Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Os rillamillas polos montes do Paraño
Juan 04/12/2011

IMG_0137 IMG_0145c IMG_0149 IMG_0151 IMG_0153
IMG_0137.jpg         IMG_0145c.jpg         IMG_0149.jpg         IMG_0151.jpg         IMG_0153.jpg        
IMG_0154 IMG_0157 IMG_0159 IMG_0162 IMG_0167
IMG_0154.jpg         IMG_0157.jpg         IMG_0159.jpg         IMG_0162.jpg         IMG_0167.jpg        
IMG_0171 IMG_0172 IMG_0173 IMG_0177 IMG_0179
IMG_0171.jpg         IMG_0172.jpg         IMG_0173.jpg         IMG_0177.jpg         IMG_0179.jpg        
IMG_0180 IMG_0181 IMG_0186 IMG_0189 IMG_0194c
IMG_0180.jpg         IMG_0181.jpg         IMG_0186.jpg         IMG_0189.jpg         IMG_0194c.jpg        
IMG_0197 IMG_0199 IMG_0201bn    
IMG_0197.jpg         IMG_0199.jpg         IMG_0201bn.jpg        

 

OS RILLAMILLAS POLOS MONTES DO PARAÑO

     Domingo, 4 de decembro de 2011. Orballa. Toca andaina de rillamillas. Desperto e penso: "Non creo que vaia moita xente. Supoño que irán Luciano e Marcos, e pode que naide mais".

     Dame pereza sair da cama. Podo quedar na casa, quentiño, escoitándo música e ferellando un pouco no ordenador. Teño un montón de fotos atrasadas ainda sen clasificar...

   ¡Perguiza fora!. Levántome. Almorzo. E voume cara a estación de autobuses. Para a miña sorpresa alí hai xente de abondo.

     Once rillamillas (incluindo a Zalo e a unha compañeira de camiñantes que veu con él) repartímonos en tres coches e subimos ata o bar do Paraño. Alí empezamos un roteiro que nos leva monte arriba, monte abaixo... Por camiños, pistas e cortalumes... Pasamos cerca de Espiñeiros. Logo imos a Cerdeira, que non é Cedeira, e lembramos a historia daquel camión extranxeiro (xa non lembro se austriaco ou alemán) que se perdeu fai anos... Quería ir a Cedeira e meteuse en Cerdeira, pola estreita estradiña que leva a este pobo, de noite, ás cinco da madrugada... ¡Vaia susto que paparon os veciños!... E logo vaia traballiño que levaron para facer sitio para que o camión poidese rousar e dar a volta para sair de alí... ¡Arredemo!...

     En Cerdeira buscamos onde acollernos para comer algo. ¡Qué boas estaban as "rosquillas" que trouxo Marcos!... Todos alabamos e bendecimos á súa nai, e démoslle de corazón as grazas por tan exquisitos dulces...

     Coa barriga chea botamos a andar de novo... E despois de faldear un pouco empezamos a subir... unha costa levadeira pero máis longa ca un día sin pan... Parecía que non remataba nunca... Pero rematou cando chegamo á estrada que vai cara a Candosa. Alí collemos cara a esquerda... E logo tocou baixar. Suavemente.

    Cruzamos logo a estrada de Pontevedra. Pasamos pola Fenteira. Subimos un pouco. E rematamos cunha baixada a peto, por un cortalumes, que nos devolveu ós coches...

    Valeu a pena!. Boa compañía, boa temperatura para camiñar, un pouco de orballeira que case que non mollaba, algo de neboa pecha ó lonxe, un bo camiño, e boas sensacións interiores... ¡Unha fermosa mañan!

    E unha vez mais quedou demostrado que rillamillas sempre resucita...

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador