Nesta páxina colabora, entre outros, o Insituto de Estudios
Carballiñeses.
Ademáis as crónicas
póden servir tamén para lecer dos carballiñeses emigrados
e para que manteñan vivas as raices que os xunguen coa súa terra
nai.
-
27 de decembro de 2008: Inauguración da exposición
VARIA VIARIA ás 17 horas no Auditorio do Carballiño, co gallo
da chegada do tren a estas terras hai 50 anos. Organiza o Centro de Estudios
Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño, presidido por Rosa María
Ricoy Casas.
-
17-12-2008: Frutos presenta un novo libro: O PADRÓN
DE SAN CLODIO DE 1580.
-
04/11/2008: Obama gana as elección en Estados
Unidos.
-
03/10/2008: Caladiño, sen facer ruido, foise Don
Antonio Alcantara Martín. Rexistrador da Propiedade. Estivo aquí
durante mais de dous anos. Chegou en silencio o 1 de marzo de 2006. Traballou.
E pasou case desapercibido. Deu pouco que falar. O cal, tratándose
dun Rexistrador da Propiedade, é unha grande virtude. Pois, os Rexistradores,
coma os árbitros de futbol, son moi bos cando non teñen protagonismo,
cando non se fala deles, cando o partido ou o rexistro se desenvolven con
total normalidade, sen xogadas polémicas... Por certo, Don Antonio
é moi bo, como persoa e como profesional. Sempre buscando solucións.
E aplicando o sentido común. Ímolo botar en falta. Graciñas.
-
17-09-2008: Festa de San Cibrán no Carballiño.
11:30: procesión. Silencio. Respeto. Un dez. 12:00: Misa solemne.
En galego. Presidida polo Sr. Bispo, Don Luis Quinteiro Fiuza. Na homilía
falou da Veracruz (a obra de arquitectura relixiosa mais importante do século
XX en Galicia), da festa do "pulpo", da importancia da vila do
Carballiño e das súas xentes, da necesidade de que os cristiáns
manteñan a unidade, da vida do Bispo San Cibrán alá
no norte de África... Unha predicación das que aumentan a
autoestima colectiva dos pobos. A Igrexa da Veracruz estaba ateigada de
xente. Había, dende logo, máis de mil persoas. Entre os asistentes
estaban os membros da Corporación Municipal (co sr. Alcalde ó
frente) e outras autoridades. Un día de festa, cheo de luz.
Fotos.
-
-
16-09-2008: Seis da tarde. A Veracruz chea de xente.
Dor. Bágoas. Silencio. Entra o cadaleito. Logo a familia. Os sacerdotes
soben ó altar. Empeza a misa. Familiares e amigos rezan, pensan,
recordan... A min vénseme á cabeza as últimas conversas
que tiven con el. Nelas quedei admirado da valentía coa que estaba
afrontando a enfermidade. Era moi novo. Corenta e pico anos. Unha morte
así é difícil de aceptar... Na hora da predicación
o cura pásao mal. Nótase que lle quería. É o
capelán do Asilo. Lémbranos o que case todos sabiamos. Manolo
Alén era o construtor que facía as obras no Asilo. É
certo que cobraba polo seu traballo. Pero tamén é certo que
moitos dos traballos que facía para o Asilo non os cobraba. As monxas
do Asilo estanlle moi agradecidas. Por iso están case que todas no
funeral. E antes estiveron no tanatorio. Sí, elas tamén lle
querían. Coma moitos outros. Era unha persoa querida no Carballiño...
Remata a misa. O cadaleito, a xente e as bágoas marchan camiño
do cemiterio. Alí repousará o corpo de José Manuel
Alén. Morreu, pero sabemos que a súa vida non foi en balde.
-
07-09-2008: 1ª
andaina
popular VILA DO CARBALLIÑO, organizada polo Concello coa colaboración
dos rillamillas, na que participan cento unha persoas. Día soleado.
Ceo limpo. Temperatura agradable. Perfecto para camiñar.
-
29-06-2008: A selección española de futbol
gañalle 1-0 á Alemaña na final da EUROCOPA. En Carballiño
seguiuse o partido con emoción. E en canto rematou, a fonte da rotonda
da Praza do Emigrante encheuse de xente. Foi unha festa improvisada, pero
con éxito.
-
0
8-06-2008: Andaina do día
do deporte. CONVOCA: Concello do Carballiño. ORGANIZA: Luciano. DIRECTOR
DE ORATORIA: Darío.
Nais, pais, nenos, nenas, mozos e mozas...
un pouco de todo. 45 persoas tomamos a saída na Estación de
Autobuses ás dez da mañán. O concellal de deportes,
Manolo Dacal, estaba alí para regalarnos camisetas, panos, gorras,
unha botelliña de auga... Darío explicounos por qué
estabamos alí... e Luciano púxose en cabeza para dirixir a
marcha. Parque. Mesego. ¿Seara?. Pena Cobertoira. Pontarriza. Godás.
Carballiño. Unha fermosa camiñata por sendeiros inéditos,
vírxenes, alfondrados de sombras e follas de carballos, entre fentos
e flores, entre silencios e conversas... Na Pontarriza (de "ponte terriza"
=de táboas cubertas de terra, como nos explicou Bernardo) visitamos
o museo etnolóxico. Pero antes de entrar no pobo xa poidemos ver
ó aire libre unha leira sementada de botellas de plástico
penduradas no aire, unha das máximas expresións da idiosincrasia
imaxinaria da terra galega.
En todo momento Darío foi cerrando
a marcha, coidando de que ninguén se perdese, labor que fixo coa
súa acostumada eficacia.
Chegamos á Carballiño á
unha e media, con británica puntualidade, para saborear uns pinchos
ofrecidos polo Concello.
Fotos aquí.
-
05-06-2008: Foi España durante centos de anos.
Chegou internet e perdeu o "ñ" e pasou a ser Espana. Logo
chegou Secho e refundou o nome do país que agora se chama EsPaNa
(Escola de Pais e Nais). Un ano, dous anos, tres anos... catro anos... e
¡cinco anos!. Hoxe rematou, ¡esta vez no salón Veracruz
do emblemático Hotel Arenteiro!. Símbolo da modernidade do
Carballiño. E a modernidade ven tamén porque un grupo de pais
e nais se xunten para aprender cómo educar mellor ós seus
fillos. E que se vai formando unha piña de xente que quere facer
que o futuro sexa máis feliz para todos. Un profe e un motivo común.
Un grupo de xente. Unha idea que se vai estendendo coma un regueiro de pólvora.
Xuntémonos para que os nosos fillos se crien sanos, física
e mentalmente, afastados das drogas, do alcool e do aburrimento. Activos.
Alegres. Cheos de enerxía e de ilusión.
Foto.
-
25 de maio de 2008. No Parque do Carballiño: un
coche que choca contra unha árbore. Un rapáz de 23 anos morto.
E outro rapaz de 18 anos, o conductor, sen pernas. Duas vidas segadas. Duas
familias rotas. Unha desgracia. Moitas razóns para pensar.
-
23 de maio de 2008. No Barazal. Comida de despedida e
homenaxe a Dona Cristina Sueiro Morán, que foi secretaria do xuzgado
número 2 do Carballiño e que se acaba de ir para Pontevedra.
Xuices (Laura, Luis, Darío, Ricardo, Leonardo), secretarias (Raquel,
Lourdes, Loli e a propia Cristina), Fiscais (Carmen), avogados, procuradores,
garda civil, notario, rexistrador, persoal dos xuzgados... Non sei se se
me esquece alguén máis... Se así sucede prego disculpas.
Moitos amigos. Discursos, como o de Ricardo e o de Lourdes, que destacaron
acategoría de Cristina como profesional e como persoa. E outros como
o de Prada, parte en prosa e parte en verso, pero todo él cheo de
humor. Logo o discurso longos anos agardado de Luis Rúa, que nos
fixo rir, e que parecía o conto de nunca acabar... A oratoria de
Luis é das da época clásica, coñecida de todos.
Entre outras cousas recordounos que estamos na idade de ouro nos xuzgados
do Carballiño. E para remate as verbas emocionadas de Cristina, con
arrecendo de agrademento. Regalos. Alguna bágoa atada ó corazón
por un fío para que non se ceibase... Un día para recordar.
E Cristina, unha rapaza, tamén para non esquecer. Graciñas
por deixar un bo recordo e un regueiro de cousas ben feitas.
-
Domingo 18 de maio de 2008: Festa das mudacións
en Boborás. Danza branca. Catro parellas. Colorido. Música.
Procesión. Fermosura. Historia viva. Misa en Boborás. Procesión
ata Xuvencos. Misa solemne en Xuvencos. Televisión. Fotos. Moitas
cousas xuntas.
-
Venres, 16 de maio de 2008: 81 persoas, 5 adultos e 76
mozos recibiron a confirmación na parroquia de San Cibrao do Carballiño.
Celebración en galego, presidida polo Sr. Bispo de Ourense.
-
Domingo, 4-05-08. Un piano, unhas mans, un corazón,
un artista. Enrique Paisal, o pianista dos Tamara. Emocionounos, o domingo,
no Casino, ós contados privilexiados, que tivemo-la fortuna de disfrutar
do seu recital.
Ah... se as miñas mans fosen quén de recoller nestas letras
a música do mestre.
Imaxinade. Imaxinade un tango de Gardel envolto a ritmo de bolero. Imaxinade
clásicos do pop como Suavemente me mata con su canción ou
a banda sonora de Desayuno con Diamantes. Imaxinade o Galicia terra nosa
dos Tamara, convertido xa nun himno.
Din que ó ceo chegan os ditosos. Pois ditosos nós, contado
auditorio, a quen o mestre Enrique Paisal se entregou coa paixón
dos gloriosos tempos do Olimpia de París cos Tamara e coa xenerosidade
dos artistas e homes grandes.
Así se fai a historia, a nosa máis íntima historia,
con tres cuartos de hora de emoción, sentimento, sensibilidade.
Grazas, mestre Paisal. Saiba que somos xente de palabra e agradecida. Conxurámonos,
os do domingo no Casino, para que, ben pronto, moitos máis carballiñeses
ateiguen ese salón de actos que se volveu inmenso o domingo, e para
que os aplausos cheguen, multiplicados polo eco, ata a súa Palmeira
natal, aló en Ribeira, na ría de Arousa.
Imaxinade que aplaudan a quen saca do piano mesmo o son da gaita... Imaxinade
que ata unha bágoa furtiva, esvare por algunha meixela.
Así pasou o domingo, o día despois da Santa Cruz, véspera
de luns de resaca. Aquí, manda o fútbol.
O recital de Enrique Paisal pechou a programación da primeira das
tres fins de semana de maio que a Agrupaciòn Avantar enche co festival
Orcellón fála e canta. Abriuse, o venres, con outro canto
á sensibilidade. Paga a pena reler, ou descubrir, "Memorias
dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas. Como interesarnos por
saber quén foi Antonio García Varela. Buscade. Sorprenderavos.
(Pilar Abraldes)
-
-
Xoves, 24-04-2008: presentación en Vigo, no Corte
Inglés, do libro OS NOMES DO RIBEIRO, de Frutos Fernández.
Así nolo conta Pilar Abraldes: "Xoves, 24-0408, 20.00, Vigo,
Sala de Convencións de El Corte Inglés. Aforo abarrotado,
para sorpresa dos propios xestores do recinto. Presentan o libro “Nomes
do Ribeiro”, de Frutos Fernàndez. Acompañan ó
autor moitas xentes do Ribeiro en Vigo como o é, de Ventosela, o
académico Xesús Alonso Montero, que oficia de presentador.
Faino con oficio e con paixòn.Louba o libro “Nomes do Ribeiro”
e o traballo do seu autor. Recoméndao, para satisfacción de
Frutos Fernández, como un libro de letura, e non tan só de
consulta. E explica por qué: porque está documentado e porque
introduce elementos narrativos, con historias, nun casos, lendas, noutros,
recordos, moitas veces, e sentimentos, sempre.
Frutos Fernández agradécelle ó mestre o seu agarimo
e lé un texto de moito calado. Vai pasando follas, literarias, nas
que ten escritas vivencias, de cando neno, na sùa casa, en San Clodio.
Da nomes de persoas. Hai fillos na sala, que escoitan emocionados as mencións
ós pais. Da nomes, tamén, de autores das nosas letras que
fixeron dos viños do Ribeiro compañeiros fieis. O grande Álvaro
Cunqueiro. Enumera nomes de lugares do Vigo que comparten nomes con outros
do Ribeiro: Beade, A Costeira, A Ponte, Sanín, A Pena, A Oliveira...
e ata Ribadavia. ¡Cántas declaracións de amor á
terra!, coa nostalxia dun tempo que xa non volverá. Remata, o autor,
cunha reflexión que lle é recorrente e sempre igual de dolorosa.
A morte do Ribeiro, da que é testemuña a súa xeración.
O acto remata, entre aplausos e felicitacións, e por qué non,
o culto ó autor, que Frutos Fernàndez está saboreando.
Asina, feliz, un bo número de exemplares de “Nomes do Ribeiro”.
Coñece moitos dos que levan entre as mans o seu libro. Descobre outros.
Avelino Muleiro, presidente do Instituto de Estudios Carballiñeses,
obra milagres".
-
No Carballiño, "Xornadas sobre a globalización",
do 16 ó 19 de abril de 2008. Entre outros moitos actos, cabe destacar
unha conferencia de Carlos Taibo: "unha mirada crítica á
globalización", na CASA DA CULTURA, o Xoves 17, ás 20:30.
E tamén a exposición de Sebastiao Salgado, "OS SEN TERRA",
no IES Chamoso Lamas, do 10 ó 19 de abril.
-
18 de abril de 2008: No Barazal, comida de despedida
ó Xuíz DON LUIS DOVAL PÉREZ. Autoridades. Xuíces.
Secretarias. Fiscais. Avogados. Procuradores. Funcionarios. Moita xente.
Moitos amigos. Porque Don Luis foi un xuíz querido no Carballiño.
Un home galego, da terra, que entendía o que era unha aira, un resío,
un paso... Un xuíz, según contan, con moito sentido común.
Esta crónica da súa despedida
queda un pouco curta e breve pola sinxela razón de que o que esto
escribe non puido estar na comida por mor da gripe. E ben que o sentín.
Graciñas, Don Luis, polo bo recordo que deixa no Carballiño.
-
14-04-2008, luns: O IES MANUEL CHAMOSO LAMAS de O Carballiño,
organizou catro sesións teatrais en inglés no Auditorio Multifuncional
do Carballiño.
Empezouse coa obra "Ronny and Julie",
que se representou dúas veces, unha para os alumnos de 1º e
2º de ESO e outra para os alumnos de 3º e 4º de ESO, adaptando
a interpretación ó nivel de coñecemento de inglés
que tiñan os alumnos asistentes en cada caso. Esta obra estaba financiada
pola CAIXANOVA.
Logo seguiu a obra "MULAN", para
os alumnos de Primaria, financiada pola CAIXA.
E rematouse pola tarde coa obra "CLEVER
CUPID", financiada pola CAIXAGALICIA, para os alumnos de bacharelato,
Ciclos, adultos e Escola de Idiomas.
Asistiron alumnos dos dous institutos da
Vila do Carballiño, da Escola de Idiomas, dos colexios Calvo Sotelo,
Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, dos CPI de Maside, Cea, Beariz
e Irixo. En total máis de mil trescentos alumnos, cos seus correspondentes
profesores.
Os actores divertíronse un montón,
e os alumnos asistentes tamén. Non soaron os móbiles, pero
si as risas e os aplausos, sobre todo cando os actores fixeron participar
a algúns dos integrantes do público asistente. Non cabe dúbida
de que os que máis gustaban de participar eran os alumnos de primaria.
Todas as obras foron representadas polo grupo
Clever Pants. Grazas á financiación concedida polas entidades
bancarias antes mencionadas a asistencia foi totalmente gratuíta
para os alumnos, e os institutos e colexios so tiveron que pagar os autobuses
empregados para os desprazamentos. A organización por parte do Instituto
Manuel Chamoso Lamas foi un éxito e a resposta dos restantes centros
foi magnífica. Todo o mundo quedou moi contento, e os alumnos expresaron
o seu agradecemento e o seu desexo de que o ano que ven isto se volva a
repetir...
-
21-03.08. Procesión de Venres Santo no Carballiño.
San Benito. O inverno na primavera.
Hai días felices. Foi así,
para un sanador de almas e un sanador de corpos, o vintéun de marzo
do ano en curso, San Benito, o inverno na primavera.
Unha procesión, como non lembran os
máis vellos do lugar, acompañou os pasos coas imaxes da Dolorosa
e do Cristo Xacente. Unha marea humana, con homes, mulleres, nenos, participou
na comitiva, que saiu e chegou ó templo da Veracruz, tras percorre-las
rúas do centro da vila.
Por primeira vez nesta parroquia, incorporouse
unha confraría, a recentemente creada Confraría da Veracruz.
Algo mais de trinta feligreses, enfundados en túnicas e capuchóns,
déronlle luz, coa luz da súas velas, á fría
e escura noite carballiñesa. Alumearon tamén espíritus,
gozosos ante unha manifestación silenciosa e respectuosa dunha fe,
que non precisa de ruidos.
A José Benito Sieiro, párroco
do Carballiño, e Rafael Melero, presidente da Confraría da
Veracruz. Sanadores de persoas, os dous, inmensamente felices, os dous,
o Venres Santo.
(Pilar Abraldes)
-
18-03-08. Funeral por Aurelio, o fotógrafo, na
Veracruz. Colleunos por sorpresa a moitos. Sabíamos da sùa
delicada saùde, pero non contabamos coa morte, da que nos enteramos,
cáseque todos, pola esquela publicada no xornal La Región.
Foi, Aurelio, un ourensán que se fixo
carballiñés por amor, o gran fotógrafo da crónica
social da nosa vila. Nuns tempos, éstes, nos que a chamada prensa
rosa ou do corazón carece de sentido, Aurelio inmortalizou, coa súa
cámara, a vida social de varias décadas e xeneracións
de familias do Carballiño. Vodas, bautizos, comunións, homenaxes,
festas, a da Mimosa tamén, están nos negativos tirados por
Aurelio, un home que, coa mistura de arte e bondade, retratou, sempre, a
alegría dos seus veciños.
Malia a súa pena.
Porque Aurelio nunca se recuperou da repentina
morte do seu fillo, Aurelio, un brillante estudante de Medicina, nun accidente
de tráfico, camiño da casa. Nunha noite de verán, polas
terras de Lalín, quedaron enterrados para sempre moitos dos soños
de Aurelio, e de Choncha, a súa muller, e de Marián, a filla
e irmá, unha adolescente, daquela, que de súpeto e violentamente
se fixo adulta.
Imaxes e recordos, apresurados, sucedéronse
durante o funeral por Aurelio, nunha mirada atrás no tempo sen cronoloxía
definida... Faltaban moitos na Veracruz. Por fortuna para eles, Aurelio,
segue nas súas casas. Nas súas paredes, nas súas mesas,
nos seus álbunes, están os sorrisos asinados por Aurelio.
Na miña casa tamén. A miña
voda foi unha das últimas que fixo Aurelio. Antes, fixo a miña
Primeira Comunión, e as das miñas irmás, e os retratos
de familia. Retratos que están polo Carballiño, por Santiago,
por Logroño, por Madrid, por Venezuela e hainos, incluso, que fixeron
a viaxe de ida e volta de Alemaña.
Descanse en paz, Aurelio. (Pilar
Abraldes)
-
Sagra. 17 de marzo de 2008. Seis da tarde. Xente. Moita
sente. Silencio.
Para de chover. O sol mira por entre as néboas.
Chega o coche da funeraria. José Manuel Soto Quesada. 21 anos. Fillo.
Hirmau. Sobriño. Primo. Amigo. Unha familia moi grande e querida.
Xogador de fútbol do Arenteiro B. Estudiante de Ciencias da Información.
E moitas cousas mais. O cadaleito entra na igrexa. O sol da tarde acaricia
con dozura as nosas penas. O crego empeza a misa. Palabra de esperanza.
Igrexa chea. Xente no adro e na carretera. Todos unidos nun mismo silencio.
O sol vaise escondendo. Escóitanse
os paxaros. Hai moitos mozos e mozas. Naide chora. Non hai sorrisos. Soio
miradas caladas e rezos. Silencio.
Nas alas rotas da tarde latexa e voa a eterna
pregunta sin resposta. ¿Por qué? Ente rezo e rezo, amasada
de tristura e de esperanza, escóitase, calada, terca e fonda, a voz
elocuente do silencio.
-
06-03-2008: Xa se poden ver en Ourense, no Hospital e
na residencia, as exposición fotográficas de dous membros
da asociación fotográfica carballiñesa POTIÑOS:
"A cor viaauria" , de Juan Rúa, exposta na sala de espera
de Dixestivo do Hospital Santa María Nai (planta principal); e "Sensacións
viaauria", de Luisa Lorenzo na sala de espera de Oftalmoloxía
do Hospital Materno Infantil (planta principal).
-
06-03-2008: Resolución do concurso de fotografía
do entroido convocado polo Concello de O Carballiño: 1º premio
para Maricarmen Izquierdo. 2º premio para Juan Rúa. 3º
premio para Luisa Lorenzo.
-
05-02-2008: Desfile de carnaval do Carballiño.
Primeiro premio para a comparsa de San Amaro... e segundo premio para a
comparsa TOLOS POLO ENTROIDO.
-
03-02-2008: A bisbarra do Carballiño impón
a súa lei no desfile do carnaval de Ourense: A comparsa dos de SAN
AMARO levou o primeiro premio de animación, o premio á comparsa
máis numerosa e o primeiro premio absoluto. E a comparsa TOLOS POLO
ENTROIDO (do Carballiño) recibiu o premio ó mellor diseño
e o segundo premio absoluto.
-
28-01-2008: Morreu don Juan Corral Pajariño.
Pili Abraldes lémbrao así:
"Foise don Juan. Morreu Juan Corral Pajariño,
home sabio e boa persoa, que procurou o mellor para xeracións de
carballiñeses cun maxisterio inspirado nos clásicos de Grecia
e Roma ós que tanto amou. Grego, latín, castelán, francés...,
foi sabio en tódalas linguas, tamén no galego, nun tempos
nos que as nosas letras non se estudaban na escola, pero falaban os fillos
da terra, como don Juan. Física, Química, Matemáticas...
Ningunha ciencia escapaba a súa curiosidade. A traducción
dun texto, dicianos, era como un problema.
Sabémolo ben, quen pasamos, e nunca
mellor dito, polas súas mans. Milleiros de nenos e nenas da comarca
enteira que medraron e se fixeron homes e mulleres baixo a sombra protectora
de don Juan. O seu colexio -Isabel la Católica- o Corral para todos,
foi a súa casa e a casa na que nos acolleu a todos, ¡cántos
fillos da emigración!.
Agora, na despedida, somos moitos os que
nos sentimos orfos do mestre que, nin don Juan nin nós sabiamos,
ata qué punto marcou as nosas vidas. O pracer de aprender, o pracer
do traballo ben feito, o pracer do esforzo, o pracer da cultura, o pracer
da conversa... o pracer de sentírmonos persoas.
Ten este O Carballiño virtudes. Ten
tamén defectos. Témolos os carballiñeses. Non somos
dados ó afecto en vida. A rúa Juan Corral Pajariño
é unha anécdota. Don Juan foise facendo vello diante de nós.
O seu andar firme perdeu brío; o seu verbo un día fluido e
a súa potente voz quebráronse paseniño; deixámolo
de ver polo Casino, pola Calle Principal, pola Veracruz. Sen ruido, apagouse.
Apagouse, como antes o fixeron outros compañeiros,
ós que hoxe recordamos, como unha xeración de mestres xa desaparecida.
MESTRES, así, en maiúscula, que fixeron do seu traballo unha
vocación, que conseguiron que os nenos e nenas que pasabamos polas
sùas aulas soubésemos ler, escribir, sumar, restar, multiplicar,
dividir, os verbos, os ríos, as cordilleiras, os cabos, os golfos
da Península Ibérica, os reis visigodos, as capitais do mundo...
Doña Denza, doña Isabel, don Manuel Doval, don Eduardo Cela,
mestres do grupo escolar. O seu director, don Amador, e a súa muller,
doña Nievitas, que nos chamaban a todos polo nome e sabían
de quen eramos fillos. Con don Juan, en fin, acabouse esa estirpe de mestres,
que impartían o seu maxisterio dentro e fóra da escola, sen
pedir nada a cambio.
En torno a don Juan, xuntámonos hoxe
moitos dos seus discípulos. Ogallá a súa memoria, e
a dos outros mestres, siga viva entre nós, fillos da súa devoción
polo ensino.
Don Juan Corral Pajariño naceu en
Dacón. Morreu onte, vinteoito de xaneiro, día de Santo Tomás
de Aquino. Non é casualidade.Tiña noventa e sete anos. Chegoulle
o ben merecido, e sei que feliz, descanso" (Pilar, 29-01-2008).
-
07-01-2008: A exposición fotográfica
"Galicias"
(de Juan Rúa) pódese ver dende hoxe ata o día 30 deste
mes na Casa do Concello de Carballiño. Anteriormente estivo no Centro
de Saúde da Teixeira (dende o 1 ata o 30 de novembro de 2007) e no
centro de Saúde de Parada de Sil (dende o 1 de decembro de 2007 ata
o 2 de xaneiro de 2008). Está previsto que tamén se expoña
este ano 2008 nos locais das seguintes Fundacións Comarcais: Deza:
Do 1 ao 15 de febreiro; O Salnés: Do 16 ao 30 de abril; Terras de
Trives: Do 2 ao 16 de xuño; A Ulloa: Do 1 ao 15 agosto; Bergantiños:
Do 15 ao 30 de novembro; A Paradanta: Do 1 ao 15 de decembro; A Mariña
Occidental: Do 17 ao 31 de decembro. E tamén no centro comercial
Pontiñas, de Lalín, do 18 de febreiro ó 30 de marzo.
E no concello de Leiro, do 1 ó 15 de Maio. Como é lóxico,
tamén se pode ver en internet, nesta
web.
-
28-12-2007: Frutos Fernández González presentou
na Casa da Cultura do Carballiño o seu libro NOMES DO RIBEIRO. Eu
nunca vira o salón de actos da Casa da Cultura tan ateigado de xente.
E, trala erudita presentación de Avelino Muleiro, Frutos sorprendeunos
a case todos cun discurso emotivo e cálido... que tivo ó público
calado e pendente del coma se dunha novela de suspense se tratara. Foi unha
agradable sorpresa. E dende logo, a presentación do libro resultou
ser un éxito rotundo. Parabéns ó autor. E desexar un
longo éxito para o libro.
Entre as cousas que o autor conta do libro
figura esto que transcribo: “Nomes do Ribeiro” é unha
viaxe pola toponimia maior do Ribeiro e a súa contorna. Nos douscentos
noventa e tres artigos que contén o libro analízanse máis
de mil nomes de lugar, tratando de atopar o significado de cada un e de
enmarcar ese significado dentro da súa realidade xeográfica,
histórica ou cultural. O libro é tamén unha invitación
a que o lector descubra os grandes tesouros que se atopan agachados nos
nosos nomes de lugar. Uns tesouros que, sen dúbida, enriquecerán
a todos aqueles que estean interesados na historia e na cultura destas terras.
Como apunta Avelino Muleiro no prólogo: “..Neste libro, Frutos
aposta por liberar todos os recunchos do Ribeiro da orfandade de soidade
en que se atopan, enchéndoos dese aroma que produce nas cousas unha
significación ideal...”.
-
21-12-2007: No colexio do Sagrado Corazón fixeron
hoxe pola tarde un belén viviente... que daba gloria velo. Decoración
e personaxes. Portal. Reis Magos. Lavandeiras. Deserto. Oasis. Pozo de auga.
Cando levabas alí un pouco dábache a impresión de estar
realmente en Oriente. ¡Noraboa á AMPA, que foi quén
o organizou!. ¡Noraboa ó director do colexio, Alfonso, que
actuaba de San Xosé!. E noraboa a todos os que colaboraron no evento.
¡Chapó!..
-
20-12-2007: Comida xudicial de nadal. Na Carballeira
da Santa Cruz. ¡Canto rimos!. Respírase ben, moi ben, no mundo
xudicial do Carballiño. Así da gusto. E paréceme que
cando os funcionarios e os profesionales se levan ben... o traballo faise
mellor e mais agusto... e todo iso redunda en beneficio dos que pola razón
que sexa acoden á xusticia. Ó final é un ben para o
conxunto da sociedade do Partido Xudicial.
-
23-11-2007: No Barazal tivo lugar a comida de despedida
de Dona Laura Guede Gallego, Ilustrísima Xuíz do Xulgado número
dous dos do Carballiño. Alí estaban, ademais da homenaxeada
e do seu marido, moitos amigos: Xuíces, Secretarias de Xulgado, membros
do Ministerio Fiscal, o Subdelegado do Goberno, a cabeza visible da Garda
Civil no Carballiño, avogados, procuradores, persoal do xulgado,
e incluso un notario. E seguro que aínda se me esquece alguén.
Aparte da comida, que foi moi boa, como non podía ser doutro xeito
tratándose do Barazal, houbo tamén discursos. A secretaria
Dona Cristina dixo unha palabras breves, pero intensas, cargadas de emoción,
que fixeron bailar as bágoas. O xuíz Don Luis pronunciou tamén
un discurso, como compañeiro e como amigo, mencionando algunhas das
grandes virtudes persoais e profesionais de Dona Laura, e pondo de manifesto
a boa química que hai dende fai anos nos xulgados Carballiñeses.
O avogado Don Manuel Souto Cacabelos pronunciou un discurso breve pero moi
atinado, dedicándolle á homenaxeada palabras de eloxio e agradecemento.
O actor, e procurador, Xosé Prada, amenizou a festa cunha representación
realmente divertida, cargada de humor, que nos fixo rir a cachón.
Dona Laura contestou, emocionada e feliz, dando as grazas a todos, con palabras
nas que se podía apreciar a súa gran fondura humana. Finalmente,
e xa fora de prazo, o avogado Don Perfecto Luis Rúa, pronunciou un
discurso complexo, amasando risas con verdades, botándolle tamén
abundante auga de elocuencia e unha “pizca” de sal de retranca.
O "pan" que de alí resultou convenceunos a todos. Nesta
vez, o amigo Luis, obtivo para si mesmo unha sentenza totalmente favorable.
Foi unha tarde moi fermosa. Como se merecía
unha gran persoa como é Dona Laura, á que todos lle desexamos
moita sorte, e lle pedimos que siga sendo como é. Moitas grazas por
todo e moita sorte, tanto na vida persoal coma na profesional.
-
24-07-2007: Ás dez da noite morre en Ourense José
Rúa Basalo. Un home bó. Natural de Camba. Pai de cinco fillos,
un dos cales é notario no Carballiño... Cando morreu tiña
90 anos. Nas súas mans levaba unha longa vida de traballo e sacrificio.
Labrego de profesión. Quedou viuvo cando o seu fillo máis
vello tiña once anos e o máis novo menos dun mes. Coa axuda
da familia sacou adiante os seus cinco fillos. Foi un home de paz, honrado,
traballador, relixioso, amante da verdade... Despois de moitos anos de esforzo,
Deus premiono permitindo que durante os derradeiros anos da súa vida
poidera gozar vendo como os seus fillos e netos se xuntaban ó seu
redor formando unha familia unida e feliz. .
- 13-07-2007: Concierto de Carlinhos Brown en Carballiño. No Campo
de Futbol. Moita xente. E moi bo ambiente. Carlinhos conecta totalmente cun
público que se lle entrega. Todos estes días hai un aire de
festa en Carballiño. As terrazas están ateigadas de xente. E
moitos comentan: "esto parece o Septiembre"... facendo alusión
a que parece coma se estiveramos nas festas do Setembro que cada ano enchen
o Carballiño de xente.
-
09-07-2007: Empeza o VII CURSO DE TERMALISMO, organizado
pola Universidade de Vigo e o Instituto de Estudios Carballiñeses.
A inauguración ten lugar no Centro Comarcal do Carballiño.
Asisten 50 alumnos. O curso segue durante os días 9 (Carballiño
e Mondaríz), 10 (Balneario de Lobios), 11 (Balneario de Guitiriz)
e 12 (Talaso Atlántico). Igual que en anos anteriores o éxito
é total: Todos os asistentes rematan encantados.
-
27-05-2007.- Eleccións Municipais. No Carballiño
os resultados foron: 8 PSdeG-PSOE, 5 PP, 4 BNG. O PSOE gaña, pero
non acada a maioría absoluta. O BNG, con Amil, consegue un bos resultados.
O PP mantén os seus 5 concelleiros. Parece que gobernará o
PSOE en minoría...
-
31-03-2007: O poeta de Barbantes, Manuel Vilanova, gaña
o PREMIO NACIONAL DA CRÍTICA de poesía en língua galega
co seu libro A ESMERALDA BRANCA.
-
09-3-2007: inaugurouse a exposición permanente
de fotografías de Potiños no local cedido por D. José
Ignacio Fontaiñas, no baixo do edificio número 15 da Alameda
do Carballiño...
-
06-03-2007, martes: O IES MANUEL CHAMOSO LAMAS, de O
Carballiño, organizou cuatro sesiones teatrales en inglés
no Auditorio Multifuncional de Carballiño. Tratouse das obras de
teatro“School is Back” (que se representou tres veces, unha
para Bacharelato, financiada pola CAIXANOVA, e outras duas sesións
para PRIMEIRO CICLO e SEGUNDO CICLO DA ESO, ambas financiadas pola CAIXAGALICIA)
e "Midnight Madness", para Educación Primaria, financiada
por "LA CAIXA". Todas as obras foron representadas polo grupo
Clever Pants. A elas foron invitados os alumnos de todos os centros de ensino
existentes na Vila e tamén os de Cea e Maside. A asistencia foi masiva,
dado que foron presenciadas por mais de mil cincocentos rapaces. A organización
foi todo un éxito e a resposta dos restantes centros foi magnífica.
Todo o mundo quedou moi contento, e os alumnos expresaron o seu agradecemento
e o seu deseo de que o ano que ven esto se volva a repetir...
-
14-01-2007: Na misa de 11:15 deuse a coñecer o
resultado do concurso de Beléns da parroquia do Carballiño
. O primeiro premio foi para o nacemento feito por María Rúa
e Carmen Rúa.
-
07-12-2006: Inauguración do Hotel Arenteiro. Un
símbolo importante na Vila do Carballiño. Alí estaban
Manolo e Rosa. Estaba tamén Celso Carballal. Había moita xente
da política: como o Conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vazquez,
o Alcalde do Carballiño e varios concelleiros, o Delegado da Consellería
de Medio Ambiente en Ourense, o Gobernador Civil de Ourense... e moitos
máis. Estaba Juan Valcarcel, o pintor que adornaba a sala con unha
exposición de cadros. Estaba José Luis Cuerda, amable e amizoso,
coma sempre, enchendo o acto coa sua pacífica presencia. E moitos
destacados empresarios e veciños do Carballiño. Don Xosé
Benito bendeciu o Inmoble, rezando en galego. Logo chegou a hora de comer
e beber nunha carpa instalada na Alameda. Por suposto que non faltou o "pulpo".
Un día moi importante para a Vila do Carballiño, que hoxe
é, dende logo, moito máis cidade que onte. Creo que o Hotel
Arenteiro é un fermoso símbolo que da servicio e prestixio
a esta fermosa Vila.
-
02-12-2006: Rematou no concello de O Carballiño
o curso de fotografía impartido por HECTOR GUZMAN. Con entrega de
diplomas, regalo ó maestro... e momentos de emoción. "Gracias,
Guzmán, por ser profe, maestro e amigo. Gracias por ser punto de
encontro. Gracias por ser fonte de creatividade, de soños e de ledicia.
Gracias por ser en cada momento semente de novos camiños...".
Hoxe pola tarde haaberá tamén unha conferencia sobre o tema
da composción fotográfica impartida polo maestro H. Guzmán.
E logo cea.
-
01-12-2006: Antonio, tenente da Garda Civil, organizou
un xantar no lecer, onde se mexturaton xuices, secretarios, fiscais, conselleiros,
alcaldes, notarios, comisarios, músicos, empresarios, obreiros, parados,
xubilados... nun clima de total harmonía... Foi un exemplo de democracia...
-
14-10-2006: Ya se sabe el resultado del concurso de fotografía
de la fiesta del pulpo (o del polbo). Primer premio para MANUEL BLANCO GUERRA.
Segundo premio para MILA FERNANDEZ SILVA. Y tercer premio para JOSE LUIS
DIZ. Las fotos son estupendas. Enhorabuena a los premiados.
-
12-10-2006: Día del Pilar. Patrona de Correos
y de la Guardia Civil. Misa solemne, en gallego. La Veracruz abarrotada.
Y luego pincho-comida con casi todo el pueblo invitado. Este año
en el Isis Faria. Un día soleado y precioso. Y quizás se deba
destacar que este año hubo masiva asistencia de autoridades judiciales:
jueces, secretarias... e incluso un juez y una secretaria que estuvieron
en Carballiño pero que ahora ya no están aquí, sino
en Lugo y en Ourense. Una gran familia. Da gusto ver el buen ambiente que
hay.
-
17-09-2006: Hoxe celébrase no Carballiño
a FESTA de SAN CIBRÁN. O día propio de San Cibrán é
o 16 de setembro, pero a petición dos comerciantes, para que a festa
non coincida coa feira, por iso se celebra a festa o día 17 en lugar
do 16. Houbo procesión, e logo misa solemne, en galego, coa Veracruz
ateigada de xente, con asistencia do Sr. Alcalde e de outras autoridades.
A celebración da misa presidiuna DON SEREFÍN MARQUES GIL,
un crego que fai ó redor de 30 anos foi profesor deste que agora
está escribindo... e coas súas ensinanzas despertou en min
(e supoño que en moitos outros) o amor á lectura e á
escritura. Probablemente se non fora por aquelas lonxanas ensinanzas de
Don Serafín... esta web non existiría, ou, polo menos, non
sería así.
E a todo isto... ¿vos sabedes quén
foi San Cibrán?. Foi bispo e martir. En África. No século
III. Naceu en Cartago, no ano 200. Convertiuse ó cristianismo. E
foi ordenado crego. E despois proclamando bispo de Cartago, no ano 248.
No ano 257 o emperador Valeriano puxo en marcha una forte persecución
contra os cristiáns... e o bispo Cipriano negouse a adorar ós
deuses pagáns, polo cal foi condenado a morte, e cortáronlle
a cabeza cunha espada. Deste xeito sufriu, como outros moitos naqueles tempos,
o martirio. Foi o Bispo e o Santo máis importante de Africa ata que
apareceu San Agustín.
-
16-09-2006: conmemoración do 40 aniversario da
fundación da empresa carballiñesa CONSTRUCCIONES JOENFE, SL.
Misa na Veracruz. E logo xantar no restaurante O POTE. Asistiron ó
redor de 200 persoas. Despois da comida chegaron os discursos, algúns
moi emocionantes. É moi bonito ver xunta á familia de Joenfe,
compartindo mesa, lembranzas e proxectos. A historia do Carballiño
moderno non se debe escribir sen falar desta empresa que deu traballo a
moita xente e que lle deu un fogar a moita outra. Por certo, o nome JOENFE....
está formado polas iniciais dos tres hirmaus fundadores da empresa:
José, Enrique, e Felisindo. Contan que un doce de setembro do ano
1966 os tres himaus decidiron poñer en marcha a empresa, e que o
16 de agosto de 1967 asinaron formalmente a escritura de constitución
desta sociedade. ¡Xa choveu!. ¡E xa fixo sol!. Noraboa a JOENFE.
E que cumpla moitos máis, facendo casas e dando vida e traballo.
-
12-08-2006: presentación do número 12 da
revista Ágora do Orcellón. É lóxico que o número
12 se presente un día 12 dun ano no que 2*6=12. Doce foron os apóstolos.
Doce os meses do ano. Doce...
-
08-08-2006: morreu a viuda de POTIÑOS.
-
Segunda semana de agosto. Arde Galicia. Lume e fume por
todas partes. Asesinato da natureza, da vida, da economía, da xente...
Un crimen. Bágoas. ¿Hai duas galicias: a dos que prantan lume
e a dos que o apagan?. ¿Duas galicias en loita?. Xa vai sendo hora
de que gañe a boa. ¿Quén está detras do lume?.
Parece que naide o sabe... pero creo que Séneca sí que o averiguaría.
Lembremos a súa frase: "Autor
del delito es aquel al cual aprovecha" (SENECA)
-
Primeira semana de agosto de 2006. Xociviga. Carballiño
convírtese pro uns días na terra do cine. Proxéctanse
un montón de películas. E entre elas está LA EDUCACIÓN
DE LAS HADAS, do director amigo destas terras Don JOSÉ LUIS CUERDA.
-
07-07-2006: Está previsto que TIRULEQUE, Grupo
de Teatro, estree ROMA ¡UNHA TOLERÍA! ás 22'30 horas
no Auditorio do Carballiño.
-
30 de xuño de 2006: No balneario de Laias tivo
lugar a comida de despedida de D.ª Raquel Blanco Pérez, que
foi secretaria do xugado número 1 do Carballiño e que agora
se vai para Ourense. Os dous xuices do Carballiño, a secretaria do
xuzgado número 2, o xuíz e mais a secretaria do xuzgado de
Ribadavia, a fiscal, o persoal dos dous xuzgados, moitos abogados e procuradores,
o rexistrador da propiedade, un dos notarios do Carballiño, guardia
civil, policía local, o titor de Raquel... E seguro que algúns
mais que neste momento non me veñen á memoria. Eran máis
de cincuenta as persoas que estiveron presentes homenaxeando a Doña
Raquel. Houbo discursos: de Don Manuel Souto Cacabelos, de Xosé Prada,
de Luis Doval, da mesma Raquel. Houbo regalos, emoción e incluso
bágoas. A verdade é que Raquel é unha persoa estupenda
e por iso é moi querida en todolos sectores xurídicos do Carballiño.
E, ademáis dos que estaban alí, hai outra moita xente anónima
que no fondo do seu corazón homenaxeou en silencio a unha persoa
que sempre repartiu comprensión, humanidade e cariño, non
soio para os coñecidos, senón tamén para a xente que
por unha razón ou por outra acudía ó xuzgado. Raquél
estaba sempre en actitude de axudar á xente, e ademáis facíao
cun permanente sorriso que enchía de paz o corazón de calquera
persoa que se topaba diante dela. Cónstame que axudou a moita xente
humilde (labregos, inmigrantes...), incluso en asuntos que non lle incumbían
directamente a ela e dos que se houbera podido excusar fácilmente.
Había veces que incluso facía ben sen darse conta. Raquel
é unha gran persoa, na que se da unha perfecta combinación
de profesionalidade, eficacia, humanidade, humildade e ledicia; unha boa
forma de construir XUSTICIA, unha xusticia humana. Quizáis o que
máis me gustou de todo o que se dixo na comida foi esta frase: "Raquel,
soio che pedimos que non cambies".
-
18-05-2006: 20 horas, na casa da cultura do Carballiño,
presentación do libro e do DVD "Carrilanos. Os túneles
dun tempo", de Rafael Cid. Proxección do estupendo documental
que nos fala da construcción do ferrocarril de Puebla de Sanabría
a O Carballliño, e especialmente da construcción dos túneles
do Padornelo e do Corno, e da problemática humana e social que levaron
consigo: homes mortos pola silicose, viuvas, orfos...
-
04-05-2006: Tivo lugar a clausura da IIIª ESCOLA
DE PAIS E NAIS, Programa Protego, con un acto solemne no que estiveron presentes
o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, a Concelleira de
Servicios Socias, Elisa Dominguez, o Director do Colexio Sagrado
Corazón, Alfonso Bernardez, e do director do curso, José
Manuel Fariñas (Secho). A escola, organizada polo Concello do
Carballiño, desenrolouse ó longo deste curso, durante sete
sesións. Dirixiuna maxistralmente o incansable Secho. E a ela asistiron
máis de cincuenta nais e pais. A súa finalidade foi a de ensinar
ós pais habilidades para educar e formar ós seus fillos, indicando
pautas para mellorar a conducta dos rapaces, comunicarse con eles, mellorar
as relacións familiares, establecer límites e normas de comportamento
e sancións en caso de incumplimento dos mesmos, resolver problemas
cando se presentan... Tamén se incidiu na posición familiar
ante o tabaco, o alcohol e as outras drogas. O Colexio Sagrado Corazón
prestou de balde as súas instalacións para que esta escola
se poidese desenvolver. O acto de clausura foi ledo e emotivo. Carlos, Elisa
e Alfonso, tras pronunciar unhas breves e acertadas palabras, levaron a
cabo a entrega dos diplomas a tódolos asistentes.
-
27-04-2006, xoves: O IES MANUEL CHAMOSO LAMAS, de O Carballiño,
organizou duas obras teatrales en inglés no Auditorio Multifuncional
de Carballiño. Tratouse das obras de teatro“Teenage Kicks”
e "Happy Ending", do grupo Clever Pants. A elas foron invitados
os alumnos de todos os centros de ensino existentes na Vila e tamén
os de Cea e Maside. A asistencia foi masiva, dado que foron presenciadas
por mais de oitocentos rapaces. A organización foi todo un éxito
e a resposta dos restantes centros foi magnífica. A financiación
puxérona as entidades CAIXANOVA e CAIXAGALICIA. Todo o mundo quedou
moi contento, e os alumnos expresaron o seu agradecemento e o seu deseo
de que o ano que ven esto se volva a repetir..
-
07-04-2006: A Asociación Alvaro das Casas presenta
na Casa da Cultura do Carballiño o libro : "CONVERSAS NO RIBEIRO-ENCONTROS
COA TRADICIÓN-O VIÑO", que vai acompañado dun
CD no que se recollen as voces de xente maior que fala de cómo era
o cultivo e a cultura do viño fai cerca de cen anos.
-
07-04-2006: Nos días 7, 8 e 9 de abril o Centro
de Estudos “Chamoso Lamas”, en colaboración coa Universidade
de Vigo, organiza no Carballiño un congreso sobre o tema: "O
Home e o medio: A Educación como salvagarda do Ecosistema".
-
01-03-2006: Silandeiramente, sen ruído, tomou
posesión o novo rexistrador da propiedade do Carballiño, Don
Antonio Alcántara.
-
28-02-2006: a comparsa de PAQUITO CHOCOLATERO participou
no desfile do carnaval no Carballiño, acadando a segundo premio.
Animada polo calor e o aplauso apaixoado dun público emocionado.
O paso pola rúa principal ateigada de xente foi apoteósico.
O primeiro premio foi para a compasa MUSICAL OS AZUCARADOS, de Maside; e
o terceiro para OS VIQUINGOS, de San Amaro. Houbo moitos máis premios.
Pero o mellor premio de todos foi a satisfacción de haber disfrutado
moito durante o desfile. Día frio, pero soleado.
-
26-02-2006: PAQUITO CHOCOLATERO, a comparsa dos amgos
do Titanic, participou no desfile do carnaval de Ourense, e gañou
o PREMIO DE ANIMACIÓN e tamén o PRIMEIRO PREMIO ABSOLUTO para
comparsas de máis de dez compoñentes. Desfilaron na comparsa
49 persoas. O éxito foi total. Día moi frío, pero sen
choiva.
-
29-01-2006: Na pastelería Royal está exposta
no escaparate unha fermosa reproducción "en chocolate"
da torre da igrexa da Veracruz feita polo maestro chocolatero DON JOSE MANUEL
DE LA IGLESIA BARROS. Esta doce obra arquitectónica mide 1,68 m de
alto e 0,70 m de ancho. Na súa elaboración empregáronse
50 horas de traballo e 74 kilos de chocolate.
Ver
foto
-
29-01-2006: Dia fresco e soleado. A partir de Seoane
xa se empezaba a ver neve. Cea estaba todo cuberto de branco. E tamén
eran brancos outros moitos pobos, como por exemplo Lousado. Indo de cara
Santiago todo se vía branco dende Cea ata máis alá
de Lalín. Pero a parte mais fermosa era a de Castro de Dozón,
onde tamén eran brancas as ramas das árbores. Un fermoso día
de sol para ver paisaxes nevados.
-
28-01-2006: Hoxe pola mañán, nevou mansamento
no Carballiño. Durante mais dunha hora estiveron caindo grandes folerpas
de neve. E chegou a cuallar a neve nos lousados. Pero logo a neve foise
e a Vila quedou da cor de sempre.
-
02-01-2006: Hoxe tamén me contaron que dende fai
un tempo se está tentando espabilar unha asociación que levaba
un certo tempo adormecida: Trátase da Agrupación Cultural
Avantar. Unha agrupación que, según contan, tivo unha grande
actividade en tempos pasados, nos tempos aqueles nos que o poeta MANUEL
MARIA andaba polo Carballiño.
-
02-01-2006: O ano novo empeza sen grandes novedades.
Cicais que o que máis chama a atención é a gran variedade
de carteles que hai nas portas dos bares falando do tabaco. Dan ganas de
facer un concurso para premiar ó mais orixinal. Tamén poderiamos
facer unha estadística. Creo que a gran maioría dos bares
pequenos están "reservados para fumadores". E parece que
os restaurantes e cafeterías, mentras non fan as obras para separar
as zonas de fumadores e non fumadores, acóllense á opción
de espacio libre de fume. Tamén hai quen acordou facer unha votación
para que os clientes decidisen se querían que o establecemento fose
de fumadores ou de non fumadores. Así fixo, por exemplo, a confitería-panadería-cafetería
ROYAL. Aquí gañaron os non fumadores. E Estrella, a dona,
saíu falando pola tele, nada menos que na primeira cadena. Esto é
poderío e o demáis son contos.
-
23-12-2005: Xa están rematadas as beirarrúas
da Avenida de Julio Rodríguez Soto.
-
22-12-2005: Comida xudicial de Nadal. No fermoso Pazo
de San Damián (concello de Amoeiro). Trinta e unha persoas. Xuíces,
segredarios, persoal dos xulgados, avogados, procuradores, notario... E
non sei se me queda algún esquecido. Tarde soleada e fermosa. Un
bó cocido. Ambiente moi agradable. Cordialidade. E moita risa. Por
ausencia de Don Manuel Souto Cacabelos, pronunció o discurso de rigor
o avogado Don Perfecto Luis Rúa Rodríguez. Discurso breve
pero "enjundioso", especialmente pola mímica e polo manexo
do tono e da cadencia da voz. A contabilidade do xantar correu a cargo do
actor de teatro, e tamén procurador, Don José Prada Martínez.
Por suposto que non sobrou nin faltou un céntimo de euro. E a señora
Xuiz, Dona Laura, fixo tamén de fotógrafo, lucindo unha fermosa
e potente cámara. O reportaxe será estupendo, sen dúbida.
Tamén se descubriu como fotógrafo artístico e orixinal
Xan Alfonso. E o fundamental de todo foi que reinou a ledicia, a amizade,
e a harmonía xeral. Un día para lembrar.
E todo isto aconteceu no fermoso Pazo de San
Damián, que foi contruído por Don Fernando Boán, cura
de Abruciños, a finales do século XVI, e que recentemente
foi restaurado para adicalo a casa de turismo rural.
-
22-12-2005: Xa están rematando as obras da segunda
beirarúa da Avenida de Xulio Rodríguez Soto. Pola mañan
vense tódolos días os obreiros da brigada municipal traballando,
co lume acendido, para escorrentar a xeada. Porque hoxe, por certo, parece
ser que chegamos a -7 grados, sí, sete
grados baixo cero.
-
22-10-2005: O Peñasco reabriu as suas portas.
Remozado. Fermosamente decorado. Pero conservando o fermoso chau case centenario.
Luis e Madelón. ¡Noraboa!.
-
12-10-2005: Día do Pilar. Festa da Guardia Civil.
-
12-10-2005: Partido para recaudar fondos para axudar
a FATIMA. No campo municipal de Espiñedo. Xogan o RCD CORUÑA
contra un combinado do CD ARENTEIRO-MASIDE FC. O mércores día
12 ás 12 horas. Día festivo por ser día do Pilar. Vendéronse
todas as entradas. Todo un éxito.
-
8-10-2005: No multifuncional, ás 8:30 da tarde,
XXIII Festival Galaico-Portugués, coa participación da CORAL
POLIFÓNICA DE VILA NOVA DE CERVEIRA, da ASOCIACIÓN VERINENSE
AMIGOS DA MÚSICA, e da CORAL POLIFÓNICA CASINO DO CARBALLIÑO.
Había bastante xente. Aplauso a rabear, para todos, pero moi especialmente
para a Coral do Casino do Carballiño e para a súa directora
Ana Docampo Arocas. A directora da coral portuguesa, Cintia Andrea Alves
Pereira, moi noviña, pero moi simpática. A coral de Verín
estivo dirixida por Edelmiro Mateo García, un home con pinta de
afable e sonrinte. Despois un pincho e un viño. Había moi
bo ambiente. Entre as autoridades estaba o Alcalde do Carballiño,
Carlos Montes, e a concelleira Inmaculada Ucha.
-
7-10-2005: Despedida de Loly. Secretaria do xulgado
número 1 do Carballiño durante máis de cinco anos.
Moi querida polo personal do xulgado, polos avogados e procuradores, e
por todo o mundo. Comida no restaurante Carballeira. Estaba todo moi rico.
Discursos emocionados e cariñosos de Doña Laura Guede Gallego
(Xuiz do xulgado número dous), Don Manuel Souto Cacabelos, Don
Xosé Prada Martínez e da mesma Loly. Regalos. Había
moita xente e moi bo ambiente. Unha tarde fermosa.
-
3-10-2005: Ourense adica o día mundial da arquitectura
a DON ANTONIO PALACIOS, con celebración dun acto na igrexa da Veracruz,
onde tamén se pode ver unha exposición de fotos da Vera
Cruz feitas por membros da Asociación Potiños.
-
30-09-2005: O Concello do Carballiño concédeulle
a medalla de ouro do concello ó actor francés, de moda, José
García, fillo de carballiñeses emigrados a París. José
García amosouse emocionado e fixo a súa intervención
en galego.
-
16-9-2005: 11:30 da noite. Praza do Emigrante (que case
todos chaman Plaza Roxa). Bustamante. A praza e as rúas ateigadas
de xente. Público heteroxéneo. Dende bebés de poucos
meses a persoas maiores de oitenta anos. E Bustamante canta. A xente escoita.
Pero fai frio. E non acaba de quecer o ambiente. Por cada persoa que intenta
bailar hay trinta que están firmes de pé, coma se foran estátuas.
Soio o público que está mais cerca do palco (xente nova, moi
nova) parece estar verdadeiramente metido no concierto. Canto remata a actuación
de Bustamante empezan os fogos artificiais. O público miráos
aguantando estoicamente o aire frío que corre.
-
15-9-2005: están empezando as festas do setembro
2005. Este ano parece que a actuación máis comentada é
a de David Bustamante.
-
14-9-2005: xa fai uns días que comenzaron as obras
de reforma do edificio no que estivo o Hotel Arenteiro. Este edificio é,
sen dúbidas, un dos símbolos da vila do Arenteiro. Cando a
súa reforma remate poderá quedar convertido nun dos nosos
símbolos de modernidade..
-
13-09-2005: o Banco do Pituxo. Diante do Pituxo hai un
banco, colocado na beirarúa, pegado á parede do restaurante.
Contan que dende fai máis de setenta anos sempre houbo un banco nese
lugar, e que cando polo uso se estropeaba o banco puñan outro novo
no seu lugar. Cando remataron as obras da última reforma do Pituxo
os clientes o primeiro que lle pediron ó dono é que volvese
a poñer o banco no sitio de sempre. E así se fixo. Según
parece o Banco do Pituxo é unha institución na vila do Carballiño.
A min gústanme os bancos nas rúas, porque fomentan a tertulia
e a relación social, e porque nos fan a vida máis levadeira.
Os bancos son fonte de descanso para o corpo e para a mente. Unha vila con
máis bancos será unha vila con menos estrés e con menos
infartos.
-
9-9-2005: Juan Valcarcel inaugura, un ano máis,
a sú exposición de pintura na rúa do paseo do Carballiño.
Este ano leva por título: "...esos locos bajitos".
-
12 a 19 de agosto de 2005: Xornadas de Cine e Video de
Galicia: XOCIVIGA. ¿Onde?. Vaia pregunta máis tonta. ¡No
Carballiño!. Onde foron sempre.
-
14-08-2005: 11 da noite. Carballiño está
cheo de xente. Nas terrazas non se atopa ningunha mesa libre. Na praza maior
canta María do Ceo. A súa voz resoa forte, poderosa, enmeigada...
e o público, que ocupa a praza toda, aplaude a rabear. Todo cheira
a ledicia.¡Qué fermoso é o verán!!.
-
14-08-2005: Lenvanteime pola manán en Ares e baixei
á praia: estaba ateigada de xente. Facía un día espléndido.
Logo fomos a Acuapark (concello de Cerceda): estaba tan cheo de xente que
non cabía unha formiga. Colas para todo. E unha hora de espera para
conquerir un bocata para comer. Eran as oito da noite cando chegamos ó
Carballiño: o Parque Municipal e as rúas do pobo estaban cheas
de xente. Contan que houbo ó redor de 70.000 persoas hoxe no Carballiño
na festa do polbo. Agora estou na casa e penso: ¡Eu non sei de onde
sae tanta xente!. .
-
14-08-2005: Festa do polbo, antes do pulpo, do Carballiño.
Cóntase que asista o presidente da Xunta.
-
12-08-2005: no salón de actos do Centro Comarcal
do Carballiño: conferencia do doutor Xaime Enríquez Paradela,
médico do hospital sant Pau de Barcelona e socio do Instituto de
Estudios Carballiñeses, co título: Estado actual da hepatite
C. Despois de rematar a conferencia celébrase a asemblea Xeral ordinaria
do IEC. E preséntase o número 10 da revista Ágora do
Orcellón. Termina todo cunha cea no Derby á que asisten 25
persoas.
-
Agosto do 2005: Manuel Vazquez Fernandez, Pachi Vazquez,
o que fora alcalde do Carballiño durante dez anos, é agora
o Conselleiro de Medio Ambiente.
-
21-07-2005: Elisa Dominguez preside (no salón
de actos do Casino) o acto de clausura do Curso de Termalismo. Remata así
un curso ó que asistiron 41 alumnos, a mor parte deles mulleres (e
ben fermosas, por certo). Todos moi contentos. Nótase satisfacción
e ledicia nas caras. A verdade é que se respira un algo de optimismo
e de ilusión que fai sentir que loitar por facer cousas para que
o mundo sexa mellor segue tendo sentido. (Por certo que Elisa Dominguez
é unha persoa que arrecende a simpatía e cercanía,
que desempeña moi ben o papel institucional de Alcaldesa (ainda que
sexa en funcións), unha persoa coa que un se sinte ben. E probablemente
sexa esta a primeira alcaldesa que tivo o concello do Carballiño,
¿non si?).
-
19-07-2005: O Instituto de Estudios Carballiñeses
e a Universidade de Vigo (Campus de Ourense) organizan un novo curso de
Termalismo. Título do curso: Termalismo: Augas e barros. Datas: 18,
19, 20 e 21 de xullo. Lugar de celebración: Centro Termal (O Carballiño),
Balneario de Mondariz (Mondariz), Centro Talaso Atlántico (Baiona)
e Balneario de Lobios (Lobios).Directores do curso: D. Xosé Luis
Legido Soto, Dna. Lourdes Mourelle Mosqueira e D. Avelino Muleiro García
.Asisten máis de corenta "alumnos". É unha gran
honra para o Carballiño o feito de que este curso teña lugar.
E debémosllo a Avelino Muleiro, unha persoa que caladamente loita
polo ben do Carballiño dende fai moitos anos. Gracias, Avelino.
-
06-07-2005: Carballiño chora. Olladas silandeiras.
Corazóns encollidos. Dor. Unha frol inocente arrincada de súpeto.
Misa ás oito do serán. A Veracruz ateigada de xente. Rezos,
silencio e bágoas. Unha familia rota. Todo o pobo ferido. Unha caixa
branca. E dentro unha nena de menos de dous anos. Morreu unha nena inocente.
E non somos capaces de entendelo. Eu pídolle a Deus que lle axude
ós pais e a familia toda a seguir adiante nestes momentos tan difíciles.
-
01-07-2005: Xa levan algún tempo funcionando os
colectores do lixo soterrados, ainda que non houbo inauguración oficial.
E tamén xa se pode facer uso da remodelada praza das Galiñas,
ainda que tampouco foi inaugurada. O Pituxo xa non ten andamios, e xa abriu
de novo. Cafetería, hotel, restaurante. Quedou moi fermoso. E tamén
parece que pronto van a reabrir o Peñasco.
-
20-05-2005: Cena de políticos e empresarios do
Carballiño no Restaurante Santa Cruz coa muller de presidente de
Panamá. É a primeira vez que unha primeira dama visita a vila
do Carballiño.
-
20-05-2005: O Instituto CHAMOSO LAMAS de Carballiño
está celebrando o seu 25 cumpleanos. O venres 20 de maio cena no
restaurante Isis Faria, con asistencia de más de duascentas persoas:
alumnos, profes, exalumnos, exprofes ... Foi unha fresta grande para os
amigos do Chamoso. Seguida de baile que se prolongou máis alá
das seis da mañán. Contan as crónicas que as mulleres
bailaban sen parar ... e que os homes, sentados, falaban entre sí,
recordando vellos tempos. Pero que, en calquera caso, uns e outras pasárono
moi ben. Como debe ser.
-
14-05-2005: Despois de dez anos no cargo o alcalde do
Carballiño, "Pachi Vazquez", dimite para presentarse ás
eleccións do Parlamento Galego, e déixalle o seu posto de
rexidor do concello do Carballiño a Carlos Montes.
-
14-05-2005: Estes días andan facendo obras na
praza das Galiñas, para pavimentala, e para unificala coa praza de
Emilia Pardo Bazán. Un bo novo cacho de Carballiño gañado
para a peatonalización e para o disfrute dos veciños.
-
11-05-2005: Peregrinación da parroquia de Carballiño
á igrexa de Fátima de Ourense. Dous autobuses grandes ateigados
de xente. E logo a xente que foi en coche particular. Misa en galego ás
nove da noite na igrexa de Fátima, que estaba completamente chea.
Presidiu don José Benito.
-
04-05-2005: Santiago. Hostal dos Reis Católicos.
Xuices, fiscais, secretarios de xuzgado... homes e mulleres ... xúntanse
en Santiago para decir que están dispostos a usar a língua
galega na administración de xustiza. Galeguizar Galicia. Deixar patente
que o galego é unha lingua "como Dios manda", que sirve
non soio para falar cos amigos, senón tamén para redactar
todo tipo de documentos. E que naide se debe sentir discriminado por falar
galego. O acto está organizado pola Asociación de funcionarios
apra a normalización linguística de Galicia, presidida polo
amigo Monteagudo. E detrás do telón está, ¡¿como
non?!, Xosé González, funcionario do concello de Redondela
e argallante maior en todas as movidas que se organizan para defender a
lingua galega. O acto ten moita solemnidade: polo lugar no que se celebra,
polos medios de comunicación presentes, polos políticos que
interveñen (entre outros o Presidente da Xunta, Don Manuel Fraga,
e dous conselleiros), e sobre todo pola relevancia das persoas que se están
comprometendo públicamente a empregar e defender o idioma galego.
Entre os comprometidos no acto figuran varias persoas vinculadas co Carballiño,
entre as que podemos citar a: Don Carlos Varela García, Fiscal-Xefe
do Tribunal Superior de Galicia; Don Luis Doval Pérez, Xuíz
do Xulgado número 1 do Carballiño; Don Antonio Piña
Alonso, que foi fai poucos anos xuíz do Xulgado número 2 do
Carballiño e que agora mesmo é Maxistrado do Xulgado número
3 de Ourense e decano dos xuíces de Ourense...
-
-
23-04-2005: día do libro. Nun lugar de Galicia
... Na praza maior do Carballiño levouse a cabo unha lectura do libro
do Quixote, en galego, dende as doce do mediodía ata as doce da noite.
Doce horas de lectura ininterrumpida. 72 quixotes ou lectores, cada un dos
cales leu durante dez minutos. Día morno, no que o sol bailou coa
chuvia, alternándose ós poucos. O concello puxo unha carpa,
un atril, un micro e un altavoz, unha lámpara para poder seguir lendo
cando se fixo de noite, unhas cantas sillas para o público, ... O
señor Alcalde foi o primeiro en ler, abrindo o acto ás 12
en punto. Na lectura participaron tamén outros políticos de
todos os partidos e moitos outros persoeiros da vila do Carballiño
e incluso de fora dela (como o subdirector do libro). Pero foi fundamentalmente
una acto quixotesco dos veciños, novos e vellos, homes e mulleres
... xentes de toda idade e condición social. Organizou o Instituto
de Estudios Carballiñeses e a Concellería de Cultura do Concello
do Carballiño e a Biblioteca Municipal do Carballiño. Os que
realmente curraron foron principalmente José (o bibliotecario) e
José Ignacio Bello. Foi unha fermosa aventura quixotesca que todos
os participantes ofrecemos ás nosas fermosas sin par Dulcineas do
Toboso.
-
17-04-2005: hoxe cúmplense 44 anos do falecemento
de don Evaristo, o promotor da Veracruz.
-
09-04-2005: ás 20:00 misa funeral solemne -en
galego- na igrexa da Veracruz do Carballiño por Juan Pablo II. A
igrexa abarrotada. Preside don José Benito. Hai bastantes cregos
mais. Están as autoridades: Sr. Alcalde, concelleiros, membros dos
partidos da oposición. Fermosa homilia. Carballiño únese
a esta cadea de oración que se espallou polo mundo enteiro como consecuencia
da morte de Juan Pablo II. Gracias, Juan Pablo II, por todo o ben que fixeches
coa tua vida e coa tua morte.
-
08-04-2005: Funeral en Roma por Juan Pablo II. Impresionante
a cantidade de xente. Impresionante a cobertura dos medios de comunicación.
Impresionante a repercusión que tivo en todo o mundo. Un home bo.
Un home coherente. Un home de fe. Un home de paz. Un lider indiscutible.
Juan Pablo II fixera moitas viaxes e en todas elas xuntara moita xente para
escoitar a súa mensaxe. Pero esta derradeira viaxe súa foi
a máis importante, a que máis xente congregou e a que máis
repercusión tivo: millóns e millóns de persoas de todo
o mundo acompañaron a Juan Pablo II nesta súa derradeira viaxe.
Rezando, pensando, falando, xuntándose, ... de mil maneiras. Cicais
a morte deste papa foi a súa predicación mais grande e o maior
servicio que lle fixo á Igrexa Católica. Estou seguro de que
a súa morte fixo medrar a fe en Deus moito máis ca calquera
dos seus outros actos. Hai xente que hasta despois de morta sigue facendo
o ben.
-
02-abril-2005: hoxe morreu o Papa Juan Pablo II. Ás
21:37 horas. O mundo está triste. Un santo deixa a terra para ir
ó ceo. Despois de moitos traballos, Deus chamouno para que fose descansar
ó seu lado. Aquí na terra deixa un rastro moi fondo. Este
Papa cambiou o mundo en moitos aspectos, e moito máis houbera cambiado
se os gobernantes houberan feito caso dos consellos e das ideas de Juan
Pablo II. Predicou sin descanso a xusticia e o amor social. As primeras
verbas que dixo cando fai 26 anos foi elexido Papa foron: "Non teñades
medo ...". E agora dende o ceo seguramente nos está dicindo
o mesmo: "Non teñades medo. Eu estou ben, estou con Deus. E
Deus sigue convosco. Non teñades medo. Abride as portas a Cristo.
Deixar entrar a Deus no voso corazón".
-
12-03-2005: Están xa a punto de rematar a obra
para colocar os colectores do lixo soterrados beira da praza de Abastos
do Carballiño. Serán os primeiros colectores soterrados que
haxa no Carballiño.
-
12-03-2005: galicias.com chega ás 800.000 visitas,
xusto cinco meses despois de haber chegado ás 400.000.
-
12-03-2005: Festa da Mimosa no Casino do Carballiño.
O pregón é a cargo de Victor Moro. Logo cena e baile.
-
11-03-2005: ás 20:15 no salón de actos
do Casino ten lugar una mesa redonda con periodistas para falar dos medios
de comunicación. Dirixe Avelino Muleiro. Asisten: Emilio (da televisión
do Carballiño), Isabel (da Región, corresponsal en Ribadavia),
Berta (de onda cero), Luisa (da COPE),, Javier Moro (de Faro de Ourense
e Arenteiro Dixital). Asite pouco público. Pero a mesa redonda está
moi interesante. Dura hora e media larga. Pero o tempo pasou voando.
-
11-03-2005: Fai un ano que foron os atentados de Madrid.
Cocentración na praza Maior do Carballiño para recordalo e
para pedir que non volva a suceder. Asistiron tamén á concentración
os nenos do colexio.
-
05-03-2005: O Peñasco leva xa varios días
pechado. Con un cartel que dice SE TRASPASA RENTA BAJA. Alí dentro,
agochados entre aquelas catro paredes, dorme unha boa parte da historia
non escrita do Carballiño: tertulias, amizades, soños... O
Peñasco non é unha cafetería calquera: ten moita personalidade.
Como tamén a ten o Pituxo. E o Celia. E outros moitos sitios. E agora
está pechado. Pode que se traspase. Pode que volva a abrir as súas
portas. Pode ... Pero seguramente será por poucos anos. A miña
intuición dime que antes de quince anos onde hoxe está o Peñasco
... farán un burato, colocarán un guindastre, e levantarán
un edificio novo, moderno, impersonal, como calquera outro. Unha casa de
planta baixa no medio da rúa principal é un luxo que a especulación
urbanística non pode permitir por moito tempo. E comprendo que, romanticismos
aparte, é lóxico e normal que así sexa, pois o mundo
está organizado deste xeito e non doutro.
-
26-02-2005: Hoxe pola mañanciña Carballiño
apareceu vestido de branco. Neve nas ruas e nos teitos das casas. Neve nas
terrazas e nas árbores. Neve. Neve branca e fresca. E onte pola tarde
choveu un pouco. Este ano estamos tendo un inverno frío e seco. Dende
que empezou o ano case que non choveu nada en Galicia. Nevou por Europa
adiante. E nevou por outros lugares de España. Pero por estas terras
galegas foi máis o sol que a neve ou a auga. E o mesmo debe estar
pasando en Portugal, pois o periódico "LA VOZ DE GALICIA"
traía onte na portada esta curiosa noticia: "Portugal combate
la sequía bombardeando las nubes para provocar la lluvia. El pasado
mes de enero fue el más seco en el país vecino desde el año
1900".
-
13-02-2005: O periódico LA REGION trae hoxe unha
noticia na que se conta que no ano 2004 houbo 133 accidentes no Carballiño.
-
08-02-2005: Martes de entroido. Gran desfile de comparsas
en Carballiño. A comparsa "CARLINHOS BROWN", organizada
polos amigos do Titanic, desfila e gaña o primeiro premio absoluto,
dotado con 1800 euros. Unha tarde soleada, expléndida, con boa temperatura.
O público que presencia o desfile é moi numeroso.
-
07-02-2005: A comparsa "CARLINHOS BROWN" gaña
o terceiro premio no concurso organizado en Ourense, na praza do Correxidor.
Neste concurso soio estan presentes soio unha cuarta parte dos membros da
comparsa. Se estiveran todos non habería quén lles quitase
o primeiro premio.
-
06-02-2005: A comparsa "CARLINHOS BROWN", organizada
polos amigos do Titanic, desfila no carnaval de Ourense e acada un éxito
total: gaña o primeiro premio absoluto, dotado con 1200 euros, e
un dos seus compoñentes, Diego González ("perlita Brown")
é elexido "rei do entroido", polo que obten un premio de
600 euros.
-
06-02-2005: XI Festa da cachucha no Carballiño:
máis de 250 persoas xuntanse baixo a carpa instalada na praza do
Emigrante para comer cachuca e outras viandas. Moitos asisten disfrazados.
A noticia sae, por exemplo, no FARO DE OURENSE do día 7 de febreiro,
páxina 5. Polas rúas do Carballiño hai ambiente de
carnaval. Fai frío. Non chove, de momento. Pola tarde anda pola rúa
a charanga dos Liborianos.
-
05-02-2005: Asemblea Xeral do Insituto de Estudios Carballiñeses
no Casino do Carballiño. Presentouse o número 9 da revista
Ágora do Orcellón.
-
03-02-2005: Xa se pode camiñar pola nova beirarúa
empedrada da Avenida de Xulio Rodríguez Soto, dende a Praza do Emigrante
ata a entrada do Parque. A beirarúa da dereita (indo cara o Parque)
xa está empedrada e con faroles. Da gusto camiñar por ela.
A beirarúa da esquerda ainda está como antes.
-
03-02-2005: Están empezando os carnavales. Hoxe,
xoves, xa houbo festa infantil no colexio Sagrado Corazón. Este domingo
hai desfile de carrozas e comparsas en Ourense. E o próximo martes
desfile de carrozas e comparsas aquí no Carballiño. Este ano
os carnavales veñen moi cedo: a principios de febreiro. E a xente
pregúntase ¿por qué os carnavales uns anos son máis
cedo e outros anos máis tarde. E naide sabe dar unha resposta convincente.
Para os que teñan curiosidade voulles dar a explicación. Os
carnavales son xusto antes do comenzo da cuaresma, que empeza o mércores
de cinsa. E a cuaresma son os corenta días anteriores ó domingo
de resurrección. Todo (os carnavales, a cuaresma e a semana santa)
está pois en función da data na que cae cada ano o domingo
de resurrección. E o domingo de resurrección cae no primeiro
domingo da primavera no que hai lúa chea. A festividade do domingo
de resurrección ten a súa orixe na pascua xudía. E
os xudeos guiábanse polo calendario lunar e celebrában a pascua
no primeiro domingo da primavera que tiña lúa chea. Tradicción
ésta que se mantén, aínda que nos seguimos o calendario
solar e non o lunar. Esto é o que explica que as datas dos carnavales
e das vacións de semana santa varíen cada ano.
-
02-02-2005: O periódico LA REGION conta que a
Xunta de Galicia editóu un fermoso libro sobre a contrucción
do Templo da Veracruz do Carballiño. Está escrito por Adolfo
Otero Cerdeira, un dos fillos de Adolfo Otero Landeiro (o construcctor da
Veracruz). Nel cóntase, entre outras moitas cousas, cómo se
foron facendo as obras desta fermosa igrexa. Un libro estupendo para os
carballiñeses, para os que están interesados nas obras do
arquitecto Antonio Palacios e para todos os amantes da arquitectura galega
do século XX. Por certo que neste libro atopamos tamén marabillosas
fotos da igrexa da Veracruz, algunhas de cando a estaban facendo e outras
da actualidade. Un libro que forma parte importante da historia do Carballiño.
-
01-02-2005: Empeza a "emitir" para todo o mundo
unha nova páxina web que se chama
galicias.com/agora.
Nela vanse recoller noticias relacionadas co Instituto de Estudios Carballiñeses
e coa revista que publica chamada Ágora do Orcellón. E pode
que máis adiante se amplie o seu contido a outros asuntos. Desexámoslle
longa vida. E que a súa existencia sexa positiva para O Carballiño
e para as súas xentes, para as da vila e para as da diáspora.
-
19-01-2005: Están facendo un gran burato rectangular
beira da Praza de Abastos. No chau. Grande e fondo.. Unha excavadora botou
hoxe medio día traballando. ¿Para qué será?.
Non o sei certo. Pero pola ubicación e tamaño ... eu case
diría que pode ser un sartego ... para enterrar os colectores do
lixo. ¿Van empezar a poñer colectores de lixo soterrados na
vila do Carballiño?. Cicáis sí. E se así é
... ¡benvidos sexan!.
-
Neste comenzo do ano 2005 a presencia da vila do Carballiño
en internet é moi importante. A modo de exemplo podemos citar as
seguinte páxinas:
galicias.com:
unha páxina feita dende o Carballiño na que se atopan fotos
de moitos pobos e lugares de Galicia, información sobre o grupo de
senderismo dos rillamillas, información sobre as actividades da asociación
fotográfica O POTIÑOS, e moitas cousas máis;
www.arenteiro.com:
con información sobre a bisbarra do Carballiño, a súa
xente, a súa historia, a súa cultura;
www.temploveracruz.com:
unha fermosa páxina na que se pode ver con detalle a historia das
elección no Carballiño dende o ano 1979, e na que hai ademáis
unha estupenda exposición de fotos (novas e vellas) do Carballiño;
iesmanuelchamosolamas/metereoloxia.com:
a páxina do tempo que fai e vai facer no Carballiño;
www.carballino.org:
a páxina web oficial do Concello do Carballiño;
-
15-1-2005: inauguración no Mosteiro de Oseira
dunha fantástica exposición de fotografías en branco
e negro feitas por membros da asociación fotográfica O POTIÑOS.
Esta é a primeira exposición que os "potiños"
levan a cabo fora do concello do Carballiño. No ano 2004 revitalízase
a asociación fotográfica O POTIÑOS coa incorporación
de novos membros e novas actividades. A chegada a Carballiño do fotógrafo
mexicano HECTOR GUZMAN dalle un gran impulso a esta asociación fotográfica.
O grupo xúntase para ir a facer fotos e logo os que queren traballan
no laboratorio de revelado en branco e negro que ten a asociación.
Con poucos medios, pero con moita imaxinación e moita ilusión,
prepáranse varias exposicións fotográficas, entre as
que destaca, pola súa calidade e importancia, a de Oseira, que se
expón primeiro no Concello do Carballiño, e logo no mesmo
Mosteiro de Oseira, onde se inaugura o día 15 de xaneiro do 2005,
con asistencia do Señor Alcalde de Cea e de varios monxes do mosteiro,
e coa presencia da televisión local do Carballiño e de varios
medios de prensa. Alí, o mesmo día da inauguración,
algunhas persoas asistentes ó acto valoran moi positivamente as fotos
expostas e piden que se é posible se prepare unha exposición
das mesmas no Liceo de Ourense. Algunhas das fotos feitas por membros da
asociación O POTIÑOS pódense ver tamén nesta
web.
-
14-1-2005: Comida no Esclavo de despedida ó que
durante 5 anos foi xuiz titular do xuzgado número 1 do Carballiño,
que ascende a maxistrado e se traslada para Figueres. Houbo unha asistencia
masiva. Discurso de Don Manuel Souto Cacabelos, Don Xosé Prada Martínez,
e do mesmo homenaxeado DON JOSE MANUEL RUIZ GARCIA.
-
-
12-10-2004: día do Pilar. Celebrouse como tódolos
anos a Festa da Garda Civil, con misa solemne ás 12:30 no templo
da Veracruz, e comida popular na discoteca Paulino. Asistiron varios centos
de persoas.
-
17-9-2004: inauguración da estatua de Don Evaristo
Vaamonde, na explanada da Veracruz. Don Luciano Evaristo Vaamonde da Cortiña
naceu no ano 1.880 e foise ó ceo un día 17 de abril de 1961.
A súa gran obra espiritual foi o ben que sementou nas xentes de Carballiño
dende o ano 1930 ata o día do seu falecemento e a súa gran
obra de pedra foi o
Templo da Veracruz.
-
6-8-2004: presentación do número 8 da revista
AGORA DO ORCELLON.
-
Según dí La voz de Galicia, o día
16-6-2004: O carballiñés Carlos Varela será desinado
Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dende esta web queremos
darlle a nosa máis sincera e cordial noraboa a este carballiñés
amante da súa terra. ¡Noraboa, Carlos!
-
27-03-2004, día mundial do teatro. No multifuncional,
ás 20:30, levouse a cabo polo grupo de teatro TIRULEQUE (baixo a
dirección de JOUSE) unha lectura dramatizada da obra de teatro "MARIA
FERNANDEZ" (do autor PEDRO MUÑOZ SECA). Tratábase de
rememorar así o 50 aniversario da representación da devandita
obra que tivo lugar no desaparecido cine Alameda, alá polo ano 1954.
Aínda viven algúns dos que foron actores naquela representación.
-
26-03-2004. No multifuncional, ás 22:30 horas,
representouse no Multifuncional a obra de teatro "VANCETTI", escrita
no ano 1993 polo dramaturgo Luís Araujo. Un obreiro italiano emigrado
a USA que pedía a berros máis xusticia social e que foi condenado
por dous crimes que non cometera. Morreu na silla eléctrica. A súa
hirmá. O seu pai. Os seus sufriron e loitaron contra un absurdo.
Todo foi representado marabillosamente pola compañía TEATRO
DO ATLANTICO (constituída no ano 1985, e que ten a súa sede
en Sésamo (Culleredo, A coruña). Non asistíu moito
público (menos de media entrada). Pero o que había soupo valorar
o bo traballo dos actores que recibiron ó remate un longo e caluroso
aplauso. A obra básase nun feito histórico acontecido en USA
arredor do ano 1920: Saco e Vancetti foron condenados a morte e executados
por un delito que non cometeran. Tempo andando demostrouse que eran inocentes.
Pero xa naide foi quén de devolverlles a vida que inxustamente lle
segaran. Entradas a 3 euros.
-
21-03-2004.- XXXVIII FESTA DA MIMOSA.- Magnífico
pregón de GONZALO NAVAZA BLANCO. Estupenda actuación da CORAL
DO CASINO DE CARBALLIÑO. E presencia na festa de Uxía Blanco
que lle deu un matiz especial e que fixo que "esta festa da mimosa
fose diferente das anteriores". Cena no restaurante DERBY (marisco,
merluza, cabrito e tarta). E baile con orquesta no Casino. Foi realmente
un día marabilloso.
-
16-03-2004: A VOZ DE GALICIA publica un artigo (unha
páxina enteira) falando da fermosa e interesante web
WWW.ARENTEIRO.COM
e do seu creador (Amancio Carballido). Leva pouso máis de dos meses
na rede. Pero promete ser un estupendo fogar virtual para a expresión
da cultura do Carballiño e da súa bisbarra. Animo a todos
a visitar esta web e a disfrutar paseando tranquilamente por os seus fermosos
recantos. Quero desexarlle o mellor a esta páxina e dárlle
a noraboa ó seu creador. Gracias Amancio, polo teu traballo desinteresado
a prol da nosa cultura..
-
En toda a provincia de Ourense, despois de Ourense capital
(que ten 89.104 electores), O Carballiño é o concello que
ten máis electores (10.900), seguido de Verín (10.393), O
Barco (10.283), Xinzo de Limia (7.949), Barbadás (5.943), Celanova
(5.186), Pereiro de Aguiar (4.740), Ribadavia (4.721) e Allariz (4.632).
-
Os resultados (provisionales) das eleccións de
14 de marzo de 2004 na bisbarra de Carballiño foron os seguintes
no que ó Congreso se refire:
Municipio |
ELECTORES |
PP |
PSOE |
BNG |
IU-EU |
OTROS |
NULOS |
BLANCOS |
ABSTENCION |
| Beariz |
1160 |
766 |
53 |
19 |
2 |
3 |
5 |
9 |
26,12 |
| Boborás |
2768 |
1450 |
397 |
135 |
4 |
8 |
8 |
4 |
27,53 |
Carballiño (O) |
10900 |
4498 |
2604 |
991 |
66 |
39 |
55 |
111 |
23,27 |
Irixo (O) |
1909 |
949 |
264 |
89 |
3 |
4 |
5 |
7 |
30,8 |
Maside |
2802 |
1444 |
633 |
124 |
10 |
6 |
5 |
27 |
17,74 |
Piñor |
1350 |
600 |
374 |
74 |
6 |
2 |
4 |
6 |
21,04 |
Punxín |
857 |
409 |
213 |
54 |
3 |
3 |
4 |
8 |
19,02 |
San Amaro |
1269 |
675 |
251 |
62 |
0 |
6 |
10 |
6 |
20,41 |
San Cristovo de Cea |
2688 |
1426 |
409 |
284 |
7 |
6 |
13 |
19 |
19,49 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sumas totales |
25.703
|
12.217 |
5.198 |
1.832 |
101 |
77 |
109 |
197 |
22,82 |
-
O PSOE gañou as eleccións do día
14 de marzo de 2004 obtendo 164 diputados, seguido do PP que conqueriu 148.
O BNG acadou 2 diputados. Pero na provincia de Ourense o ganador foi o PP
con 3 diputados, seguido do PSOE con 1 diputado.
-
12 de marzo de 2004: A Vila do Carballiño sigue
mollada de bágoas e tristura polos mortos e feridos en Madrid. Concentración
ás 12:00 diante do concello. E manifestación ás 19:00
na Praza Maior "COAS VICTIMAS. COA CONSTITUCION. POLA DERROTA DO TERRORISMO".
A manifestación das 19:00 foi multitudinaria. A plaza e as rúas
estaban abarrotadas de xente. Moitos establecementos e comercios pecharon
ás sete da tarde para asistir á manifestación e logo
volveron a abrir cando rematou.
-
11 de marzo de 2004: O Carballiño enteiro quedou
conmovido polos atentados de Madrid. Ás 12:00 houbo unha manifestación
na Praza Maior. Na eirexa, en moitas casas, en moitos corazóns, ....
rézase polos mortos, polos feridos, e polas súas familias
e amigos..
-
Marzo empieza tranquilo, con buen tiempo. De cuando en
cuando se escuchan por las calles de Carballiño los altavoces de
algún coche de propaganda electoral. Pero no se percibe sensación
de crispación política ni de enfrentamiento entre partidos.
-
27 de febrero de 2004: a las 8:30 de la mañana
nevó copiosamente. Pero no llegó a cuajar. Luego hizo un día
frio, pero limpio y soleado. Cayó nieve de cuando en cuando. Fue
un día bonito, cargado de aire fresco y puro, y de energía
positiva. Los carballiñeses estuvieron contentos.
-
En este año 2004 se están llevando a cabo
obras de reforma en el PITUXO: una de las casas de comidas más antiguas
y emblemáticas de la Villa de Carballiño. El edificio se vació
totalmente por dentro, conservándose la fachada.
-
25 de febrero de 2004: entierro de la sardina en la Plaza
Mayor. Se quemó un muñeco con una camiseta en la que se leía
el nombre de NINFAS.
-
Día 24 de febrero de 2004. A las 10:45 horas de
la mañana está nevando copiosamente en la Villa de Carballiño.
"Caen mansamente grandes farrapos de neve. Pero as folepas de neve
derrétense nada mais tocar o chau: non cualla".
Este mismo día por la tarde tuvo lugar un excelente desfile de carnaval
en Carballiño. Numerosas carrozas y más de mil personas recorrieron
las principales calles de la villa, en presencia de un numerosísimo
público. La tarde estuvo fresca, pero ni la lluvia ni la nieve se
atrevieron a molestar el desfile carnavalesco.
-
Del año 2003 recordamos algunas cosas:
- La reforma de las aceras de la Avenida de Julio Rodríguez
Soto.
- La terminación de las obras de construcción del Edificio
El Corral, en el solar donde había estado el Colegio Isabel
La Católica.
- La inauguración del aparcamiento contruído por Regenga
San Fiz, SL, en el subsuelo de la Alameda y la Plaza del Emigrante.
Sobre el aparcamiento se colocó una nueva rotonda con una nueva
fuente (diseñada por CHEMA DAPENA) y un momumento a la emigración
(obra de JESUS CARBALLIDO).
- La inauguración de la plaza de LOS LIBORIANOS el día
1 de marzo de 2003.
- Día 25 de abril de 2003: Nace galicias.com.
Eran las diez horas, un minuto, cuarenta y siete segundos.
- 17 de setembro de 1952: inauguración do templo da Veracruz.
- 27 de outubro de 1945: morte do arquitecto Antonio Palacios Ramilo (1874-1945),
autor do proxecto da Veracruz.
- Domingo, 20 de xuño de 1943, colocación da primeira pedra
da Igrexa da Veracruz.