galicias>> instituto de estudios carballiñeses 

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

 

HISTORIA

     O Instituto de Estudios Carballiñeses foi inscrito no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense o 14 de xuño de 1999. Os seus Estatutos foron elaborados por unha Comisión Xestora, para máis tarde, unha vez recoñecida a asociación, ser aprobados en asemblea polos asociados.

     Os fins do Instituto, tal como se di no artigo 2º dos Estatutos, "serán fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas, artes, etc. así como en tódalas manifestacións que se relacionen co Carballiño e coa súa comarca".

     O Instituto estructúrase en Seccións. Entre elas está a de Etnografía e Arqueoloxía, Toponimia, Filoloxía, Literatura e Arte, Antropoloxía, Ciencias Xurídicas e Sociais, Economía, Arqitectura e Urbanismo, Turismo e Deportes, Bioloxía e Medio Ambiente, Emigración e Comunicaciones.

     Ó frente de cada Sección hai un Presidente encargado de dirixir e coordinar os traballos.

     A Xunta de Goberno é o Órgano Executivo do Instituto e está formada por un Director, un Vicedirector, un Secretario, un Vicesecretario, un Tesoureiro, un Vicetesoureiro y varios vocais.

 

A Xunta de Goberno está formada por:

Director: Avelino Muleiro García

Vicedirector: Xosé Luís García Rodriguez

Secretaria: Ana Isabel Rodriguez Bernárdez

Vicesecretario: Xosé Luis Blanco Nogueira

Tesoureiro: Perfectino Fontaíñas Rúa

Vicetesoureiro: Manuel Torres Campos

 

Na actualidade o Instituto de Estudios Carballiñeses conta con máis de douscentos socios.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador