Fotos da ruta de Marcofan e da Ruta do Castro, por terras de Beariz e de Magros
autor: Juan
07/09/2003

página 1 de 3 Siguiente

Pincha nas fotos para velas mais grandes

07 092
07 092.jpg
07 093
07 093.jpg
07 095
07 095.jpg
07 096
07 096.jpg
07 098
07 098.jpg
07 099
07 099.jpg
07 104
07 104.jpg
07 107
07 107.jpg
07 108
07 108.jpg
07 109
07 109.jpg
07 111
07 111.jpg
07 113
07 113.jpg
07 116
07 116.jpg
07 120
07 120.jpg
07 121
07 121.jpg
07 122
07 122.jpg
07 125
07 125.jpg
07 128
07 128.jpg
07 129
07 129.jpg
07 130
07 130.jpg

O domingo, día 7 de setembro de 2003 os rillamillas saímos en coches dende Carballiño e fomos ata o Regueiro. Alí aparcamos e puxémonos a camiñar pola ruta chamada do MARCOFAN. Anduvemos uns poucos metros por cemento e logo collemos unha pista de terra, ancha e limpa, que nos levou cara Magros. Polo camiño disfrutamos de fermosas vistas: Ventelas, Muradas, Candedo, Magros, Liñares, ...... O día estaba fresco e daba gusto camiñar. Estabamos vinte persoas, todas con ganas de falar e de disfrutar da compaña dos outos e da natureza. Respirábase liberdade, aire puro, e bó ambiente .... había un forte arrecendo a felicidade nas miradas dos rillamillas. Era unha mañá realmente fermosa de reencontro e de ledicia.

Por entre pedras, uces, carqueixas, e toxos, ... subimos ó Castro de Magros. Dende alí ollábase unha fermosa paisaxe. Logo baixamos polo camiño, pasamos pola piscina fluvial, e chegamos finalmente a Magros, onde nos agardaban os Señores Alcade e Tenente Alcalde do Concello de Beariz. Alí, con eles, procedeuse á inauguración da Ruta do Castro. Foi un acto moi sinxelo, pero moi significativo: como dixo Bernardo, "ésta é a primeira ruta de sendeirismo que se inaugura no concello de Beariz". Algo se está movendo: a volta a unha vida mais humana e mais cercana á natureza parece un camiño xa sin retorno.

Na compaña dos Señores Alcade e Tenente Alcalde de Beariz percorremos o primeiro tramo da Ruta do Castro. E despois baixamos ata a Casa de Turismo Rural da Laxa, e Bernardo convidounos a unhos pinchos acompañados dun bo viño. Non sei se sería porque xa tiñamos fame, pero a verdade é que todo estaba moi rico.

A RUTA DO CASTRO sae da Casa da Laxa (no pobo de Magros), e pasa pola Presa da Costa, polos muiños (do tío Ramiro, os Pardos, Entresobreiras, da Costa, de Sara, ...), pola puza Arroio de Arriba, pola Curva do Outeiro, pola Ponte de Porto de Bois, pola Fonte da Vixía, polo Castro de Magros, pola Estrada de Brues, pola Praia Fluvial (Puzo Mineiro), ... e remata de novo na Casa da Laxa. É unha ruta corta, pois ten arredor de catro km. Pero é moi fermosa.

Desta Ruta do Castro, un tríptico editado polo Concello de Beariz dí o seguinte:

"Esta rota transcorre polos arredores dun dos lugares mais antigos e con mais Historia e historias do concello de Beariz. Con orixe e remate na "Casa da Laxa", o percorrido leva ó camiñante a través do agro e do monte guiado polo curso da auga. Partindo da eira dos hórreos da Laxa subiremos da Aldea do Medio cara a Aldea de Arriba e de alí colleremos pola canle para chegar a un depósito de auga que serviu no seu tempo para rega-lo agro desta zona de Magros.

A poucos metros divisaremos xa o primeiro dos muiños fariñeiros dos que atoparemos seis mais. Seguiremos ascendendo pola presa que constitúe o eixo deste complexo hidrolóxico ate chegar ó río Magros, da cunca do Avia. A rota continúa polo río ate o "Arroio", lugar apto para o baño. Por o Porto de Bois chegamo ó lugar mais alto da rota, a 740 m. Cunhas vistas admirables que chegan a Pena Corneira, ó principio das terras do Ribeiro, mais aló das terras de Pazos de Arenteiro. O Castro de Magros, que da nome a este camiño, é un exemplo de castro mineiro, dedicado á extracción de metais. Atópase sen excavar, pero contén claramente unha muralla exterior e varias casas castrexas. Este castro é ademáis un vestixio da cultura prerromana e romana da comarca da Terra de Montes. O camiño de volta lévanos pola estrada bordeada de castiñeiros e sobreiras ó Pozo Mineiro, lugar de extracción de estaño e volframio no periodo de entreguerras e durante a segunda guerra mundial. Neste lugar lavábase o material extraído para leparalo mineral da terra; hoxe reconvertido en praia fluvial de excelentes augas para un baño sempre refrescante.

A ruta do Castro proponlle ó camiñante unha viaxe polo camiño da auga, desde a auga que rega os campos e as hortas e fai medra-lo cereal ata a auga que move os muiños fariñeiros e moe logo ese mesmo cereal. Os camiños por onde trnsitaron os bois cos carros entre os pobos, estes camiños serviron para a comunicación e o comercio entre os castros antes e despois da chegada á Terra de Montes da romanización.

A ruta do Castro é un paseo pola historia, pola paisaxe e polo lecer".

No devandito tríptico cóntase tamén o seguinte:

"Hai no folclore de Magros varias historias que fan referencia ó Castro cmo residencia dos míticos Mouros. Unha delas é a da Moura que convirteu ó seu mozo nun piñeiro. Esta conta como unha preciosa moura namora a un mozo de Magros e ambos agachan a súa relación ós seus correspondentes pobos. Cando os mouros se decatan dos amores prohibidos dunha das súas fillas prohíbenlle ve-lo. E a dor que lle produce é tan grande que só pensar e non poder telo faille desexa-la morte. Cando o mozo volta a vela, a Moura coa súa maxia fai que se convirta nun piñeiro e así ela podería estar sunto a él sempre que quixese".