Galicias.com: una casa para todos | |||||
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Islas Cíes.
Paraíso. Belén, Carolina, Juan Años 2009 y 2014 |
Algunas
de estas fotos fueron hechas en el año 2014 por Belén y Carolina,
dos jóvenes malagueñas que visitaron las islas un lluvioso día
de septiembre, después de haber pasado seis días haciendo el
Camino de Santiago.
Otras fueron tomadas por mí en el año
2009, durante una andaina de los rillamillas. A esta última andaina
corresponde la crónica que se reproduce a continuación.
Unha nota curiosa: nas Cíes non hai contenedores, polo impacto visual e polos problemas ambientais que produciría o almacenamento e transporte da basura... Xa que logo, cada visitante debe levar os seus resíduos ó porto de orixe... E a verdade é que parece que o sistema funciona. E serve tamén para que sexamos conscientes de que temos que xenerar a menor basura posible... Creo que é un bo método para aprender a non crear basura sen tino...
ILLAS CIES
Era domingo. Nos rillamillas sempre é domingo: día de festa. 28 de xuño de 2009. Ás 8:50 en punto a xente estaba subindo ós autobuses...
Os do tempo anunciaran chuvia. Moita auga. Mal tempo. ¿Imos ir igual? ¿Non se suspende?... Quen esto preguntaba ainda non coñece ben os usos non escritos polos que se rixe a familia rillamillas: "Unha andaina nunca se suspende. Ainda que chova. Ainda que neve. Ainda que coincida cos carnavales. Ainda que morra o gato... A andaina mantense sempre, pase o que pase... E se soio poden ir catro... van catro".
Pero desta vez non foron catro... senón 69. Número especial onde os haxa. Foi a vez que máis xente xuntou unha convocatoria rillamillas... Tanta que non coupemos nun autobús e tivemos que levar outro pequeno de reforzo... E iso que algunha xente, á última hora, deuse de baixa... por mor do tan temido mal tempo... ¿Qué facemos na illa se pasa o día enteiro chovendo?... ¡Qué claustrofobia!...
Eu, coma todos, tamén pensei en non ir... Pero... ¡qué demos!... a rillamillas vaise e punto... ainda que sexa sen ganas... logo as ganas aparecen despois... E ó final sempre se acaba pasando ben...
Os autobuses empezaron a enfiar o camiño de cara Vigo. O ceo estaba cuberto e aneboado. Pero dentro dos autobuses non cheiraba a funeral senon a festa. Maxia da xente que camiña.
Bernardo colleu o micro e tomou o mando do bus grande. Darío e Luisa ían no pequeno...
En Vigo mandáronnos formar en fila, de dous en dous, coma na mili... e fixeron o reconto antes de deixarnos subir ó barco... Barco de verdade: grande, con alomenos tres pisos, amén do soto, no que estaban os baños...
As anunciadas ondas de dous metros de alto non fixeron acto de presencia. E a travesía foi pacífica e fermosa. Ainda non chovía. E o suave vaivén das augas acunaba a nosa ledicia... Cheiraba a flores de ben-estar... Perfume de deuses...
Arrivada e desembarco sen problemas... Un bar... ¿Podemos deixar aquí as bolsas da comida? Parece ser que non... ¿Entón? ¿Deixamolas fora? ¿E se chove? Todo isto era so unha pequena dificultade. Non un problema. Cada un fixo o que lle pareceu. Uns deixaron as bolsas alí fora, nun montón. Outros leváronas a costas. Outros deixáronllas a María e ás nenas, que decidiron "pasar" de andar e ir dereitamente á praia. ¿A praia?. Pero se din que vai chover!!!. Xa veremos.
Empezamos a camiñar. Pola ruta do faro. Pasamos ó lado da praia de Rodas. Chegamos ó lago. Cruzamos a "ponte" que une a Illa do Norte coa Illa do Medio. Deixamos o camping á nosa esquerda. E empezamos a subir. As paisaxen que se ven son moi fermosas. Vese a illa do sur ou Illa de San Martiño, e nela destaca, virxe e branca, a praia tamén chamada de San Martiño... Mais cerca de nos, na mesma Illa do Medio ou do Faro, pola que estamos andando, imos deixando á nosa esquerda a Punta das Vellas, a Praia dos Viños, a Praia da Nosa Señora, a Punta de Carracido...
Á veira do camiño as gaivotas coidan das súas crias. Vemos un polo solto. Alguén se acerca para acaricialo... Chega voando, toda alporizada, a nai gaivota... e temos que sair correndo... Non temos ganas de pelexar contra un exército moito máis numeroso co noso... Unha retirada a tempo é unha victoria...
Cando chegamos ó faro está orballando. Parece que chove sen ganas. Coma ser fora de broma...
Gozamos un pedazo das vistas dende o faro. Vemos unha gaivota que está chocando un ovo. Facemos algunhas fotos. Falamos. Vemos como a Terra, o Mar e o Ceo se dan un bico. Cheira a sorrisos.
E parece que quere parar de chover. ¡E para!.
Baixamos. Desviámonos un pouco para ver a Pedra da Campá. Non se pode subir a ela, porque din que é perigoso. Voamos.
Volvemos a coller o camiño cara abaixo. Desviamonos para ir ata o faro pequeno, o Faro da Porta. Un rapaz topa un niño de gaivota con tres ovos. Vemos varios lagartos. Fai unha temperatura estupenda. Incluso empeza a facer calor. Xa non lle hai medo á choiva. Está chegando o mediodía.
Volvemos para a praia de Rodas. E sentamonos a comer, en pequenos grupos. Unha rapaza está tumbada no chan, empezando a comer un bocata. Unha gaivota entra voando dende atrás e ¡zas! arríncallo das mans... A rapaza queda parva, mirando o papel albal que a gaivota non quixo levar... ¿Cicais non sabiades que as gaivotas non comen papel albal?... Debe ser unha das poucas cousas que non comen... A outra rapaza pásalle o mesmo. Menos mal que a solidaridade rillamillas funciona sempre e non deixa nunca a naide sen comer.
Pola tarde xa fai sol dun xeito contundente e descarado. Algúns van á praia. Outros poñemonos a camiñar de novo... Vemos dende lonxe a Praia das Figueiras. Nudista. Ainda que parece que non hai case naide. Subimos ó Alto do Príncipe. Logo pasamos cerca da Punta dos Ferreiros, vemos a Area da Cantareira, e chegamos ó Faro do Peito. Estamos na Illa do Norte, ou de Monteagudo. E aquí remata o noso andar.
Volvemos de cara o campamento base, xusto con tempo de nos mudar dentro dun magnífico cambiador de tela, e de meter os nosos osos mazados nas frescas e limpas augas do mar. Da gloria ver a cor que teñen. ¡Esto son praias e o demais son contos!. Este da Praia de Rodas é para moitos de nos o primeiro baño do verán deste ano 2009... ¡Qué ben nos senta!.
Logo merenda, barco, autobus, e volta á casa.
Un día completo, pero que moi completo; fermoso, pero que moi fermoso. Pola paisaxe, polo clima, pola terra, polo mar, polo ceo... e, sobre todo, ¡pola xente! Un día dos que fan que a vida valga a pena...
Por certo: a organización un dez. E os que dan o tempo: un sorriso. Xa o dixo Bernardo, no viaxe de volta, "rillamillas sempre trae bo tempo".
E colorín colorado... se Deus quere seguiremos... ¡seguiremos camiñando!.
(Juan, 28-06-2009)
Islas Cíes
En Finisterre acaba la Tierra y empieza el Mar...
En el Cebreiro acaba la Tierra y empieza el Cielo...
Y en las Cíes no acaba nada ...
sino que es allí donde todo empieza...
En las Cies se besan
y se abrazan
el Mar, la Tierra y el Cielo...
y se funden en un nudo de belleza...
Las Cíes son
el corazón
del agua, del viento y de la luz....
son el alma del Edén
que un día soñaron
los dinosaurios eternos
antes de volar hacia la cueva del olvido...
Las Cíes son en realidad
-no se lo digais a nadie-
tres viejos dinosaurios
que están soñando
adormecidos...
Si un día se despiertan
no os pongais nerviosos
porque se despertaran sonriendo
después de un sueño feliz...
(Juan, 30-06-2009)
SOÑANDO ATARDERECES INFINITOS
Baila la luna
sus últimos pasos
en el cielo de seda,
escondida tras la niebla
de un día lluvioso
de septiembre.
Despiertan las Islas
de su dormir suave,
abren sus almas
y miran con dulzura
a los primeros barcos
que a ellas llegan.
Una lluvia perezosa
riega los pinos,
las playas y las rocas.
Un suave viento del sur
acaricia las raíces
de las montañas eternas:
llega sangre andaluza
para reclamar el sol.
Y al fin vence la vida
y la tarde se pone de playa:
un bonito día de septiembre.
Sueños morenos
acarician el mar.
Y en el fondo de la Ría
late con fuerza
el corazón del último dinosaurio,
sintiendo que la luna,
-su amada-,
se está bañando en el agua.
Duermen los misterios
escondidos en el alma de las Islas.
Y el silencio canta
soñando atardeceres infinitos.
(Juan, 12-09-2014)
"We don't need words, we can speak with eyes"(Juan)
Los cuentos y las mariposas no pueden durar para siempre.
"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
"El verdadero mérito es como un río. Cuanto más profundo es, menos ruído hace" (E.F. Halifax)
Benvid@, estás en tu casa