Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Exposición
"Galicias" Juan 25/10/2007 |
EXPOSICIÓN: “Galicias”.
Así,
en plural. Porque Galicia é unha e son moitas ó mesmo tempo:
a da costa, a do interior, a das praias, a dos montes, a urbana, a rural,
a tecnolóxica, a tradicional, a de aquí, a espallada polo mundo
enteiro... E cada galego leva no seu corazón a súa propia Galicia;
é o minifundio. En Galicia cada recanto é único, sorprendente,
e irrepetible. Galicia é un mundo e mil mundos, unha historia e mil
historias. Galicia é... Galicia, "e como ela non hai outra".
Galicias en plural para amosar fotos de realidades moi diferentes que se poden
topar neste noso máxico país.
Galicia é un paraiso (mazá como símbolo). Pero un paraiso inestable, en perigo, ameazado pola cobiza inmobiliaria... e por moitas outras cobizas... A tentación é moi grande...
¿Onde se puido ver esta exposición?.
Nestas datas e lugares:
No CENTRO DE SAUDE DA TEIXEIRA: do 1 ó 30 de novembro de 2007.
No CENTRO DE SAUDE DE PARADA DO SIL: do 1 ó 31 de decembro de 2007.
Na CASA DO CONCELLO do Carballiño: do 2 ó 30 de xaneiro de 2008.
Nos locais das seguintes FUNDACIÓNS COMARCAIS:
- Deza: Do 1 ao 15 de febreiro.
- O Salnés: Do 16 ao 30 de abril.
- Terras de Trives: Do 2 ao 16 de xuño.
- A Ulloa: Do 1 ao 15 agosto.
- Bergantiños: Do 1 ao 30 de novembro.
- A Mariña Occidental: Do 17 de decembro de 2008 ao 15 de xaneiro de 2009.
No centro comercial Pontiñas, de Lalín, do 18 de febreiro ó 30 de marzo.
E no concello de Leiro, do 1 ó 15 de Maio.
Outras exposicións: A cor viaauria: do 3 de marzo ó 10 de setembro de 2008 na sala de esperas das consultas de dixestivo do Hospital Santa María Nai de Ourense.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa