Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos
de Galicia. Concello de Beariz. Parroquia de Xirazga: Correa, Alén,
Framia, Ricovanca, Doade... Autor: Juan 19/03/2006 |
ROTEIRO DE XIRAZGA
Inicio/Fin: Xirazga.
Lonxitude: 15 Km,
Duración aproximada: 7 horas.
Desnivel: 260 m,
Dificultade: alta.
Núcleos de poboación: Xirazga, Ricovanca, Doade.
Conenza
o roteíro a carón da Igrexa parroquial onde tamén se
atopa un fermoso cruceiro do escultor Cerviño.
Iniciamos o roleiro por unha písla asfaltada
en díreccíon o lugar de Alén, a 600 metros. Dende Alén
collemos unha pista de terra en dirección á paraxe de O Casteliño,
a 900 metros.
Dende O Casteliño seguimos pola mesma pista
duranle uns 4.000 metros, ata a ermida de Santo Domingo, onde ademáis
da ermida temos unha área recreativa, un cruceiro, unha mámoa
e os restos dunha cista megalítica.
Dende a ermida de Santo Domingo collemos unha pista
en dirección W. que tras 1200 metros de recorrido nos levará
ata a paraxe de a Serra onde se localizan minas de estaño.
Dende as minas collemos unha pista de terra
durante uns 2.000 metros ata a aldea de Ricovanca, onde poderemos visitar
a súa ponte medieval, por onde pasa o camiño Breeiro, que comunicaba
Ribadavia con Santiago de Compostela. Na aldea tamén se conserva un
muiño e un forno comunal.
Dende Ricovanca seguímo-la estrada que se
superpón ó mentado camiño Breeiro, e a uns 1.400 metros
atopamos a paraxe da Portela da Cruz, onde un túmulo megalítico
serve de linde entre as provincias de Ourense e Pontevedra.
Dende este túmulo seguimos por pista de terra
en dirección E. durante 2.000 metros ata a estrada de Brues-Pontecaldelas,
a cal seguiremos ata a aldea de Doade, a 1.100 metros. En Doade podemos ver
o único peto de ánimas do concello e a capela da virxe do Carme.
Dende Doade collemos un camiño tradiccional
en dirección N-E, a 350 metros atopamos a paraxe do Batán, cun
pontillón e varios muiños.
Dende o Batán seguimos por outro camiño
tradicción en dirección N-W. ata outro muiño a 300 metros.
Seguimos o camiño durante uns 800 metros antes de chegar á aldea
de Xirazga, non sen antes visitar outro muiño.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa