Ruta cascabel.

Unha ruta "cascabel" ten un como máximo un cinco por cento de asfalto, e como mínimo un oitenta por cento de camiño de terra blanda. Pero queda aínda un quince por cento de sorpresa: baixar terrapléns, subir balados, cruzar regatos, serpentear entre toxos e silvas, brincar por enriba de árbores caídos ou furar por debaixo deles, ....

O especialista en organizar rutas cascabel é Norberto.

Norberto traballa no servicio de extinción de incendios e coñece a bisbarra do Carballiño como a palma da mau. Sabe todos os camiños, sendeiros, currunchos e recobecos. Foxe do asfalto como do demo, e non lle gusta levarnos duas veces polo mesmo sitio. Por eso as súas rutas sempre son unha sorpresa: lévanos por sendeiros fermosos que percorren lugares cheos desta beleza que Galicia esconde e ofrece en tódolos seus descoñecidos recantos. Regatos, carballeiras, fontes, .... non faltan nunca nestas rutas.

Pero agora hai pouca facenda nas aldeas ... e ás veces os camiños están cerrados de maleza .... Este é o precio que hai que pagar. Non hai cousa fermosa que non teña algo de dificultade para acadala. Tódolos tesouros están protexidos. Como os diamantes. Como as perlas. Se a un lugar fermoso se lle fai unha carretera de acceso ancha e cómoda .... deixa moi pronto de ser fermoso.

Norberto leva sempre un cascabel colgado da mochila. Tilin, tilin. Vainos chamando cara a súa aventura. E vainos metendo nun mundo e nun paisaxe que parece doutro tempo e que non sabíamos que aínda existía. Voamos mentalmente a outros séculos. Setimos o ruxir das follas dos carballos debaixo das botas. E parece como se estuveramos noutro tempo e noutro mundo,... un mundo medieval de bosques, camiños e fontes, sin asfalto, sin coches, e sin estrés.

Pero a nota fundamental dunha ruta cascabel é a sorpresa. Sábese que vai ser orixinal, que vai ser fermosa, que vai ter dificultades inesperadas, .... Sábese que non se sabe moi ben cómo vai ser, pero que en calquera caso é seguro que nos vai gustar.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador