Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Os rillamillas por Punxin
Juan
18/10/2009

IMG_7845 IMG_7847 IMG_7875
IMG_7845.jpg         IMG_7847.jpg         IMG_7875.jpg        
IMG_7884 IMG_7899 IMG_7917
IMG_7884.jpg         IMG_7899.jpg         IMG_7917.jpg        
IMG_7928 IMG_7935 IMG_8004
IMG_7928.jpg         IMG_7935.jpg         IMG_8004.jpg        

 

OS RILLAMILLAS POR PUNXÍN

 

     O presidente, dende o foro, mandounos para Pereiro... pero logo non se presentou na saída, polo que por unanimidade decidimos non facerlle caso... (unha cousa é forear e outra camiñar; aínda que visto lo visto ós rillamillas dásenos mellor o de andar que o de forear... ¿ou non?).

     Estabamos 19 na bus statión do Carballiño, ás 9:30, coma sempre. Sen presidente, coma sempre. E sen guía, coma nunca. Convocamos urxentemente unha tormenta de ideas... e saíron varias rutas posibles, entre as que figuraba unha por Corneda, terra de mil amores... Pero ó final, non sei se por maioría ou por case-unanimidade, acabamos decidíndonos por ir a estrear a ruta nova do río Barbantiño, ó seu paso por Punxín.

     E a verdade é que valeu a pena. O camiño estaba noviño noviño, coma se o fixeran onte para nós... O río, algo-mollado coma sempre, sen moita auga, que tampouco hai que abusar... E o bosque autóctono tan fermoso e agarimoso coma sempre...

     Baixamos pola finca da antiga escola. Alí topamos árbores enormes, dos que se perden de vista alá no ceo... Logo cruzamos o río e collemos río arriba. Chegamos ós muíños, que estaban abertos. Vimos a fervenza. Pasamos debaixo das inmensas pontes da autovía e do AVE. AVE con maiúsculas, porque non é unha cousa calquera... paxariños hai moitos... pero este manda truco...

     E logo volvemos río abaixo, polo outro lado...

     E despois de camiñar tres horas a bo paso... acabamos rematando outra vez nos coches, para volver para a casa...

     En resumo, unha ruta circular, nova, do trinque, a estrear, por un lugar fermoso dende os tempos dos romanos, e incluso dende antes...
E todo regado ca parola e cos sorrisos de dezanove rillamillas que convertemos un día soleado e fermoso nunha festa de amizade e de ledicia...

      Que se botamos algo de menos? Pois claro que si! ¡Faltábanos o noso guía e noso cronista, que non son dous senón un, pero UN, así, con maiúscula, coma o AVE!. Amigo Xano, ¡claro que te botamos en falta!...

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador