Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Camino de Santiago. Rillamillas. Cea, Oseira, Dozon, Santo Domingo.

03/10/2010

IMG_0002 IMG_0013 IMG_0025 IMG_0045 IMG_0048
IMG_0002.jpg         IMG_0013.jpg         IMG_0025.jpg         IMG_0045.jpg         IMG_0048.jpg        
IMG_0050 IMG_0067 IMG_0071 IMG_0072  
IMG_0050.jpg         IMG_0067.jpg         IMG_0071.jpg         IMG_0072.jpg        

 

Camiño de Santiago: de Cea a Santo Domingo, pasando por Oseira e por Dozón

     Domingo. Día 3 de outubro de 2010. Empezou a chover ás duas da mañán. Bazaba con ganas. Coma se nas néboas se desatara de repente un baile de buratos. Contan que cairon en moitos momentos máis de noventa litros por metro cadrado. En non entendo disto. Pero o que vos aseguro é que choveu toda a noite arreo e sen parar.

     Pola mañán nove rillamillas acudiron á sua cita na estación de Autobuses. Todos ían coa esperanza de que non houbera ninguén mais e coa idea de volverse para a casa... Pero non foi así. Había nove. Claro que algún mandou unha mensaxe dicindo: "Non agardedes por min... Moita auga e poucas plumas". Queda por aclarar se é que os que foron tiñan máis plumas ou se soio lle tiñan menos medo á auga. Ás 9:30 da mañán chovía a cachón. Nas rúas a auga non entraba senón que saía das alcantarillas...

     "¿Suspendémola e deixámola para outro día?" Iso sería o razonable. Pero os rillamillas son de por sí teimudos. E tratándose do Camiño de Santiago ainda o son moito máis. "Non. Hai que ir".

     E alá fomos. Chegamos a Cea e aparcamos beira do bar Ferrol. Tomamos algo. Selamos. Puxemos as roupas de auga. E botamos a andar. Seguían bazan caldeiros do ceo sen parar.

     Pouco despois de sair de Cea empezamos a toparnos coas primeiras sorpresas. Contabamos con que iba caer auga do ceo sen parar durante todo o día. Pero o que non sabiamos é que os piores demos do inferno andiveran esa noite polo tramo do Camiño que vai de Cea a Oseira, convertindo os camiños en lagos non navegables. Un tras outro, tivemos que ir atravesando charcos inmensos, con auga pola rodilla en moitos casos. Aquilo era moito máis do que podiamos imaxinar. E ainda así seguimos. ¡Non quedaba outro remedio!.

     Puxémonos coma pitos. Entrounos a auga pola cabeza, polos brazos... e sobre todo polos pes. En Silvaboa topámonos coa carretera e dixemos: "Bendito sexa o asfalto!". Nunca antes se escoitara esta expresión na boca dun rillamillas.

     En Oseira topamos ó Padre Prior en persoa, na porta do Mosteiro. Foi coma unha aparición no medio da neboa mollada... Pero a sorpresa mais grande foi a de ver a María sentada nun banco, tamén na entrada do Mosteiro, dándolle de mamar ó neno. Esta imaxe resultoume verdadeiramente marabillosa. Nese mesmo intre veume á cabeza a imaxe da Virxe dándelle de Mamar ó neno que preside a Igrexa de de Santa María de Oseira. E lembreime tamén da historia de San Bernardo, fundador do Cister, de quen contan que se chegou a sentir tan querido e tan protexido pola Virxe María, que en algún momento percibiu como ésta lle daba leite do seu peito...

     Despois de Oseira empezamos a subir unha costa moi empinada, chea de pedras soltas molladas. No medio dela Pedro preguntou: "¿Esta é a que chaman a Costa da Morte?" Non houbo resposta.

     Baixamos por Vilarello. Pasamos por Outeiro de Coiras... e seguimos os camiños que nos levaron á Gouxa. Alí, nun pendello medio en ruinas, onde en tempos pasados era a feira, comemos como poidemos... Seguía chovendo a caldeiros...

     Un alma que conservaba ainda certo grao de raciocinio propuxo poñer alí mesmo o final da etapa... Pero outros dixeron que non, e fixemos unha votación. Por 5 a 4 gañaron os que querían seguir ata Santo Domingo. E así fixemos.

     Despois de pasar Dozón a forza do vento multiplicouse... e tivemos que pechar todos os paraguas para non voar... En moitos momentos era moi dificil camiñar... Pero os rillamillas son duros coma ferros, e non hai vento que os domee... E por iso chegamos, ¡todos vivos!, a Santo Domingo...

     E así rematou unha etapa épica. Das que lles contaremos ós nosos netos. E das que os nosos descendentes seguirán falando dentro de mil anos... se é que o mundo os dura... porque se sigue chovendo así ben seguro que vai a rematar afogando o Planeta...

    Por certo, hoxe entendemos moi ben aquilo que conta a Biblia do Diluvio Universal... Soio agardo que non siga chovendo así durante 40 días e 40 noites...

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador