galicias>> instituto de estudios carballiñeses 

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

Curso de termalismo

Conferencias

ACTIVIDADES

Veleiquí algunhas das actividades desenvolvidas polo Instituto de Estudios Carballiñeses nos seus primeiros anos de vida.

 

Actividades do Instituto de Estudios Carballiñeses realizadas en 2005

Febreiro
Día 5
No Casino do Carballiño: Asemblea Xeral de socios e presentación do nº 9 de Ágora do Orcellón.

Abril
Día 23
Nunha carpa instalada na praza Maior do Carballiño: lectura continuada do Quixote durante doce horas..

Actividades do Instituto de Estudios Carballiñeses realizadas en 2004.

1. Primeira Asemblea xeral o 20 de febreiro.

2. Segunda Asamblea xeral o 6 de agosto.

3. IV Curso de Termalismo realizado no mes de xullo (13, 14, 15, 16) en colaboración coa universidade de Vigo. Non se permitiu que se matriculasen máis de cincuenta alumnos, a maioría deles da universidade de Vigo (dos tres campus: Vigo, Ourense e Pontevedra).

4. Publicación dos números 7 e 8 da revista Ágora do Orcellón.

     Quero destacar a progresiva implantación da nosa revista nos ámbitos da cultura galega. Suliñar igualmente o éxito que está conseguindo noutros ámbitos culturais fóra de Galicia. É un orgullo para todos nós o feito de que estea incorporada desde o pasado mes de novembro ós archivos do Instituto Cervantes, onde teoricamente hai cinco centos lectores potenciais da mesma. Alomenos pode chegar a ese impresionante número de persoas.

5. IV Concurso literario en colaboración co casino do Carballiño. Nese concurso hai dous premios: o primeiro premio subvencionado polo casino e o segundo premio subvencionado polo Instituto de Estudios Carballiñeses.

6. Colaboración co casino na organización da XXXVIII Festa da Mimosa e da Semana das Letras Galegas. O pregoeiro da Festa da Mimosa foi Gonzalo Navaza, que foi presentado pola actriz Uxía Blanco.

7. Adaptación dos Estatutos do Instituto á nova Lei 1/2002, a que estaban obrigadas todas as asociacións culturais.

8. Colaboración coa asociación Álvaro das Casas nas múltiples actividades que esta asociación levou a cabo durante o ano 2004. Destacar de entre elas as seguintes:

• Colleita 2004. Máis galega. Manifesto a prol do uso do galego na etiquetaxe do viño.
• Primeiro bacelo de prata no que se premia a adegueiros, colleiteiros e xente relacionada co mundo do viño.
• Gravación dos primeiros encontros coa historia: Diversas persoas relataron no pazo dos Ulloa en Esposende as súas vivencias desde a súa infancia (primeiros estudos na escola, festas, labores do campo, tradicións, viño, etc.). Estas conversas foron gravadas coa idea de recollelas logo nun CD a fin de que non se perda a sabedoría dos nosos maiores.
• Publicación do Manifesto UCRA redactado por Álvaro das Casas no ano 1936.


9. Colaboración co Grupo Aletheia de Vigo na organización das XIV Xornadas de Filosofía realizadas en outubro (13, 14, 15 e 16).


Actividades realizadas polo Instituto de Estudios Carballiñeses no ano 2003.

1. Asemblea xeral de socios no mes de febreiro.
2. Publicación do nº 5 e do nº 6 da revista Ágora do Orcellón
3. Celebración da XXXVII Festa da Mimosa (Do 8 ó 15 de marzo) en colaboración co casino. Pregoeiro: Xesús Alonso Montero.
4. III Premios literario en colaboración co casino.
5. Semana das Letras Galegas.
6. III Curso de Termalismo en colaboración coa universidade de Vigo. Termalismo e turismo.
7. Elaboración da páxina web do Instituto.
8. Segunda asemblea xeral de socios no mes de agosto.
9. Colaboración con outras entidades culturais como a Asociación Álvaro das Casas, A Táboa da Historia, Grupo Aletheia, etc.


Actividades do 2002 do Instituto de Estudios Carballiñeses

Xaneiro
Día 4
Na Casa da Cultura: Asemblea Xeral de socios e presentación do nº 3 de Ágora do Orcellón.

Marzo
Do 9 ó 16
Celebración da XXXVI Festa da Mimosa.
PROGRAMA
Día 9: Representación teatral polo Grupo Tiruleque.
Día 10: Concerto de boleros.
Día 15:Conferencia a cargo de Luís García Mañá -Comisario de policía de Vigo- sobre “A fronteira galaico-portuguesa como punto de encontro.
Día 16: Segundo Concurso Literario para xoves escritores dotado con dous premios e dous accésit.
Pregón da Festa da Mimosa polo escritor X.L. Méndez Ferrín.
Abril
Día 23
Na Casa da Cultura, participación no acto de lectura da obra de Pardo Bazán " El cisne de Vilamorta ".

Maio
Semana das Letras Galegas
PROGRAMA
Día 11, sábado, na Casa da Cultura: Conferencia de María Xosé Queizán: “O traballo ten xénero”
Día 16, xoves, no salón do Casino: Tertulia sobre “a actualidade en perspectiva”
Polo Grupo Mirador :
- Avelino Muleiro García
- Ventura Pérez Mariño
- Xerardo Soaje Hermida
- Manuel Vilanova Rodriguez
Conferencia de D. Ventura Pérez Mariño: “Tópicos e solucións ós problemas xurídicos”

Xuño
Do 20 ó 24:
Colaboración na exposición da obra de Palacios en Vigo.

Xullo
Día 13:
Colaboración nos actos do Couto Mixto.
Visita dirixida ó templo da Veracruz (acto incluído no programa da exposición de Antonio Palacios en Vigo).
Segundo curso de Termalismo (con cen prazas) en colaboración coa Universidade de Vigo: Termalismo: estética, saúde e ocio. (do 17 ó 20 de xullo).
(Máis información no Rectorado da Universidade de Vigo. Tf. 986813626)

Agosto
Día 9:
Na Casa da Cultura: Asemblea Xeral de socios e Presentación do nº 4 da revista Ágora do Orcellón.
-Primeira edición dos “Premios das persoas distinguidas na Comarca do Orcellón”.
-Comida de confraternidade dos socios.)
Setembro
Do 10 ó 20:
Exposición de antigüidades na Casa da Cultura.

Octubro
Día 10:
Mesa redonda sobre “Economía e empresa”, na Casa da Cultura.

Novembro
Día 21:
Debate político sobre “Retos do Carballiño na primeira década do século XXI”.

Decembro
Do 9 ó 14:
Exposición de pintura e postais navideñas.

Actividades do 2001 do Instituto de Estudios Carballiñeses

Xullo
Do 18 ó 21:
Celebrouse un curso de termalismo correspondente ós cursos de extensión Universitaria - curso de verán- da Universidade de Vigo baixo o título "Perspectivas actuais do Termalismo".
O curso foi organizado polo Instituto de Estudios Carballiñeses.
A dirección do curso correu a cargo dos profesores :
D. Xosé Antonio Rodriguez Vázquez
D. Xosé Luís Legido Soto
D. Avelino Muleiro García
Participaron como poñentes do curso, ademais dos directores,
D. Xoán Casares Long (Catedrático de Enxeñería Química e Director Xeral da Consellería de Medio Ambiente)
Dna. Marita Souto Figueroa (Catedrática de Química)
Dna. Mayte Suárez Santos (Periodista especializada en temas de saúde)
D. Xosé Manuel Pereira Cordido Catedrático de Química e Subdirector Xeral da Consellería de Medio Ambiente)
D. Ismael Rincón Portero (Doctor en Ciencias xeolóxicas)
D. Luís González Rodriguez (Xefe de nefroloxía do Hospital Xeral de Vigo)
As actividades desenvolveronse no Casino do Carballiño e os alumnos visitaron os balnearios de Laias, Arnoia, Caldas de Partovia e Gran Balneario do Carballiño. Nestes dous últimos, e gracias a D. Xesús Garriga -propietario do balneario das Caldas de Partovia- e a D. Eduardo Pagán, xerente do Gran Balneario, os alumos e mailos profesores comprobaron as propiedades das augas minero-medicinais.


Agosto
Día 9:
Presentouse o segundo número da revista Ágora do Orcellón.
Nela aparecen estudios tan interesantes como :
"Os monumentos histórico-artísticos do Concello de Leiro"
"O asasinato de Aquilino Sánchez"
"O Carballiño na década dos anos cincuenta"...
Ese mesmo día tivo lugar unha asemblea ordinaria do Instituto de Estudios Carballiñeses.

Actividades do 2000 do Instituto de Estudios Carballiñeses

Marzo
Día 11:
Conferencia de D. Gerardo Sacau Rodriguez: " A comarca do Carballiño á luz da toponomástica "
Día 16:
Conferencia de D. Xosé Mª Ramón Iglesias Veiga: " A obra de Antonio Palacios en Galicia "
Día 18:
Actuación das pandereteiras de Cea
Concerto da Coral polifónica do Casino
Pregón da XXXIV festa da Mimosa por D. Bernardo Miguel Vázquez Gil

Decembro
Día 9:
Asemblea Xeral e presentación do número 1 de Ágora do Orcellón

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador