RILLAMILLAS
|
¿Qué é "Rillamillas"?. .... É un grupo de xente que se xunta para sair a camiñar unha vez cada quince días, no domingo pola maña. Pequenos recorridos por diferentes puntos da provincia de Ourense. Co fin de facer un pouco de exercicio, respirar aire puro, estar en contacto coa natureza, coñecer diferentes lugares, e disfrutar da conversa e da compañia dos demáis membros do grupo,... ... Non se trata de facer grandes recorridos, senón de saborear cada palmo do terreo polo que pisamos. ... "Rillamillas" é unha asociación, pero sobre todo "rillamillas" é unha idea, unha chamada, unha porta aberta á vida e á natureza, .... ... Rillamillas é unha voz que chama a todo o mundo a presentarse ás 9:30 na Estación de Autobuses do Carballiño, para ir a camiñar un pouco. Pode ir calquera, con independencia de que sexa ou non sexa socio do grupo, de que pague a cuota ou non, de que sexa home ou muller, rapáz ou anciano, ..... Todo o mundo pode ir. ... Porque "rillamillas" ademáis de ser un grupo é unha idea aberta a todo o mundo, a todos aqueles que queiran camiñar e disfrutar da natureza e dos seus camiños.
...Rillamillas é tamén un nome fantástico, único, virxen, soio noso. ... Un nome que o GOOGLE non coñecía antes de que existiramos nos. Unha das poucas verbas que cando se buscan en internet non dan lugar a que nos amosen centos e centos de páxinas, .... porque rillamillas no mundo enteiro soio somos nós. Rillamillas, como dí o noso FORO, é un sitio "Para xente xoven de espíritu que camiņa sempre cara os seus soņos, sen medo" (ver http://boards.melodysoft.com/rillamillas/) Nota: Esta é a miña idea de "rillamillas". Pero hai outras moitas formas de velo. É mais, case se pode decir que cada ún dos compoñentes do grupo ten unha idea diferente do que é "rillamillas". E esto é precisamente o que fai que "rillamillas" sexa un espacio aberto de liberdade e de tolerancia. Juan. 03.02.2003 |