Senderismo
é:
- Unha forma de facer exercicio. A forma mais natural
de facer exercicio para a que está preparado o corpo humano.
- Unha forma de satisfacer a necesidade que temos de
disfrutar da convivencia íntima coa natureza, e de coñecela,
e de aprender a mirala, a tocala, a querela e a disfrutar dela,.....
- Un medio para relacionarnos con outras persoas.
- Unha maneira de osixenarnos física e mentalmente.
Senderismo é camiñar polo puro pracer de facelo. Pero
esto pode ter varias modalidades:
- Trekking: Consiste en realizar viaxes organizados (guías, porteadores,
vehículos, aloxamiento...) a rexións lonxanas, semidespobladas
e, hasta certo punto, vírxenes da acción do mundo occidental.
- Trotamundismo: ten os oríxenes nos anos 60 e 70. Daquela, homes e mulleres
sen moito apego ó xeito de vida occidental comenzaron a viaxar
polo mundo con unha mochila e pouco máis, case sen cartos, e
buscando a libertade, ....
- Excursionismo, montañismo, ... Transitar pola montaña,
subir, baixar, llanear, ... disfrutar da natureza sen mais. ... Para practicar senderismo ou excursionismo como tal,
non se precisa unha forma física especial nin grandes coñecementos
técnico, nin se precisa tampouco entrenarse previamente. Soio
se precisa un calzado bo e unha roupa cómoda e axeitada e unha
gran dosis de ilusión. Saber disfrutar ollando a natureza, e
saber respetar á xente e ó medio natual é tamén
moi importante: respetar as prantas, os animais, os camiños;
non tirar papeles, latas, botellas de plástico, ....
Os sendeiros dividense neste grupos:
· Sendeiros de Gran Recorrido o GR.: Percórrense en varias
etapas. Poden percorrer unha rexión, ou poden incluso percorrer
varios paises. Están sinalizados con marcas horizontais roxas
e brancas. O Camiño de Santiago podería ser un GR,
pero ¡O CAMIÑO DE SANTIAGO É MOITO MAIS QUE
UN GR!.
· Sendeiros de Pequeno Recorrido o PR: Teñen unha lonxitude
non superior a duas xornadas. Están sinalados con marcas
horizontais amarelas e brancas.
· Sendeiros locais o SL. Teñen unha lonxitude non superior
a media xornada. Están sinalados con marcas horizontais verdes
e brancas. Estes son os que facemos nós. Soio que os nosos
non están nin sinalizados. Pero non por iso son menos fermosos
que os sinalizados. Cicais os sendeiros polos que nos andamos son
mais entretidos, variados, e cheos de vida que a mor parte dos GR,
PR, e SL que hai polo mundo adiante.
Recoller setas, charlar cos amigos, contar chistes, facerse
unha foto, ..... todo eso e moito máis tamén é senderismo.
|