Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Ruta de Carballiño a Pazos de Arenteiro
O día 6 de xullo de 2003 os rillamillas saímos coma sempre da Estación de Autobuses de Carballiño, ás 9:30 da mañá.
Empezamos camiñando polo Parque Municipal de Carballiño, pola beira do río Arenteiro, que naquel momento estaba ateigado de pescadores.
Ó pasar as Barcias cruzamos o río, e seguimos río abaixo pola marxen dereita. Pasamos o pé da Antigua Fábrica de Papel e voltamos a cruzar o río. Pasamos logo polo Muiño das Lousas e polo Muiño do Anxel, e seguimos río abaixo, pola marxe esquerda do Arenteiro.
Por debaixo dos Muiños das Lousas e do Anxel hai unha zona na que o río Arenteiro é realmente fermoso.
Seguindo río abaixo topámonos coa ponte da vella carretera de Pontevedra, e alí torcemos á esquerda, subimos á carretera , cruzámola, e collemos un camiño de terra que sube manseniñamente unha pequena lomba, dende a cal se contempla unha fermosa vista de Godas. Logo, seguindo o camiño de terra, empezamos a baixar e cando nos demos conta estabamos na Ponterriza.
Polo camiño que vai cara a Ponterriza vimos moitas froles fermosas. Esta é unha delas.
No medio do pobo da Ponterriza hai que torcer á esquerda. Pero non hai perda, alí o camiño está ben sinalizado.
No medio do fermoso pobo de Ponterriza collemos á esquerda por un fermoso camiño de terra, ben limpo e ben sinalizado.
Hórreos en Ponterriza.
Colmenar, ó pasar Ponterriza
Deixamos á nosa dereita un colmenar, e seguimos adentrándonos no fermoso bosque.
Fermoso sendeiro entre Ponterriza e Moldes.
Despois de un pouco chegamos a unha fermosa carballeira que hai na entrada de Moldes. Pasamos perto da Eirexa, e collemos un camiño á esquerda, que primeiro sube lentamente e logo baixa ata desembocar en Paradela de Moldes.
Eirexa de Moldes.
Sinais do sendeiro en Moldes.
No camiño que vai de Moldes a Paradela cruzamonos con duas persoas que viñan en sentido contrario, facendo tractoring.
Figos en Paradela de Moldes.
En Paradela de Moldes pasamos pola beira da casa de Don José Luis Cuerda, e ó rematar o pobo collemos un camiño que nos levou ata a Ponte do Castro, pasando perto da central electrica do CHEDA (que fora a primeira central eléctrica que suministrara a luz eléctrica a Carballiño e á comarca, e que según parece fora posta en funcionamente por un señor chamado Laforet).
Na Ponte do Castro volvemos a cruzar co fermoso Arenteiro, que nos regalou de novo os seus agarimosos susurros acústico-acuáticos.
A Ponte do Castro
Río Arenteiro, na Ponte do Castro
Este canciño e outro mais acompañáronnos durante boa parte do percorrido.
Bernardo, Darío e Rafa, rillando millas, entre a Ponte do Castro e Cabanelas.
aDende a Ponte do Castro ata Cimadevila de Cabanelas hai un kilómetro e medio. Primeiro vaise por un fermoso sendeiro. Pero logo chégase á carretera e hai que torcer á dereita e baixar un pouco polo asfalto ata chegar á Cimadevila, onde se ve á dereita o impresionante Pazo dos Mora.
Viña, souto, e o Pazo dos Mora ó fondo.
Fermosa frol no cierre do Pazo dos Mora.
Dende Cimadevila a Cabanelas hai setecentos metros por un camiño sin limpar, cheo de fentos e con algunhas silvas escondidas que non fan gracia ningunha.
As sinais do camiño en Cimadevila.
A maleza neste tramo é tanta que non se ven os rillamillas. Soio, se se mira ben, se pode ver a cabeza de Darío entre os fentos.
Cabanelas é un pobo de socalcos. Terra de viño tinto.
Cabanelas.
Outra vista de Cabanelas.
Sendeiro saindo de Cabanelas, cara Pazos.
De Cabanelas saimos por camiño de terra rumbo a Pazos de Arenteiro. Un pouco mais adiante deixamos o "sendeiro oficial" e metémonos por un camiño que baixaba pola esquerda, e logo torcemos á dereita, e pasamos por unha fermosa carballeira.
Carballeira perto de Pazos.
Despois de unha fermosa baixada topámonos coa Ponte ¿dos franceses?. Empezamos a camiñar río arriba. Vimos cómo se abrazaban o Arenteiro e mais o Avia, no seu permanente encontro. E seguimos pola orela do Arenteiro. Vimos as "pedras-esculturas", e os muiños en ruinas. E chegamos ata a Ponte de Pazos de Arenteiro. Alí descansamos un chisco. E xa non fomos ata o Pozo dos Fumes, porque xa todos coñeciamos aquel cacho de ruta. (Sitio que por certo recomendo visitar a todos os que non estiveron alí. Un paseo dende Pazos de Arenteiro ata o Pozo dos Fumes, escoitando o suave ruxir do Arenteiro, e contemplando o río e a paisaxe que o rodea produce na alma unha sensación de paz e plenitude que non se pode describir con palabras).
Rillamillas beira do Arenteiro (Pazos)
Pedra escultura
Penedo escultura.
Estamos a case que 11 km do Carballiño
Sentados na Ponte de Pazos de Arenteiro.
De parola.
E, case sen descansar, collemos o camiño de volta. Unha subida longa e pronunciada polo "sendeiro oficial" levounos ata Cabanelas de novo. Alí chegamos sudando, e fixemos un pequeno alto no Pazo dos Mora, onde Don Adolfo Otero nos ensinou a fermosura da casa e da finca. Alí poidemos ver tamén un fermoso niño que un merlo -non se sabe moi ben por qué- deixou abandonado, con tres ovos.
Niño de merlo
Pazo dos Mora.
Souto dos Mora.
Cando deixamos o Pazo atopámonos de novo co asfalto, co cansancio e co calor. Naquel momento Bernardo chamou por teléfono a unha fixa súa, e moi pronto apareceu un anxel da garda que nos trouxo en coche por Banga, e por Mesego, ata Carballiño.
Chegamos cansos. Con ganas de beber e de comer. Pero moi contentos polo fermoso percorrido que fixemos.
A ruta de Carballiño a Pazos de Arenteiro ofrece unha gran variedade de paisaxes. E lévanos por pobos con moita historia gardada dentro. É realmente unha ruta fermosa, rica, e con un potencial inmenso. Hai aspectos que se poden millorar: limpar algúns tramos, rematar a zona do Muiño das Lousas, buscar un camiño de volta diferente do de ida, .... Pero en calquera caso, xa como está, é unha ruta que vale moito a pena.
NOTICIA DE PRENSA:
Gracias a que o noso Presidente, Dario, está moi ben relacionado, e ten moitos amigos (e amigas) entre os estamentos influintes, ... ó día seguinte, LUNS 7 DE XULLO DE 2003, na páxina 15 de LA VOZ DE GALICIA, adicada a Vida Social de Ourense, saíu publicada esta foto dos rillamillas. Como se ve a foto foi tomada no momento mismo da saída dende a Estación de Autobuses de Carballiño, para rillamillear pola ruta que vai a Pazos de Arenteiro. Lóxicamente a foto foi feita o día 6 de xullo, arredor das 9:30 horas.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa