Galicias.com: unha casa para todos

COMERCIOS DO CARBALLIÑO
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES


DEZ ANOS DE RILLAMILLAS


Luciano puxo esta mensaxe no foro:

"Animádevos a escribir a vosa primeira vez con RILLAMILLAS, onde foi, cal foi a vosa impresión ...En prosa, en verso, novelado é igual o importante e contalo. Tampouco importa que non repetirades, podedes por o motivo de non volver, ata nos vale calquera lingua, agora cos tradutores online arranxamos.E recoller a historia do RILLAMILLAS.
Si vos animades podedes mandalos a rillamillas@gmail.com ou tamén no foro. Grazas."


E estas son algunhas das respostas:


BERNARDO

     Nascemento de Rillamillas. Ás 8 da mañá do 9 de abril de 1.998 un pilingrin abre a porta do albergue do Cebreiro para sair na súa primeira etapa do Camiño de Santiago. Volve pechar a porta e dille ao compañeiro: "sae ti se te atreves". A nevada era de campionato, a pesares da estación do ano.

     Despois de pensalo, aliaronse cun holandés e dous andaluces e nun land rover chegaron a Triacastela para encetar a viaxe salvado o pior da nevada.

     Meses antes os pilingrins, Rafa e Bernardo, escomenzaran a preparación para esta viaxe percorrendo os camiños do Carballiño e arredores. Pazos de Arenteiro, Madanela, Puzo do Lago... Grazas a esta preparación non se arredaron ante os tres dias de neve que os acompañaron ata Melide o 11 de Abril.

     Esta experiencia creou o costume de facer roteiros exporádicos pola comarca xunto con xente da AAVV Camiño como Dario, Mª Xesús, Otilia, Antonio "Catrolas", Conchita, José Luis, Marga... Entre andainas e ágapes foise consolidando a cousa ata que foi xurdindo a idea de organizar unha agrupación de sendeirismo de carácter regular e aberta a aficcionados da vila e comarca. A filosofía era facer exercicio sen matarse, coñecer a contorna, pasalo ben e acompañalo de encontros gastronómicos se se terciaba.

     Cumpria un nome orixinal, non moi serio e sonoro. Entre bromas e gargalladas Dario e máis eu ao alimón ideamos o de Rillamillas. RILLA polo da gastronomía e o caracter aguerrido dos membros do clube e o de MILLAS polos percorridos que se pensaban facer sen fruncir o cexo. Ninguén se queixa, ninguén se cansa. A ollo, sen GPS, sen estudar os percorridos, botamonos ao monte.

    Viñeron novos e novas "rillas", fanse as rutas coa axuda dun satélite, convocase pola web, forxaronse amizades... algúns fóronse, mais o espíritu dos fundadores sigue.

      O resto xa o sabedes. Longa vida aos rillamillas e aos fotografos que dan constancia de todo nos albunes da páxina que Juan xentilmente cede e enche de contidos.

 


RITA:

Acostúmbrate a expresar tus mejores sentimientos, no los reprimas. Trata a los demás con toda la naturalidad, la alegría y el afecto que espontáneamente salgan de ti.

Esta y otras cosas aprendí participando en las salidas de rillamillas. Y no cuento la primera vez, porque no tengo suficiente vocabulario para traducir lo bien que me sentí.

Ánimo a los que hacen posible esto, y un abrazo muy grande a todos los compañeros de andaina.

 


XANO:

Así o lembro. Era o 20 de outubro do 2002 e ata alí cheguei por que lera no xornal que o grupo sendeirista RILLAMILLAS ía facer unha andaina por o concello de Cenlle, si, daquela anunciábase na prensa. O caso que como a min me gustaba facer sendeirismo e ademais era no meu concello decidín ir a ver quen eran eses e que facían, aínda que xa me informaran algo de quen viñan sendo e incluso me dixeran que andaba metido no lea un mestre que me tivera como alumno no Politécnico, e o que facían imaxinei que era camiñar, o asunto é que ía cos sentidos atentos como sempre que se enceta algo novo. A primeira impresión dende logo non foi moi prometedora, algo desorganizado¿? E por encima acordaron de non camiñar que seica chovía moito, nunca tal cousa eu fixera, menos mal que fomos igual ata Riobó en Cenlle, e acollémonos nos soportales da praza e pegámolo conto e entre algúns comemos as améndoas que eu levaba e como os froitos secos se fixeron escasos e as ideas tamén escaseaban propuxen en acordo co Gonzalo ir ata a nosa parroquia a tomar un viño na casa do pobo, que de paso se lle axudaba algo para a festa, para acompañar o branco fun ata a casa familiar e trouxen un caldeiro de noces e un veciño que por alí andaba convidou a queixo e como aínda era cedo arrancamos cara A Veiga en Salamonde, pero xa os menos o resto xa lle chegara de “andar” tomamos outros viños nunha finca de cabalos para turismo rural, alí seguimos co caldeiro de noces, naquel lugar quedou o caldeiro co resto das noces e acordouse facer para o domingo seguinte o roteiro que estaba previsto para este no que estabamos. Roteiro por outro lado que tampouco me gustou por o exceso de piche pero iso forma parte da segunda vez. O asunto é insistir pois o roce fai o cariño, e o certo é que se lle colle afecto o RILLAMILLAS.
P.D. igual non foi así, pois o branco e as noces pode que me remexeran a memoria.

(Nota do webmaster: POR MAGOA AS FOTOS DAS PRIMEIRAS RUTAS PERDERONSE POR MOR DOS AVATARES DA INTERNET: ESTABAN NUNHA PÁXINA EN GRUPOS DE msn E ESTES GRUPOS FORON LOGO BORRADOS POLOS DONOS DO ORDENADOR ONDE SE ALOXABAN)


ZALO:

A miña primeira vez con Rillamillas. A principios do 2007.

http://clubdecaminhantes.no.sapo.pt/Pleo21.html

Saúdos

Non foi a miña primeira vez pero si a primeira de moita, moitísima xente cos Rillas. E a única para moitos.

http://clubdecaminhantes.no.sapo.pt/Pleo46.html

Boa pasaxe de ano. Grazas.


MARCOS:

¿Como cheguei a Rillamillas?:
Eu saía correr habitualmente entre semana, en plan tranquilo, para manterme un pouco en forma....Enton alá por o ano 2009 decidín ir probar de facer algunha andaina desas organizadas que tan de moda están.
Fixen, San Cibrao das Viñas, Oseira, e tamén me decidín a probar nos 50 km Vila de Allariz no mes de Mayo...Alí coincidín con unha rapaza chamada Luisa, compartimos km, conversa xunto con outros andaregos... Foi entón cando me comentou que estaba nun grupo sendeirista do Carballiño chamado Rillamillas, e que si me animaba podía ir a camiñar con éles.

Eu un pouco por quedar ben, e outro pouco porque realmente me apetecía probar ese mundiño, lle dixen que igual me animaba algún día.
Pero ahí quedou o tema.

Voltamos a coincidir nunha andaina por o Xurés, onde tamén estaban Ignacio, e un rapaz que levaba posta unha capa verde hasta os pes (chovia a mares), ía facendo fotos, era Juan.

Camiñamos xuntos, e parecéronme boa xente.
Xa non me quedaba outra, tiña que probar ir a camiñar cos tal Rillamillas.

14-06-2009 (Fecha inolvidable para o resto da miña vida):
Presenteime no Carballiño, recordos a todos , Luisa, Pepe, Xano, Fina, Bernardo, Moncho, Sr. Francisco máis eu.

Eu, inexperto andarego, presenteime con mallas de media caña das de correr, zapatillitas deportivas de correr, en fin...
Nunca esquecerei a cara do noso Xano... díxome ¡rapaz, ti non terás pantalón largo para por, hay silvas, ortigas...!, eu supoño que puxen cara de parbiño e lle dixen ¡non será para tanto!....Xano votou esa súa sonrisa picarona, ¡bueno, bueno, ti verás!.

Esa sonrisa percorreu todo o camiño conmigo, ¡vaya perniñas me quedaron!.

Pero foi un día maravilloso, e inesquecible...que bo ambiente, canto disfrutei.
Foi por o rio Brull, en busca da coba man de MOURA, que aínda hoxe estamos buscando, Pepe Indiana Jones e o seu machete cortando as silvas.

Ahí naceu o meu idilio sen papeles firmados con Rillamillas.
Nunca terei palabras suficientes de agradecemento para os Rillamillas por o ben que me acolleron, e por todo o que están significando na miña vida.
MIL GRAZAS.

(14-06-2009, foto feita por Luisa)


LUISA LORENZO:

GÚSTAME ESTO!!!!!!!
Recordoa perfectamente, como se fora agora mesmo...Como voa o tempo amigos!!!
20/11/2005 unha data que non esquecerei xamais.
Preciosa andaina por terras do concello de Cenlle.

O primeiriño.

Como se me deu por ir con Rillamillas?
Gonzalo un amigo común dos Rillamillas e mais noso, tiña falado algunhas veces do seu grupiño de camiñar,( a min sempre me gustou estar fora o aire libre, os camiños, os paisaxes, a xente,a auga, o vento...) pois ben, volta Gonzalo un día para por unha pila e volve a comentar que estan preparando unha andaina e mais o magosto de rillamillas, que si nos animábamos para ir que el nos apuntaba.

Desta vez non rexeitaría a oportunidade, pero tiña un inconveniente: non podería quedar a festa do magosto, tiña que voltar a boa hora, pois tiña unha celebración familiar.
Gonzalo díxome que non importaba que fora a camiñar de todos xeitos. E asi o fixen, fun, vaia se fun.

Sopresa cando chego atópome:

- Con un grupiño non moi grande.. ESTUPENDO
- Alguna xentiña que xa coñocia.. ALEGRÍA
- Xentiña de todas as idades..... MARABILLOSO
- Unha acollida estupenda........ PERFECTO
- Reparto da xentiña en coches... BEN
- Chegada a hora de camiñada..... GUSTOUME E MOITO. Unha camiñada un pouco longa e con unhas subidas interesantes... Tempo para disfrutar dos paisaxes, de falar, de contar chiste, de facer fotos... Eso animoume para a próxima levar a miña cámara, e asi ter que andar as carreiras...Vaia, a verdade é que me resultou moi agradable, ainda que fora unha andaiana un pouco longa e algo duriña xa que non estaba moi acostumada o principio fun despaciño pero logo achegábaseme a hora de ter que chegar para a miña cita, asi que decidín que tiña que acelerar, trotar, voar..E asi o fixen, e din ido ó paso dos máis corredores de Rillamillas o que me alegrou un montón. Pero pasoume factura o día siguiente, UNHAS MANIOTASSSSS...

Conclusión do día.Xeniales os RILLAMILAS estes...

E ainda sigo nos camiños con eles... por qué será?..


JUAN:

Se non recordo mal... a miña primeira vez con rillamillas foi alá polo 10 de maio do ano 2002... camiñando por terras de Partovia... pasando por Sona, a patria de Herodes...
Iso foi moito antes de que se redescubrise o camiño dos arrieiros...

Daquela puxen as fotos da andaina nunha páxina que tiña en MSN, pero logo veu o progreso e os grupos de MSN foron borrados... e así desapareceu aquel primeiro "testimonio"... ¡Qué magoa!

Pero ese mesmo ano, o 3 de novembro fomos a SAN MAMEDE... e as fotos deste día non foron borradas ... senon que se topan en galicias.com ... aquí: http://www.galicias.com/rillamillas/f/sanmamede/index.htm

Claro que, véndoas, doume conta do mal fotógrafo que era daquela...

Outro dato curioso:
O día 7-6-2004 escribia o seguinte: "Fai tres anos a palabra "rillamillas" non existía en google. Hoxe, 7-6-2004, buscando rillamillas en google aparecen 468 páxinas web. ¡Hai que ver cómo camiñamos!".

¿e hoxe, día 7 de xanaeiro de 2012?... Agardade que vou mirar:
Se poño rillamillas no google saenme: Aproximadamente 12.500 resultados... ¡Toma! Claro que esta cifra cambia cada día... unhas veces para arriba e outras para abaixo... Pero en calquera caso a presenza de rillamillas en google a día de hoxe está totalmente consolidada...
¡Vaia se medrou a cousa!...

En fin... LONGA VIDA A RILLAMILLAS...

Hai cousas que ten un envoltorio maravilloso e logo por dentro non hai nada de nada...
e hai outras cousas coma rillamillas que non teñen nin tan xiquera existencia legal externa... e logo por dentro están cheas de vida...
¡Gústanme as cousas que non existen e son fermosas!


LUISA, a non fotógrafa:

A miña primeira saída cos Rillamillas,je,je.Como non me vou lembrar dela,se saín con dez unllas nos meus pés,cinco no pé dereito e outras cinco no pé esquerdo, e volvín só con oito.E aínda hoxe,creo que dous anos despois aínda non as recuperei.
Pois si, a miña primeira saída cos Rillamillas creo que foi a máis dura das que fixestes:A Pena Trevinca. 30Km de alta montaña.Case nada,a máis alta de Galiza.Pero iso si,preciosa,cun guía fabuloso, que non deu unha cea caseira riquísima e durmimos nun albergue moi chulo. Eu estreaba saco de durmir,e durmín moi ben.
Nin que dicir cabe que despois deste "bautizo de lume" perdinlle todo o medo a andar,e a partir de aí,que boten camiño de Santiago, que me boten o que me boten que non lle teño medo a andar.

FELIZ ANO RILLAMILLAS

Rillamillas por Pena Trevinca o día 20-09-2009


FINA:

A miña primeira vez con Rillamillas foi na segunda andaina que fixeron,que por certo,fai tanto tempo,que nin me acordaba a donde foramos.Tiven que recabar datos nas crónicas mais antigas que constan na nosa páxina;seica foi a de Astureses (Boborás)na primaveira do 2002.
Entereime por casualidade de que un grupo de xente había saído a camiñar,facía 15 días e que o iba seguir facendo.Dixéronmo unhos colegas do ximnasio,que sabían que me gustaba camiñar.
O caso é que me`presentei na saída con un pouco de medo, pois non creía coñecer a naide,xa que levaba poucos anos no Carballiño.
A verdade é que me sentin ben acollida por todos. Ese día soupen que sería o inicio dunha grande adicción:"CAMIÑAR CON RILLAMILLAS"

FINA, o día en que recibiu o premio botiñas, e foi coroada como "reina dos rillamillas". Día 16 de xaneiro de 2011)




 

 

MAIS FOTOS

DOMINGO 21-9-2003, participamos na ruta organizada polo club SAPOCONCHO, dende Carballiño a Leiro, pasando por Miomás, Ponterriza, Moldes, Paradela, Cabanelas, Pazos de Arenteiro, e Lebosende.

 


Ruta de Marcofan e Ruta do Castro, por terras de Beariz e de Magros. 07/09/2003


De parola.

Ruta de Carballiño a Pazos de Arenteiro

O día 6 de xullo de 2003 os rillamillas saímos coma sempre da Estación de Autobuses de Carballiño, ás 9:30 da mañá... (ler mais...)

 

NOTICIA DE PRENSA:

Gracias a que o noso Presidente, Dario, está moi ben relacionado, e ten moitos amigos (e amigas) entre os estamentos influintes, ... ó día seguinte, LUNS 7 DE XULLO DE 2003, na páxina 15 de LA VOZ DE GALICIA, adicada a Vida Social de Ourense, saíu publicada esta foto dos rillamillas. Como se ve a foto foi tomada no momento mismo da saída dende a Estación de Autobuses de Carballiño, para rillamillear pola ruta que vai a Pazos de Arenteiro. Lóxicamente a foto foi feita o día 6 de xullo, arredor das 9:30 horas


Rillamillas polo Concello de Irixo.
07/06/2003


RUTA DOS MONTES DO MOUCHO: SABADO, 24 de maio de 2003, sábado pola tarde...


Grupo de rillamillas no Parque do Carballiño o 26 de abril de 2003.


 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador