Novidades:
PROGRAMA DO CURSO DE TERMALISMO 2008:
(Prazas: 40.- Matricularse antes do 30/06/2008.- Taxas 120 Euros.
Teléfonos: Fixo: 986 812294; 986 8140
Enderezo electrónico: avicext1@uvigo.es; avicext2@uvigo.es. Mais
información)
TERMALISMO: PELOIDES TERMAIS
7, 8, 9 e 10 de xullo de 2008
07/07/2008
9:30 Acreditación dos cursillistas (Centro Comarcal do Carballiño)
10:00 Presentación do curso polos seus directores (José L. Legido, Avelino Muleiro, L. Mourelle)
10:30 Onte e hoxe do termalismo (D. Luis Rodríguez Míguez. Dr. de Médicina Preventiva e Saúde Pública)
12:00 Aspectos médicos do termalismo (D. Antonio Freire. Dto. Médico Balneario de Mondariz)
15:00 Saída para o Balneario de Mondariz
16:00 Prácticas no Balneario de Mondariz. Envolvimentos. D. Antonio Freire. Dto. Médico Balneario de Mondariz)
18:00 Química e termalismo. D. José Antonio Rodríguez Vázquez08/07/2008
10:00 Saída para o Balneario de Lobios
11:00 Augas e Termalismo. Dna. Dolores Fernández Marcos. Dra. Médico do Balneario de Arnoia
12:00 Cosmetica e termalismo. Dna. Lourdes Mourelle
16:00 Prácticas balneario de Lobios. Dna. Dolores Fernández Marcos
18:00 Mesa redonda sobre Augas e Barros. D. José Luis Legido Soto, D. Avelino Muleiro García, Dna. Lourdes Mourelle Mosqueira09/07/08
10:00 Saída para o Balneario de Cuntis
11:00 Talasoterapia. Dna. Roja Meijide Faílde. Catedrática da Univ. da Coruña
12:00 Ciencia e Termalismo. D. José Luis Legido Soto. Univ. de Vigo
13:00 O patrimonio arqueológico termal na Galicia Romana. Dna. Silvia González Soutelo. Univ. de Santiago
16:00 Prácticas Balneario de Cuntis. Dna. Rosa Meijide Faílde.
18:00 Mesa redonda sobre peloides termales. Dr. Dña. Isabel Carretero. Univ. de Sevilla. D. Manuel Pozo. Univ. Autónoma de Madrid10/07/2008
10:00 Ordenación do sector do Turismo de saúde. Representante da Dirección xeral de turismo.
11:00 Termalismo en Galicia. Dna. Marisol Espiño, presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia
12:00 Saída para Centro Talaso Atlántico.
16:00 Prácticas Centro Talaso Atlántico. Dna. Lourdes Mourelle Mosqueira.
18:00 Clausura do Curso
09-07-2007: Algúns dos participantes no curso de termalismo
2007, no Balneario de Mondaríz, diante do
PALACIO DA AUGA.
fotos do curso de termalismo 2005
Cursos de termalismo no Carballiño
Carballiño é terra termal. Gran Balneario. Bañiño de Arcos. Balneario das Caldas de Partovia. Fonte termal de Brués... Orcellón: comarca rica en aguas termais.
AAno 2001. Avelino Muleiro García, ó fronte do Instituto de Estudios Carballiñeses, pon en marcha, en colaboración coa Universidade de Vigo, un curso de termalismo. O lugar de celebración é, ¡como non!, o Carballiño. Ten unha parte teórica (conferencias) e unha parte práctica (visitas a Balnearios).
Avelino ten entre as súas virtudes a da constancia. E por iso o curso non foi un froito fugaz e solitario. Non, senón que tivo continuidade. E seguiuse realizando cada ano, no mes de xullo, no Carballiño. Nos primeiros anos, no salón de actos do Casino. E nos seguintes anos, no Centro comarcal.
Cada ano o curso vai medrando. Os temas do curso varían de ano en ano. Pero sempre xiran arredor do termalismo. Fálase das augas, dos barros, da saúde termal, da estética, do ocio, do turismo... pero sempre sen perder de vista o eixe do termalismo.
Na parte teórica, hai conferencias de profesores de universidades, de médicos de balnearios, de científicos de recoñecido prestixio...
Na parte práctica, visítanse balnearios: Cuntis, A Toxa, Laias, Arnoia, Lobios, Mondariz, Talaso Atlántico, Carballiño, As Caldas de Partovia, Guitiriz... O percorrido varía duns anos a outros. E nos balnearios fanse diferentes prácticas. E incluso se fai un uso e disfrute das instalacións en moitos casos. E neste senso o curso ten tamén moito de ocio e de vacacións. Breves vacacións termais. Hai moi bo ambiente. E os asistentes quedan moi contentos.
O curso do ano
2007 leva por título "Termalismo: Ciencia e técnica".
O programa do curso é o que podedes ver nesta web. E os directores deste
curso son: José Luís Legido Soto, Avelino Muleiro García
e Mª. Lourdes Mourelle Mosqueira. Todos eles, xente marabillosa e grandes
amantes do termalismo. .
Agora, para contar un pouco de todo isto que se está facendo, poñemos en marcha esta web.
Temas dalgúns dos cursos de termalismo que se celebraron:
Ano 2001: Perspectivas actuais do termalismo
Ano 2002: Termalismo: saúde e ocio.
Ano 2003: Termalismo: novas formas de benestar.
Ano 2004: Termalismo: innovación e calidade.
Ano 2005: Termalismo: augas e barros.
Ano 2006: Termalismo: presente e futuro.
Ano 2007: Termalismo: Ciencia e técnica.
Links: webs.uvigo.es/termalismo