Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Os rillamillas po Catasós. Concello de Lalín.
Juan
07/03/2010

IMG_0945 IMG_0951 IMG_0953
IMG_0945.jpg         IMG_0951.jpg         IMG_0953.jpg        
IMG_0958 IMG_0961 IMG_0985
IMG_0958.jpg         IMG_0961.jpg         IMG_0985.jpg        

 

OS RILLAMILLAS POR CATASÓS.

     Domingo. 7 de marzo de 2010. Os rillamillas acoden puntualmente, coma de costumbre, á súa cita quincenal ás 9:30 na estación de autobuses do Carballiño. O día está "chuvioso" e gris. Poderíase pensar que non se vai a presentar naide. Pero non é así. Faise o reconto: 18 camiñantes. Deles catro son de fóra: Marcos de Ourense. María do Covelo, alá das terras pontevedresas. E desta mesma provincia son tamén dous novos amigos, que veñen dende Mos. É unha boa sorpresa ver que se xunta tanta xente.

     A onde imos? Podemos ir a Catasós, en terras de Lalín. Din que alí hai unha ruta moi fermosa e moi ben sinalizada. Din. Ainda que da sinalización falaremos logo. Bernardo baixou un plano da internet. Luciano leva a ruta gravada no GPS. E os rillamillas teñen en xeral bo olfato para descubrir camiños...

     Chegamos a Lalín. E empezamos a andar. Nada máis empezar, ainda na estrada xeral, vemos pasar un camión cargado de porcos. É o primeiro sinal. Porque nesta ruta, no día de hoxe, para non se perder, fai falta ter bo olfato.

Veleiquí a sinalización xeral:

- Primeira sinal: siga o cheiro a porco durante tres quilómetros.
- Cando remate o cheiro a porco colla á dereita e camiñe durante un bo cacho.
- Torza despoís á esquerda e siga o cheiro de zorro colgado en carballo durante cinco quilómetros.
- Pase polo escuro bosque dos asasinatos, e cando vexa unha navalla cravada no tronco dun castiñeiro sinta un escalofrío... e bote a correr durante catro quilómetros.
- Xire á esquerda e non perda o fío do cheiro a bosta de vaca... durante tres quilómetros...
- Siga un cacho guiándose polo sentido común...
- E desembarcará nun lugar no que non cheira mal: está vostede na fermosa fraga de CATASÓS. Carballos. E sobre todo castiñeiros altos, moi altos. Os castiñeiros máis altos de Galicia? Son os sonados castiñeiros de Catasós. Fantástico lugar. Descanse un pouco e respire fondo. Está vostede no ceo.
- Baixe ata o fondo da carballeira e torza á dereita.
- Siga un camiño cheo de bulleiro que o levará a un río... e unha vez que chegue quítese os pantalóns e cruce a nado. Supoño que non lle importará mollar os calzoncillos se é home ou o que leve se é dona...
- Suba un pouco e torza á esquerda, seguindo de novo o cheiro a bosta de vaca...
- Cando desapareza o cheiro de bosta de vaca afíe o naríz e busque de novo o suave olor a porco... Está vostede xa chegando ó destino.

***

     Unha andaina olorosamente sinalizada. Ben sinalizada. Sen perda.

     Pero unha fermosa andaina, nunha mañá na que non parou de orballar.

     Por certo, para os que non entenden ben esta sinalización olfativa, aconsellase levar GPS... Como fixo o maestro luki que non ten olfato. E ben que atinou. Polo menos mentres non se lle acabaron as pilas do GPS... Porque esta foi outra: o aparello ese leva pilas, e se se acaban non furrula... Menos mal que pasamos por unha carnicería e mercamos duas salchichas pequenas, que lle metemos ó GPS nas tripas, tapándolle os ollos e o nariz, para que non as vise nin as cheirase, e para que non se dese conta do engano e pensase que eran pilas de verade. E ¡furrulou!. Se non o vexo non o creo!.

     Por certo, os mapas non serven de moito, porque moitas aldeas carecen de letreiro que diga como se chaman.

     Supoño que quedou todo claro.

     E por se alguén non o entendeu... estivemos 18 rillamillas, e gustounos moito a andaina, e pasámolo coma sempre: MOI BEN.

     Imaxínome que naide terá dúbida de que todo o que nesta páxina se di é un puro relato literario que non ten nada que ver coa realidade. O único certo é que os castiñeiros de Catasós existen e que os rillamillas son boa xente e sempre o pasan ban cando van camiñar. Todo o demáis é producto da imaxinación. Así que non fagan caso. Pero, se van facer esta fermosa andaina en inverno leven bo calzado e algún sistema para orientarse, chámese GPS, planiño da ruta, ou amigo que coñeza por onde se vai. En calquera caso, con guia ou sen el, a ruta paga a pena...

 

CONTA O CRONISTA

     Unha vez díxome un vello seguindo o fío do comentario que eu estaba facendo sobre unha aldea moi limpa, con casas ben restauradas, de pedras sen liques e con encintes cor sábrego,de xanelas pechadas por contras moi vernizadas. Aquel home díxome: si, esta moi bonito o pobo, máis si ó que buscas é vida has ollar nos que teñan bostas nos camiños, iso é que hai gando ¡que hai xente!
     E tamén teño oído unhas cantas veces que a auga é vida, moita vida no camiño e por riba dos camiñantes.
     Para que a vida sexa tal ten que ter o contrapunto da morte, cousa que tamén quedou reflectida nos dous zorros mortos e postos entre as gaias dun carballo, penso que o único mal que fixeron foi o cruzar por diante dos ollos dun Hannibal Lecter.
     Daquela o roteiro de Catasós é un roteiro de vida, de vida grande como o tamaño dos castiñeiros da Fraga, si xa sei que sería un souto, pero é unha fraga con enormes castiñeiros e non moi pequenos carballos.
     A vida precisa de unha ánima e esta saída RILLAMILLAS tivo dezaoito ánimas que lle deron vida.

Longa vida RILLAMILLAS.

 

E LUISA DIXIT:

Gústame ver que o foro ten vida, estaba medio CAO. E esta andaina o encheu todo...Todos os sentidos repletiños, e alguns sentimentos despertados a fio de navalla.

A andaina número 161 pódela leer como queiras...

Coma sempre o pasamos MOI BEN MOIBEN MOIBENNNNNNN.

VAIA PEDAZO DE CASTIÑEIRO!!!!

 

 

ET SECUMDUM MARCUS:

     Amigo Juan, no día de hoxe quédome coa fermosa fraga de Catasós e sobre todo co bo ambiente que se "respira" en Rillamillas, iso si que son bos AROMAS.


 


 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador