Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Camino de
Santiago.Rillamillas. De Santiago de Taboada a Loimil. Concello de Silleda.
31/10/2010 |
Vía da prata: de Santiago de Taboada a Loimil
("PER ASPERA AD ASTRA" "Por las dificultades hacia las estrellas")
Domingo. 31 de outubro de 2010. Doce rillamillas empezan a camiñar -peregrinar pola Vía da Prata- dende a Igrexa de Santiago de Taboada. Chove. O día está pechado. Pero non fai frío. Pantalóns de auga. Chuvasquero. Paraugas.
Agárdannos camiños fermosos, moi fermosos, deitados entre carballeiras. Da gusto camiñar. Xano lémbrase da vella teoría de que cando chove os camiñantes están incluso máis contentos ca cando fai sol. Non se sae moi ben por qué. Pero unha longa estadística corrobora día tras día que a auga é fonte de ledicia para os andantes.
Tempo de defuntos. Pouco a pouco ímonos espallando, buscando a soidade, para toparnos coa lembranza dos nosos mortos. Cemiterios de silencio. Pensamentos de outono. Froles e bicos para os que xa dormen no máis alá. Caricias de momentos agochados nas nosas raíces máis fondas.
As vacas pacen serenamente mentres escoitan o suave paso do tempo e o medrar lento da herba. Pensan no seu leite bo e pregúntanse porqué os humanos se empeñan en adulteralo enchéndoo de polvos extraños antes de bebelo. ¡Serán parvos!
Cavilando en mil cousas, pisando suavemente nas molladas follas dos carballos, sentindo o bico teimudo da auga que non quere deixar de abrazarnos... pouco a pouco imos rillando o camiño...
E chegamos a San Martiño de Dornelas. Un pouco antes da igrexa románica paramos diante dunha casa para que Alex poida mudar os seus calcetíns mollados. De pronto aparece unha rapaza fermosa. Coma se fora unha pantasma. Pero a súa voz soa garimosa. "¿Necesitáis algo?. ¿Quereis pasar? ¿Quereis un poco de agua o algo de comer?". "No. Gracias. Estamos bien". Mais que unha pantasma parece un anxo. Ten acento extranxeiro. "De dónde eres?". "De Italia". A súa voz soa coma a música das estrelas cando bailan cas volvoretas nas noites do verán. "¿Y cómo has venido a parar aquí?".
Ela cóntanos. Non lembro as palabras exactas que empregou, pero era algo parecido a isto: "Un día mi novio y yo decidimos hacer el Camino de Santiago. Los dos somos italianos. Vinimos a España. Y empezamos en Sevilla. Fué una experiencia impresionante. Maravillosa. Cuando llegamos aquí vimos en esta casa un cartel que ponía "SE VENDE". Apuntamos el número de teléfono. Y seguimos caminando. Cuando terminamos el Camino nos volvimos para Italia. Pero algo nos había tocado por dentro. Buscamos en internet y encontramos de nuevo esta casa. Vimos las fotos. Y empezamos a soñar con ella... Nos pusimos en contacto con el propietario y al final la compramos. Y nos vinimos para aquí. Poco a poco la estamos rehabilitando. Queda mucho trabajo por hacer. Queremos llegar a convertirla en un hogar confortable para nosotros y para nuestros hijos y en un albergue para peregrinos. El Camino se ha convertido en algo esencial en nuestra vida.
A veces nos encontramos con dificultades. Por ejemplo nos resulta dificil que nos den las licencias. Pero no estamos dispuestos a tirar la toalla. En esta pared hemos escrito nuestro lema: "PER ASPERA AD ASTRA" "Por las dificultades hacia las estrellas". Queremos conseguir nuestro sueño y no estamos dispuesos a rendirnos hasta que lo logremos. Tenemos una hectárea de terreno que trabajamos con nuestras manos. Tenemos unas cuantas gallinas. Mi marido ha encontrado un trabajo cerca de aquí. Tenemos una hija. Tenemos una idea, un proyecto en común, un sueño, un cielo lleno de estrellas... Con nuestras manos construiremos el camino para llegar a ese cielo nuestro que nos ha sido regalado"
Despedímonos de Cristina e seguimos camiñando. Miro para arriba e vexo como unha neboa, sorrindo, me guiña un ollo. A súa mirada non deixa ningún lugar a dudas: Cristina e os seu mozo teñen una camiño aberto para subir ó seu ceo. O vento levaráios nas súas ás, e as neboas acollerános no seu colo para que descansen cando o precisen, e as estrelas tocarán música para eles cada vez que queiran bailar... Nun momento quedo absorto vendo como a neboa solta un bico que enche o ceo todo de volvoretas. Para de chover. E o sol asámase e deixa caer un raio que acaricia con tenrura os lameiros e as carballeiras.
Seguimos camiñando case sen pisar o chán. Pouco a pouco vaise borrando a máxia. E o seu arrecendo vai quedando ao lonxe coma se fora néboa pecha. Volve a chover mainamente. E pola miña cabeza empezan a desfilar imaxes de peregrinos do futuro que serán acollidos con hospitalidade exquisita no futuro albergue de Dornelas.
Nas alas destes fermosos pensamentos, lixeiro, case sen sentir o peso do meu corpo, chego a Loimil.
Os doce rillamillas xuntámonos e facemos reconto de vivencias, para poñerlle fin a unha fermosa mañán, regada con soños de auga. Sigue chovendo ledicia.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa