Ruta circular Carballiño-Zafra-Carballiño.
O domingo 9 de xaneiro de 2005 os rillamillas fixemos unha ruta circular Carballiño-Zafra-Carballiño. Unha ruta "cascabel".
Saímos, como sempre, da Estación de autobuses de Carballiño ás 9:30 da mañán. Día fresco e soleado. Norberto levaba a batuta. Cando dixo que a ruta tiña 17 km non nos gustou moito. Despois das festas todos andábamos un pouco desentrenados.
Ruta cascabel. Xa debaixo da estación de autobuses nos atopamos coas primeiras dificultades. Un pequeno barrizal. Un terraplén. Chegamos ó río e collemos río arriba. Pasamos beira da casa de Luciano. Logo furamos por debaixo da ponte do Cornuval e por debaixo da ponte do ferrocarril. Pasamos polo medio (sic e literalmente) da planta baixa dunha casa en obras. Cruzamos o río por unha fermosa ponte, fronte ó Cuartel da Garda Civil. Pasamos beira da fonte de Veiga, na que naide bebeu pois facía moito frío e aínda ninguén tiña sede.
Seguimos. Nadamos un pouco nos Prados de Carins. Cruzamos o regato de Paciños. E un pouco despois chegou o momento da escalada. Había duas opcións: unha era meterse por un camiño que tiña un silveiro tan cerrado que non daban pasado nin os lagartos; e a outra era subir un balado alto requetealto e sin escaleiras. Escollemos esta. E saímos do apuro sin baixas.
Seguimos. Volvemos a pasar beira doutra fonte na que tampouco quixo beber naide. Volvemos cruzar o regato de Paciños (non sin dificultades, pero, gracias a Deus, sin afogados). Chegamos a Paciños, onde non paramos. Camiñando, camiñando, ... chegamos a Carballeda, onde tampouco paramos. Cruzando fermosos paisaxes chegamos a outra fonte, en Pol. Tampouco bebemos.ç
Un pouco despois chegamos a Piteira, onde había unha "senda inundada", lugar pouco apto para zapatillas.
Mais adiante, no pobo de Sobrado, topamos outra fonte. aquí fixemos unha pequena parada e beberon os que quixeron. Facía un sol fermoso. Ainda que o calor aguantábase ben.
Fermoso castiñeiro, chegando a Zafra.
Un pouco despois había un muiño. E a partir de aquí xa todo foi máis doado. Pasamos por Valeiras, por Souto (onde había outra fonte), ... e por un fermoso camiño empedrado chegamos a Zafra, onte paramos para entrar en Villa Lara.
Tesouro abriunos a porta. Puxo a estufa no cuarto de baño. E ó pouco chegaron as empanadas. Viño. Cocacola. Empanada. E empezaron as risas. Xa tiñamos outras caras, outros folgos, outra vida, outra alma. .... Comemos e bebemos. E despois todo foi coser e cantar.
Coa barriga farta xa se poden facer fotos, ainda que o sol dea de cara. En Zafra, beira da Villa Lara, despois de comer as empanadas.
Coa barriga farta empezamos a camiñar de novo, xa de volta cara Carballiño. Pasamos polo cruceiro de Zafra, e por cómodo camiño chegamos ó Arenteiro, atravesámolo por unha ponte, pasamos beira da depuradora, e seguimos cara Mouriz, e despois de zigzaguear un pouco entre toxos chegamos finalmente ó centro de Outeiro, onde xa cheiraba a Carballiño. Por un sendeiro beira da carretera chegamos a Corzos, e logo á estación do Tren do Carballiño, onde nos disolvemos pacíficamente índo cada ún para a súa casa, en busca da ducha e do xantar.
Chegamos fartos de andar. Pero contentos de haber pasado unha mañán fermosa e diferente, e de haber coñecido moitos recunchos fermosos. Co bo sabor de boca que deixan sempre as rutas cascabel.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa