Galicias.com: unha casa para todos |
JOSÉ VALEIRAS SOBRINO
(Pepe "Labrador")
O día 6 de maio de 2013 morre José Valeiras Sobrino, un veciño do Carballiño ó que moitos coñecen como Pepe "Labrador".
Pola tardiña acércome para dárlle o pésame á familia, e para rezar un pouco por Pepe. Na porta do tanatorio da Veracruz tópome cun amigo e póñome a conversar con él. Dime:
"Vexo o cadaleito, sinxelo, cun ramo de rosas bermellas enriba. Cerro os ollos. Non sinto dor, nin medo, nin tristura... Sinto paz e ledicia. Rezo, e non pido por Pepe, senón que dou grazas pola súa vida. É unha sensación moi diferente da que teño sentido outras veces. Parece coma se Pepe, dende dentro do féretro, seguira irradiando paz e bondade. Escoito unha voz silandeira que me dí "non vos preocupedes por min, eu estou ben, preocupádevos pola xente necesitada, e botádelle unha man. Hai moitos a quen axudar". Outras veces choro cando veño a rezar diante do corpo morto dun amigo. Pero esta vez non teño ganas de chorar. O que sinto dentro, no mais fondo de min, é unha serena sensación de agradecemento"
Cando chego á casa paso moito rempo rumiando as palabras do meu amigo. E doume conta de que eu tamén noto dentro unha sensación parecida. Pepe é unha desas persoas que sementan paz sempre, tanto de vivos como de mortos. Ou se cadra o que pasa é que non está morto, senón vivo, no ceo que todos sabemos que merece. E dende ahí é dende onde nos manda esta paz que nos cubre coma un manto.
Fai tres anos e pico, no mes de xuño de 2009, o número 186 da revista "COMUNIDADE" (publicada pola Diócese de Ourense), fálanos de PEPE "LABRADOR" con estas fermosas palabras:
COMPROMISO LAICAL
“La primera tarea
del laico es vivir la fe con
naturalidad, con alegría y con compromiso”
José
Valeiras Sobrino, conocido por todos como “Pepe labrador”,
de 85 años, vive su compromiso con la Iglesia a través de la entrega
a quienes más lo necesitan. En el año 1952 participó en
la fundación de las Conferencias de San Vicente de Paúl en O Carballiño
(es el único de entre quienes la fundaron que aún vive), y desde
entonces colabora también con Cáritas, con la
Adoración Nocturna, en el Asilo de Carballiño, y a veces va a
alguna aldea cercana para atender a quien necesite que le eche una mano en alguna
gestión. De su labor como catequista durante 65 años le queda,
sobre todo, el orgullo de ver a jóvenes que conservan lo aprendido y
procuran vivir lo enseñado.
“La fe es lo principal en mi vida. Si no tuviera fe no haría lo hago; me limitaría a darle comida al hambriento, sin comprometerme con él y sin ir más allá.”
Eso le llevó, por ejemplo, a recorrer seis kilómetros en el año 1946 desde Señorín a las 2 de la madrugada en busca de un sacerdote para que le administrara la unción de los enfermos a una vecina enferma. “¡De aquella tenía buenas piernas!”, recuerda.
Haciendo memoria también nos cuenta que de Don Evaristo, párroco de O Carballiño, aprendió lo que es la generosidad, y cómo en el año 1952 ayudó en la construcción de la Veracruz, en sus ratos libres, llevando calderos de masa para hacer la Iglesia.
Considera que quizás
la primera tarea del laico sea vivir la fe con naturalidad y transmitirla a
los
que están a su alrededor.
La mayoría de los laicos aún no han descubierto su vocación.
“Es mucho lo que
hay que hacer y si no lo hacemos nosotros nadie lo hará: debemos vivir
la fe con alegría y con compromiso, ya que se necesitan más hechos
que palabras.”
Creo que non fai falta decir moito máis para ver de qué clase de home estamos falando. Graciñas, Pepe. E agora séguenos axudando dende "arriba".
(Juan, 06-05-2013)
7 de maio de 2013. Seis da tarde. Funeral na igrexa da Veracruz do Carballiño. Ateigada de xente. Había arredor de 50 curas. Palabras pausadas, música e momentos de silencio. Oración de agradecemento pola vida de Pepe. Un home bo, cunha fe fonda e consecuente. Unha vida adicada a axudar ós demáis, especialmente ós pobres e ós ancianos. Xenerosidade sen ruído.
A súa morte deixa un burato moi grande. Pero pode que sexa unha morte fecunda: un feito que nos fai reflexionar. Pode que haxa xente que decida axudar a encher ise valeiro que deixa Pepe. Pode que a sua morte sexa unha sementeira de novos compromisos en algunhas persoas das que quedan neste mundo. Pode que algúns decidan ser máis valentes, ter menos medo e menos perguiza...
Gústame esta idea: ver a morte de Pepe como unha sementeira de bondade, que se espalla pola xente de bo corazón, e que enraíza e medra en nos...
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
Benvid@, a Galicias.com
Contador
© Juan Rúa