Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de
Galicia. Illa de Arousa. 14-06-2008 e 27/06/2010 |
Estiven na Illa de Arousa no 2008 camiñando con Viaauria e de novo no 2010 camiñando con Rillamillas. Aquí poño xuntas as fotos destas duas andainas, e debaixo o comentario que escribín no 2008, relativo á andaina feita con Viaauria.
A ILLA DE AROUSA
Sol. Luz. Ledicia.
Pasamos a ponte... e desembarcamos no "caribe". Palmeiras e piñeiros. Praias pequerrechas. Barcos. Sorpresa.
Empezamos a dar a volta arredor da Illa. Pola dereita. En sentido contrario ás agullas do reloxo. Barcos e mais barcos. Esqueletes de barcos. Casiñas de pouca altura. Camiños. E o mar durmindo. Mansamente. Sereno. Sen ondas. ... Alá, ó lonxe, a península do Barbanza.
E un pouso á esquerda víase sempre unha praia de area branca. ¿Cal?... Está nunha illa da que non lembro o nome. Chama a atención.
Vemos un muiño de mar. Cando sube a marea están a comportas abertas para que un "depósito" se encha de auga. Logo cérranse as comportas, e a auga queda retida. Cando baixa a marea esa auga volve ó mar, e da camiño fai mover o rodicio do muiño. Cando menos sorprendente.
Seguimos arredor da Illa. Paramos para comer. Conversas variadas: nun corro fálase da morté e do mais alá... noutro fálase do tapersex... noutro cantan cancións das que se entonan despois de tomar licor café...
Despois de comer percorremos a parte sur da illa. Alí, onde non entran os coches. Pequenas praias. Algunhas delas nudistas. Escasamente poboadas. Engel fálanos dun posible castro. Algunhas das viaaurienses falan entre elas doutros castros. Divertidas charlas.
Seguimos andando de cara a ponte, para completar a nosa peculiar volta á illa. Está xogando España. As mulleres na praia. Os homes no chiringuito, vendo o partido. ...
Subimos ós buses. E volvemos camiño de Ourense. Pola radio, case en silencio, segue o partido. España-Suecia. Gol de Villa no derradeiro minuto. España gaña 2-1.
Para Viaauria é a derradeira andaina deste curso. E a primeira andaina dende que veu a este mundo Mateo. Un rapaciño que ainda non ten un mes... o do que xa se fala moito. Todos lle desexamos unha vida feliz.
E para todos os que levan no corazón a cor viaauria eu deséxolles un bo vrán.
(Juan, 14-06-2008)