Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Fotos de Galicia. 10ª Andaina do Xures. Ano 2009
Juan
06/06/2009

P1020638 P1020657 P1020660 P1020661
P1020638.jpg         P1020657.jpg         P1020660.jpg         P1020661.jpg        
P1020662 P1020673 P1020675 P1020677
P1020662.jpg         P1020673.jpg         P1020675.jpg         P1020677.jpg        
P1020680 P1020681 P1020691 P1020692
P1020680.jpg         P1020681.jpg         P1020691.jpg         P1020692.jpg        
P1020703 P1020720 P1020738 P1020750
P1020703.jpg         P1020720.jpg         P1020738.jpg         P1020750.jpg        

 

10ª ANDAINA DO XURÉS

     Madrugón. Se nos mandaran non o faciamos. Cento e pico esforzados decidimos tomar en serio a xornada de reflexión previa ás eleccións europeas e fomos ata o Xurés, para pensar a fondo, e para meditar paseniñamente o noso voto... Empezou a andaina ás nove e un pequeno pico. Chovía. E logo seguiu chovendo. E choveu tanto que non quedou nada seco na roupa nin no corpo dos camiñantes...

     E de moito andar e de pouco pensar... ó cabo dunhas horas rematamos os 17 km de subir e baixar costas (mais subir que baixar, todo hai que decilo)... rematámolos, digo, coas ideas non sei se claras, pero polo menos ben lavadas...

     Logo baixamos en autobuses ata a base, onde había duchas con auga quente (nesto nótase que estamos en Europa), e logo un xantar que non era moi luxoso pero que serviu ben... A verdade é que a organización estivo moi ben, como acontece ano tras ano (e xa van dez, que por algo esta é a segunda das andainas da provincia de Ourense, soio superada pola de Allariz, que anda pola 12 edición)...

     Café. Risas. Conversas. Fotos. E sorteo de premios. Por certo dous rillamillas (Luisa e Ignacio) estiveron entre os premiados...

      E así foi... a nosa xornada de reflexión... Dura pero fermosa.

      Eu sígome preguntando: ¿Por qué cando imos de andaina e chove moito a xente está máis contenta? Pode que este plus que pon a auga que botan do ceo con caldeiros nos axude a segregar ainda máis endorfinas...

 

     Por certo, choveu e choveu tanto que a cámara cando rematou a andaina facía as fotos así.

 

Fotos da andaina do 2006

Fotos da andaina do 2005

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador