SUBIDA A COTO NOVELLE
Castrelo de Miño-Coto Novelle- Arnoia
O domingo, 30 de marzo de 2003, os Rillamillas fomos ó Coto de Novelle. Saimos, como sempre, da estación de autobuses de Carballiño ás 9:30 horas da mañá. O cambio de hora e mais a choiva que caía desanimaron a algunha xente. Pero aínda así houbo máis de media entrada. En parte a xente animouse porque sonaba que a ruta iba a ser fermosa e que as vistas que hai dende o alto de Coto Novelle son das mais fermosas da provincia de Ourense.
Ante a ausencia do Presidente Darío, dirixiu as maniobras o vicepresidente primeiro Bernardo.
Fomos en coche ata Castrelo de Miño. Vimos o embalse e a fermosa eirexa de Santa María, asentada enriba dun outeiro, á beira do embalse. Deixamos os coches aparcados en Castrelo e puxémonos a subir polo monte arriba. Primeiro por unha estrada asfaltada, estreita, entre árbores. Era moi empinada e ainda así subimos a un ritmo moi rápido. Despois de pasar unha zona de piñeiros, pronto entramos nun fermoso bosque de sobreiras e outras árbores, regado polas augas dun fermoso regato. Pasamos un lavadeiro, .... logo empezamos a ver terras traballadas, .... e alí, no medio da ladeira, apareceron as casas dun pequeno pobo, chamado .... non me lembro agora do nome, pero en canto o saiba xa o porei aquí.
Despois do pobo o camiño xa era de terra. Seguimos subindo a bó ritmo. Levábamos os chuvasqueiros postos e sudábamos. Pero a verdade é que chover, choveu pouco. En menos de duas horas chegamos dende Castrelo á cima do monte. E alí agardábannos as ansiadas "vistas". Xa no alto, empezamos a mirar para un lado e para o outro ... e vimos ... que había unha neboa pecha que non deixaba ver absolutamente nada. Así que, comemos un bocado, e sin máis trámite empezamos a baixada.
Despois de conquistada con pleno éxito a posición da cima, sin que naide se perdese, e sin que tuvesemos ningunha baixa, e sin que o enemigo nos fixese frente en ningún momento, o vicepresidente primeiro dirixiu a escuadra dos rillamillas por un rápido e agradable descenso, orientado á conquista de Arnoia. O camiño era de terra e o descenso suave e fermoso. Parou de chover. Empezou a abrir un pouco o día. Incluso se empezaron a ver boas vistas. De súpeto atopámonos coa fermosa capela de SAN MIGUEL, e cos dous carballos impresionantes que hai no campo que está ó lado da capela. De verdade, vale a pena ir alí soio por ver eses dous carballos, corpulentos, grosos, e con unha roda fermosa, .... Seguimos baixando. O final da baixada acabouse o agradable camiño de terra e tuvemos que ir un anaco pola carretera asfaltada. Pronto chegamos a Arnoia. Dende alí, José Ramón (o home de Fina) e un amigo leváronnos a Castrelo a buscar o coches. E logo, cada ún para a súa casa. Chegamos a tempo para xantar.
Foi unha ruta fermosa. Pero chegamos cansos porque a subida era moi empinada e porque fomos moi rápidos. As vistas non as vimos. Pero como choveu pouco e fixo moi boa temperatura tuvemos unha mañá agradable, na que non faltou casi nada.
En Castrelo de Miño.
En Castrelo de Miño, o embalse á esquerda, e no medio, no outeiro, a eirexa de Santa María. Por suposto que Castrelo ten cousas moito mais fermosas que as que saen nestas fotos. Pero confeso que as presas da ruta non me deixaron tempo para facer outras fotos millores. Outra vez será.