Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia.
Fotos da 7ª andaina pola serra do Xurés. Autor: Juan. 11/06/2006 |
Sair de entre as sábanas fíxose dificil. Eso era alá polas 6:01 da mañán. Ainda era de noite cerrada. Pouco a pouco foi vindo o día. Os autobuses sairon de Ourense ás 7:30. Ou cicáis quince minutos máis tarde, con un pouco de retraso. A andaina empezou ás 9:30. Con ritmo lixeiro. O día estaba marabilloso para camiñar: soleado, pero máis ben fresco. Pero a primeira subida xa nos fixo sudar. Cada quen foi buscando o seu ritmo adecuado. E foise formando unha longa ringleira de camiñantes. Subidas, baixadas, novas subidas... As paisaxes espectaculares. O paso polo pobo abandonado de Salgueiros. Catro avituallamentos con auga repartidos adecuadamente ó longo do percorrido. Todo ben organizado. Moi ben organizado.
Os camiñantes... encantadores, coma sempre. Bo ambiente. Ledicia. Sorrisos. Compañeirismo. Compartindo incluso soños de mazáns. Respirábase ben.
Os máis lixeiros remataron en tres horas. Os mais lentos en algo máis de catro horas. Logo baixamos nos autobuses. E comemos. Ben, por certo.
De seguido chegou o tempo de lecer: descanso, siesta, charla... Alonso ganaba a súa carreira de formula ún. Nadal empezaba perdendo cinco a cero no primeiro set da final de Rolland Garros. Ainda que despois as cousas endereitaronse e Nadal gañou a final por 3-1.
Logo seguiu o sorteo de regalos. Aquí arrasaron os de Verín.
Buses de novo para Ourense. Case parecía que daba pena que rematase a xornada. Porque estaba unha tarde estupenda.
Un ano máis a de Muiños, á da Serra do Xurés, foi unha andaina con carisma, con maxia, con encanto...
Dos rillamillas fomos catro: Pepe, Luisa, Gonzalo e máis un menda. Todos rematamos sen ningún problema.
E con esto un menda andivo completas este ano a tres andainas clásicas da provincia de Ourense: os 50 km de Allaríz, os 42 km de Ourense e os 17 km da Serra do Xurés. De todas elas a máis complicada foi a de Allaríz. Non soio pola distancia senon tamén e sobre todo polo calor abafante que fixo aquel día.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa