Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Os rillamillas por Marcofan, Beariz e Magros.
Juan
28/04/2013

IMG_2068 IMG_2070 IMG_2077 IMG_2082
IMG_2097 IMG_2098 IMG_2101 IMG_2102
IMG_2104 IMG_2107 IMG_2114 IMG_2119
IMG_2122 IMG_2128 IMG_2133 IMG_2137
IMG_2142bn IMG_2146 IMG_2151 IMG_2157
IMG_2167 bn    

 

Cumpleanos en MAGROS

Un día sementado de sol, de amizade e de alegría, un día dos que vale a pena vivir e lembrar...

     As Antas, Marcofán, Albite, Beariz, ¡Magros!. Bernardo volveu a tomar o mando dos rillamillas. Vímolo coma nos seus mellores tempos: inventando e percorrendo camiños invisibles por entre os toxos, falando coas estátuas de pedra e escoitándoas con atención, ilustrándonos con granxas de porcos celtas, acariciando mámoas, e, por enriba de todo, facendo o churrasco... ¡Isto é un bo vicepresidente e o demáis son contos!... A ver se o noso desaparecido presidente toma nota... e algún día deixa de agasallarnos con discursos fermosos e se estira un pouco e nos convida a un churrasco... ¡Que todo o mundo sabe que entre os rillamillas as eleccións gánanse polo bandullo!!...
     O día empezou con sol. Un sol fresquiño como xa facía tempo que non se vía... Un airiño fino que non sei de onde viña, pero que parecía mesmo saído dun conxelador... Ás nove chegou a xente á Estación de Autobuses, menos un despistado que non se enterou do cambio do horario e que apareceu por alí as 9:30, cando xa non había ninguén... Menos mal que o diaño dos móbiles ás veces serve para algo ... e o despistado chamou á Bernardo... "Perodoa... ¿non estarás na cama?"... "Non ... estou no alto do monte... pero ben que te esperamos, que ainda estamos empezando..."... Así son os rillamillas; "bos e xenerosos"... Graciñas por agardarme. ¡E co frío que facía!
     No medio daquel frío sol saido do conxelador... andaba o Marcos, repartindo doces... Calorías, que boa falta facían... Oito rillamillas botamos a andar. Boa xente. Buscamos o punto xeodésico do Marcofán... E logo andivemos un tempo de mámoa en mámoa, alá polo Paleolítico... As suaves curvas dos lumbeiriños estaban sementadas de toxos. Coma sempre as rosas andan mixturadas coas espinas. Lei de vida...
     Logo tocou cortalumes. E despois camiño de seda. Mais adiante chegamos a onde cheiraba a porco celta. Que, dito sea de paso, cheiran bastante ben... Alí andaban as máis, dándolle de mamar ás crías...
     Mentres camiñábamos dende a granxa de porcos celtas ata Albite Fina deunos a gran noticia: o seu coello foi pai... Cinco coelliños! Un día levárona a pasar a tarde coa coelliña dun amigo. E debeuno pasar moi ben, porque cando volveu á casa votou unha semana sen comer, triste e desganado... Pero o caso foi que a coelliña empezou a engordar, e tras un breve embarazo dun mes pariu os cinco retoños...
     Entre as mámoas do Marcofán, os porquiños celtas que mamaban nas súas mais, e as historias do coello... parecía que o día rezumaba sensualidade...
     Albite amosounos as súas fermosas casas e rúas... E logo unha estrada entre fermas árbores foinos levando de cara Muradas e Beariz...
     Ó fin rematamos en Magros, na casa de turismo rural da LAXA... onde fixemos un bo lume para asar panceta, chourizos e churrasco... Así celebramos o 11 cumpleanos dos rillamillas, cunha boa paparota, que rematou con postres de varias clases e risas ceibes que nos salpicaron o sangue de ledicia...
     Un día sementado de sol, de amizade e de alegría, un día dos que vale a pena vivir e lembrar..

(Juan, 28-04-2013)

 

 

Marcos coméntao así:

"Día frío en canto a temperatura ambiental, pero moi cálido e agradable en canto a compañía.
Era o meu reencontro nos camiños con grandes amigos Rillamillas, pagou a pena esperar a Juán, o cal tiña moitas gañas de ver, pagou a pena ter que aguantar as máns no bolsillo de algunha Rillamillas, supoño que como facía moito vento non quixo sacar a cámara do bolsillo para ter máis peso, je,je...isto e unha broma lóxicamente...votarei en falta as súas fotiños.

Grazas a tod@s por a vosa xenerosidade e hoxe especialmente a Bernardo por a súa hospitalidade.
Paseino como se dí hoxe en día SUPERMEGAXENIAL.
Saúdos".

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador