase para o castro de san Cibrao
ou mesmo para o san Trocado e mais si viu os corenta comensais da cea
de Laias, chegaría a conclusión de que non eran planetas
¡eran satélites! Pois nunha noite moi clara viuse como daban
voltas ata estabilizar a súa órbita o redor dunha luz mais
forte que ben puidera ser un planeta, facendo un estudio detido dos sons
que se oían pódeselle chamar a este planeta o planeta queimada,
aínda que ben mirado puidera ser un sistema parecido o solar, con
unhos 20 planetas orbitando o redor dunha estrela de luz amarelo-azulada;
pero si o observador é paciente verá que unha vez extinguida
a luz os posibles planetas volven a moverse de forma errática,
incluso mais que antes, móvense no espacio por outra órbita
e entre fermosas estrelas fugaces que os acompañan ata o mais fondo
da Cida onde se esvaecen, mentres o lonxe escoitase o canto do paxaro
Ulu-lu chamando a súa femia nunha noite máxica para esta
extraordinaria “Bágoas de San Lourenzo” " Fotos.
-
20 de xullo de 2008:
Conta o cronista: "Como era unha extraordinaria non se buscaron novos
camiños, así e todo, e mais ser unhos camiños moi
pisados por nos, parecéronnos descoñecidos ofrecéndonos
unhas estampas ben distintas das que tiñamos mirado, e como os
carreiros levábannos polo Ribeiro falamos de beber viño,
e bebelo nas cuncas de pedra meténdolle a uña do polgar
para que non escorregase, cousa seica pouco hixiénica a dicir de
Sanidade e retiradas por mor da saúde, e entre leria e leria chegamos
ó comedor, bebemos por vaso de vidro que é moito mais limpo,
e tomamos o café nun pocillo de cartón cheo de propaganda
¡cousa hixiénica,chico! E como a cousa estaba de saúde,
camiñar é boísimo que imos dicir nos, comer ben é
macanudo e fixémolo. Pois fomos rematar a piscina do Cándido,
e sentounos de perilla por que xa sabedes que a auga é saúde,
sobre todo si esta quieta e morna, como foi o caso". Fotos
de Luisa
-
29 de xuño de
2008: Bus. Barco. Illa de ONS. Sol. Bandeiras de España. Un día
fermoso, que rematou con España gañando a Eurocopa. Cronista
dixit: "Volvemos a illa de Ons para ver como evolucionou despois
da nosa colonización alá por o 10 de xuño do 2007
e a verdade que vai parecido a como vai o vello continente, aumentando
o cemento e as comodidades ¿? O dia foi perfecto a organización
sobresaínte e a pesares de ser moitos os que camiñaron por
a mañá e poucos os da tarde o sistema foi RILLAMILLAS nas
dúas veces, uns corren mais que outros, pero chegamos todos o mesmo
sitio e gozando cada un a súa maneira. Houbo baño e un regreso
sosegado no mar e un pouco alborotado en terra, as novas xeracións
de andaregos querían ver o balón-pe, o futuro pódenos
traer algún tirano, todo rematou ben, chegamos para ver o final
da primeira parte toda a segunda e o que lle colga, e ganaron os roxos.
Apetecíame rematar co estribillo dunha canción dos vellos
Tequila, que volven soar, aquel que di: que el tiempo no nos cambie, pero
igual non nos viña mal algunha pincelada.
Ata setembro". Fotos aquí.
Fotos
de Luisa.
-
22 de xuño de
2008: Roteiro A SENDA DE OURO, organizada pola cruz bermella do Carballiño.
-
15 de xuño de
2008: Andaina por Mondaríz. María invitou a churrasco. Xenerosidade.
Graciñas. Fotos
-
8 de xuño de
2008: Andaina do día do deporte. CONVOCA: Concello do Carballiño.
ORGANIZA: Luciano. DIRECTOR DE ORATORIA: Darío.
Nais, pais, nenos, nenas, mozos e mozas...
un pouco de todo. 45 persoas tomamos a saída na Estación
de Autobuses ás dez da mañán. O concellal de deportes,
Manolo Dacal, estaba alí para regalarnos camisetas, panos, gorras,
unha botelliña de auga... Darío explicounos por qué
estabamos alí... e Luciano púxose en cabeza para dirixir
a marcha. Parque. Mesego. ¿Seara?. Pena Cobertoira. Pontarriza.
Godás. Carballiño. Unha fermosa camiñata por sendeiros
inéditos, vírxenes, alfondrados de sombras e follas de carballos,
entre fentos e flores, entre silencios e conversas... Na Pontarriza (de
"ponte terriza" =de táboas cubertas de terra, como nos
explicou Bernardo) visitamos o museo etnolóxico. Pero antes de
entrar no pobo xa poidemos ver ó aire libre unha leira sementada
de botellas de plástico penduradas no aire, unha das máximas
expresións da idiosincrasia imaxinaria da terra galega.
En todo momento Darío foi cerrando
a marcha, coidando de que ninguén se perdese, labor que fixo coa
súa acostumada eficacia.
Chegamos á Carballiño á
unha e media, con británica puntualidade, para saborear uns pinchos
ofrecidos polo Concello. Fotos
aquí.
-
1 de xuño de
2008: Cóntanos o cronista: "Tiña o ano 2004 un mes
de vida cando nos achegamos por primeira vez aos camiños da parroquia
de San Paio, tal foi o agrado da experiencia que no outono dese ano repetimos
visita. Catro anos máis tarde volvemos para comprobar que nos seguen
gustando, ata co aspecto de selva que están adquirindo algúns
dos tramos, especialmente no monte de Santa Marta. Como novidade esta
vez subimos ao mirador que hai na cima do monte para gozar das vistas
sobre a Foz e Ribadavia mentres tomabamos con calma un refrixerio. En
resumo, nunha mañá atoldada pero calorosa, 9 amigos camiñamos
amodo os 10km da ruta, algún traía encima 50km do día
anterior, así que mellor con calma que tampouco esta RILLAMILLAS
para perder partidarios. ¿Que como o pasamos? Virvos á próxima
e verédelo.
P.D. a próxima é a saída 125 e será en Mondaríz
Balneario".
-
18-05-2008: Roteiro
polo Coto de Novelle. Así nolo conta o cronista: "Só
un dos que subimos ao coto fai cinco anos presentouse en Santa Maria de
Castrelo, tres RILLAMILLAS que aquel afastado 30 – 03 - 2003 non
estiveron e un servidor fixemos de recibidores a unha nova incorporación
e a 6 visitantes, entre todos e a un ritmo tranquilo e divertido (o dos
chistes, haber si empeza a cambialos ¡que xa é hora!) fomos
tomando altura sen pausa ata alcanzar Coto Novelle onde, esta vez si,
gozamos das vistas e dos tentempiés, logo dun intre distendido
comezamos o descenso, si a subida ten miolo a baixada tamén ten
faragulla, ata escaleiras no Rial, de volta en Castrelo comprobamos a
diferenza de maduración das cereixas en só 600m. de diferenza
de altitude, en Reigoso non valían pero en Padreiro si (houbo catadores)
Camiñada bonita e entretida, a pesar de que ao principio algunha
mociña bocexou nada máis pór o pé en terra,
pasouno, pasámonolo moi bién". Fotos.
-
04 de maio de 2008:
Luisa cóntao así: "Primeiro domingo de maio. Oito rillamillas
dispostos a facer unha camiñada corta e rapidiña... polos
arredores do Orcellón. Entre pisada e pisada, contos e mais contos...
O Penedo: flores,flores e mais flores...
Un cacho da ruta dos Arrieiros: mais contos, risas e flores.
Lebozas: aparecen moi finas, tímidas,
discretas, mansiñas unhas Gotiñas, que nos serven para refrescar,
e mais para facernos mais ierresistibles as flores.
Recordos, lembranzas...volta a mais tenra infancia.
Bouteiro: pisadas mais meudiñas...
flores, flores, día de flores, e volta por Miomas entre flores,
risas, lembranzas....Ó fin 18Km recollendo flores para todas as
MAMÁS". Fotos.
-
20 de abril de 2008:
Conta o cronista: "Recibiunos a Pena de Francia con chuvascos intermitentes
(os do tempo cada vez atinan mellor) e nada máis pór os
pés no chan empezamos a subir cara ao punto geodésico, nunha
mañá gris, que o foi menos grazas ao amarelo dos alecrins
que enmarcaban o carreiro cara ao berce do Arenteiro, lugar que acadamos
logo de cruzar os pobos de Roiriz, Pallota e Cabana, todos eles envolvidos
no característico cheiro dos produtores de boa carne. Tras pór
o goretex a proba polo Val das Eguas chegamos de volta á capela
da Pena de Francia cando a choiva deixou de ser intermitente para chover
a fío, pero xa estaba andado o camiño, e gozado pois a andada
foi fermosa" Fotos.
-
6 de abril de 2008:
Ruta pola serra do Candán, concello de Forcarei. Saida dende
o Mosteiro de Aciveiro. Ruta circular. Primeiro subir e logo baixar.
Día de sol. Xa facía tempo que non sentía correr
o suor polas costas camiñando cos rillamillas. Arriba os eólicos
daban voltas e voltas sen parar. Un deles tiña un "rodamiento"
aveirado e facía un ruido inapropiado. Vacas leiteiras polo
camiño. Prados e prados verdes. Xa cerca do alto vimos que
viñan en dirección contraria un grande exército
de sendeiristas. Preparámonos para a batalla. Estabamos dispostos
a loitar. Pero ó final todo se resolveu nun amistoso diálogo.
"¿Así que vos sodes os famosos rillamillas?".
"Sí. E vos?". "Somos de Vigo". E todo quedou
nun encontro amizoso. No exército dos rillamillas camiñamos
no día de hoxe 18. E como diría o noso cronista, pasámolo
ben, moi ben. Fotos por aquí.
-
-
23 de marzo de 2008:
Ruta de pascua: Así nos conta o cronista o que pasou: "¡Só
tres camiñantes! fixémoslle a pascua á boa media
de asistencias que levaba RILLAMILLAS nos últimos tempos. Poida
que o frío da mañá, o ter que comprar ovos a última
hora (hai moito padriño descoidado) as vacacións en Rapa
Nui, as procesións...O asunto é que tres andaregos entre
conto e conto completaron unha camiñada de moito asfalto entre
os concellos de Boborás e Carballiño, pasárono ben
e santas pascuas".
-
9 de marzo de 2008:
ruta circular por cerca de Carballiño. Con asistencia de 13 ou
14 rillamillas. Así o conta o cronista: "Día frío,
pero a porcentaxe de participación foi alta, 43´75 % de participación
feminina e 56´25 % masculina. A pesar de non ter as ideas claras
empezamos a camiñar con todas as nosas forzas, chegando ao primeiro
punto dubidoso do camiño e tras empregar cabeza e corazón
decantámonos pola opción de centro, seguindo este camiño
levounos a outras paraxes conflitivas pero dado que en Galicia todos os
recunchos e carreiros son bos optamos por Galicia decide o que nos achegou
o punto de inicio onde tomamos unhas cervexas para celebrar que todos
saímos gañadores nunha camiñada moi democrática".
Fotos
de Luisa aquí.
-
2 de marzo de 2008.-
Ruta por Castrelo de Miño. Conta o cronsta: "Primeira extraordinaria
do ano 2008, fomos para facer bulto(e fixemolo porque ainda eramos ben
deles) nunha competición acuatica no Ribeiro, cousa curiosa esta
de que o viño sempre este en sitios nos que abonda a auga.De paso,ou
millor, a pasos fixemos unhos fermosos seis kilometros , visitamos unha
bodega de cubas vellas, que non cheas, e ceibamos un pardau preso nunha
rede que tapaba un alcouve, achegamonos a beira do encoro cando ós
primeiros regatistas, asemade que iles acadamos o Club Náutico
de Castrelo onde aplaudimos ós deportistas, e saido o sol nosoutros
marchamos (os pinchos pasaban a tarde)eso si, denantes fomos degustar
o viño de J.Ramón, recen trasegado, asi e todo estaba ben
bo.
Alguns ainda tiñamos gana de andar e despois de xantar fomos por
a outra beira do Miño, entre Barbantes e Laias.
P.D. esta non conta para BOTIÑAS". Fotos
de Castrelo de Miño. Fotos
de Luisa aquí.
-
24 de febreiro 2008.
Roteiro por Beariz. O cronista cóntao así:
"Porque non o valía Verín
Optamos por facer unha
Ruta en Beariz
Conducidos por Bernardo
Onde non estaba seco
Camiñamos en mollado
Empuxando contra o dente
Limpamos moi ben os pratos
Todos ficamos fartos
Aproveite. Vémonos na siguiente".
Fotos aquí.-
-
10-02-2008.- Andaina
polo Paraño. Así o conta o cronista: "Como subiu todo!
É incrible o costa arriba que se poñen algunhas cousas,
mesmo algúns sitios como os camiños do Paraño, subiu
todo tanto que ata a participación nas camiñadas RILLAMILLAS
esta en máximos históricos. Onte corentantos, hoxe trintantos.
Poida que a todo isto axudase o día, especialmente belo, pero é
de supor que o bo facer e a acollida RILLAMILLAS tamén ten parte
nesta ampliación de clientes. É tal a boa marcha (cada vez
máis rápido) do produto, que están xurdindo ideas
moi interesantes para optimizar as ofertas, tal é así que
acabamos cunha forte baixada, posibilitada polos beneficios acumulados
durante toda a mañá, aire limpo do Testeiro, bocadillos
caseiros de Maria e preciosa ruta a dicir dos accionistas, que felicitaron
ao promotor alimentando igualmente o seu espírito.
¡Hai que manter a cota de mercado!" Fotos
aquí
-
27-01-2008: 43 rillamillas
camiñaron polo Camiño de Santiago, de Cea a Oseira, lembrando
ó amigo Pepe Castro. Familiares e amigos de Pepe sumáronse
cos rillamillas habituais... convertendo esta andaina na máis "multitudinaria"
de toda a historia dos rillamillas. Fixo un bo día. Despois da
andaina seguiu unha comida en Cotelas, onde 52 persoas compartiron mesa,
mantel e sentementos. Un día emotivo e fermoso.
O noso cronista cóntao deste xeito:
"¿Memoria? Hoxe, día primaveral a pesar de estar en
pleno inverno, saímos a camiñar unha especie de lexión
romana, e aínda que hai moito RILLAMILLAS, o habitual é
que sexamos unha guerrilla de galos. A ruta que pretendía ser relaxada
e suave foino algo menos do esperado. Como é costume en RILLAMILLAS,
a velocidade de cruceiro, sensacional: 14 Km. en 3 horas. E iso que o
guía tiña unha lene coxeira...A organización que
frecuentemente é... non é, neste día foi insuperable.
A comida, que parecía ía ha ser triste polo feito de recordar
a un amigo que xa non está, volveuse alegre como el era, o que
me fai pensar que o non velo non implica que non estivese alí con
todos nós, é máis, creo que cada quince días
está na estación de autobuses para ir coa guerrilla ata
onde faga falta. E é que as aparencias ás veces engánannos".
Pilar Abraldes viuno así: "RILLA
MILLAS, RILLA Millas, Rilla Millas…Ás doce e cuarto do mediodía
deste domingo, vintesete de xaneiro, coroaron os novecentos sesenta metros
da Serra da Martiñá os corenta e tres Rillamillas que subiron,
subiron, dende Cea, e tocaron un dos ceos de Galicia.
E aló, ben alto, cada quen contemplou
o amplo e despexado horizonte desta atalaia que é a Martiñá.
E máis dun lembrou ó Rillamillas ausente, que, vixiante,
empurrou e deu alento.
Camiñaron a presa polas carballeiras
do tramo do Camiño de Santiago, entre a agua, a lama e a bosta;
pegadas, sons e cheiros da Galicia da infancia dos que imos cumprindo
anos. Ascenderon lixeiros, coa vista sempre na Martiña. E baixaron
cáseque correndo, por atallos algúns, con Oseira como meta,
obxectivo e premio, todo nun. Oseira, emociona sempre. Polo norte, polo
sur, polo leste e polo oeste, por onde chegaron os Rillamillas.
Compartiron xantar en Cotelas, compartiron
sensacións, compartiron recordos.
RILLA MILLAS, RILLA Millas, Rilla Millas…
no contorno enteiro escoitouse esta voz, que o eco levou ata O Carballiño
e ata Pepe Castro.
Para quen escribe, queda este día,
na súa memoria íntima, como o da primeira ascensión
á Martiñá. Tan preto, tan lonxe. Pagou a pena".
"... a beleza e a amizade son eternas..."
(Bernardo) .
Está claro que esta andaina foi especial.
Fotos. Fotos
de Luisa.
-
13-01-2008: 18 rillamillas,
arrieiros, paragüeiros. Ruta dos arrieiros. Chovía. Por iso
nos convertimos en paragüeiros. Camiños novos. Demasiado novos.
Ainda que as follas do outono os cubriron, facéndoos mais suaves
e levadeiros. O noso cronista cóntao así: "Volvemos,
e para empezar saímos da estacioooooooooooooooooon de autobusessssssssssss
¡corre! chegamos ao Penedooooooooooo pasamos Cornedooooooooooo ¡non
pares! tocamos Corval ¡UF! Logo dunha visitilla ao lagar e ao Pazo
salimooooooooooos cara a Sagra, Trigas, Covela, Varón ¡rápido!
Fixemos frechas para os rezzzzzzzzzzzzagados ¡marcha! subimos cara
a Sona alcanzamos outra vez o Peneeeeeeeeeeeedo camiñamos polo
centro de Carballiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiño e desbandada. 12 Km. Para
dezaoito andaregos nunha mañá chuviosa, pero apenas nos
mollamos: non lle demos tempo ás pingas de choiva.
E como o pasamos? Pois depresa". Foto.
Fotos de Luisa.
-
16-12-2007: 12 rillamillas
rillamillearon tempo e tempo. Longa andaina dos apóstolos. O cronista
cóntao así: "Desde un punto de vista obxectivo, creo
que ao guía desta camiñada deulle un ataque de ansiedade
por ver tan próximo o fin de ano e saber que era a última
ruta da tempada. O medo a un futuro incerto empúxouno a levarnos
por todos os camiños posibles, non vaia ocorrer que non volvamos
camiñalos. E isto converteu o paseo final, ruta 113, nunha xornada
maratoniana de 20km, nunha circular que tocou o concello de Irixo á
altura de Cangues, e que por Valfrio e Dornelas achegounos á parroquia
de santa Uxia de Lobas, onde grazas á amabilidade da señora
Celia visitamos a igrexa do mosteiro, explicándonos ademais como
se fixo a I festa do ovo fritido no destro de devandito cenobio.
Aconteceu tamén o primeiro accidente
nunha ruta RILLAMILLAS e todo debido ao escaso mantemento que se fai das
instalacións municipais no rural, por sorte todo quedou nun susto
e unha ferida desinfectada co alcol que levaba un dos asistentes, o do
cheiro xa é mais difícil de quitar sen unha boa ducha e
unha lavadora, e é que o río non estaba para baños,
nalgún punto xeado en toda a superficie. E seguindo pola súa
marxe esquerda, baixamos ata Arcos, onde vimos o mural sobre o pulpo;
e como se achegaban as tres da tarde corremos con ansia para chegar polo
menos á segunda quenda do comedor.
Isto así foi ¿o 2008? Quen o sa?". Fotos.
-
02-12-2007: Conta o
cronista: "Fomos 31, camiñamos dirección Saleta e volvemos
pola Pontarriza. Día seco e soleado. Hai centos de retratos. Pasámolo...".
-
18-11-2007.- Ruta circular
por Ribadavia. 17 rillamillas, máis ou menos. Así a conta
o cronista: "Agora que están de moda os cursos de perfeccionamento
e reciclaxe, non estaría de máis facer un en RILLAMILLAS.
Hai quen esquece que as condicións do tempo non nos baixan da burra
de camiñar. ¡mira que terlle medo a néboa do Ribeiro!.
O dito: hai que facer cursos.
O caso é que houbo acordo e fomos para Ribadavia. Chegados á
Veronza non había nin pinga de brétema e sí un fermoso
día soleado. Así que a camiñar. Ó principio
ruta urbana, incluso con escaleiras, cousa fina para quentar os xeonllos.
Despois de furar por un carreiro enmarcado por valados, saímos
a un mundo de costas que subimos a fume de carozo pasando sen pausa por
Franqueirán e coroando o Man de Moura sen parar ata entrar no concello
de Melón por A Ibia e rousando cara Ribadavia por a vella N120,
zona esta de moito piche e mais lixo. Baixamos por un camiño a
Francelos onde ó fin paramos a carón da ermida de san Xes.
Outra vez en marcha para cruzar a vía con medo ó paxaro
(AVE) e por a beira do Miño subimos ata a desembocadura do Avia
seguindo por a súa banda e decatándonos de que era un ruta
refrescante xa entrando en san Francisco, 10 cm. de xeo no chan e carambos
de metro, chegamos de volta á Veronza.
Remate en Barbantes, onde Cándido e Pili nos serviron un lacón
con grelos e moitas máis viandas. Se alguén se marchou con
fame foi por que quixo. Incluso se fixo un magosto tradicional, con frouma
(nin tixolas, nin bidóns) lume e castañas sen picar.
P.D. pena de conducir, a augardente era un pracer censurable". Fotos
aquí
-
04-11-2007: Magosto
rillamillas 2007. O bó tempo e o cheiro das castañas animóu
á parroquia e xuntouse na festa máis xente ca nunca. 31
persoas estaban na línea de saída dunha andaina que percorreu
os vellos camiños de terra de Cenlle, por entre viñas, por
entre hortas, por entre mimosas... Fermosa senda... Un pouco de niebla
pola mañanciña... E un pouco de sol despois... Pero temperatura
moi agradable en todo momento.... Estaban os habituais... algúns
primeirizos... xente de caminhantes de Vigo... Ó remate da andaina
o amigo Soto improvisou un ximnasio e púxonos a todos a facer estiramentos...
Todos os corpos e unha boa parte das almas agradeceron a sesión
de ximnasia...
Logo, para a comida, empezou a chegar xente
e xente. Rillamillas xubilados. Familiares e amigos de rillamillas...
Ata chegar a máis de sesenta persoas. Nunca se xuntaran tantos...
O noso Presidente, Darío, emocionouse e empezou a decirnos "unhas
palabras"... Logo o xantar: cocido,castañas, postre, café...
Un forte aplauso para o noso amigo Pepe Castro... E logo guitarra, música,
e festa... Todo en boa harmonía... Un día para lembrar...
Pilar, que sabe andar e mirar, viuno así:
"E a Vilar de Rei fóron os Rillamillas o primeiro domingo
deste mes de novembro. Adentráronse polas terras de Cenlle que
van dar onde o Miño discorre por unha das máis fermosas
paixases do seu tránsito cara o Océano. Camiñaron,
os Rillamillas, entre viñas dun Ribeiro que, aínda deixado
a monte, emborracha màis aínda os sentidos neste outono
de luces, cores, e calores. E así, gañados polo hedonismo
de andar, foron quen os Rillamillas de facer altos no camiño. Vilar
de Rei, A Lama, Ervededo-avituallamento privilexiado sobre o Miño-A
Pena... fotografías incesantes para as retinas.
Algo
máis de trinta Rillamillas camiñaron a paso decidido.
Á cabeza, os máis novos, que xa collen o relevo. As fadas,
que non meigas, Lucila e Elena. Os correosos Pablo e Pablo Marino. E
os serios, Lucas e Raúl, cada un ó seu. Houbo incorporacións
amigas e queridas. Benvidas sexan e por moito tempo. Animou o anuncio
do Magosto. Sentou, á mesa dos veciños de Vilar de Rei,
á parentela menos correosa. Cocido, viño do Ribeiro, postres
da casa, licores, castañas e, cómo non, as voces da terra,
que tamén as dá o Ribeiro.
Contan
as crónicas que o noso cronista esperaba o desafío a propòsito
da andaina dos Rillamillas polos seus dominios...
A propósito.
Os recén chegados somos, se cadra, algo pesados. Pero está
ben eso de andar e mirar" . Fotos
aquí.
-
21-10-2007: Ruta dos
callos. Cada ves está mais claro que "os rillamillas"
é un grupo primeiramente gastronómico... e que ademáis,
de cando en cando, se adican a camiñar... Hoxe, sen ir mais lonxe,
o arrecendo dos callos que chegaba dende Corzos... atraeu ós feligreses
e na parroquia rillamillas xuntaronse ata 22 persoas. Camiñaron.
Perdéronse. Agatuñaron por unha cloaca para atravesar por
debaixo da autopista... e finalmente chegaron, ¡todos vivos!, a
Corzos. Alí agardaban os callos... Sete dos 22 foron xantar á
casa, pero os outros 15 comeron e beberon en boa sintonía... Tal
como estaba previsto... a paparota multiplicou o número de rillamillas...
O cronista cóntao así: "Camiño de regreso, é
a definición mais apropiada para a camiñada do 21 de outubro
de 2007. Ao principio eramos un grupo de xubilados, vendo as obras do
AVE e a autovia, fomos rexuvenecendo á vez que nos metiamos por
unhas hortas buscando un camiño que resultou ser o mesmo que deixaramos
uns metros antes, logo dun refrixerio na bonita casa da promotora da ruta
(Angeles) sentímonos como adolescentes, e xa pasado Fontaiñas
pasamos a ser nenos, rebeldes e aventureiros, saltando valos e coándonos
por tubaxes cara a un destino incerto, logo de rirnos un intre e arrastrar
as nádegas polos terrapléns, chegamos a Corzos onde a maioría
quedou a gozar dos callos preparados por Paz e Manolo, máis dun
co bandullo cheo durmiuse como un bendito bebe. Unha auténtica
regresión ata a máis tenra infancia. Mimiños".
Fotos aquí.
-
07-10-2007: Ruta por
Beariz. Pili, a nosa mellor periodista, cóntanolo así: "…E
mentres os valerosos Rillamillas do Camiño entraban, o domingo,
na vella Iruña... os Rillamillas da Xirazga ascendían os
cumios da Terra de Montes de Beariz. Tiñan ante sí as Terras
de Montes do outro lado, Soutelo e a Lama. Deixaran detrás e ben
abaixo Correa, Alén... con Doade e Beariz ó fondo, entre
as brumas do outono, e o Faro de Avión e Pena Corneira, vixiantes
dos camiñantes. Emprendían, sen sobresaltos, a baixada cara
Santo Domingo, coa sensación de liberdade que propician os horizontes
sen fin da montaña, A Serra, por onde centos de cabalos andan libres.
Deixaron constancia do seu paso pola ermida
e a mámoa de Santo Domingo, traspasaron as cancelas coas que as
poucas xentes que quedan en Ricobanca se protexen dos animais. Lembrou
Rodiño, camiñante xubilado de Fenosa, as veces nas que,
na oficina do Carballiño, recibían o temido aviso de que
alá, na Serra de Beariz, quedaran sen luz. A duras penas chegaban.
Eran outros tempos, nos que os veciños se valían do muíño,
agora restaurado, onde a ponte medieval. Os Rillamillas, toparon alí
descanso o domingo. E de presa, de presa, chegaron ata a Portela da Cruz,
nos límites de Pontevedra con Ourense Toparon os máis persistentes
o camiño de volta a Correa. Seguiron outros ata Doade. “Non
hai atallo sen traballo”, lembrou alguén.
Moi boas sensacións està deixando
a temporada ós Rillamillas recén incorporados. Xa somos
máis. E seremos máis. O domingo, vinteún do mes que
andamos, toca ruta por Garabás. A unha novata, Ánxeles,
correspóndelle a honra de organizala, con Corzos como punto de
partida e regreso. Hai callos de premio. Xa arrecenden...
Por certo, os máis pequenos din que
os temos olvidados. A ver se facemos algo."
-
04-10-2007: 7 rillamillas
van nunha furgoneta Mercedes rumbo a Saint JEAN DE PIED DE PORT (FRANCIA)
para darlle principio ó Camiño
de Santiago. Dez días mais tarde chegan a Santo Domingo da Calzada,
onde rematan por esta vez, e volven para a casa, coa idea de volver ó
Camiño no mes de marzo, para seguir movendo os pes e o corazón
de cara Santiago.
-
29-09-2007: Hoxe a
familia rillamillas está triste, moi triste. Morreu Pepe Castro.
Un bo amigo, moi ben querido na familia rillamillas. Como homenaxe e como
pequena mostra de cariño para él e para toda a súa
familia, poño aquí algúns dos comentarios que foron
escritos no noso foro:
"Rillamillas, hoy inicio nuestro mejor escalador de subidas, y buen
amigo, CASTRO, su subida mas larga, en su caminata definitiva, tened confianza
en que una vez más va a salirse con la suya para conseguir llegar
a la meta, como otras muchas veces lo hizo, nuestro mejor recuerdo para
EL, y nuestro acompañamiento una vez mas, CASTRO, los rillamillas
estamos a TU lado, en esta nueva andaina, esperamos que alla donde llegues
dejes bien alto a los Rillamillas. CASTRO, estamos todos contigo y con
Tu familia...".
"Sempre coa teima de non parar "veña camiñade
que nos arrefriamos, non vos paredes". E segues, agora dáseche
por comezar antes que ninguén a única ruta que temos programada
no noso calendario, aínda que sen data definida.
Chao, compañeiro Pepe, ata a próxima."
"Un domingo que non tocaba roteiro foisenos o amigo Pepe Castro.
Saiu só e colleu o camiño das estrelas sin esperar por ninguén.
O próximo verán, alá polo San Lourenzo ,subiremos
outra vez ó San Trocado para esculcar o ceo por se apareces detrás
dalgunha. Sempre camiñarás connosco polas corredoiras e
faremos un brindis polo amigo despois dos ágapes dos rillamillas.
Algún día camiñaremos xuntos outra vez polos roteiros
da eternidade".
-
23-09-2007: Ruta por
Piñor. Así a conta o noso cronista: "¡Que ben
nolo pasamos andando! E que bo tempo fai este mes de setembro. Para exemplo
este domingo: sobre as 10 da mañá un tempo buenísimo
para camiñar cunha ducia de amigos, ás 11:30 aproximadamente,
fixo un tempo estupendo para perderse (axudados polo mantemento da ruta
e polos matices RILLAMILLAS) pasadas as 13:30 o tempo era ideal para irse
a comer logo duns fermosos 14 Km. A tarde trouxo un tempo variable; bo
para a sesta, bo para o cafeciño, bo para...
PD.Ruta moi recomendable, aínda que, necesita un mellor mantemento".
Fotos
-
09-09-2007: Andaina
por terras de Silleda, que o cronista conta así: "Cada comezo
de curso é unha ledicia, atopámonos outra vez cos nosos
amigos con outros novos e con algún repetidor, pero tamén
unha magua, xa que o verán pasou, somos máis maiores, e
o desempeño ha realizar máis esixente, o primeiro día
foi duro, bastante duro, a calor do verán aínda axexa e
os corpos piden rebumbio e non laboura. Neste primeiro día déullenos
ha saber o horario do curso coas materias máis importantes: Coñecemento
do medio (espectacular neste caso) e Gastronomía, posiblemente
o prato forte do día. De todas as maneiras e a pesar da cantidade
de CARNE posta no espeto cumprimos como bos alumnos, empezando o curso
cunha ruta moi lucida.
Pero ollo non nos durmamos nos loureiros" Fotos.
-
10-agosto-2007: Andaina
nocturna extraordinaria, que o noso cronista conta así: "Xa
somos maiores, saímos de noite e deitámonos tarde. RILLAMILLAS
medra a pasos axigantados e para mostra a II extraordinaria feita o día
10 de agosto de 2007, unha nocturna cun poder de convocatoria abafador,
28 comensais na cea ao aire libre organizada no mesón Lembranza
de San Amaro, e 24 asistentes á camiñada nocturna, certo
que fallou xente notable de RILLAMILLAS motivos? Ha saber, pero estaban
outros non menos importantes como Luisa e familia, achegando todo o necesario
para facer unha gran queimada, incluíndo un portátil co
conxuro e fotos de distintas andainas para facerlle a boca auga a mais
dun.
A ruta elixida consistía en saír do aparcadoiro do castro
de Sanciprian de Las (a Cida) cruzar o castro de oeste a este pola calzada
central, baixar cara a Ourantes e subir polo camiño do santo ata
a capela do monte San Trocado, observar as Perseidas, queimada e volta
ao comezo pola pista asfaltada. Dado a hora de inicio 01:00 acordamos
repartir o grupo (estilo familia real) para que sempre quede alguén
en caso de emboscada; 13 andaregos seguimos o plan previsto mentres outros
11 subiron doutra banda.
San Lorenzo non nos obsequiou con gran cantidade de estrelas fugaces pero
si cunha noite cálida e doce (especialmente a queimada). A festa
do Lago foi o broche a unha xornada inusitada.
P.D. tomamos nota do do chocolate con churros (grazas Zalo por achegar
ideas) .Coa venia".
E LUISA respostoulle así ó cronista: "Anda o conto
estes días de que no Castro de San Cibrao se avistaron unhas sospeitosas
luceciñas a altas horas da noite. Que se mobían dunha forma
moi rara,andaban dun lado para outro, en círculos, da diante para
tras...Parecía que non sabían para donde tiñan que
ir!..parecían confusas!!. Pero de repentente!Seica se avistou umha
luz máis grande, máis luminosa ca todas as demais,fixo que
todas se puxeran a fila e a camiñar. Contan que sabía do
camiño...contan que é o seu lugar. Esta luz guiou a todas
as demais por entre casiñas redondas,entre sendeiros de pedras
nos que poideron percibir as falas,as risas,os bicos,os cheiros...dos
nosos ancestros. Camiñaron entre o poblado sen presa,con gañas,sen
medo, con forza...percibindo,sentindo... Estas luceciñas din que
foron camiñando ata o monte que se chama Santrocadro. Ali cóntase
que asentaron e que se viron ata o amencer, logo desapareceron,e non quedou
nin rastro!! Solo o que se conta,o que vai de boca en boca. Hai quen di
que era a Santa Compaña!!! Hai quen dí que non ía
á busca de ningunha ánima escarriada. Din,que só
ían ver as bágoas de San Lorenzo.
O agradecemento a Xano,o noso guía,que foi quen fixo posible este
noso camiño, e tamén a Zalo e mais María que non
dubidaron en acompañarnos a pesar das distancias.
XA FALTA MENOS PARA O NOVO CURSO...APLICARSE" .
Finalmente ZALO apuntalou o tema con este breve e sabroso comentario:
"Coa ilusión que algúns lle poñedes á
cousa esta non haberá camiño que se vos resista. Nin de
día nin de noite. Apertas a todos". Fotos
-
25-xullo-2007: Andamillas
por Oseira. Así o conta Pili, a nosa periodista:
"Mércores, vintecinco de xullo.
Día fermoso. Segunda andamillas familiar. O noso destino, Oseira.
Madrugamos. Ás nove e media, na estación de autobuses. Alí
estamos Ánxeles, Xabier, Lucía, Lorena, José Luis,
Belén, José Antonio, Mariam, Luisa, Rita, Rubén,
Pablo, Rául e Pili. Catorce. Estupendo. Collemos os coches e tiramos
para Cea Ó carón das piscinas, está o punto de partida
da nosa tirada, pola Vía da Prata, Camiño de Santiago.
Pouco antes das dez e media, emprendemos
a ruta. O ceo está sorprendentemente azul. Pisamos a lama formada
tralas chuvias recentes. As carballeiras do camiño dannos a sombra
agradecida. A Martiñá, a serra, vainos guiando. A auga fresca
dos manantiais destas terras altas sacia a sede dos rillamillas.
Pastan as vacas da montaña nos prados.
Xunto a elas, as ovellas. Falámolles ós nenos da importancia
do noso medio. Cánto mal fan os incendios. E os muíños,
os aeroxeneradores desa enerxía eólica que nos invade. Xa
non se libra a Madanela.
O camiño propicia relaciòns.
Qué lle pregunten a Xabier…
Á altura de Pieles, temos as nosas dúbidas.
Fáltannos Juan e Marcelo, que, por dúas veces, inspeccionaron
a ruta. Luisa e Rubén experiencia e memoria, deciden ben. Mantémonos
à marxe da estrada e volvemos atrás no tempo. Cruzamos Ventela,
unha aldea totalmente abandonada. Marcharon as sùas xentes. Deixaron
as casas os enseres. “A terra quere pobo”, di Xosé
Luis Barreiro Rivas.
Oseira anúnciase. Bordeamos o antigo muro
do mosteiro que se nos aparece; de súpeto. Emociana sempre.
É a unha da tarde. Qué ben se portaron,
unha vez máis, os pequenos rillamillas. Agora, os camiñantes
teñen sede e fame. Arrecenden os pementos da señora Conchita,
da Casa Escudo. Xantamos na área recreativa, o pé do Arenteiro.
É un ambiente agradable. Compartimos mesa e mantel -Ánxeles,
estás en todo- e as claudias, do Regueiro, en Mariñamansa,
na capital, e de San Clodio, no Ribeiro. Saben todas.
Temos presa. Quedamos en que repetiremos
cos Rillamillas que faltan. Espérannos o mosteiro, o museo Liste
e a fervenza que tanto lle gusta a Luisa.
Juan, non te libras. Estiveches con nos
ó comezo, durante e ó remate do camiño". Fotos
de Luisa
-
Saída especial
os días 13-14-15 de xullo de 2007. Rutas pola costa. Base de operacións
en Beluso (Bueu). O cronista cóntao así: "A extraordinaria":
"Excepcional, non polo feito de pasalo moi ben, que iso en RILLAMILLAS
é o habitual, se non por ser unha saída extraordinaria,
fóra de calendario e con moitas novidades, por iso é polo
que máis que unha crónica isto sexa unha historia do acontecido.
En primeiro lugar a hospitalidade e preparación para o fin de semana
por parte de Manolo e Paz raiando a perfección, a camaradería
e bo ambiente na xornada do sábado que foi unha especie de exercicios
de convivencia, con ruta pola costa (aquí podemos indicar o único
fallo de todo o fin de semana, darnos a volta sen parar a tomar unhas
cañas -pregunten a Zalo-) Na sobremesa chegou o noso gran Presidente
integrándose no grupo. Pola tarde praia e montaxe de tendas, aquí
incorporouse Pepe e fóronse tres amigos de Vigo que tiñan
compromisos para o domingo. A noite trouxo charla, queimada (cun conxuro
memorable) cambios de parella e coa noite avanzada choiva moita choiva,
pero as tendas responderon ben, de feito Darío non se mollou nada!
aínda que estivo a punto. O domingo amenceu sombrío, pero
tras un opíparo almorzo fómonos a facer outra ruta, neste
caso de interior por fermosos camiños e o tempo mellorou de tal
xeito que rematamos comendo unha fenomenal paella a beiras do mar, finalizando
o día na praia da Tulla. A grandes liñas esta foi a historia
da primeira extraordinaria RILLAMILLAS que se podería catalogar
como fin de semana de PAN e CIRCO é dicir ben comidos e ben divertidos".
Fotos.
-
23 de xuño de
2007: Rotundo éxito do I andamillas infantil, xuvenil e familiar.
Unha idea: xuntarnos para convivir. Unha data: 23 de xuño ás
9:30. Un lugar: o de sempre, estación de autobuses do Carballiño.
Unha ruta: a mellor que temos na comarca, a que vai de Carballiño
a Pazos de Arenteiro. Unha organización xenial: ningunha organización
visible. Un detalle esencial: non chove, fai un día fermoso. ¿Aparecerán
os camiñantes na hora e lugar marcado? ¿Seremos tres, seremos
cinco....?... E chega o momento. Yeni foi a primeira en aparecer. Logo
foron vindo outros. No Muiño das Lousas sumáronse dous mais.
E en Godás outros dous. ¡Éramos mais de vinte camiñantes!.
Alucinante. Rosa, Lucía, Rosi, Juanpe, Jeny, Pili, Raul, Pablo,
Rita, Rubén, Virginia, Pedro, Gemma, Marce, Sara, Iria, Bea, Rita,
Elisa, Juan, Carmen, María... Non sei se se me esquece algún...
Rita e Rubén foron dous pilares fundamentales para a organización
da andaina. Rita púxose na cabeza e dirixiu con temple e maestría.
Rubén iba na cola coidando de que naide se quedase descolgado.
Polo medio andaba Marcelo que tamén axudaba en todo o que facía
falla. Todos os participantes colaboraron e todo foi perfecto. Ou case
todo. Pois, por poñer algún pero, podemos deixar constancia
de que no tramo entre o Muiño das Lousas e a Ponte de Godás
estaba o camiño sen limpar, cheo de ortigas, silvas e outras herbas
de mal vivir que nos puxeron as pernas todas acribilladas... Pero os nenos
e nenas aguantaron o tipo coma campeóns. En Moldes paramos para
comer un tente en pé. En Cabanelas bebemos e refrescámonos
nas varias fontes que alí hai. E en Pazos xantamos os nosos bocatas,
bebemos, e incluso tomamos xelados... Logo viñeronnos a buscar
en coches... E todo resultou perfecto. Un día redondo. Ver
fotos.
-
17 de xuño de
2007: remate da tempada con andaina e comida na casa de turismo rural
de Figueiredo (San Amaro). 18 rillamillas. Ben. Así o conta o cronista:
"Exame de final de curso. 12 alumnos avantaxados presentáronse
á última proba para examinarse de Física: ¡aprobado!
todos en bastante boa forma, Meteorología: un aprobado raspado,tiñamos
o dia pouco despexado, Gastronomía: Cum laudem, aos churrascos
e cocidos do ano súmanse os patés (e tamén alumnos
de novo ingreso). Logo de facer a media ímonos de vacacións
cun aprobado alto.
Despedímonos ata o 9 de Setembro do 2007 con intención de
regresar aos camiños, para descubrir e aprender novas cousas, que
moitas quedan, pois se di de Galicia que cada árbore ten unha lenda,
cada pedra garda un tesouro e cada casa é un mundo. E de Galicia,
Carballiño é". Fotos
de Luisa.
-
10 de xuño de
2007: Roteiro pola illa de Ons. Así o conta o cronista: "Abriuse
a época dos grandes descubrimentos, iniciándose co coñecemento
da illa de Ons a cargo de RILLAMILLAS Orcellonenses e Ribeiroenses. O
equipo dirixido con decisión e aptitude polo gran capitán
tomou terra en Punta dás Dornas o 10 de Xuño do ano 2007.
O descubrimento abriu novas rutas e foi de suma importancia na orde socio
ambiental dado a facilidade para comunicarse e tratar cos nativos, incluíndo
encontros con animais salvaxes, algún destes ata lles acompañou
mentres facían o recoñecemento, que se prolongou durante
bastante tempo para tomar notas fotográficas dos distintos miradoiros,
pozos, fontes, praias... E sorprendidos pola natureza atopada allende
os mares o grupo emprendeu o regreso cunha mar embravecida, con ondas
que nalgún momento pasaron sobre as súas cabezas, pero o
azar quixo que todo chegase a bo porto, sendo este o de Bueu e coincidindo
coa festividade do Corpus o que axudou a propagar a noticia do descubrimento,
mentres a unidade, venturosa, pensaba en acometer novas empresas".
Fotos de Luisa aquí.
-
3 de xuño 2007:
Os rillamillas participamos na andaina de
Esgos e na andaina de Muiños ou do Xurés. En ámbalas
dúas con éxito. Por certo, que as crónicas contan
que a primeira muller en rematar a andaina do Xurés este ano foi
unha rillamillas (Luisa). Fotos da andaina
de Esgos.
-
27 maio 2007: ¿Houbo
andaina?
-
26 de maio 2007: Andaina
de Allariz: 50 km. Alí estivemos, entre outros, os rillamillas
(Bernardo, Ignacio, Luisa, Gonzalo e Juan). Botamos de menos a outros,
como por exemplo ó sr. Francisco. Foron varios os camiñantes
que nos preguntaron por él. Todos rematamos os 50 km da proba,
sen problemas. Este ano non fixo calor, a diferencia do que ocurrira no
ano pasado. Por eso todo foi mais doado. Bernardo recibiu como agasallo
unha camiseta da Andaina na que ía gravado o seu nome. Esto soio
llo deron ós grande heroes que facían por décima
vez a proba, é dicir a aqueles que estaban xa na 1ª andaina
de Allariz, fai dez anos, e que non faltaron a ningunha das que despois
se foron celebrando. Constancia. Perseverancia ... Gonzalo fixo a súa
5ª andaina.
Connosco camiñou tamén Roberto, igual que o fixera na rota
dos Carboeiros. Tamén nos topamos con xente do grupo dos caminhantes
de Vigo, como Iovana. O cal foi unha grata sorpresa. E falamos con outra
moita xente. Se os tivera que nomear aquí un por un ... non me
chegaría esta folla... Aquí
están algunhas fotos.
-
19 de maio de 2007:
I CAMIÑADA DE MONTAÑA. Rota dos Carboeiros. 50 kilómetros.
Saida ás 9:15 da maña na área recreativa do Torrón,
en Castrelo do Val. PRIMEIRA ETAPA: 22 km, con remate en Campobecerros.
SEGUNDA ETAPA: 21 km con remate en Castrelo do Val. TERCEIRA ETAPA: 7
km, circular, con remate en Castrelo do Val. Entre os soios 17 que heroicamente
rematamos a proba contábanse tres rillamillas. Fotos
e crónica aquí.
-
13-05-2007: Contra
o cronista que ... "Concello de San Cibrao das viñas, parroquia
de San Miguel de Soutopenedo, 13 de Maio. 3 Persoas distintas camiñamos
simultáneamente como un ser único: o trillamillas; e fixémolo
partindo da Boutureira, empezando pola ruta C, completando a B (Boutureira
outra vez) tomando para rematar a ruta A, e como bos RILLAMILLAS ao revés
da sinalización, o que nos complicou algo o seguir esta última
ruta. Os camiños leváronnos polos pobos de Outeiro Calvo,
Laxe e Rego onde vimos os seus pazos; achegáronnos á capela
de san Roque e ao río Barbadás para ver os seus muíños.
Todo iso adobado cun bo tempo que nos deu auga, sol, vento nas costas
e na cara. Como un auténtico tripartito (o momento manda) rematamos
os 13 Km. e puxémonos de acordo en que o pasamos pipa despexando
corpo e ánima". Veleiquí a raza e a coraxe incomparable
dos rillamillas... heroes. Por iso iste grupo é inmortal... E sobrevive
en calesquera circunstancias... adaptándose ó que faga falla...
Fotos de Luisa
-
29-04-2007: 14 rillamillas
buscaron (e toparon) ouro nas Médulas. Así o conta o cronista:
"¿Medo ás Médulas? ¡ca! Como as pebidas
de ouro, escasos pero brillantes ¡que bén o pasámos!".
Fotos de Luisa. Fotos
de Diz.
-
15-04-07: Ruta por
Paraños. Debeu ser apaixoante. Así a conta o noso cronista:
"Carballiño 15 de abril 2007. Un grupo de once avezados exploradores
tomamos camiño cara ao leste da provincia de Pontevedra, seguindo
ao gran Bernardo entramos en terra de montes onde, logo de parlamentar
coas xentes de Paraños, empezamos unha ruta que, pola beira do
río Xabriña e con marcha filarmónica levounos ata
un prado de difícil saída, baste dicir que alí estaban
os restos do esqueleto dunha vaca incapaz de saír, pero conducidos
polos guías locais (desbrozadores ocasionais) Karina, Cris, a amiga
Tea... E con Sendín á cabeza saímos por un paso aberto
nas silveiras. Cruzados unhos casales con cobras e petos de ánimas,
chegamos á Lamosa onde vimos varias eiras para o traballo da cera,
aquí xunto ao santuario da Virxe dos libramentos, o grupo separouse
para, mentres uns facían xestións oficiais outros visitaban
un lagar da cera (lagar curioso e lugar precioso). Reagrupados en Paraños,
comemos xunto ao río Xabriña, sentíndonos como auténticos
Marco Polos pola ruta da “cera”". Fotos
-
01-04-2007: Ruta por
Partovia. Camiño dos arrieiros. O cronista relátaa así:
"Fixemos unha ruta tipo cadeneta (varias circulares unidas) enlazando
fermosos camiños por o val do Carras, usando incluso o campo a
través e vendo parte da futura ruta dos arrieiros, é triste
que tapen con zaorra as relleiras feitas por os carros dos arrieiros nun
camiño que leva o seu nome, por o demais 13 andaregos (falten ou
veñan levamos un tempo que sempre somos 13) pasámolo ben
guiados por os amigos Tato e Dario neste 1 de Abril, Domingo de Ramos".
-
18-03-2007: Unha fermosa
ruta polo concello de Cotobade. Sol radiante. 10 rillamillas. Tres guias
magníficos. Camiño. Muiño. Mulas amigas. Vacas pacendo
pacíficamente. Lameiros verdes verdes. Unha subida "pindia".
Fermosas vistas dende o alto. Baixada relaxante. Apoteósica explicación
de Chato acerca da formación dos petroglifos. Dudas acerca de se
faciamos outro cacho da andaina. Decisión afirmativa. Baixada sobre
auga de cara o río Lerez. Auga limpa no río: sorpresa. Limpia
cristalina. Subida longa polo camiño de volta. Chegamos ós
coches pasadas as duas: cansos, pero contentos. E logo unha comida. Tarta
de cumpleanos para Marga. Grata sorpresa. Risas. Un día para non
esquecer. Fotos aquí
-
04-03-2007: Estupenda
ruta polo concello de Vilamarín. Disfrutamos do río Barbantiño.
Fotos aquí.
-
18-02-2007: Por fin
fíxose a ruta, mantendo así a sagrada tradicción
dos rillamillas de sair cada 15 días, pase o que pase. Este é
o sabroso comentario que o noso cronista fai dese roteiro: Malia o entroido
e o bulir para evitar a loita vulpécula, 5 amiguiños acudimos
a cita para camiñar o PR-G4 Camiño Real de San Pedro de
Rocas. 42’ de desprazamento por cortesía de Chato e postos
no punto de partida, para, por un camiño que ningún coñeciamos
pero moi ben sinalizado (felicitar o concello de Esgos- ou a quen corresponda-
por o seu mantemento) e de unha grande bonitura, achegarnos o mosteiro
de San Pedro de Rocas, case metade do percorrido, onde fixemos un alto
para que a compañeira Marga nos iluminase co seu capital-cultural
a igrexa do cenobio. Despois desta precisa parada seguimos subindo cara
Quintas do Monte, onde xa notamos o aire entroideiro que nos recordou
que no grupo habia trouleiros o que nos fixo baixar mais a presa cara
Esgos para que chegaran a tempo ás súas comparsas e poder
facer o desfile da tarde, rematando unha xornada de gran valor.
O RILLAMILLAS existe ¡xente de pouca fe!" Fotos
aquí
-
04-02-2007: A ruta
coméntaa así no foro "Cerraportelos": "Ali
estábamos 10 rillamillas na parrillada de saida,para un roteioro
corto. Rodas novas,frenos revisados,motores a relentí... Todo a
punto! Cando se ia a dar a saida. PLAFF!!!! Un rillamillas tubo un pequeno
roce con outros. Que si se facía trampa,que si había que
respetar as datas, que si tiñamos que ver ben os semáforos,
que si había que ter conta nos cruces... Esto fixo que se nos retrasara
un pouco a saida. Chegados a un acordo dispuxémonos a facer o roteiro,
por certo, un roteiro moi desexado por un dos rillamillas mais veteranos,
o roteiro a Corneda. Fomos por a Gouxiña,pasamos por Souteliño
todo moi normal e tranquilo ata que chegamos a Campeliños donde
un dos compañeiros resultou ser moi coñocido na zona. ¿A
que se debería?. Pillin,pillin... Iste rotiro decidímolo
bautizar co nome de "O roteiro da ex de Mon..." Ó final
resultou mais longo do previsto. Pero coma sempre pasá molo moi
ben, moi ben, moi bennnnnnnnnnnn..
BIKIÑOS E A SEGUIR PREPARANDO OS MOTORES"
Fotos de Luisa. Fotos
de José Antonio.-
-
21-01-2007: O noso
cronista comentou así a ruta: Tal cual se dixo así se fixo.
Coches na parrillada dos Hermida, e andando cara Soutelo pero pasada a
Mesa dos Bispos torceuse cara o Marcofan e por pistas llanas e con moita
parsimonia (non parecíamos o RILLAMILLAS) seguimos con sosego pasando
por a Chancela (mámoa) e pasando o petroglifo( ou reseña
de unha morte dos anos 50 séculoXX- según o amigo Diz ruta
do 6 – 11 – 05) e o río Magros, encaramos a costa ata
o portelo da Fenteira (808 m.) onde fixemos un alto o pe do ídolo
alí existente, que data da época dos vigilantes dos incendios
DC. Camiño de Sonelle botamoslle salsa RILLAMILLAS (toxos, camiños
sin salida, ríos de auga fría…) que é o que
nos gusta, e chegando a Sonelle o cheiro a comida e a hora fixonos coller
trote RILLAMILLAS por eso nin paramos a falar con unha veciña que
se alegraba de ver xente por o barrio é que ainda nos quedaba algo
para completar os 18Km da camiñata. ¿Xa sabedes como o pasamos?
Pois eso.
-
07-01-2007: Primeira
ruta do ano. Así a comenta o cronista no foro: "A ruta de
hoxe inda que fora de tempo tivo unha atmosfera navideña, primeiro
consenso (¿) entre os quince presentes cando se acordou cambiar
a ruta prevista, incluindo cambios sobre a marcha (en Moldes acordouse
ir a Groba e de aquí a Nonás). Non nos amolou a chuviñada
de toda a mañá, nin siquera desorientarnos nun lameiro entre
Boborás e Almuzara, nin o malestar do corpo despois de un tempo
parado, mesmo nos recibiron con foguetes en Astureses, tamen nos acercamos
a Fondo de Vila a ver un presebe con idea de montar un posible Belén.
Fomos tan buenos que os Reis Magos nos deixaron un agasallo en forma de
visita e compañía de catro amigos do Club de Caminhantes
de Vigo. Pasamolo divino". E Zalo, un cos caminhantes de Vigo, deixou
este fermoso comentario: "Fantabulástico día o que
pasamos hoxe convosco!!. Grazas por acoller a estes camihantes descarriados
e nos pasear polas vosas terras e polas vosas tabernas. Non sabemos de
maneira mellor de pasar un domingo. Isto non pasa en Alemania!!. Haberá
mais días. Apertas para todos!!" Fotos
de Luisa E aquí tedes un fantástico
RELATO desta ruta, escrito por Zalo.
-
-
03-12-2006: Foi unha
ruta invernal. Cóntanolo o cronista: "Alguen dixo: hai que
mollarse. Pois eso fixemos pese ós nove paraugas. Acordouse suspender
a parva na casa do amigo Tesouro o que causou a retirada de algun dos
presentes, os que nos agarramos o pau do paraugas fixemos unha camiñata
corta e rápida para poñernos pronto o acolleito.Pasamolo
coma sempre pero mais humedos".
-
19-11-2006.- Ruta do
viño novo. Así a conta o cronista: "Empezamos con auga,
terminamos con viño, e nada de chuvia por o camiño. Incríble
¿verdade? Pois esto non e nada, houbo mais sorpresas como a de
facer unhos tres kilómetros totalmente novos incluindo unhos 400m
por carreiros de xabaril que nos deixaron o pe do Puzo dos Fumes e todo
esto malia camiñar por unha ruta clásica do RILLAMILLAS
(Moldes vainos nomear fillos adoptivos) A propósito moi perigosos
os tramos de madeira no Puzo dos Fumes que estaba espectacular por o caudal
do rio, e o viño de Cabanelas vale para escribir unha novela ¡canta
tinta! Só fomos cinco e pasamolo, si señoras-es, moi ben".
Fotos de Luisa
-
05-11-2006: Andaina
por Cenlle e Magosto. Este foi o comentario do cronista: "Moi ben
o equipo técnico que fixo o montaxe das fotos que nos acompañaron
mentras comiamos, moi acertadas as rutas escollidas: unha urbanita, outra
sen camiños e unha mais fora de Galiza, para que se vise todo o
que abarca o RILLAMILLAS ¡excelente! Por certo nas fotos de grupo
de final de magosto (05 - 11 - 06) vense caras de cansancio ¿que
foi? por moito RILLAR ou por as MILLAS feitas". Fotos.
-
22-10-2006: Estaba
previsto un roteiro pero tivo que suspenderse porque chovía e chovía
sen parar, coma se o ceo estivera roto. O Cronista cónato deste
xeito: "Según as miñas fontes a ruta do 22 - 10 - 06
presentaronse 5 RILLAMILLAS (valentes) un deles con tanta ansia que foi
media hora antes, e vendo que ainda non habia ninguen e escampara aproveitou
para facer unha camiñata por a zona do mutis pisando parte do foro.
Os outros catro chegaron a sua hora e despois de escoitar o presi e facer
unhos minutos de cortesía por si viña alguen mais, marcharon
por a parte das Pingueiradas , Arroida e Bategada para chegados a Augas
de arriba voltar para casa completando unha pequena ruta pola zona de
Ningurestan ¿pasarono? seica unha choiva de ledicia".
-
8-10-2006: 14 rillamillas
saímos das termas da Chavasqueira (Ourense), subimos a Velle, cruzamos
pola presa, baixamos a Outariz, cruzamos a pasarela, e volvemos a subir
ata chegar de novo á Chavasqueira. 16 km arredor do río
Miño. Unha boa andaina, na que non pasamos frío. Destacar
a participación da rillamillas mais nova (debe andar polos 8 anos)
e dun dos rillamillas máis vellos (Francisco, que xa pasa dos 70).
No medio estábamos tódolos restantes. Fotos
de Ourense.
-
Domingo día
24 de setembro de 2006: Roteiro de Carballiño a Corneda, ida
e volta. 16 km. Choveu. E logo volveu chover. E non parou de chover.
A auga non enrugou ós 13 rillamillas que, parachoivas en ristre,
seguimos os pasos raudos e veloces do Sr. Francisco... ata que nos
perdemos de vista... e logo volvemos por onde millor nos pareceu.
Un día mollado ... pero fermoso. Fotos
aquí.
-
Día 16 de xullo
do 2006: Peche do curso 2005-2006. A tempada foi longa. As notas boas.
O cronista comentou o peche deste xeito: "Hoxe xuntamonos, entre
os que fomos andar, os RILLAMILLAS xubilados, os que viñeron xantar,
e os futuros RILLAMILLAS, mais de 12 e menos de 20 almas para fextexar
o peche do curso e de paso ensalzar a organización RILLAMILLAS
que é (por suposto das millores) do tipo goma, moi elástica,
pois deu para camiñar, para celebrar un cumpleanos, para bañarnos,
para falar, para cantar (cancións de culto no grupo: camino verde,
una piedra en el camino….). En fin, unha xornada chea, rematada
cerca das 23 “o clo”. E esto acabou pero como escribiu o poeta:
“¿que me espera a la vuelta del camino? Una fuente, un castillo,
tal vez que continua el camino”. Que non e pouco. Vémonos
en setembro para pasalo como acostumbramos, efectivamente, MOI BEN".
Fotos do peche da tempada aquí.
-
Día 25 de xuño
de 2006: Soio catro rillamillas se presentaron na saída. Pero foi
coma sempre unha ruta fermosa. E os catro andantes cabaleiros/as pasárono
moi ben. O cronista comentouno no foro deste xeito: "4 RILLAMILLAS
disfrutamos do palleiro, porque mais que andar fomos calcar na herba,
e entre feixe e feixe gozamos dunha mañá serena, a única
brisa que notamos foi a que xeraban as bolboretas movendose en gran cantidade
o noso lado. Tamen tivemos tempo de falar da maneira correcta de abrir
unha lata de sardiñas das abre facil: agarrar forte coa izquierda
e tirar coa direita, agarrar forte coa direita e tirar coa izquierda,
tirar coa anilla e usar un abrelatas...e como quitar as manchas de aceite
posteriores (o debate quedou aberto). Xa sabedes como o pasamos os RILLAMILLAS:
moi ben". E unha rillamillas envioume por mail este comentario: "A
ruto levouna Xano e fomos hacia Longoseiros, Enfesta, Eixan... pasamos
por fondo de Cima de Vila... Levounos por un tramo a pe de rio que é
moi bonito, ensinounos o porquiño de pedra e falamos de moitos
temas (moi interesantes por certo). Vimos moitas mariposas, e hasta atopamos
a cáscara dun ovo dalgun paxariño. Foi unha maña
moi tranquiliña. Por certo seica era a última andaina da
temporada, pero xa falamos de organizar outra para rematar a tempada xa
que faltou moita xente, e non se pode rematar así". Fotos
de Luisa.
-
Día 11 de xuño
de 2006: cinco rillamillas fixeron unha ruta por terras de Carballiño
e Moldes. E outros catro rillamillas fomos á andaina da serra
do Xurés.
-
Día 4 de Xuño
de 2006: éxito rotundo dos rillamillas na 3ª andaina Cidade
de Ourense, de 42 km. Fixo un día de sol e calor. Soio remataron
a proba 121 dos máis de 400 participantes. Os rillamillas cumpliron
os seus obxetivos. Ignacio, Suso e mais Juan chegaron ata o final dos
42 longos km da andaina. Foto
-
28 de maio de 2006:
Os rillamillas estabamos convocados coma sempre ás 9:30 na estación
de autobuses para facer unha nova andaina. E sucedeu un feito inédito,
pero que ennoblece ós rillamillas e que nos enche de orgullo: soio
apareceu a persoa que estaba encargada de guiar esa ruta. Naide mais.
A pesar diso, o feito de que o guia non fallase, ainda que lle custou
ir e que tiña moitas outras cousas que facer, é algo moi
de agradecer. E outra cousa alucinante é que, seguindo a filosofía
rillamillas, a ruta fíxose igual, pois a ruta mantense cada quince
días vaia mais xente ou menos... O guia e cronista camiñou
en compañía da súa amiga soidade, e cónstame
que a súa muller non sentiu celos... E contounos a etapa no foro
con estas sabrosas palabras: "Este Domingo pasado fixose unha ruta
aprobeitando cachos de rutas marcadas por ós concellos de Carballiño
e Boboras, e outras marcadas por RILLAMILLAS (montes do moucho) unindos
con camiños, carreteras e incluso o ferrocarril, dando lugar a
unha circular de mais ou menos 12 Km, pasando por Longoseiros, Gódas
de Arriba, Enfesta, Eixan, Montes de Franza, Medela, Vilar e volta a Carballiño
(RUTA DE moitas RUTAS). Pero si por algo pasa a historia é por
ser unha das rutas de menos afluencia de persoas: un servidor e a amiga
Soledad.Vese que a falta dos pesos pesados (defendendo o pabellón
en Allariz) e o moito calor ¡acobardou! os RILLAMILLAS. E andivemos
un chisco e oimos o son do camiño (a compañeira é
realmente silenciosa, ainda que moitas veces moi agradable) e vimos sitios
curiosos coma unha pena que mesmo parecía o traseiro dun porco,
e pasamolo moi BEN eu e a amante inoportuna (sig. SABINA)"
-
DIA 27 de maio 2006:
5 rillamillas (Francisco, Bernardo, Luisa, Gonzalo e Juan) participamos
na andaina de Allaríz: 50 km en doce horas. A primeira etapa, de
16 km, foi fermosa e levadeira. Pero a segunda, de 22 km, fíxose
larga, moi larga. O calor empezou a apretar. A subida que hai despois
do Rexo presentouse cando levabamos máis de 20 km nas pernas, cando
os reloxos marcaban as 14:30 horas e cando os termómetros falaban
de 37ºC... Todo esto xunto fixo que esa longa subisa se puxese moi
costa arriba. A posterior baixada camiño de Allariz, pasando por
Aguasantas, tamén se fixo longa. En troques, a derradeira etapa,
de 12 km, resultou moito mais levadeira.
O calor fixo mella na xente. E dos setecentos
e pico que empezaron soio rematamos cento e pico. Pero o pabellón
dos rillamillas quedou moi alta, pois completamos a proba o oitenta por
cento dos rillamillas que a empezamos. Foto
-
14-05-2006: Ruta polo
río Arenteiro, subindo pola marxen esquerda e baixando pola orela
dereita. 16 km, máis ou menos. Moi bo día para camiñar.
Fotos de Juan. Fotos
de Luisa.
-
30-04-2006: Roteiro
Lago de Sanabria. Dificil, pero fantástico. Unha andaina das que
crean aficción. O Parque Natural do Lago de Sanabria foi creado
en 1978, anque está protexido dende 1946 como Sitio Natural de
Interés Nacional. As súas 22.345 Ha. engloban unha paisaxe
dominada polas serras Segundera e Cabrera, e foi modelada pola acción
dos glaciares da Era Cuaternaria. Dende Pena Trevinca (2.124m) desprendianse
varias linguas de glaciares de impresionante tamaño que , o retroceder
polo quentamento do planeta, deixaron ó descuberto profundos vals
en forma de U, numerosas morrenas e un importante conxunto de máis
de trinta lagoas.
Fotos de Juan. Fotos
de Luisa.
-
16 abril 2006: Ruta
do románico. Xano, o noso mellor cronista, comentouna así:
"Dia de retorno, non houbo moito tráfico nos camiños,
sólo nos topamos 6 RILLAMILLAS que fixemos o viaxe sin revesés
pese a que o tempo deixou as vías algo humedas. Circulamos con
fluidez agás pequenas retenciós en Astureses (na iglesia,
esplicaciós do guía) e Xubencos (iglesia e ovellas na calzada).
O regreso por Moldes, Pontarriza e Godás deixounos a porta do Carballiño,
onde para evitar atascos algún tomou desvios alternativos, chegando
todos sin problemas para o xantar.
P.D. non vimos matrículas foraneas, os 6 OU".
Fotos de Luisa.
-
02 de abril de 2006:
Andaina polo Irixo. CIRCULAR DE ALEMPARE, que o noso cronista comentou
no foro de xeito maxistral, con estas palabras: "Ruta case que toda
na parroquia de Loureiro (Irixo), por camiños neste tempo, pero
vendo ós de outrora gracias a paixón do guieiro que nos
falou dunha época na que nos pobos non había randieiras,
pero si rapaces que usaban as penas coma esvaradoiros, caso da Pena da
Vella que tiña de todo, mesmo retrete. Movémonos entre prados
nos que pacían vacas e hoxe hai bosques, vimos como fumegaban as
carboeiras onde as uces dan flores, pasamos por un abastecemento de auga
o Carballiño (que non chegou a ser) e hoxe son muiños e
pontillón abandonados, voltamos a Alemparte, pobo cheo de xente
gracias as minas das Grobas,e agora 8 veciños, e de acordo con
algun dos 16 RILLAMILLAS presentes, a ruta podese catalogar de SEMI-HORACIO
(camiños, cortalumes, lendas e final con viandas na casa do anfitrión)
¿E pasamolo? efectivamente, moi ben.".
Fotos de Luisa.
-
19 de marzo de 2006:
Catro rillamillas e un guia fixemos o fermoso roteiro de Xirazga.
Fotos de Juan.
ROTEIRO DE XIRAZGA
Inicio/Fin: Xirazga.
Lonxitude: 15 Km,
Duración aproximada: 7 horas.
Desnivel: 260 m,
Dificultade: alta.
Núcleos de poboación: Xirazga, Ricovanca, Doade.
Conenza
o roteíro a carón da Igrexa parroquial onde tamén
se atopa un fermoso cruceiro do escultor Cerviño.
Iniciamos o roleiro por unha písla
asfaltada en díreccíon o lugar de Alén, a 600 metros.
Dende Alén collemos unha pista de terra en dirección á
paraxe de O Casteliño, a 900 metros.
Dende O Casteliño seguimos pola mesma
pista duranle uns 4.000 metros, ata a ermida de Santo Domingo, onde
ademáis da ermida temos unha área recreativa, un cruceiro,
unha mámoa e os restos dunha cista megalítica.
Dende a ermida de Santo Domingo collemos unha
pista en dirección W. que tras 1200 metros de recorrido nos levará
ata a paraxe de a Serra onde se localizan minas de estaño.
Dende as minas collemos unha pista de
terra durante uns 2.000 metros ata a aldea de Ricovanca, onde poderemos
visitar a súa ponte medieval, por onde pasa o camiño Breeiro,
que comunicaba Ribadavia con Santiago de Compostela. Na aldea tamén
se conserva un muiño e un forno comunal.
Dende Ricovanca seguímo-la estrada que
se superpón ó mentado camiño Breeiro, e a uns 1.400
metros atopamos a paraxe da Portela da Cruz, onde un túmulo megalítico
serve de linde entre as provincias de Ourense e Pontevedra.
Dende este túmulo seguimos
por pista de terra en dirección E. durante 2.000 metros ata a
estrada de Brues-Pontecaldelas, a cal seguiremos ata a aldea de Doade,
a 1.100 metros. En Doade podemos ver o único peto de ánimas
do concello e a capela da virxe do Carme.
Dende Doade collemos un camiño tradiccional
en dirección N-E, a 350 metros atopamos a paraxe do Batán,
cun pontillón e varios muiños.
Dende o Batán seguimos por outro camiño
tradicción en dirección N-W. ata outro muiño a
300 metros. Seguimos o camiño durante uns 800 metros antes de
chegar á aldea de Xirazga, non sen antes visitar outro muiño.
-
05-03-2006: Ruta por
terras de Boborás que o noso magnífico cronista comentou
no foro con estas verbas: "Algúns RILLAMILLAS acudimos o concello
de Boboras para facer unha camiñata por as parroquias de Brués,
Xurenzás, Xendive e Moreiras, vendo minas de ouro, grandes hórreos,
pombales, casas grandes e pequenas, igrexas e mámoas, tendo como
eixo o rio Viñao(un dos mais bonitos da provincia).Ruta de suor
e sangue, primeiro por que algún abrigouse de mais pensando no
frio(e non fixo tanto) e por os 12Km do camiño que se convertiron
en 16Km, e sangue (NON, non houbo accidentes) sangue nova xa que incorporouse
outro socio que despois de aturar o trote RILLAMILLAS cumpliu coa graduación(incluido
bonete) o final da ruta. En resumo 11 andaregos para facer 16Km nunha
mañán estupenda e ¿pasamolo? Efectivamente, BEN"
. E Luisa fixo fotos, que estou desexando ver, e que moi pronto serán
colgadas na web.
Fotos de Luisa
-
19-02-2006: Nova ruta,
que o cronista, comentou no foro deste xeito: "16 fieles acudimos
o acto programado por os RILLAMILLAS para este domingo, e frente a tanta
devoción o tempo permitiunos camiñar sin vento e case sin
chuvia, fixemos unha pasada rápida polo Carballiño, baixamos
Flores, e cruzando un cheo Carrás, fomos cara Dacón por
Señorin, despois por cerca do ferrocarril fomos deica o puzo do
golf ou o campo do Lago, e despois de deixar a Paz e compañia no
camiño, fomos dirección Agro de Quinta, onde visitamos uns
muiños no alto Carrás, e por a via de servicio da carretera
¿de Cea? ¿de Ribadavia? camiñamos e chegamos outra
vez a casa da Paz, onde ela e algún mais nos confortaron con un
grande XANTAR.¿que como o pasamos? eso, a fartar. P.D. os callos
estaban para pecar (de vicio)". E contan as malas lenguas que comendo
callos había moitos máis dos 16 que foron camiñar.
Hai quen fala de 40 comecallos.
Fotos de Luisa
-
05-02-2006: Ruta por
terras de Astariz. Este foi o comentario que o cronista puxo no foro:
"¡Vaia! ¡vaia! cacho ruta rutera todo por o monte ren
por a carretera. Completa a mais non poder: agatuñamos por penedos,
arrastrámonos por baixo de rochas, vadeamos o rio Fragoso, movémonos
por unha fortaleza castrexa perdida nunha selva de carballizos, loureiros
e sobreiras. Demos 21 opinións (fomos a camiñar 21 RILLAMILLAS)
sobre un morteiro xigante, bebemos na fonte santa e na bodega do anfitrión.
En definitiva unha ruta Horacio 100 por 100: bo camiño (algún
había) e millor viño". Outras versións contan
que foi unha ruta "Quetzal". Camiñando por sendeiros
que existiron en tempos remotos e dos que agora soio queda o recordo envolto
nun mar de toxos e silvas. Ruta orixinal, sorprendente, pero fermosa.
Unha ruta na que os asistentes o pasaron moi ben. Das que crean aficción..
E María Luisa enviou este comentario:
"5 de xaneiro 2206.Roteiro de uns 9km, non moi longo pero moi, moi
intenso. Escomenzamos en Astariz, 22 intrépidos rillamillas con
Horacio o fronte quen nos guiou e instroiu. Resultou unha camiñata
moi interesante, con to do tipo de accidentes xeográficos (e algun
que outro persoal). Arrastrámonos coma serpes, fixemos escalada,
cruzamos un rio, andivemos por sendeiros e non sendeiros para logo subir
ó coto, onde se di que hubo un poboado castrexo. Tamén vimos
todo tipo de vexetacion, aquelo parecía unha auténtica selva.
Logo fomos a fonte santa, onde algunhos catamos a auga que por certo e
moi fresquiña. Despois de tantas emocións voltamos para
o pobo, onde Horacio con moita amabilidade nos convidou a un viño.
En fin,pasámolo coma cativos. Dámoslle as graciñas
a Horacio por aturarnos". Ver
fotos
-
22 de xaneiro de 2006.
Este é o comentario da ruta que fixo Luisa: "Andaina circular
de uns 11Km, dia soleado, frio e con algo de neboa.¡Marabilloso,explendio!
para ós dezasete rillamillas que saimos do Castro de San Cibrán
de Lás, onde estivemos a ver o antigo poboado celta, "culturizándonos".
Logo fomos por un lado de Ourantes, pasamos por Xinzo, onde por certo
había matanza (case levamos os porcos non poidemos, por peso, non
pola idea). Saindo do pobo collemos un camiño forestal que nos
levou ata o S.Trocado, donde hai moi boas vistas. Frescos coma rosas voltamos
o punto de saida. DIA REDONDO". Fotos
de Luisa
E este é o comentario que fixo Diz: "A
saída foi da área de servizos do Castro de San Cibrán,
para comezar ascendendo deica ó cuimio do castro e votarlle unha
ollada ós traballos que están a facer alí, como é
o caso da reconstrución da muralla oeste. Logo de atravesar a estrada
comezamos a baixar deica chegar ó pobo de Xinzo, onde andaban unhos
veciños a dar conta de un par de marraos e xa comezaran o despiece.
Baixo a "batuta" de Gonzalo seguimos a baixar ata o nivel da
néboa por medio de bosque de piñeiros e abundante monte
baixo, todo por a vertente de Laias. O regreso foi unha boa ascensión
ó cumio do San Trocado, con parada na ermida e algúns valentes
que inda chegaron a sobir a punta do "geodésico" para
otear na lontananza, pese a que a abondosa néboa non permitía
ver o cauce do Miño. Ó remate a traveso do Castro de San
Cibran, esta vez por a cara leste, para ver o resto das obras de restauración
que están a facer, inda que o centro de interpretación se
atope parado, seica que por mor de que o proxecto non é o máis
axeitado para o entorno do castro. Algúns inda acertaron a degustar
o "polbo a feira" no Lembranza de San Amaro, para poñerlle
un bo remate gastronómico á xornada"
E aquí tedes outra crónica
da mesma ruta: "Vexo as cronicas de Luisa e de Diz e coido que fixen
unha ruta distinta da que fixeron eles,todo vai tal como din eles o principio,
o medio, pero o meu final foi diferente, pois si, empezamos no castro
(a Cidá),pero rematamos nun sitio con moitas pedras ben postas,
que tras razonar e pensar que si: Celtas, Iberos, Celtiberos, Godos, Visigodos,
Romanos, Unos e Outros chegamos a conclusion que aquelo foi unha viña
en socalcos, e para tornar o xabarin fixeronlle un valadiño o arredor.Asi
que comenzamos no Castro e rematamos nunha viña traballada (de
aquela) en bancales. Porcerto as fotos son moi feitiñas".
Esta é a crónica que Xano nos puxo no foro.
-
08 de xaneiro de 2006.
Ruta circular saíndo de Carballiño, río abaixo ata
A Ponterriza, pasando logo por Moldes e por Paradela, baixando a Castro
Cavadoso, subindo a Banga, e volvendo logo para Carballiño. Arredor
de 16 km. Mañan alegre e fresca. Estupenda para camiñar.
11 rillamillas. Ledos coma sempre. Unha fermosa camiñata. Fotos
aquí. Máis fotos aquí.
-
18 decembro 2005: Roteiro
marabilloso pola Serra do Candan. 12 km. Circular. Dificultade media.
Nas proximidades de Forcarei. Visita ó mosteiro de Acibeiro. Comida
ó rematar a ruta. Día despexado e soleado. Fresco. Alegre.
Magnífico. Fotos aquí.
-
4 decembro 2005: Rua
dos Muiños, pola beira do río Brull, pasando pola Barcia,
seguindo logo ata a Vilaverde e voltando pola montaña, polo interior.
Ruta serrucho (de sube e baixa), fermosa, excitánte, mollada...
Chovía e paraba. Nin frío nin calor. O río Brull
pletórico de auga e paisaxe. Muiños, presas, penedos, xigantescos
ovos de avestruces dinosáuricas... Vexetación, paisaxe e
xente. Os camiñantes ledos. Foi unha fermosa mañán.
Unha ruta das que crean aficción. E quedamos con ganas de volver
a facela na primavera. O percorrido foi de 10 km máis ou menos.
Aquí pódense ver algunhas
fotos. E aquí algunhas
das fotos que fixo M.Luisa.
-
20 novembro 2005: Magosto
rillamillas. Fixemos pola mañan o Roteiro da Freixa. 18 km con
grandes costas. Algúns chegaron coma se nada pero outros chegaron
reventados. Pero o bó chegou despois da camiñata: xantar-magosto
(cocido estupento) no local social de Vilar de Rei. Aquí
hai algunhas fotos da camiñata. As fotos do cocido
non se poñen para non dar envexa.
-
6-11-2005: Ruta por
terras do Paraño, O Regueiro, A Fenteira... José Luis Diz
anunciounola así: "Esta é a rota prevista para o domingo,
por terras do Regueiro e da Fenteira. A saída do Bar Melchor camiño
de asfalto durante unhos 500 mts., a estrada vai para As Ventelas, segue
e máis adiante a da dereita sobe ó alto de Marcofán,
pero seguemos por o llano. Entramos no piñeiral, e saen camiños
por a dereita e por a esquerda, nos seguimos por o llano ata saír
do piñeiral, que comeza a baixar deica ó regato que ven
de Regueiro e vai a Magros. Por a dereita ven una pista que baixa de Marcofán
e outra lévanos deica Magros, pero non collelas. Seguimos baixando
deica ó regato, o camiño fai unha gran ese e antes da ponte
vese á dereita a parede do miniencoro que hai alí abaixo,
e nunha laxa hai como se fora unha lápida sepulcral comemorando
un morto alí nos anos 50. Pasamos o regato e comeza a subida deica
a caseta de incendios da Fenteira, que unha vez pasada teremos que baixar
por a pista da dereita antes de entrar na estrada de asfalto. Baixamos
como un km. e na bifurcación hemos de coller a esquerda, xa que
por a dereita imos a Feás e máis a estrada de Feás-Beariz.
Imos baixando-llaneando por baixo da torreta da Fenteira, un camiño
ancho bordeado de eucaliptos pero con auga das escorrantías da
parte alta do monte. Chegando a ver o bar do Paraño, temos que
coller á esquerda e sobir por a pista de Becoña-Paraño
para rematar na explanada do bar, (Se queren facer alpinismo poden acortar
o trazado por un cortalumes empinadísimo por baixo do bar do Paraño,
pero xa sabedes, "non hai atallo sin traballo"). O total do
recorrido é de 16 km., a maior parte llano-baixada, e tan só
dúas subidas: O pasar a ponte do regato que ven do Regueiro e no
tramo final na pista de Becoña, que sobe ó bar do Paraño.
Que vos aproveite!!!." Mapa
da ruta. Fotos de Pilar. Fotos
de José Luis Diz
Despois de feita, José Luis Diz describiu
a ruta así: "En total 14 "rillamillas" afrontaron
a rota do domingo día 6 por as terras de Marcofán e A Fenteira
para rematar no Paraño.
As labores de retirada dos piñeiros do monte perxudicaron un pouco
o percorrido xa que o camiño enlamado facía un tanto difícil
o camiñar con bo paso.
Fíxose con ritmo alto, xa que a maior parte do traxecto era llanear,
e tan só dúas baixadas: ó regato de Magros e máis
á Campa da Fenteira.
As costas tamén foron contadas, inda que con un bo desnivel, a
subida á torre de incendios da Fenteira e maís a subida
ó bar do Paraño.
Como novidade, que na baixada da Fenteira e na subida ó Paraño
xa chegou alá o progreso, e o alfalto deixouse ver nunhos recunchos
onde fai tres anos esta era unha rota totalmente de terra.
O remate, no bar do Paraño unhos e outros no bar do Melchor, deron
boa conta de sendos cocidos; ...os menos tomaron camiño de O Carballiño
para xantar nas súas casas.
O día de sol axudou en todo tempo na rota e gozamos de maxestuosos
paisaxes da zona baixa de Magros e Beariz, de Feás e Becoña,
do Suido e da Pena Corneira entre brétemas, e máis do encanto
da montaña do Paraño. Todo elo co verde escuro do manto
vexetal do monte autóctono desta zona. Para repetir na primavera
e comparar as cores!". Fotos
de José Luis Diz
-
23-10-2005: Roteiro
pola parroquia de Partovia. Visitando as covas das Adegas. Senderismo.
Escalada. Espeleoloxía. Fixemos un pouco de todo nunha fermosa
mañán. Ó redor de 20 camiñantes. Fotos
-
09-10-2005: Roteiro
circular por cerca do Carballiño, de 10 a 13 km. Fotos
-
2-10-2005: Participamos
na ruta de Penacorneira, organizada pola asociación de veciños
de Partovia. 17 camiñantes. Algúns deles viñeron
dende Xinzo. Fotos aquí.
-
25-09-2005: Primeira
ruta internacional dos rillamillas por terras de Portugal. Saímos
as 8:30 da estación de buses. 9 rillamillas. Deixamos un coche
en Valença e levamos os outros dous a cerca de Monçao. Fixemos
o roteiro: Ecopista Monçao-Valença. Terreo totalmente chan
que discurre pola antigua liña de ferrocarril de vía estreita.
Chegamos cedo e demos unha volta por uns fermosos camiños en Valença
ata que nos pareceu hora de xantar. En total andivemos mais ou menos 15
km. Comemos churrasco, carne richada, arroz, patatas, e outras cousas
que xa non me lembro de cómo se chamaban. Estaba todo moi rico.
Foi no Restaurante O Cabanas. Despois de comer algúns viñemonos
xa para a casa e outros valentes volveron pola parte de España
camiñando cara Monçao. Como anécdota contar que en
Valença topamos un chino que ía camiñando e que nos
preguntou se aquelo era España, e cando lle dixemos que non, que
era Portugal, preguntounos por ónde
se ía a España. ¡Supoño que non viría
andando dende China!!!. Fotos aquí.
Máis fotos de Portugal aquí.
-
11-09-2005: Ruta corta,
circular, por cerca de Carballiño. 10 km. 5 rillamillas. Un comenzo
suave para recomenzar sen traumas as nosas fermosas andainas
-
Domingo, 26 de xuño
de 2005. Andaina de Carballiño á Madalena, rematando con
currascada. Andiveron dez, máis ou menos. Pero para comer estabamos
cerca de trinta. Foi un día marabilloso. O churrasco estaba moi
rico. ¿Quén o cociñaría?. A sombra dos carballos
daba fresco. A xente estaba contenta. Estivemos na gloria. ¿Queredes
velo? Fotos aquí. E
con esto rematou a temporada, por este ano. En setembro retomaremos as
andainas. Esta derradeira etapa cóntase así no foro: "A
ruta deste domingo levounos deica a Madanela, pasando por Veiga, a Costiña,
Madarnás, a Esgueba, Pena das Avespas, Ramil (pobo deshabitado
onde vimos unha lerme de medio kilo negra coma o medo), Pico da Peniza
- fixemos un alto para osixenar e mirar as fermosas vistas- e xa baixando
cara a Madanela a compañeira Rosa levounos a ver a Casiña
da Moura, un abrigo natural cheo de enerxias, coido que positivas, por
que sentarse ali en silencio e mirar o Val do Arenteiro reconforta grandemente.
Xa no santuario da Madanela fixemos o xantar de peche da tempada, donde
se achegaron os que non diron madrugado para camiñar e os lesionados(o
final da tempada foi duro) ¿A comida? a fartar: viño do
Ribeiro, auga da Madanela, doces de Juan (salirolle moi bos), o dia bárbaro,
a compañia cojo-(algun)-nuda ¿que como o pasamos? pois si,
BEN". Xa vedes que o comentario é fantástico, como
son sempre os do "cronista".
-
Domingo, 5 de xuño
de 2005. Participamos na 6ª andaina
da Serra do Xurés. O Andainas puxo este comentario no foro:
"Sorprendente!!!, FRANCAMENTE SORPRENDENTE!!!. Foron 17 km, de morte,
pero ao remate déronse conta deles do mellor xeito posible, non
sin certo esforzo e suando arreo a camiseta, pero quedou o pavillón
alto, sobre todo por parte dos nosos rillamilas "punteiros",
que nada máis sair xa puxeron toda a "carne no asador"
e enfiaron a senda dende Cela deica Alvite, logo a Salgueiro (onde xa
non vive naide, pese a que a Consellería de Medio Ambiente está
a rehabilitar o pobo), para rematar no centro de interpretación
da serra do Pisco, a menos de medio kilometro da fronteira con Portugal.
A pesar de sair con casi unha hora de retraso, os punteiros xa estaban
no alto do Pisco as 12,30 e os que máis tarde chegamos, fixémolo
perto das 14,30. Pero con todo cando chegam,osúltimos a xantar
ao camping de Muiños inda quedaba galufo de arreo e viño
para acompañar. Polo demáis, bastante ben a organización
a cargo de o concello de Muiños xunto con Redonet deportes, e coa
colaboración da Xunta, Protección Civil, e máis...
A meta atopábase a 17 km. da saida que arrincaba de 700 metros
de altitude para rematar nos 1.300 do alto de Pisco, con costas empinadas
que chegaban a sobrepasar o 20 por cento de empinación, con tan
soio catro curtos tramos de baixada, suficintes para reporse da subida.
Mal o tramo final do Pisco, porque é moi ladeiro e con risco de
torcedura ao par de que é estreito. Quedamos emplazados para a
do ano próximo, pois está é proba de campións,
onde o importante é saber ir con tino, dosificar o esforzo, e cabilar
que o importante é chegar ao remate sin importar o tempo que se
tardee". Fotos de Juan Rúa.
Fotos de José Luis Diz.
-
Domingo, 29 de maio
de 2005. Participamos na andaina de Ourense.
-
Domingo, 15 de maio
de 2005. Ruta: Carballiño, Godás de Arriba, Saleta, Batalláns,
Esgueva, Madarnás, Carballiño. Pouco mais de dez km. Choveu
algo de pouco en pouco. Mañán fresca. E soio tres rillamillas.
Pero a ruta non se suspendeu.
-
Domingo, 1 de maio de
2005. Ruta cascabel. Carballiño, Muiño das Lousas, Godás,
Enfesta, Saleta, Ponte Veiga, Carballiño. 10 km. Caeron unhas pingadas
de cando en cando. Pero non chegou a chover de verdade. Unha boa mañán
para camiñar. Chegamos cedo á casa. Fotos.
-
Domingo, 17 de abril
de 2005, ruta pola zona de Garabás, concello de Maside. Preciosa
solaina en Varon de Seoane, Capela de San Pantaleón en Faquín,
petroglifo en Bolo de Senda, Igrexa e pinturas medievais en Louredo, fonte
santa en San Facundo, fermosos camiños... ¿Que cómo
o pasamos?... pois sí, BEN. Por certo a ruta non a fixo Norberto
foi feita e conducida por XANO (O cronista).
-
Domingo, 03 de abril
de 2005, ruta por Cenlle. Da ruta case naide se acorda ... pero contan as
crónicas que rematou cun espectacular COCIDO en Vila de Rei. 25 camiñantes.
Pero para o cocido eran cerca de 40. E seica estaba rico rico. Está
claro que ós rillamillas lles gusta mais papear que camiñar.
Ainda que o de camiñar tampouco se lles da nada mal.
-
Domingo, 20 de marzo
de 2005, ruta polos arredores do Carballiño.
-
Domingo, 6 de marzo de
2005: ruta polo río Barbantiño. No foro pódense ver
fermosos comentarios como estes:
O cronista: "Pois eso,posiblemente
unha das rutas mais fermosas da nosa zona, basta decir que o adxectivo mais
usado, polos RILLAMILLAS da andaina, foi bonita e os seus sinónimos,
por certo é unha ruta tan completa que incluso fomos testigos de
un fenómeno meteorolóxico moi estrano nos últimos tempos,¡CHOVEO!pero
so deica a ponte Sobreira deseguida o dia se virou luminoso e morno e pasamolo
¿? si señor,¡BEN!"
O andainas: "A ruta do Barbantiño
do domingo 6 de marzo do 2005 foi todo un reto á climatoloxía.
Dezeseis rillamillas toman a inicitiva dende o "Restaurante Testas"
de Cea cando comeza a chover, e cando chegamos á Ponte Sobreira xa
escampou. O primeiro tramo do río, dende o Testas ata Ponte Mandrás
e totalmente llano, comeza a baixada eiquí e sen grandes desniveis,
para cambear de marxe do río e chegar por fin a Ponte San Fiz,-terceiro
dos pontes medievais que ten esta ruta-, e logo de pasar por baixo do tunel
da vía chegamos a minicentral do Barbantiño -que tanta tinta
fixo correr nos periodicos fai unhos anos-. Como variante seguimos por a
nova senda da marxe esquerda deica á Fervenza, con vistas espectaculares
cara ó sur,para rematar con visita dende parte alta e máis
a os muiños restaurados. Observamos a caida da auga dende o fondo
e máis aproveitamos para darlle un repouso ao corpo. Seguimos deica
á piscifactoría e dende alí deica á ponte de
Viñao, onde se cumpliu o recorrido en menos de tres horas e con un
sol que se deixaba notar. Observacións á ruta se comentou
que este recorrido podería ser bo de facelo dende a Fervenza ó
Testas, xa que ó ter as subidas no primeiro tramo, fai descansado
o resto do camiño". Fotos aquí.
-
Domingo, 20 de febreiro
de 2005, ruta de Carballiño-Puzo do Lago-Carballiño. Bastante
asfalto. Moitos chegaron cansos. Pero contentos. No foro rillamillas o cronista
puxo este fermoso comentario: "Pois a ruta do dia de hoxe non foi cascabel
a pesar dos avisos, foi mais ben unha ruta cascaPES - bastante asfalto e
pouca escalada- Si ben teño que recoñecer que a ruta, como
o 105 % das rutas RILLAMILLAS, aportounos satisfación, cansancio(+-17Km)
e coñecer estilos artisticos novos (o BLOQUERESCO)gracias a compañeira
Marga que aportou o sua sapiencia a falta do erudito Dario que hoxe non
nos acompañou , en definitiba BEN, coma sempre". Recoñezo
que a alusión ó estilo "bloqueresco" é xenial.
-
Domingo, 6 de febreiro
de 2005: ruta de Carballiño a Seoane ida e volta, con visita ó
centro de recuperación da fauna de Outeiro (Seoane).
-
Domingo, día 23
de xaneiro de 2005, arredor de 20 rillamillas subimos de Leiro a Penacorneira,
pasando por Lebosende e Paredes. Logo "intendencias chato, sa"
ofreceunos unha abundante churrascada. E logo baixamos andando ata Leiro,
a toda máquina. Foi un día moi fermoso. Aquí hai algunhas
fotos.
-
Domingo, día 9
de xaneiro de 2005, dirixidos por Norberto fixemos unha ruta "cascabel"
dende Carballiño a Zafra, ida e volta, con estupendas empanadas en
Vila Lara (tamén coñecida como casa Tesouro). 17 rillamillas.
17 km. Dificultade: tres cascabeles. Volvemos para comer. Pincha aquí
para saber o que é unha "ruta cascabel".
Fotos e descripción detallada da
ruta aquí.
-
Día 12 de decembro
de 2004, ruta pola serra do Suido, dende a Portela ó pobo da Edreira,
ida e volta. 15 km. 18 rillamillas. Mañán fresca e soleada.
Aire puro. E, como sempre, bó ambente. Fotos
aquí.
-
Día 28 de novembro
de 2004, fermosa ruta que rematou en Pol de Piteira onde celebramos
o magosto. Asistiu moita xente. Todo estuvo moi ben.
-
Día 14 de novembro
de 2004, ruta do viño tinto de Cabanelas, da que Xano deixou no foro
este magnífico comentario: "Dia increiblemente bo para calquera
cousa, incluido camiñar, algo que decidimos facer 13 RILLAMILLAS
durante 14km por os concellos de Carballiño e Boboras, misturando
algo de varias rutas (Montes do moucho,Xubencos,ruta señor Francisco,Pazos
de Arenteiro..) e como o dia estaba como dixen antes,bo para calquera cousa,
6 RILLAMILLAS deixamos de RILLAR para ROER o pulpo e a carne o caldeiro
en Cabanelas, tamen viño novo para recuperar liquidos,¡pero
sin abusar! que a volta foi en coches.
P.D. esperemos que para a ruta da ESCOBA o tempo sexa parecido e topemos
a frouma enxoita. "
-
Día 31 de octubre
de 2004, ruta por Vilarderei (concello de Cenlle). 14 rillamillas. Mañán
fresca e soleada, fermosa, ideal para camiñar. Comida para rematar.
Fotos aquí.
-
Día 17 de octubre
de 2004: fermosa ruta pola Martiñá.
E logo xantar en Cotelas.
-
Día 3 de octubre
de 2004, ruta circular (con algo de zig-zag) de Ventosela a Ventosela, pasando
por San Paio .... Esta ruta xa a fixemos o 25-01-2004. Daquela fomos 17
e pasámolo ben. E o 3-10-2004 -¡casualidade!- volvemos a ir
17 e tamén o pasamos ben. Buscamos o pobo -hoxe abandonado- de Santa
Marta ... e case que o atopamos .... se non fora polos fentos ... Fotos.
Fotos da parroquia de Ventosela.
Mapa da ruta e fotos de Ribadavia.
-
DOMINGO, 19 de Setembro
de 2004: 10 rillamillas. Esta ruta foi comentada no foro polo andainas deste
xeito: "A saida deica a Saleta tivo un claro horario de festa e saliuse
as 10,30 a.m. da estación de autobuses. Variouse o itinerario no
ultimo momento por mor de facelo máis suave xa que se incorporaron
ó grupo varios que o facían por primeira vez e non era do
caso darlles unha "mallouca" de entrada. Recorrido pola beira
esquerda do Arenteiro dende o Balneario, Avenida do Arenteiro e Muiño
das Lousas, para pasar á outra marxe e por baixo da ponte de Godás
chegamos a Pontarriza, onde xa os operarios de Patrimonio da Xunta remataron
as obras de consolidación da ponte. Sendeiro deica a Moldes e de
seguido por a estrada a Nonás, Xesteira e cruzamos a N-541 deica
Rodas e a igrexa de Xuvencos. A través do eucaliptal do Riande subimos
o alto dese outeiro que hai por tras da eirexa e dende alí, por o
cortafogos deica a canteira da Saleta, para sair nas ultimas casas de Fondo
de Vila, perto da casa do "ferreiro do helicoptero", parada na
fonte a recuperar foles para a derradeira subida deica a Saleta. Chegamos
cando a procesión remataba e o compás da banda de música
fixemos acto de presencia na carballeira. O primeiro foi buscar acougo e
máis ás pulpeiras, para dar conta de unhas racións
de polbo, pan de Cea e viño tinto do Ribeiro, e ...que vos aproveite!!!!!!
". Foto
de J.L. Diz.
-
-
DOMINGO, 5 de Setembro
de 2004: Ruta circular (Abelaira-Abelaira) polo concello de Irixo, por cerca
do parque eólico do testeiro. Xano, o noso millor cronista, comentouna
así no foro: "decirvos que foi unha maña recomendable
para camiñar , sobre todo por sitios tan bonitos como o alto de Parteme,
a solaina do raposo (abrigo natural con vistas sobre Navás), pena
negra (844mts) ,o val do camba pasando por o seu nacemento; e bordeando
o curro de Parada de laviote voltamos a salida; total 13 km un por cada
un dos RILLAMILLAS que estubemos na presentación do novo curso .Ó
millor algo fuerte para empezar pero estuvo animada".
-
DOMINGO, 4-7-2004.- Ruta
polo Concello de Cenlle. Arredor de 10 km. Un grupo de rillamillas pasearon
con calma charlando amigablemente. Foi nunha fermosa mañá.
Con ágape ó remate.
-
DOMINGO, 27-6-2004.-
Ruta polo Concello de Leiro, subida a Penacorneira. Arredor de 12 apóstolos
rillamillas. Un fermoso día.
-
DOMINGO, 13-6-2004, día
de eleccións europeas. As 9:30, como de costumbre, os rillamillas
"botaron" a andar. Xano escribiu no foro estas fermosas palabras
para contar a andaina deste día: "Este domingo pasado fixemos
unha camiñata que non pisou ningun camiño dos que se citaban
para ese dia , pero eso non importou nada , fixemos unha ruta señor
francisco , moi boa , sobre todo por que recuperei o espiritu rillamillas
que o tiña algo confundido con tanta carreira e boa clasificacion
que me caia algo largo.A deste domingo foi de 12km , pero de charla , e
disfrutando da compañia dos andantes , fomos catro , dous de cada
sección , algun botou antes e outros despois. Diu para todo. E quedei
con gana de volver ó camiño".
-
DOMINGO, 6-6-2004.- ANDAINA
POLA SERRA DO XURÉS, organizada polo concello de Muiños. Participaron
varios rillamillas. Noraboa ós heroes que aguantaron tan grande escalada
con tan grande calor.
-
DOMINGO 30 DE MAIO de
2004. Rafa, Fina, e menda, saimos dende a estación de Buses de Carballiño,
pasamos por Veiga e Madarnás, collemos un camiño en dirección
á Medela, subimos, torcemos á dereita por un camiño
equivocado que nos levou a un toxal sin saída, voltamos para atrás
e seguimos o camiño principal ata que chegamos a outro cruce onde
torcemos á dereita polo camiño correcto, baixamos a Souto,
seguimos ata Zafra, vimos o Tesouro, logo fomos a Pol, onde baixamos ata
o Arenteiro e pola beira do río baixamos a Arcos, pasamos polo Bañiño
e pola Piscifactoría, e chegamos a Carballiño. 4 horas de
camiñata. Uns 16 km. Nunha mañá medio quente medio
fresca con unha temperatura moi agradable para camiñar. Veileiquí
algunha foto.
-
DOMINGO, 16-05-2004,
8 rillamillas e unha rosa saimos ás 9:30 da estación de autobuses
de Carballiño, pasamos por Cea, por Oseira, ... e chegamos a Povadura.
Alí deixamos os coches e comenzamos a camiñar. Monte arriba.
Por un sendeiro cortafuegos que tiña unhas subidas e baixadas que
caseque non nos tiñamos de pé. Facía calor. En menos
de duas horas chegamos ó Monte do Faro. Fuximos das antenas, pasamos
beira da eirexa e baixamos polo sendeiro do viacrucis ata chegar a unha
fonte, perto da cal había unhas mesas de pedra. Alí comemos.
Na gloria. Despois de comer voltamos ata Povadura. Facía máis
calor. E as costas arriba parecían aínda mais empinadas. De
todos modos as vistas eran alucinantes. E o ambiente inmellorable. Bebemos
auga na fonte de Povadura e collemos os coches para Carballiño. Cando
chegamos á estación de autobuses faltaba algo. Unha pequena
anécdota que espero que rematase ben. Veleiquí
as fotos.
-
SABADO, 15 de maio de
2004, saída fotográfica dende "Casa Testa" pola
ruta do río Barbantiño. Camiñar pouco e despacio. Facer
fotos. E disfrutar da fermosura da natureza, das froles, das árbores,
das pontes, dos muiños, ....Darío pasoume un CD con un feixe
de fermosas fotos que me dixo foron feitas por José Luis Diz. Algunhas
delas pódense ver aquí.
-
DOMINGO, 02-05-2004,
fíxose a Ruta do CASTRO, polo concello de Castrelo de Miño,
con invitación final a picar e comer. 10 rillamillas. Foi un bó
día. Todos viñeron contentos da ruta e do anfitrión.
-
DOMINGO, 18-04-2004,
fixose a fantástica Ruta do RIO BARBANTIÑO. 13 KM. Muiños
e pontes de fermosura e mérito. E ó final un microbús
que agardaba ós camiñantes. Todo saiu redondo. Unha ruta moi
fermosa que haberá que repetir.
-
DOMINGO, 04-04-2004,
fíxose de novo a Ruta dos MONTES DO MOUCHO.
-
21-03-2004. Guiados por
Horacio fixemos unha fermosa ruta por terras do concello de Castrelo do
Miño. Subimos, baixamos, subimos, baixamos, furamos por entre toxos
e silveiras, e sorteamos dificultades varias. Ó final, o exceso de
fame e de cansancio fixo que cambiasemos a subida a un castro de cuxo nome
non me lembro por un cacho de empanada, un anaco de bica, un cacho de tarta
de Santiago, .... todo regado con bó viño da casa. A verdade
é que Horacio portuose ... e foi unha ruta chea de dificultades e
de complexidades técnicas ... pero con final feliz. Puderon ser 11
km (cuarta arriba cuarta abaixo). Pero chegamos cansos como se foran 20.
Agora que valeu a pena, pois tuvemos unha moi boa mañá e pasámolo
ben.Fotos aquí
-
O DOMINGO, 07-03-2004,
fixose a Ruta do CASTRO DE S. VICENZO (no concello de Avión). Contan
no foro que foi así: "Foi esta unha ruta das mais completas,
e esto é por que a todas as cousas que teñen as camiñatas
que se fan cada 15 dias, nesta engadiuse un prequecemento para non ter formigos
durante a andaina, e decir foi unha ruta RILLAMILLAS cen por cen. Despois
deste exercicio preliminar que consistiu en confundirnos de camiño
e facer unha circular de aproximadamente 1km,topamonos as forzas da natureza
(os homes de medioambiente) que nos puxeron no camiño apropiado comenzando
unha bonita ruta por a parroquia de san Xusto de Avion para chegar o castro
de san Vicente algus fixeron alpinismo e decir subiron a pino e outros seguiron
a ruta señalada, o final disfrutamos os nove que fomos das vistas,
incluso vimos a xente tomando o aperitivo no Carballiño mirade si
ten vistas o castro, volta os coches que os tiñamos en Valderias,total
contando o quentamento 17km,por certo a proxima ruta promete ser mais RILLAMILLAS
si cabe"
-
15-02-2004. Dende o fermoso
balneario de Laias empezamos a camiñar beira do Miño, río
arriba, pasamos beira dos dominios de HORTOFLOR, cruzamos por enriba da
autovía, enfilamos unha costa a peto, vimos como estaba a montaña
clavada contra a montaña para que non se esborrallase enriba da autoestrada,
pasamos á beira dunha valla metálica protectora posta para
defender a civilización rodada dos rupestres penedos chouchantes,
baixamos unha pequena costiña, e chegamos, por fín, ó
monte. Seguimos subindo por entre pinos, paxaros e toxos. Monte arriba.
Topamos unha piscina sorprendente, no medio do bosque. E rematamos chegando
á capela de San Trocado, onde reinaba un fresco "general"
procedente do noroeste que batía con franqueza nos nosos corpos.
Había moi boas vistas, que ollamos con certa presa. Botamos un pouco
de gasolina, e collemos monte abaixo, por atallos, fuxindo daquel frío
polar que facía no alto. Nun plis plas chegamos de novo ó
pobo de Laias, a tempo para coller os autos e circular para O Carballiño,
na percura do xantar. Foron arredor de 15 km. para 17 rillamillas que os
subimos e baixamos en boa armonía. Tuvemos un día fermoso,
sin chuvia, e, quitando o fresco da cima, con boa temperatura. Unha boa
xornada, con bo resultado. Fotos
aquí
-
DOMINGO, 8-2-2004, fixemos
unha fermosa ruta polos montes do Irixo e Boborás, saínda
da Pedriña, camiñamos por terras da parroquia de Corneda (zona
de agochados castros), e chegamos á sempre fermosa vila de Astureses,
onde visitamos a súa eirexa románica do século XII,
e logo seguimos a ruta ata voltar á Pedriña. Mais ou menos
16 km por camiños bos entre montes de toxos. 21 rillamillas. E conversas
sobre o plátano: que si é bo para non ter maniotas, ou que
si produce maniotas, ou .... pero todos de acordo en que é "dulce".
Pois vale. Fotos aquí.
-
DOMINGO día 25
de XANEIRO de 2004: fixemos unha ruta circular pola parroquia de San Paio
de Ventosela. Fixo moi bo día. Nin choveu nin fixo frio nin houbo
neboa pecha que nos impedise ver os fermosos paisaxes que se nos foron amosando
ó noso paso: o encoro de Castrelo de Miño, Santa Cristina,
Ribadavia, ..... Foi unha fermosa camiñata para 17 amigos rilllamillas.
Fotos da parroquia de Ventosela.
Mapa da ruta e fotos de Ribadavia.
-
DOMINGO DIA 11 DE XANEIRO
DE 2004: Ruta polo Concello da Lama (Pontevedra): Ruta da FERVENZA DO RIO
XESTA )(11 KM). No foro dos rillamillas, o Gran Cronista (descendente, a
ben seguro, en liña recta de don Miguel de Cervantes, deixou esta
fermosa e refrescante "crónica": " Dez, foron dez
os tolos do RILLAMILLAS que se animaron a facer unha incursión en
terras de Pontevedra (penso que habia terra debaixo de tanta auga).O tempo
non nos engañou, parecía que ameazaba chuvia, e choveo como
si no no fixera nunca; así e todo o peor foi a niebla que non nos
deixou disfrutar do que aparentaba ser unha zona con fermosas vistas sobre
o val do Xesta. Solo se fixo a ruta da fervenza pois o dia non axudaba,
incluso se facia peligroso por os patinazos e hasta un paisano moi amable
en Paradela nos acompañou por un camiño distinto da ruta sinalizada
xa que era por un canal que estaba impracticable, incluso nos contou que
a el mataraselle algunha vaca despeñaándose nesa zona. En
definitiva: pasámolo ben,e total, despois dun tempo inactivos é
estupendo hidratar as articulaciós...". Non
hai fotos ... pero non fan falta, ... con este relato vemos a etapa como
si estuveramos alí ... Gracias Gran Cronista. Quedas para outra.
-
20 de decembro do 2003,
houbo cena no Derby, con asistencia
-
DOMINGO, 14 de nadal
de 2003, alomenos dez rillamillas fixeron a fermosa ruta do xabarín,
tamén coñecida polo nome de "a ruta das matanzas".
Saíndo dende Moldes, facendo un roteiro circular, pasando por Boborás,
Cameixa (onde se visitou a fermosa Eirexa de San Martín), logo baixando
a Pazos de Arenteiro, subindo a Cabanelas (cuidado coa subida, hai que facela
amodiño, para non se afogar), baixandoá Ponte do Castro, subindo
a Paradela, e rematando de novo en Moldes. É unha ruta fermosa, de
uns 15 km, de dificultade media, pero esixente no tramo que vai de Pazos
a Cabanelas. Entre os dez que camiñaron había incluso un extranxeiro
procedente de non lembro qué pais europeo. ¿Finlandia,
pode ser?. ¡Ai que ver cómo se vai estendendo a sona dos rillamillas!.
-
O DOMINGO, 30-11-2003,
fixose unha ruta por Miomás, Ponterriza, Moldes, Saleta, Carballiño.
Foi pouca xente. Chovera de noite, facía frío, e moitos dos
rillamillas andaban griposos ou acatarrados. Pero alomenos houbo tres valentes
que deron a cara e fixeron a ruta. Noraboa.
-
DOMINGO, 16-11-2003:
Roteiro polo Camiño de SANTIAGO, pola VIA DA PRATA, de Cea a A Gouxa.
Foi unha ruta moi fermosa, como o proba este estupendo comentario que Xano
puxo no foro: "!Non choveo,portugues! -non cuadrou. Non é verdade
de todo: algo chuviñou, practicamente o final da ruta. Por certo,
¡fermosa ruta!; moi completa: subidas, baixadas, camiños anchos,
estreitos, congostras, breas, paisaxe, vistas, monumentos,... algo de todo;
por certo os que decian que moito asfalto estan engañados: moi pouco,
e o que había (salvo algun prós votos) moi ven botado para
acercarte a pobos dignos de ver: Cea, Oseira, Cales, Pazo, Outeiro, A Gouxa
(final de ruta). Total 15km aproximadamente. Viñemos ben contentos".
Fotos de Cea.
-
DOMINGO, 9 DE NOVEMBRO
2003, fixemos unha ruta por Miomás, Ponterriza, Moldes, Nonás,
Sande, Saleta. Aquí hai unha foto
de algúns dos que fomos. Ó terminar a ruta fixemos un magosto
(foto) (con castañas, chourizos, pan, viño, bica, ...)
na Saleta. E pra deixar todo ben limpo ó rematar barremos o bosque
(foto).
-
DOMINGO, 2 DE NOVEMBRO
2003, fixose unha ruta polo concello da LAMA (PONTEVEDRA).
-
O DOMINGO, 26 de outubro
2003 fixose a ruta de LEIRO a PENACORNEIRA, ida e volta (18 km). Foi unha
fermosa ruta: un bó día, fresco pero case sin chover; arredor
de 15 persoas; bonito paisaxe e fermosa conversación. .... Un bó
día. Houbo tamén algunha que outra anécdota: Marcelo,
por exemplo, non se decatóu do cambio de hora e chegou á estación
de Autobuses ás 8:30, e como non víu a naide colleu o coche
e foise para Leiro, pensando que xa todos iban alá; en Leiro tampouco
topou a naide; entón buscou un kiosko para mercar o periódico,
e topouno cerrado. Pasou un pouco e chegou a señora do kiosko. "¡Qué
pouco madrugan aquí!, dixo Marce. "Oi señor, é
que ainda lle son as nove da mañá". Marce mirou o seu
reloxo e marcaba as dez. "Vostede non cambiou a hora", díxolle
a señora. Marce caeu da burra e voltou ó Carballiño,
onde ó cabo de un pouco se atopou cós seus compañeiros
rillamillas na estación de Autobuses: eran as 9:30, pola hora nova.
Un rillamillas, que o debeu pasar ben, deixou este bonito mensaxe no foro
dos rillamillas, despois de facer a ruta de Penacorneira: "Os primeiros
pasos son os que máis custan, pero con xentes que teñen o
camiño por norte, a esperanza atópase onde remata o sendeiro.Cultura,
natureza, deporte, ocio, ..e cen cousas máis, fan que dende Rillamillas
vivas unha historia con historias, sintas o arrecendo da terra humida, conserves
un corpo 10 e... ata sintas o lecer de unha improvisada gastronomía
dando conta do "bocata" enriba dun penedo no medio do monte. Ben,
...moi ben, ...por Rillamillas. !Que cunda o exemplo!".
-
DOMINGO 19-10-2003: ás
9:30 da maña chovía sin parar. Pero as ganas de camiñar
non se deixaron vencer pola auga e fixemos unha camiñata de duas
horas: Parque, Muiño das Lousas, Miomás, Mesego .... Volvemos
mollados. pero contentos. Aquí
están algunhas fotos.
-
-
-
-
Domingo, 20 de xullo
2003. Ruta de 16 km polo Concello de Cenlle, rematando con visita á
Cooperativa.
-
-
Sabado,
7-6-2003: Saimos ás 17:30 da Estación de Buses de Carballiño,
fomos en coche ata a gasolinera de Irixo, e dende alí empezamos unha
fermosa andaira que nos levou polos fermosos paraxes de pobos tales como
Tellado, Cusanca, Eirexa, .... Por camiños de terra, subimos por
un sitio, e baixamos por outro, ata voltar ós coches. Unhas tres
horas de lixeira camiñata. Vimos que Norberto é unha mina
de ouro, e que leva dentro a ciencia pura dos camiños ¿hai
algún camiño que Norberto non coñeza????.. Aquí
hai algunhas FOTOS.
-
SABADO, 31 de maio de
2003, 50 km de Allaríz.
-
RUTA DOS MONTES DO MOUCHO:
SABADO, 24 de maio de 2003, pola tarde, saimos ás 17:00 da Estación
de Autobuses de Carballiño, baixamos á beira do río
Arenteiro, camiñamos río abaixo, atravesamos para o lado de
Toscaña, subimos río arriba, cruzamos a carretera, subimos
pola beira da Cruz Roxa, e a camiñar monte arriba, chegamos ós
Montes do Moucho, pasamos o pé da Saleta, e baixamos para Carballiño.
Rematamos todos comendo cereixas de unha cerdeira que había na beira
da carretera, e que naide sabe por qué os paxaros non as tiñan
comido (a verdade é que sabían ricas). A tarde estaba fresca.
A compañía era agradable (soi estabamos 11, pero había
moi bo clima). E a senda era estupenda: nin un metro de asfalto, todo por
camiños de terra, sin grandes subidas nin grandes baixadas, con paisaxes
variados e fermosos. Foi como un paseo polo ceo. Rematamos todos moi contentos,
pensando que esta é unha ruta que podemos repetir as veces que faga
falta, unha ruta facil, fermosa e levadeira, unha ruta que vale a pena.
Unha ruta que pensamos sinalizar, para que a poida facer moita xente. Fotos:
1.- Beira da vía.
2.-
Perto do antiguo night club.
-
16 e 17 de maio de 2003,
duas novas etapas do CAMIÑO DE SANTIAGO, de Arzúa a Santiago
-
RUTA POR CENLLE: DOMINGO,
día 11 de maio de 2003, pola mañán, os rillamillas
fixeron unha fermosa ruta de 13 km por terras de Cenlle.
-
1, 2, 3 e 4 de MAIO Camiño
de Santiago, dende o Cebreiro ata Arzúa. 110 km en catro días.
Contan os que foron que foi algo xenial, unha experiencia inolvidable, como
non podía ser menos tratándose do CAMIÑO DE SANTIAGO.
¡Qué pena que non pudésemos ir máis!!!.
-
UNHA RUTA POLO XURES:
-27 de abril de 2003. 26 km. Dificultade alta e fermosura máis alta.
Arredor de 17 persoas. A ruta empezou en Mogueimes. Empezase camiñando
por unha fermosa carballeira, para chegar logo a unha Ponte Romana. Logo
súbese pola veira de un fermoso río, escoitando o canto dos
paxaros e o ruxir da auga. Visita a un fermoso pobo abandonado cmamado Salgueiros.
Comida. E logo volta ó punto de partida por outro camiño.
Sempre camiñando por terra, sin asfalto (agás dous pequeniños
cachos). Esta ruta preparouna e dirixiuna Ignacio, a quén dende aquí
lle damos as gracias por levarnos a un sitio tan fermoso.
-
-
RUTA DO PUZO DO LAGO:-13
de abril 2003: Carballiño-Puzo do Lago-Carballiño. Non temos
fotos, pero foi unha boa ruta.)
-
RUTA
por CASTRELO DE MIÑO-COTO NOVELLE-ARNOIA (30-03-2003. Fotos Juan.
Dende o fermoso pobo de Castrelo empezamos a subir monte arriba por unha
costa moi empinada, á beira de fermosos bosques, cruzando un regato
alucinantemente bonito, .... E chegamos
ó alto de Coto Novelle, onde vimos ..... néboa pecha. A dificultade
do ascenso foi realmente elevada, porque subimos a un ritmo infernal. Pero
logo a baixada cara Arnoia foi suave e fermosa. Incluso deixou de chover
e abriu un pouco o día. E unha ruta corta, pero moi esixente. Pero
tan fermosa que vale a pena, e que creo que repetiremos un día mais
despexado, para poder ver as vistas mais fermosas da provincia).
-
RUTA
mixta arredor de OURENSE (16-03-2003. Fotos Juan. Perdemonos, estuvemos
secuestrados, cruzamos o río con vértigo grande, subimos a
unha cruz que non aparecía, vimos Ourense dende o ceo, baixamos casi
en parapente, e aterrizamos no Barbaña ....Acabamos todos vivos...
E pasámolo ben.)
-
-
RUTA
ALLARIZ-AGUASANTAS-ALLARIZ (16-02-2003. Un fermoso recorrido, que en
parte vai polo Camiño de Santiago. Comida de bocata en Aguasantas.
Moita xente e moi bo día.. Fotos de Juan)
-
-
PASEO
POLO BOSQUE DE RIDIMOAS (02-02-2003. Un fermoso paseo por un lugar único
no mundo: O Bosque de Ridimoas. Escoitando as explicacións do maestro
Pablo "Oitavén".. Fotos de Juan)
-
PASEO
POLO BOSQUE DE RIDIMOAS (02-02-2003. Un fermoso paseo por un lugar único
no mundo: O Bosque de Ridimoas. Escoitando as explicacións do maestro
Pablo "Oitavén".. Fotos de José Luis)
-
RUTA
DE VALDERIAS (17-12-2002. Paseo polas inmediacións do río Valderías
(Avión), na cola do encoro de Albarellos. Fotos de José Luis)
-
-
RUTA
DA SERRA MARTIÑA (06-12-2002. Ruta que percorre as terras de
Cea e Piñor de Cea dende o pobo de Cobas ata Oseira a traverso da serra
da Martiñá. Fotos de José Luis)
-
-
-
-
RUTA
DE CENLLE (27-10-2002. Logo de suspendela a seman anterior por mor da
choiva por fin pudemos percorrer os camiños de Cenlle coa inestimable guia
do amigo Gonzalo)
-
SETAS
E RUTA DE CENLLE (26 e 27 -10-2002.Vendo setas en Mouriz e no Parque
do Carballiño. E fermosa ruta polo concello de Cenlle.Fotos de Juan)
-
-
RUTA
DE BOUTEIRO (21-09-02 Ruta por terras de Banga e Bouteiro nas que descubrimos
o antigo encoro da Cheda. Fotos de José Luis)
-
RUTA
DE PARTOVIA (10-05-2002 Ruta creada pola asociación de veciños de Partovia
e que pasa polo casi abandonado lugar de Sona en donde vive "O Herodes".
Fotos de José Luis)
-
RUTA
DE ASTURESES (13-04-2002. Ruta por terras de Boboras e na que o noso
amigo Sobrado se encargou de amosarnos as riquezas paisaxsticas e arquitectonicas
que ten. Fotos feitas por José Luis)