INSTITUTO
DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
|||
Asociacións culturais do Carballiño
(María Rúa Rodríguez, novembro de 2010)
No carballiño hai moitas asociacións culturais. Entre elas atópanse as seguintes:
- O Instituto de Estudios Carballineses. Foi inscrito no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense o 14 de xuño de 1999. Os fins do Instituto son fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas, artes, etc. así como en tódalas manifestacións que se relacionen co Carballiño e coa súa comarca. Ademais colabora na organización de diversas actividades como por exemplo o curso de termalismo. Actividade que organiza dende o ano 2001 coa colaboración da universidade de Vigo. Esta actividade consta de dúas partes: uunha teórica e outra práctica. O curso realizase todolos anos no mes de xullo. Nun primeiro momento realizábase no salon de actos do Casino de Carballliño, pero no sseguintes anos pasouse a celebrar no Centro Comarcal.
Outra das súas actividades é a publicación semestral da revista "Agora do Orcellón”, que é unha revista creada polo Instituto de Estudios Carballiñeses no ano 2000 coincidindo coa creación da asociación. O Instituto tamén publicou diversos libros, coma “Nomes do Ribeiro” escritu por Frutos Fernandez Gonzalez e presentado o día 28 de decembro de2007 na casa da cultura do Carballiño.
- O Casino recreativo Cultural do Carballiño. Esta asociación foi constituida en 1964. Entre os seus obxectivos destacan os seguientes: organizar todo tipo de actos culturais e artísticos, proporcionarlles ós socios un lugar apropiado para reunirse, ler, e xogar a xogos legalmente autorizados e distraerse, organizar diversos bailes, festas…
O Casino do Carballiño, tal como xa se dixo, foi fundado nos anos sesenta do século XX. O seu máximo dinamizador foi o finado Manuel Blanco Quintela “Celta”, que xunto con Aquilino Sánchez, Vicente M. Torres Sánchez e outros formaron a primeira directiva.
A primeira sede social estivo no primeiro andar do Cine Rivas (hoxe todo a cen da Avda. Xulio Rguez. Soto,20) pasando a ocupar a actual sede no 1970-71 e pasando por moitas vicisitudes ao longo deste medio século de existencia. Na parte traseira das instalacións chegou a funcionar ata unha sala de bingo cando foi autorizado o xogo de hazar. A celebración máis sinalada é a Festa da Mimosa, unha celebración de carácter cultural que nos primeiros anos contou con pregoeiros tan notables como Otero Pedraio, Ogando Vázquez e outros.
- A Asociación Álvaro das Casas. Creouse cerca do Carballiño, concretamente en Esposende. Esta asociación que nace o día 8 de Marzo de 2003 no pazo dos Ulloa en Esposende, pretende recuperar a figura de don Álvaro, e quere promover o teatro e as artes escénicas, a educación no respecto e no amor ó medio ambiente, e o fomento do amor a Galicia entre a mocidade; todo iso tal como fixo no seu día o noso precursor, o galego don Álvaro. Tamén ten como obxectivo fundamental o promover o uso da lingua galega, en tódolos eidos, e moi especialmente na etiquetaxe do viño.
Para iso organiza diversas actividades como os premios bacelos de prata que son premios outorgados a aqueles viños que se consideran de calidade e que ademáis teñen a súa etiquetaxe escrita en lingua galega. Tamém organiza cada ano en Leiro os maios do ribeiro no cal que se entregan premios os maios tradicionais, ós máios artísticos e tamén se escoitan recitar alguhas coplas que recibirán premios. O obxectivo é recuperar e manter esta tradición galega de celebrar os maios.
- O Grupo do Orcellón. Está relacionada coa música e a danza folclórica galega. É un grupo de gaitas e danzas que actúa en diversos festivais folclóricos. Este grupo permite que continuen a tradición musical galega e que esta se coñeza en diversas partes de España e do mundo.
- A Asociación fotográfica O POTIÑOS. É unha Asociación Cultural do Carballiño relacionada coa fotografía. A Asociación Fotográfica Carballiñesa “O Potiños” nace no ano 1985 da inquedanza pola fotografía de un grupo de aficionados da comarca do Carballiño, sendo coñecedores da gran lagoa cultural existente neste terreo, pese a que na vila xa existira un fotógrafo profesional estable antes do ano 1.910, e por esas datas xa cinco veciños se ocupaban á profesión de fotógrafo.
Unha das mayores preocupacións nos comezos da asociación, foi buscar un nome que reflectira todo o sentir popular local pola fotografía, e a memoria lembrou a figura dun vello fotógrafo “de minuto”, un dos máis recordados no Carballiño e coñecido de todos polo alcume familiar de “O Potiños”. Este é o nome que se lle da á asociación.
Na actualidade esta asociación fotográfica está máis viva ca nunca. Organiza varias actividades: cursos de fotografía, exposición colectivas e individuais, saídas fotográficas... Os "potiños" teñen gañado xa varios concursos de fotografía, entre os que podemos destacar o de Raigame. E a asociación participa tamén cada ano no Outono fotográfico, no que este ano, por exemplo, atopamos ata seis exposicións individuais de membros da asociación. Ademáis os potiños reunense tódolos meses. Cada mes escóllese un tema para facer fotos. E logo, nunha cea cultural, cada un presenta unha foto sobre ese tema. Así compántense as viandas, as fotos, e as conversas. Para saber máis: http://galicias.com/fotos/index.htm
- O Grupo de Teatro Tiruleque. É é unha asociación cultural sen ánimo de lucro fundada no ano 1985 (oficialmente no 1988) . Desenvolveu distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño, non só con actos propios, senón tamén axudando a outras entidades para mellorar no que se poda toda caste de actos culturais. Por eso véñense tocando tódalas frontes posibles, incluíndo actividades para nenos, dende os máis cativos ata estudiantes de bacharelato - FP ou xubilados. Con algúns momentos de inactividade, altérnanse outros de traballo a reo en tódolos eidos da cultura nos que se poda axudar ou emprender camiño.
Tiruleque naceu ó abeiro da Comisión Cultural do Casino do Carballiño, cando o seu primeiro director Euloxio Alonso Rivera, preparou a un grupo de xente que deron os seus primeiros pasos con cursiños de expresión corporal, ortofonía a e preparación de dúas obras no seu ano de fundación. Durante este tempo o grupo de teatro actúa e participa nun importante feito cultural: A Primeira Roda Provincial de Teatro, feita en Ourense, organizada pola Coordinadora Aberta de Teatro Afeccionado Galaico-Portugués. Actividade patrocinada pola Deputación de Ourense.
No seguinte ano, 1986, Euloxio Alonso Rivera ten que deixa-la dirección por mor do seu traballo profesional e faise cargo da mesma Xosé Prada Martínez, quedando o grupo de teatro formado soamente por mozos e adultos.
Nos seguintes meses hai unha chea de actividades sen vagar e folganza, destacando os cursiños de Maquillaxe teatral e de Dirección Escénica, impartido este último por Eduardo Alonso, fundador do Centro Dramático Galego.
En 1988, Tiruleque deixa a titoría do Casino do Carballiño, se ben segue a manter unha boa relación coa devandita entidade. Coa súa independencia comeza tamén a súa vida oficial e administrativa ó aprobarse os seus estatutos polo que daquela era o Goberno Civil, dándose de alta no Rexistro de Entidades Culturais de Galicia.
- O Cine Club Carballiño. Foi constituído por un grupo de amigos no restaurante “O Pote’, no parque municipal da vila do Arenteiro, o día 28 de Febreiro de 1969. Esta entidade, 15 anos despois, deu a luz ás ‘Xornadas de Cine’ a finais do mes de agosto de 1984.
A fundación de esta asociación remóntanse ao ano 1969 e tivo unha primerira etapa que durou ata 1973. O seu primeiro presidente foi o xa finado Julio Castro Losada.
A segunda etapa foi a máis longa e durou de 1975 ata 2003. Neses anos foi cando desenvolveu actividades tan senlleiras para o Carballiño como a XOCIVIGA (Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia), sendo presidente do Cineclub Carballiño Miguel Anxo Fernández. As Xocivigas contan xa con 27 edicións: semanas de cine de autor, temáticas e ciclos de nacionalidades. Durante este período contactouse con moitos actores, produtores, directores de cine... tanto a nivel galego como do estado español. Proxectábanse as películas nos desaparecidos cines Alameda, Rivas e finalmente no Paradiso, así como na sala da Casa da Cultura.
Hoxendía estase a recuperar a actividade desta asociación por xestións de Ricardo, profesor do IES num. 1, cun grupo de alumnos do centro, tendo prevista a primeira proxección desta nova etapa para finais de Novembro de 2010.
- A asociación Senuncan. É unha asociación cultural sen ánimo de lucro que organiza diversas actividades entre as cales destaca o festival Senuncan que nace en O Carballiño un dia de agosto de 2003. Trátase dun festival autofinanciado e autoxestionado por Senuncan (Asociación Cultural). Comezou sendo unha pequena festa con grupos amigos; ata chegar ó día de hoxe no que xa pasaron moitos grupos de ámbito nacional e sobre todo de Galiza.
Esta asociación nace co obxectivo de impulsar iniciativas de índole deportivo - culturales entre a xuventude de O Carballiño.
- Xesta.
É unha asociación medioambiental que ten como obxectivo fomentar
o uso da bicicleta e do transporte escolar ou público, para o cal organizará
diversas actividades ou concursos adicados ó medio ambiente. Tamén
tenta que coidemos o medio natural, non queimar a herba, non deixar produtos
contaminantes no chan….
- Nove dous. É unha asociación
cultural adicada ao teatro fundada no Carballiño no ano 1996 coa idea
de crear unha plataforma estable para o traballo e a creación teatral
en tódalas súas vertentes.
- A asociación cultural das mulleres progresistas. É unha asociación que se encarga de defender a igualdade, desarrollo, liberdade e paz de tódalas mulleres. Esta non só existe no Carballiño senón que tamén existe en outros lugares de España coma Madrid, Andalucia,…
- O Grupo de Acción Ecoloxista “Outeiro”. Nace nos primeiros anos da década dos oitenta, ó mesmo tempo que xurde en Galicia a concienciación en contra dós vertidos radioactivos que outros países están a facer no cemiterio nuclear da “Fosa Atlántica”, situado a menos de duascentas millas das costas galegas.
Un grupo de xoves, na súa maioría estudiantes, reúnense habitualmente para falar de temas que lles son próximos. Ó mesmo tempo non eran alleos ós acontecementos de actualidade por mor dos vertidos radioactivos e coñecedores do problema que se viña enriba das costas galegas, intégranse na “Plataforma Antinuclear” e participan, xunto con outras forzas políticas, sindicais e sociais de Galicia, na marcha que se organiza para protestar no territorio inglés polos vertidos diante das costas galegas.
Estas accións reivindicativas foron seguidas pola prensa nacional e internacional, que coas notas oficiais de protesta do goberno español, valeron para poñer punto final ós vertidos radioactivos no mar e fronte ás costas galegas.
Con esta popularidade por diante xurde a necesidade de proceder á legalización da asociación, xa que o número de asociados e as actividades aumentaban, é por elo que o luns 2 de abril de 1984, constitúese a Comisión Xestora, formada inicialmente por Juan Míguez Otero, José Viñal Rodríguez, Avelino González Pedrouzo y Felix Angel Gómez Morales, para legalizar a asociación.
- O Centro de Estudios Chamoso Lamas, con sede social en Cabanelas, naceu na década dos anos 90 como produto de unha xuntanza de persoas con inquietudes culturais relacionadas co patrimonio, etnografía e ca realidade social da comarca carballiñesa.
O seu primeiro traballo de cara ó público foi un estudio pormenorizado do Concello de Bobobrás (o que máis monumentalidade e historia ten de toda a comarca carballiñesa).
Leva celebrado máis de seis congresos en col da temática “O home e o medio” con un promedio de dez a quince ponencias e gran números de comunicados encol do tema.
Dende fai uns anos a presidencia recaeu en unha muller , Rosa Ricoy dando o relevo os antigos directivos e fundadores da asociación como foron Xosé Lois Sobrado ou Alfonso Fumega, que inda hoxe colaboran activamente na organización dos actos culturais que levan a cabo.
- A Asociación Cultural Avantar. É unha das asociacións máis veteranas da Comarca, naceu en 1974, se ven dende fai bastantes anos mantén unha actividade un tanto irregular e funcionando por etapas. A súa cabeza visible dende fai anos é o exlibreiro Eduardo Bernárdez que mantén vivo o espíritu galegista da asociación. Por esta asociación nos seus mellores anos pasaron persoas relacionadas ca vida intelectual de Galicia, como foron Felipe Senén López, Carlos Varela (fiscal de Galicia) e outros moitos.
- A Coral Polifónica do Casino de Carballiño. Quedou integrada no Casino alá por o ano 1983 se ben había nacido con anterioridade sendo figura sinalada o desaparecido D. Juan Corral Pajariño e foi director durante moitos anos o coadxutor D. José Bueno. Ten saído o estranxeiro en varias ocasións visitando paises de Europa e de América.
Festivais de Habaneras, misas solemnes e Festas da Mimosa centran a súa actividade.
- O Orfeón do Carballiño. Naceu como produto de unha escisión na Coral do Casino e sentaron a súa sede na Casa da Cultura do Carballiño. Segue a manter actividade e seu representante é Emilio Rodríguez Alvarez.
- A Asociación Cultural Orballo. Pervive na lembranza como creadora do Festival de Teatro Galego do Carballiño. Pero dende hai anos non desenvolve actividade de cara ó público. Nos comezos deste grupo foi o promotor de unha a emisora local que logo daría na COPE-Carballiño da man de Juan Benito Fernández. Un dos grandes colaboradores foi o profesor de debuxo Juan Valcarcel.
- COMOR, Consello da Mocidade de Orcellón: Funcionou ata hai unha década e tiña a súa dinámica dirixida á xuventude organizando anualmente o campamento de verán nos concellos da comarca e con talleres de traballo, especialmente manualidades da mao de Paloma e do xornalista Xosé Ramón Castro.
- O Trasno Micifú: Naceu como organización xuvenil encamiñada a desenvolver actividades musicais preferentemente con extensión a comunicarse a traveso da emisora local. Realiza esporádicas actuacións e do seu seno naceu o grupo ecoloxista Xesta que ven a ser a súa carta de presentación.
- Grupo de baile “Amigos da Muiñeira”
- Asociación Cultural Os Renovados: Grupo de gaitas que amenizan a maior parte das celebracións festeiras municipales, composta por cinco personas.
- Grupo de Gaitas Airiños do Carballiño: Fíxose famoso nos anos 1970 chegando a actuar varias veces na Televisión nacional en programas relacionados con Galicia. Hoxe en día tan só quedan lembranzas por canto que finaron algúns dos seus compoñentes.
- A Nosa Cinza: Grupo xuvenil encamiñado preferentemente a dinamizar a cultura local a través da recen creada Televisión de Carballiño (Hoxe canal 26), foi dirixido por Manuel González Iglesias e está en fase de posible paralización.
E aparte das anteriores hai algunhas outras asociacións que non citei, ben porque non as coñezo ou ben porque se me esequeceron. E cada pouco están nacendo asociacións novas. Así por exemplo, sen ir mais lonxe, neste mes de agosto de 2010 naceu a Asociación de Amigos do pulpo Paul, creada por hosteleiros do Carballiño. Entre outras cousas organizou unha festa popular para a que se fixo contruir o prato de pulpo máis grande do mundo, de 2,20 metros de diámetro. Agárdase que este prato entre no libro de records GUINESS por ser, como dixemos, o prato de pulpo máis grande do mundo.
Ademáis de todo o anterior, existen tamén algunhas agrupacións con carácter Municipal, baixo a tutela do Concello, tales coma:
-A.C. Banda Escola
de Musica.
-Escola de gaitas do Concello
-Grupo de baile “Orcellón”:
-Escola Municipal de Teatro: Dirixea Josi Lage
e é unha derivación do antigo grupo Nove Dous.
E hai outras asociacións, coma por exemplo:
-
ASPADISI, Asociación de Discapcitados de O Carballiño
- Centro Argentino
do Carbaliño
- Asociación da
3ª Idade San Cibrao
- Asociación da terceira Idade Axupens
- E moitas asociacións de veciños:
Hai 21 máis unha Federación que as agrupa a casi todas elas.
(María Rúa Rodríguez, novembro de 2010)
( FONTES: Investigación propia, internet... Algúns dos datos foron aportados por Don José Luis Diz)