Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
1ª Andaina
Vila do Carballiño. Juan 07/09/2008 |
1ª Andaina Vila do Carballiño
7 de setembro de 2008. Día soleado. Ceo limpo. Temperatura agradable. Perfecto para camiñar.
A partir das nove da mañá a xente vaise xuntando no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño. Está empezando unha nova temporada de andainas. As botas están novas. Pálpase a ledicia de volver a toparse con amigos e coñecidos do ano pasado. Respírase un aire "sano" de deporte e amizade. Vese que a xente está contenta.
Pasadas as nove e media cen persoas empezan a camiñar. Despois de dar unhas pequenas voltas para evitar na medida do posible o asfalto da estrada xeral, os pes dos camiñantes tópanse cun fermoso sendeiro que atravesa o Parque Municipal e que leva á fonte que está enfronte da Piscifactoría. Continúan logo polo sendeiro que vai beira do río Arenteiro cara o Muíño das Lousas, e logo cara a Ponte de Godás, e dende aquí, río abaixo, ata chegar á Pontarriza. Todo este tramo que discorre o pé do río é verdadeiramente fermoso. O sendeiro está ben limpo e ben coidado. As árbores dan sombra fresca e agradable. Da gusto camiñar.
Chegados á Pontarriza, atravesan a histórica ponte, e empezan a subir suavemente por un fermoso camiño en dirección a Mesego. Logo torcen un pouco e pasan ó pé das instalacións de Pena Cobertoira, atravesan a estrada que vai a Banga, e baixan de cara o Varón, pasando antes polo Corbal, e seguindo o vello e remozado Camiño dos Arrieiros.
Dende o Varón empezan a subir de cara o pobo abandonado de Sona, no que durante bastantes anos so vivía un veciño, hoxe xa desaparecido.
De Sona soben cara Partovia, e logo cara Covelo. Finalmente, despois de atravesar a estrada vella que vai cara Ribadavia, enfilan un camiño de terra que os acaba conducindo ó barrio de Quinteiro, de Señorín. Por fermosos camiños atravesan Señorín e empezan a divisar a Veracruz. Entran a Carballiño polo barrio de Flores, pasan pola Praza Maior, pola rúa Rosalía de Castro (A Principal), virando logo cara os soportais da Rúa Norte, onde se agradece a sombra, e collendo logo Martínez Avellanosa, que se deixa para baixar de cara a Estación de Autobuses pola rúa Marcelino Enríquez Parrondo, andando un pequeno anaco pola Avenida do Balneario, para logo seguir polo camiño dos Carboeiros, e collendo finalmente a estrada para entrar de novo no pavillón Paco Chao.
Así remata a primeira etapa. A segunda é un suave paseo de catro quilómetros de cara Veiga, por camiños "vírxenes".
A xente remata a andaina contenta. Alicia entrega os diplomas ós que rematan as dúas etapas. E todos satisfeitos.
O bo resultado é o froito dun día fermoso de varios días de traballo desinteresado de varias persoas. O Concello e a Comisión de festas (Manolo, principalmente) correron coa organización. Encargáronse do avituallamento: auga, froita e unha "barrita enerxética" no primeiro (km 7). Auga, froita e refrescos no segundo (km 15, máis ou menos, inda que isto dos quilómetros non estaba moi claro, como logo diremos). Auga, refrescos e froita na meta ó rematar a primeira etapa. E "ensaladilla", empanada, froita, auga e refrescos ó final da segunda etapa. A comida foi suficiente. Ademais encargáronse de xestionar as inscricións, de regalarlle a cada participante unha mochila, de confeccionar os diplomas, e de varias cousas mais.
Os rillamillas colaboraron tamén eficazmente para que todo resultase ben. Encargáronse de buscar os camiños e de sinalizalos. Nesto hai que destacar o traballo de Luciano que pasou horas e horas rompendo a cabeza e os pés, pateando e pateando, para buscar camiños fermosos. E a verdade é que o conseguiu, pois logrou enfiar unha andaina con moi pouco cemento, que descorreu por camiños realmente fermosos. Unha vez descubertos os camiños, na labor de marcalos colaboraron Luisa, Darío, Gonzalo, Juan e o propio Luciano. Luisa ocupouse ademais da importante labor de ir cerrando a andaina, e retirando as cintas colocadas para sinalizar a ruta, para que todo quedase igual de limpo que antes. Darío, o presidente dos rillamillas, estivo tamén en outras labores de presentación da andaina e de xestión e de organización... A verdade é que tiña a cabeza chea de cousas... e cando rematou a andaina respirou fondo... e descansou.
Tamén merece un aplauso Alicia, a muller de Luciano, que non so colaborou deixando que o seu home lle roubara horas para dedicarllas a inventar os camiños, senón que tamén participou directamente no control do paso dos camiñantes e na entrega dos diplomas, dándolle luz e prestancia a este último acto.
E detrás de todo isto que resultou ben está tamén a labor calada de moitas outras persoas, tantas que se as tivera que citar aquí a todas unha por unha, enchería varias follas. A todas, moitas graciñas.
Para rematar vou facer unha breve referencia a unha cuestión que resultou graciosa. Había unha sinais que indicaban o km 5, o km 10, o km 15, o km 20 e o km 25. Pois ben a sinal do km 15 estaba posta máis ou menos no km 13, na subida que vai do Varón a Sona. E isto deu lugar a varias teorías. Para uns iso era de agradecer, pois en plena subida, daba ánimos para seguir. Para outros non estaba ben, porque así os cinco quilómetros que faltaban facíanse moi largos. Algún dixo que os quilómetros non son todos iguales, que cando o "terreno" é "llano" cada km ten mil metros, pero que se son subindo hai que facelos de setecentos metros para que non cansen moito... Tamén había quen dicía que estes km máis curtos eran kms de Canarias...
Pili, que é de Ourense capital, dixo que alí, na cidade, todos os quilómetos medían o mesmo, a razón de mil metros cada ún. E parece que así acontece na maior parte dos sitios. Inda que no Carballiño non queda moi claro se os quilómetros son todos da mesma medida. Esperemos que para a andaina do ano que ven teñamos este tema resolto.
Pero, bromas aparte, o certo é que a andaina resultou moi ben e que todos, tanto os que organizaron coma os que viñeron a camiñar, quedaron moi contentos... Noraboa a todos por haber construído xuntos un día fermoso.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa