Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Castrelo do Val. Ruta dos Carboeiros.
Juan 19/05/2007 |
19 de maio de 2007. Ruta dos Carboeiros. 50 km, 200 fotos, 2 "cortafuegos"... todo en menos de 12 horas. Foi un día "sacrificado", pero moi fermoso. Entre os 17 -¡soio 17!-. que rematamos as tres etapas da proba... estabamos tres rilamillas. Faltaban 2 minutos para as 9 da noite cando chegamos á meta. Canda nos viña un bo amigo de Pontevedra: Roberto.
Saimos de Castrelo do Val ás 9:15 da máñan. Pasamos por Gondulfes. Todo iba ben. Pero... perdémonos subindo por un cortalumes que non había que subir. Andivemos máis de duas horas perdidos. Por fin fomos a parar ó pobo de Monteveloso, e pouco despois voltamos a topar a rota. E seguimos camiñando por ela. Canto nos topamos co indicador do km 10 xa levabamos catro horas pelexando coas montañas.
Seguimos camiñando case sen pausa durante o resto do día. Volvemos a subir por outro cortalumes en Pena Nofre. Pero esta vez non nos perdemos. Finalmente chegamos a Campobecerros, onde comemos. E logo volta a camiñar. Dando moitas voltas chegamos a Portocamba. E dende alí andivemos lixeiros ata chegar a Fontefría.
Baixamos logo por Vilar, camiño de Sevoi. Aquí miramos a hora e comenzamos a botar contas: eran as sete da tarde e ainda nos quedaban 17 kilómetros. ¿Qué facemos?. Imos intentar rematar a andaina. Empezamos a voar: en menos dunha hora facemos os 7 km que nos levan a Castrelo do Val, azuzados por unha tremenda tormenta que nos refrescou e que incluso nos golpeou con salpedrés....Non sentíamos o frio dende logo. Cando chegamos a Castrelo xa alteara.
E sin parar nada seguimos andanto a toda presa para facer a derradeira etapa de 7 km. Pasamos sen parar por Nocedo do Val. Subimos por un deserto queimado que no levou a Pepín. E rematamos finalmente en Castrelo do Val, na meta. Eran as nove menos dous minutos. Nese momento sentiamos máis satisfacción que cansancio.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa