Nesta páxina colabora, entre outros, o Insituto de Estudios
Carballiñeses.
-
03-08-2010: Na Plaza
Maior do Carballiño prepárase un plato de pulpo de 2,20 metros
de diámetro coa intención de entrar no records GUINESS, como
o plato de pulpo máis grande do mundo. Arredor das 8 da tarde seis
pulpeiros (cinco homes e unha muller) empezaron a picar con arte e maestría
centro vinte kilos de pulpo, e en aproximadamente cinco minutos tiñan
o gran plato cheo. había cámaras de varias televisións,
fotógrafos e periodistas de varios medios, e un numeroso público.
O evento foi promovido pola Asociación de Amigo do Pulpo Paul. O
pulpo foi doado por un empresario carballiñés. E no acto,
ademáis dos organizadores e do empresario que donou o pulpo, estiveron
presentes tamén o Alcalde do Carballiño e varios concelleiros.
Despois o pulpo foi repartido de balde entre o público asistente.
Facía unha tarde fermosa, con boa temperatura, e as rúas do
Carballiño enchéronse de xente. Nas terrazas da Principal
non se topaba un sitio libre.
-
23-07-2010: O avogado
do Carballiño DON MANUEL SOUTO CACABELOS cumple cen anos. O Colexio
de avogados de Ourense celébrao cun acto na casa do Concello e cunha
comida no Barazal, na que compartimos ledicia e conversa arredor de 60 persoas.
Un día fermoso.
-
Xuño-Xullo de
2010: A Selección Española de fútbol gaña o
MUNDIAL. Desátase a ledicia en todas as cidades, vilas e aldeas de
España. As rúas énchense de xente con bandeiras, camisetas
e símbolos da selección. É posible que sexa a noite
na que mais xente está de festa ó mesmo tempo en toda España,
celebrándo o mesmo acontecemento.
Previamente un pulpo que hai nun acuario de Alemaña -o pulpo Paul-
predecira os resultados de varios partidos, entre eles o da semifinal que
España lle gañou a Alemaña e o da final que lle gañamos
a Holanda, por un a cero, e na prórroga.
Veleiquí o que lle conta un carballiñés a un amigo
que está de viaxe pola Arxentina:
" Xa sabes que España gañou o mundial.
O partido paralizou totalmente o pais durante unhas horas de bágoas,
uñas comidas, e finalmente ledicia... E logo festa rachada.
E supoño que xa sabes que hay un pulpo alá pola Alemaña
que predeciu os resultados, e entre eles predecíu que España
lle ía a gañar a Alemaña e que España lle ía
a gañar a Holanda...
A portada da VOZ DE GALICIA do día seguinte á final decía
a TODA PAXINA "ganamos el mundial por el pulpo"...
Pois ben, o Carballiño, patria mundial do pulpo, está aproveitando
moi ben esta propaganda gratis... En preriódicos, televisións,
radios... fálase de que existe unha vila en España, en Galicia,
chamada O CARBALLIÑO, onde se celebra cada ano a FESTA DO PULPO,
e que esta vila acordou nomear ó PULPO PAUL amigo predilecto da vila,
que acordou tamén que o seu alcalde viaxe a Alemaña para ver
se lle deixan traer ó famoso pulpo para que visite a Vila na festa
do pulpo deste ano, ... que un empresario do Carballiño ofreceu 30.000
euros polo pulpo Paul,... que se invitou ós periodistas de Telecinco
a unha pulpada.... da que sairon imaxes na propia telecinco, que se invitou
á selección española para que veña á
festa do pulpo deste ano.... e mil cousas mais...
Busca se queres no google "o carballiño pulpo paul" e verás...
Por outra parte, o do pulpo ten certa miga:
O pulpo ten 8 pes.
O pulpo Paul fixo 8 prediccións.
Fai 80 anos que comenzou a xogarse o mundial de futbol.
España marcou 8 goles, é o 8º pais que gaña a
copa do mundo, e o gol da final marcouno INIESTA (que no Barça xoga
co número 8) no minuto 116>1+1+6=8.
Lóxicamente a festa do pulpo deste ano celébrase o día
8 do mes 8. E por suposto esta é a 48 edición da festa do
pulpo.
E non sei se te deches conta de que xa alá polo mes de xaneiro a
AGORA DO ORCELLON xa lle cheiraba que algo disto ia pasar: por iso a portada
do número 19 da revista (9-1=8) está en cor roxa (LA ROJA)
e ten no medio un debuxo de Pulido... ¿Qué se ve nese debuxo?...
Pois nin nin menos ca ¡UN PULPO! ¿Será o pulpo Paul?.
Dende logo véndoo con calma e vendo as imaxes que están saindo
do pulpo Paul está claro que se non o é polo menos paréceslle
moito..."
-
22-05-2010: Fai 50 anos
Raúl Abraldes e Rosita Iglesias casáranse na igrexa do Centro,
no Carballiño. Era o día 22 de maio de 1960, día de
Santa Rita. Luciano Evaristo Vaamonde, o crego promotor do tempo da Veracruz,
celebrou a ceremonia da boda. E despois de 50 anos, Raúl e Rosita,
seguen vivos, e seguen xuntos, e celebran, xunto ca súa familia e
amigos, as súas bodas de ouro. Todo un exemplo de constancia, fidelidade,
esforzo... E ó final da misa as súas catro fillas cantan xuntas
unha canción que di: "Gracias a la vida, que nos ha dado tanto..."
No aire bailan contentas e xoguetonas as bágoas da emoción...
-
18-05-2010: O Carballiño
participa na iniciativa promovida pola Unión Internacional de Fotógrafos:
PON UNHA FOTO NA RÚA.
-
18-05-2010: Empezan as
obras do edificio que da á praza dos hirmán Prieto, á
Alameda e á rúa Norte.
-
08-02-2010: Morreu Don
José Villar, un dos fundadores do grupo "OS TRECE ENXEBRES",
que foron pioneiros en organizar unha cabalgata de reis e un desfile de
entroido na vila do Carballiño.
-
28-01-2010, xoves: O
IES MANUEL CHAMOSO LAMAS de O Carballiño, organizóu dúas
sesións teatrais en inglés no Auditorio Multifuncional do
Carballiño.
Empezouse coa obra "Z Factor”, que se representou de 10.30 a
11.30 da mañá para os alumnos de 1º e 2º de Secundaria.
Logo seguiu a obra "Clever Cupid", para os alumnos de 3º
e 4º de ESO, para Escola Oficial de Idiomas, Adultos, e Ciclos.
Dúas comedias interactivas, representadas en inglés por tres
actores nativos ingleses.
Asistiron alumnos do IES CHAMOSO LAMAS, do IES Nº 1 de Carballiño,
da Escola de Idiomas, dos colexios Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro,
dos CPI de Maside e de Cea. En total máis de setecentos alumnos,
cos seus correspondentes profesores.
Os actores divertíronse un montón, e os alumnos asistentes
tamén. Non soaron os móbiles, pero si as risas e os aplausos,
sobre todo cando os actores fixeron participar a algúns dos integrantes
do público. Os alumnos tamén gozaron moito cando os actores
interpretaron un musical, cantando cancións divertidas.
Todas as obras foron representadas polo grupo CLEVER PANTS. Grazas á
financiación concedida polas entidades bancarias CAIXA GALICIA, CAIXA
NOVA e LA CAIXA, a asistencia foi totalmente gratuita para os alumnos. A
organización por parte do Instituto Manuel Chamoso Lamas foi un éxito
e a resposta dos restantes centros foi magnífica. Todo o mundo quedou
moi contento, e os alumnos expresaron o seu agradecemento e o seu desexo
de que o ano que ven isto se volva a repetir...
-
22-12-2009: Este ano
Papá Noel trouxolles ós nenos de Carballiño uns columpios
novos, que hoxe mesmo acaban de instalar na Alameda.
-
20-12-2009: Presentación
en Vigo do libro "O CAMIÑO, do Cebreiro a Santiago", de
varios autores, entre os que figura o Notario do Carballiño Juan
Rúa. Foto. A
noticia na Voz
de Galicia.
-
16-12-2009: Xa remataron
as obras de empedrado das rúas Vulcano e Cánovas del Castillo.
O corazón do Carballiño xa é zona peonil. Gústame!.
A rúa do paseo, a praza dos Hirmáns Prieto, a rúa Perfectino
Vieitez, a rúa Cánovas del Castillo, a rúa Vulcano,
os márxenes da Paza Maior, parte da rúa Margarita Taboada,
a Praza das Galiñas, a Praza de Emilia Pardo Bazán... Todo
isto forma un conxunto para camiñar e para vivir... Creo que nisto
imos por bo camiño.
-
16-12-2009: Nevou en
Carballiño. Para ledicia dos nenos. E suspenderonse as clases durante
o día de hoxe en toda Galicia. ¡Para ledicia dos nenos! e dos
profes?.
-
06-12-2009: Leva varios
días chovendo sen parar.
-
28-11-2009: Están
xa bastante avanzadas as obras de empedrado da rúa Cánovas
del Castillo. Gústame que a fagan peonil. E tamén parece que
vai quedar empedrada a rúa Vulcano... ¿Coa pedra vella que
se descubriu debaixo do asfalto ou con pedra nova?.
-
27-11-2009: Cena mensual
de Potiños, co habitual concurso de fotos. Desta vez o tema era CHOIVA,
e a foto que gañou foi unha de Juan Rúa, con 13 votos.
-
25-11-2009: Presentación
en Ourense do libro de Xosé Benito Reza O MACIZO CENTRAL OURENSÁN.
Entre os asistentes ó acto atopábase o notario do Carballiño,
Juan Rúa, que naceu en Camba (Laza), e que aparece citado en varias
páxinas do libro, no que hai tamén duas fotos del. Tamén
Xosé Benito fixo varias referencias cariñosas a Juan Rúa
durante a intervención que fixo para presentar o libro. Todo isto
está relacionado cunha viaxe que fixeron un sábado de fai
cinco ou seis anos xuntos polas terras altas de Camba o autor do libro,
Xosé Benito, e máis Juan Rúa. O relato desa viaxe é
unha das cousas que se recollen no libro.
-
16 de novembre de 2009:
Inauguración da exposición
CAMIÑO, FOTO E PALABRA, do veciño do Carballiño Juan
Rúa, na SALA DE EXPOSICIÓNS de CAIXANOVA do Barco de Valdeorras.
Alí se pode ver dende o 16 ao 30 de novembro de 2009. Horario: de
19:00 a 21:00, de luns a sábado, ambos incluidos. Son 21 fotos do
Camiño de Santiago. Cada foto leva escrita unha frase ou pensamento.
Así comenta o autor esta exposición:
EXPOSICIÓN:
“CAMIÑO, FOTO E PALABRA”
O Camiño de Santiago é un camiño
exterior e interior. Pés, corazón e alma. A compañía,
a soidade, a música, o silencio, o frío, a calor, a auga,
a sede, a fame, a fartura, a dor, a ledicia, a sombra, a luz, os soños,
as pedras, o lusco fusco, o amencer, as caricias do vento, o arrecendo da
lúa chea... no Camiño cada momento é diferente. Pero
vívense todos con intensidade.
Alí hai tempo para rir e para chorar,
para morrer e para renacer, para sementar soños e para velos medrar...
Para mirar, para escoitar, para falar... E para estar calados, en silencio,
aprendendo a convivir con un mesmo.
A foto, a palabra, e sobre todo o latido que
non se ve na foto e o silencio que non se reflexa na palabra... todos forman
parte do Camiño...
O Camiño, como a vida, é tamén
un tobogán de estrelas e soños, de olladas e abrazos, de encontros
e despedidas... Por iso remato cunha frase que me escribiu en maorí
Bárbara, unha muller de Nova Zelanda: "Haere mae, haere ra,
kia ora". Dito en castelán: "Nos encontramos, nos saludamos,
nos decimos adios”. E en galego: “Atopámonos, saudámonos,
despedímonos”.
Por certo, o colectivo dos POTIÑOS
participa neste Outono fotográfico 2009 con 7 exposicións
individuais.
-
Venres, 6 de novembro
de 2009. Morreu Carlos. Choramos porque morreu. Damos gracias porque viviu.
Carlos Huelin Trillo. Fillo. Pai. Esposo. Amigo.
Banco. Gestoría. Comparsa. Peña deportivista. Grupo de Danzas
e Gaitas "Vila do Orcellón"... Unha vida fecunda. O que
se da de valde non morre nunca. Carlos sementou. Quedan os feitos. Quedan
os froitos. Queda o agradecemento.
(Axudounos a moitos en moitas cousas. Por exemplo, Carlos foi o que me ensinou
os primeiros pasos para facer esta web).
Bágoas. Silencios. Abrazos. Flores. Oracións. Miradas. Pensamentos.
Lembranzas. Palabras entrecortadas...
Era moi novo. Non somos capaces de entendelo. Rezamos. No medio da noite
pecha vemos unha pequena luz, choramos pola súa morte, e damos gracias
pola súa vida... ¡Gracias, Carlos!. ¡Gracias, Maika!.
¡Gracias!
O que se da non se perde.
O ben que se fai ¡vive para sempre!
-
Domingo, 1 de novembro
de 2009, día de "todolos santos". Co periódico LA
REGIÓN sae coma cada mes a revista AURIA. E por terceiro mes consecutivo
a foto da portada é obra dun membro da Asociación fotográfica
O POTIÑOS, do Carballiño. Esta vez é de Hector Guzmán.
Foto dun camposanto. ¡Tema perfecto para o día no que andamos!.
E dentro hai un artigo de José Luis Diz falando dos cimenterios e
máis fotos dos Potiños para ilustralo.
No número do mes pasado as fotos eran do tema da vendima, e a portada
foi de Mila. E no anterior eran fotos de espantallos e a da portada era
de Luisa.
Por certo, os Potiños tamén andamos traballando para facer
un libro de fotos dos nove concellos da bisbarra do Carballiño, que
vai editar a Fundación Comarcal. Ademáis de estar presentes
con sete exposicións no Outono Fotográfico que empeza hoxe.
-
Xoves, 29-10-2009, apertura
do enlace do Carballiño e Maside coa autovía de Santiago.
Día histórico para a comarca, segundo os políticos.
Reduce a distancia e o tempo con Ourense. O traxecto pode cubrirse en menos
de vinte minutos. Cáculase que polo vial circulará unha media
diaria de nove mil vehículos. Son 5, 2 quilómetros
de trazado de dobre carril, en cada sentido. As obras custaron máis
de trinta e seis millóns de euros.
Inaugurou o enlace o presidente da Xunta,.Alberto Núñez Feijóo.
Acodiron ó acto numerosos cargos públicos do PP e os alcaldes
da comarca. O de Maside, Celso Fernández, reclamou unha conexión
con Cenlle e San Amaro e a gratuidade do tramo de autoestrada entre Lalín
e Santiago.Os socialistas, horas antes, reclamaron o seu protagonismo. Lembraron
que foi o bipartido da Xunta, presidido por Emilio Pérez Touriño,
quen liberou de peaxe a A-53. (Crónica de Pilar Abraldes)
-
10-10-2009: No Carballiño
andan en obras na rúa Cánovas del Castillo. ¿Será
verdade que a van peatonalizar? A min gustaríame. Son un defensor
acérrimo da peatonalización de todo o centro das vilas e cidades.
-
Septembro de 2009: Enrique
Aldaz Riera, que foi notario do Carballiño, ven de publicar un ameno
libro de contos que leva por título EL CONDE LUCANOR DEL SIGLO XXI.
-
03-08-2009: "En
memoria de Basilisa González Bernárdez, "Basi".
La muerte nos lleva a todos nosotros. Aún así, el día
tres de agosto, nos cogió de sorpresa a todos, amigos y vecinos,
el fallecimiento, a la edad de 83 años, de nuestra querida “Basi”.
“Basi”, como se conocía familiarmente, fue buena esposa,
madre y abuela. Querida por todos los carballiñeses y forasteros
que se hospedaban en el Hotel Esclavo, fundado por sus padres y que ella
supo engrandecer, como gerente. Creó puestos de trabajo. Fue una
gran hostelera y, al mismo tiempo, destacó como una excelente cocinera.
Con su muerte, se va la sonrisa de “Basi”. Yo nunca olvidaré
su buen trato. Y en la memoria de muchos perdurará su generosidad;
en especial, con los más desfavorecidos, a quienes siempre socorrió.
Descanse en paz, "Basi"". (Raúl Abraldes)
-
15-07-2009: Procesión
do Carme no Carballiño. Alcalde, concellais, autoridades. Cofradía.
Banda. Imaxe. E sobre todo xente, moita xente... Retiraron as mesas das
terrazas. Todo quedou en silencio. E a Virxe subíu pola rúa
Principal. Eran as once e pico da noite. Don José Benito interrumpiu
as súas vacacións para asistir á procesión.
É moita a devoción que lle teñen no Carballiño
á Virxe do Carme. Gustoume.
-
10-07-2009: Na Carballeira
da Santa Cruz, comida homenaxe á fiscal dona María del Carmen
Eiro Bouza. Non era unha despedida senón unha festa de agradecemento.
Fiscais, xuíces, secretarios, avogados, procuradores, persoal do
xulgado, un notario... alí estaban un montón de amigos. Houbo
regalos. E discursos. Luis Rúa, Xosé Prada, Ana... falaron
dende o corazón. Directo. Sen retóricas. Boa profesional.
Boa persoa. E sementadora de sorrisos. Contestou a homenaxeada dando as
grazas e recordando que o importante é que se consiga facer "xustiza
material".
"Carmen: Foi moi bonito o que che dixeron
e o que dixeches. Ó final vai resultar que ser boa persoa compensa.
Sigue co teu sorriso e coa túa busca da XUSTIZA MATERIAL (=a de verdade)
durante toda a túa vida. Vale la pena".
-
7, 8, 9 e 10 de xullo:
Por noveno ano consecutivo celebrouse o curso de termalismo no Carballiño.
Mozos e mozas, estudantes de fisioterapia, bioloxía, turismo, química...
aprenderon, divertíronse e conviviron... Uns bos días para
decatarse de que a auga é fonte de saúde. .
-
28-06-2009: O grupo de
senderismo rillamillas xunta 69 persoas para a súa andaina de peche
de curso polas Illas Cíes.
-
27-06-2009: acto oficial
no auditorio de Cangas para a entrega ó carballiñes Don Carlos
Varela García do seu nomeamento como FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DE
CANGAS. Discursos. Emoción. Poesía. Música. Palabra.
Un acto fermoso e emotivo.
-
04-06-2009: Clausura
da escola de pais e nais do ano 2009.
-
30-05-2009: O Grupo de
Teatro TIRULEQUE representa no Auditorio do Carballiño a súa
obra CLUB PK2, COMEDIA DE CRIMES E SEXO. Unha absurda e atolada comedia,
sementada de crimes ata o punto de que todos os personaxes acaban mortos...
Todo se desenvolve nun putiferio... Nela plásmase unha crítica
directa de moitas das hipocresías que agocha a nosa sociedade arredor
de temas como a prostitución e a homosexualidade... Sexo, crímes,
e crítica social... pero non en todo de filosofía nin de traxedia,
senón en tono de comedia procaz e divertida, de tal xeito que incluso
a morte da risa, e todos se rin de todo, incluso de sí mesmos...
Os diálogos son directos e divertidos... E o público rí,
goza, aplaude, e incluso nun momento se medioasusta pensando que calquera
pode acabar tendo que sair ó escenario para representar o papel de
gay ou de lesbiana... "vaia susto"... Todo é esperpéntico,
ata o punto de que o autor da obra fai o papel de borrachiño e non
para de rirse de sí mesmo...
O auditorio estaba cheo a reventar... E o público aplaudiu a rabear
cando tocaba e incluso en algúns momentos nos que teóricamente
non tocaba... Con un público totalmente entregado... os actores tamén
disfrutaron, e non do sexo, senón do teatro...
Noraboa!
-
29-05-2009: Manuel Rodríguez
Zarraquiños. Hoxe era o seu día. E por iso estaba elegante.
Radiante. Ledo. Estivo arredor dun ano no Carballiño. De secretario
do Xulgado número 2. Contan que facía, travallaba, resolvía...
case sen que se notase, sen facer apenas ruído... No Barazal fixémoslle
a comida de despedida. E de homenaxe. E de agradecemento. Con discursos.
Luis Rúa reivindicóu o seu posto como sucesor de Don Manuel
Souto Cacabelos, hoxe ausente, por razón de idade... Perfecto...
Perfecto Luis Rúa. Elocuente. Divertido. Son moitos anos falando...
Nótanselle as "tablas"... Respostou o homexaeado, con moito
siso e cordura... Palabras serenas, fondas, emotivas... E logo Diego, da
saga Rúa, dixo tamén unhas breves palabras en nome dos procuradores...
Tamén houbo regalos. E bágoas. Sí. Máis dunha
funcionaria regou con auga salgada as súas meixelas... Nótase
que Manolo se fixo querer. Cicáis esta sexa unha das razóns
mais importantes para felicitalo... Noraboa!. E que a vida che depare moitos
días de ledicia.
-
21 de maio de 2009: hoxe,
por fin, tiven tempo para ir camiñar á noitiña para
estrenar a senda do río Arenteiro, que xa leva aberta un tempiño...
Sain dende ó Balneario, río arriba, ás nove da noite.
Fun ata a Ponte de Veiga, frente ó cuartel da Garda Civil. E logo
baixei río abaixo ata chegar á Fábrica do Papel, onde
crucei o río, para ir ó Muiño das Lousas. Logo voltei
de novo río arriba, atravesei o Parque Municipal, e volvín
a chegar ó Balneario arredor das dez e media. Supoño que andiven
arredor de sete kilómetros. Un fermoso paseo. Todo un luxo para o
Carballiño. Un pulmón arredor do río Arenteiro. Unha
garantía de futuro. A expropiación e o acondicionamento das
marxes do río Arenteiro na Vila do Carballiño é para
min unha das obras mais importantes para esta Vila dos últimos tempos,
unha obra mirando ó futuro... con vistas a longo prazo... Gústame!!.
-
15-05-2009: comida de
despedida de Dona María Lourdes Soto Rodríguez, secretaria
do Xulgado do Carballiño. Estivemos agusto, nun ambiente de ledicia
e harmonía. Aquí tedes unha foto
dalgúns dos que estiveron alí. Había moitos mais, peros
estes son os que quedaron ata o final.
-
Maio do ano 2009: xa
se pode circular pola autovía dende O Carballiño a Ourense.
Xa está aberto todo o tramo dende Ourense a Lalín, libre de
peaxe. Unha boa nova para tódolos galegos, especialmente para os
de Ourense...
-
02-04-2009: Hoxe, arredor
das 21 horas, galicias.com chegou a 10
millóns de visitas... ¡Graciñas a todos!.
-
27-03-2009: No Casino
Cultural do Carballiño tivo lugar a presentación do libro
‘Don Evaristo, párroco de O Carballiño y promotor de
la Vera Cruz’, do que é autor o sacerdote José Ramón
Hernández Figueiredo, natural de Castrelo de Miño. A asistencia
de numero público é unha consecuencia lóxica do cariño
a Don Evaristo que ainda se mantén vivo na Vila do Arenteiro.
-
27-03-2009: Don Manuel
Souto Cacabelos. Mestre, avogado... Un mozo de 98 anos. Un home de fiar,
dos que procuran a Paz Xusta... Hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Xusticia
de Carballiño impúxolle a Medalla de Ouro ó Mérito
da Xusticia de San Raimundo de Peñafort. Alí estaba a súa
familia, numerosas e importantes autoridades, os traballadores do xulgado,
compañeiros avogados e procuradores, e moita xente que o quere. Alí
estaba él, Don Manuel Souto Cacabelos, de 98 anos, que ainda sigue
exercendo como avogado na Vila do Carballiño (esta mesma semana ainda
participou como avogado nun xuizo). E alí estaba a súa dona,
coa que leva casado dende fai ó redor de 70 anos (que ¡logo
se dice!). Un acto fermoso, entrañable, emocionante, solmene e sinxelo,
humano, cheo de cariño... Como Don Manuel merece... Os trámites
para a solicitude da medalla empezaron hai dous anos... e, por sorte, como
díxo él mesmo, Don Manuel, pasados estes dous anos, chegou
vivo ó día de hoxe... E que Deus lle de moito tempo mais de
vida, pois é unha destas persoas que fan que o mundo sexa un pouco
mellor. !Noraboa, Don Manuel, con cariño e admiración!.
-
11-03-2009: Jubilouse
Don José (Pepe), o oficial do Rexistro da Propiedade do Carballiño.
O día 11 de marzo fíxoselle unha comida-homenaxe no Muiño
das Lousas, á que asistiron antiguos rexistradores do Carballiño
como Antonio Gelabert, Cristina Rollán, Maria Dolores Estevez Pórtoles...
E tamén a Rexistradora actual, Maria Pilar, e a Rexistradora de Ribadavia,
Francisca, e tamén a notario de Ribadavia (Ana Isabel) e un dos notarios
do Carballiño (Juan Rúa). Tamén asistiros empregados
de rexistros e notarías de O Carballiño e Ribadavia. A comida
resultou moi amena. Houbo discursos e felicitacións. Foi una acto
fermoso e ben merecido.
-
03-03-2009: Touriño
dimite como secretario xeral do PSOE galego. ¿Quén será
o seu sucesor? ¿Pachi Vázquez? A resposta o 25 de abril.
-
01-03-2009: Eleccións
ó Parlamento de Galicia. O PP obtén a maioría absoluta,
con 39 diputados. Por primeira vez un ourensán será presidente
da Xunta: Alberto Nuñez Feijoo. (Pili Abraldes, con razón,
faime un par de correccións: despois do reconto dos votos dos residentes
ausentes o PP perde un diputado na provincia de Ourense en favor do PSOE.
Queda o PP con 38, que siguen sendo maioría absoluta. E a outra é
que xa tivemos un presidente da Xunta ourensán, se ben foi da Xunta
preautonómica. Foi o valdeorrès Xosè Quiroga, falecido
non hai moito. Moitas grazas Pili, así, entre todos, imos escribindo
a verdade).
-
25-02-2009: No Carballiño
andan a facer, moi pouco a pouco, unha obra que será de gran importancia
para a Vila: o paseo polas dúas marxes do río Arenteiro. Un
espacio público que é toda unha garantía de futuro.
Unha obra pensada a longo prazo. Unha obra que algúns tildan de faraónica
e innecesaria, pero que a min me parece unha grande obra, importantísima
para o futuro desta Vila.
-
25-02-2009: Semáforos
no Carballiño hainos dende fai moitos anos. Na estrada xeral, no
cruce de Catro Camiños e no cruce da rúa Martinez Avellanosa
coa estrada xeral Ourense Pontevedra. Pero dentro do casco da Vila, fora
dises da estrada xeral, non había ningún. Agora acaba de poñelos
na rúa de Conde Vallellano, no cruce que hai onde a rúa do
Paseo. Pero ainda non os botaron a andar. Calquera día destes póñenos
en marcha. ¿Facían falta?. Xa se verá.
-
24-02-2009: Entroido
no Carballiño. Sol. Xente. Ledicia. Bo ambiente. Desfile de comparsas.
Vistoso. Animado. Cerraba o desfile a comparsa de "tolos polo entroido".
Moitos premios, coma sempre. Os catro primeiros foron: 4º O imperio
de San Amaro; 3º Os piratas, da comparsa "tolos polo entroido";
2º A comparsa da asociación cultural Lumareda; E 1º para
Nochinrrio, da comparsa do Titanic. Noraboa a todos.
-
22-02-2009: Un ano máis,
e xa van moitos, as comparsas da bisbarra do Carballiño volveron
a destacar no carnaval de Ourense. A de San Amaro levou o premio á
mais numerosa e o terceiro premio absoluto. A do Titanic levou o premio
ó Rei do Carnaval e mais o segundo premio absuluto. Noraboa a todos
eles e tamén os demais gañadores e a todos os participantes
que animaron unha fermosa tarde de entroido, coas rúas ateigadas
de xente.
-
06-02-2009: hoxe pola
mañá volveu a nevar no Carballiño. Caían uns
farrapos grandes de neve, que o vento suave bailaba polo ceo fresco. Logo
asomou un pouquiño o sol. A neve foise pronto. Pero o día
estivo frío. Agora, pola noite, nin frío nin calor: cero grados..
-
01-02-2009: no Carballiño
abriron un NUNCA PECHA, nun pequeno local nos soportales da Alameda. Durante
24 horas ó día ofrece auga, refrescos, cafés, e outros
artículos varios (ten incluso unha mini sex-shop), previa intoducción
das correspondentes moedas na máquina que toque. ¡Hai que ver
o que hai que ver!.
-
02-02-2009, luns: O IES
MANUEL CHAMOSO LAMAS de O Carballiño, organizou tres sesións
teatrais en inglés no Auditorio Multifuncional do Carballiño.
Empezouse coa obra "Spectacular Spectacular",
que se representou para os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato,
para Escola Oficial de Idiomas, Adultos, e Ciclos. Nela duas megaestrelas
de Hollyiwood veñen a contarnos a historia do teatro: un grupo de
Neanderthales contando historias. Unha traxedia grega. O Rei e o seu bufón.
Os clásicos de Shakespeare. Os Musicais. ¿Qué teñen
todos estes en común? Que todos forman parte dunha viaxe a través
do teatro universal, onde os actores ofrecen a súa visión
cómica de cada época. Esta obra estaba financiada por CAIXAGALICIA.
Logo seguiu a obra "Derailed", para
os alumnos de 3º e 4º de ESO. Unha versión divertida da
novela de Agatha Christie, MURDER ON THE ORIENT EXPRESS. Un ladrón
de diamantes sube a un tren, e un patoso inspector xefe tenta topalo. O
tren está cheo de personaxes excéntricos, todos igual de sospeitosos.
¿Toparao?. De camio vaise estudando vocabulario de transportes, frases
útiles para viaxar e... ¡cómo caer de pe cando o tren
descarrile!
Esta obra estaba financiada pola CAIXANOVA.
E finalmente volveuse a interpretar esta mesma
"Derailed", para os alumnos de 1º e 2º de ESO. Esta
representación estaba tamén financiada pola CAIXANOVA. Esta
obra representouse duas veces, pero adaptando a interpretación ó
nivel de coñecemento de inglés que tiñan os alumnos
asistentes en cada caso.
Ó día seguinte, 03-02-2009, representaráse
a obra "TARZAN", para os alumnos de 5º E 6º de Primaria,
financiada pola CAIXA..
Asistiron alumnos dos dous institutos da
Vila do Carballiño, da Escola de Idiomas, dos colexios Calvo Sotelo,
Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, dos CPI de Maside, Cea, Boborás,
Beariz e Irixo. En total máis de mil trescentos alumnos, cos seus
correspondentes profesores.
Os actores divertíronse un montón,
e os alumnos asistentes tamén. Non soaron os móbiles, pero
si as risas e os aplausos, sobre todo cando os actores fixeron participar
a algúns dos integrantes do público asistente. Os alumnos
tamén gozaron moito cando os actores interpretaron un musical, cantando
temas coñecidos dos alumnos.
Todas as obras foron representadas polo grupo
FACE 2 FACE. Grazas á financiación concedida polas entidades
bancarias antes mencionadas a asistencia foi totalmente gratuíta
para os alumnos, e os institutos e colexios so tiveron que pagar os autobuses
empregados para os desprazamentos. A organización por parte do Instituto
Manuel Chamoso Lamas foi un éxito e a resposta dos restantes centros
foi magnífica. Todo o mundo quedou moi contento, e os alumnos expresaron
o seu agradecemento e o seu desexo de que o ano que ven isto se volva a
repetir...
-
30-01-2009: Cena mensual
dos Potiños na Gouxiña. Coma sempre cada comensal levaba unha
foto, e logo todos votaron para ver cal era a mellor foto deste mes. Desta
vez o tema eran fotos de galiñas. E gañou unha foto dunha
galiña branca, obra de Juan.
-
24-01-2009: Un forte
temporal afectou a toda Galicia. O Carballiño non se librou. Voaron
moitos tellados. Algúns deles caeron sobre outros edificio rompendo
tellas, uralitas, galerías... Caeron tamén os capuchóns
dalgunhas chimeneas causando importantes destrozos. Varias rúas tiveron
que ser cortadas. Caeu tamén a maior parte da valla que rodea o campo
de fútbol do Espiñedo. E o pobo enteiro quedou sen hora, por
que o temporal arrancou un dos reloxos do Concello, o cal, según
contan, caeu enriba dun BMW que estaba alí diante, aparcado en raia
amarela, nun sitio onde non se pode aparcar, polo cal non sei se lle pagarán
os danos... O temporal deixou tamén a moitas casas sen luz eléctrica.
-
09-01-2009: O Carballiño
amaneceu cuberto de neve.
Para ledicia dos nenos e tamén de moitos non tan nenos. Xa facía
moitos anos que nos se vía tanta neve na Vila.
-
27 de decembro de 2008:
Inauguración da exposición VARIA VIARIA ás 17 horas
no Auditorio do Carballiño, co gallo da chegada do tren a estas terras
hai 50 anos. Organiza o Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño,
presidido por Rosa María Ricoy Casas.
-
17-12-2008: Frutos presenta
un novo libro: O PADRÓN DE SAN CLODIO DE 1580.
-
04/11/2008: Obama gana
as elección en Estados Unidos.
-
03/10/2008: Caladiño,
sen facer ruido, foise Don Antonio Alcantara Martín. Rexistrador
da Propiedade. Estivo aquí durante mais de dous anos. Chegou en silencio
o 1 de marzo de 2006. Traballou. E pasou case desapercibido. Deu pouco que
falar. O cal, tratándose dun Rexistrador da Propiedade, é
unha grande virtude. Pois, os Rexistradores, coma os árbitros de
futbol, son moi bos cando non teñen protagonismo, cando non se fala
deles, cando o partido ou o rexistro se desenvolven con total normalidade,
sen xogadas polémicas... Por certo, Don Antonio é moi bo,
como persoa e como profesional. Sempre buscando solucións. E aplicando
o sentido común. Ímolo botar en falta. Graciñas.
-
17-09-2008: Festa de
San Cibrán no Carballiño. 11:30: procesión. Silencio.
Respeto. Un dez. 12:00: Misa solemne. En galego. Presidida polo Sr. Bispo,
Don Luis Quinteiro Fiuza. Na homilía falou da Veracruz (a obra de
arquitectura relixiosa mais importante do século XX en Galicia),
da festa do "pulpo", da importancia da vila do Carballiño
e das súas xentes, da necesidade de que os cristiáns manteñan
a unidade, da vida do Bispo San Cibrán alá no norte de África...
Unha predicación das que aumentan a autoestima colectiva dos pobos.
A Igrexa da Veracruz estaba ateigada de xente. Había, dende logo,
máis de mil persoas. Entre os asistentes estaban os membros da Corporación
Municipal (co sr. Alcalde ó frente) e outras autoridades. Un día
de festa, cheo de luz. Fotos.
-
-
16-09-2008: Seis da tarde.
A Veracruz chea de xente. Dor. Bágoas. Silencio. Entra o cadaleito.
Logo a familia. Os sacerdotes soben ó altar. Empeza a misa. Familiares
e amigos rezan, pensan, recordan... A min vénseme á cabeza
as últimas conversas que tiven con el. Nelas quedei admirado da valentía
coa que estaba afrontando a enfermidade. Era moi novo. Corenta e pico anos.
Unha morte así é difícil de aceptar... Na hora da predicación
o cura pásao mal. Nótase que lle quería. É o
capelán do Asilo. Lémbranos o que case todos sabiamos. Manolo
Alén era o construtor que facía as obras no Asilo. É
certo que cobraba polo seu traballo. Pero tamén é certo que
moitos dos traballos que facía para o Asilo non os cobraba. As monxas
do Asilo estanlle moi agradecidas. Por iso están case que todas no
funeral. E antes estiveron no tanatorio. Sí, elas tamén lle
querían. Coma moitos outros. Era unha persoa querida no Carballiño...
Remata a misa. O cadaleito, a xente e as bágoas marchan camiño
do cemiterio. Alí repousará o corpo de José Manuel
Alén. Morreu, pero sabemos que a súa vida non foi en balde.
-
07-09-2008: 1ª andaina
popular VILA DO CARBALLIÑO, organizada polo Concello coa colaboración
dos rillamillas, na que participan cento unha persoas. Día soleado.
Ceo limpo. Temperatura agradable. Perfecto para camiñar.
-
29-06-2008: A selección
española de futbol gañalle 1-0 á Alemaña na
final da EUROCOPA. En Carballiño seguiuse o partido con emoción.
E en canto rematou, a fonte da rotonda da Praza do Emigrante encheuse de
xente. Foi unha festa improvisada, pero con éxito.
-
08-06-2008: Andaina do
día do deporte. CONVOCA: Concello do Carballiño. ORGANIZA:
Luciano. DIRECTOR DE ORATORIA: Darío.
Nais, pais, nenos, nenas, mozos e mozas...
un pouco de todo. 45 persoas tomamos a saída na Estación de
Autobuses ás dez da mañán. O concellal de deportes,
Manolo Dacal, estaba alí para regalarnos camisetas, panos, gorras,
unha botelliña de auga... Darío explicounos por qué
estabamos alí... e Luciano púxose en cabeza para dirixir a
marcha. Parque. Mesego. ¿Seara?. Pena Cobertoira. Pontarriza. Godás.
Carballiño. Unha fermosa camiñata por sendeiros inéditos,
vírxenes, alfondrados de sombras e follas de carballos, entre fentos
e flores, entre silencios e conversas... Na Pontarriza (de "ponte terriza"
=de táboas cubertas de terra, como nos explicou Bernardo) visitamos
o museo etnolóxico. Pero antes de entrar no pobo xa poidemos ver
ó aire libre unha leira sementada de botellas de plástico
penduradas no aire, unha das máximas expresións da idiosincrasia
imaxinaria da terra galega.
En todo momento Darío foi cerrando
a marcha, coidando de que ninguén se perdese, labor que fixo coa
súa acostumada eficacia.
Chegamos á Carballiño á
unha e media, con británica puntualidade, para saborear uns pinchos
ofrecidos polo Concello.
Fotos aquí.
-
05-06-2008: Foi España
durante centos de anos. Chegou internet e perdeu o "ñ"
e pasou a ser Espana. Logo chegou Secho e refundou o nome do país
que agora se chama EsPaNa (Escola de Pais e Nais). Un ano, dous anos, tres
anos... catro anos... e ¡cinco anos!. Hoxe rematou, ¡esta vez
no salón Veracruz do emblemático Hotel Arenteiro!. Símbolo
da modernidade do Carballiño. E a modernidade ven tamén porque
un grupo de pais e nais se xunten para aprender cómo educar mellor
ós seus fillos. E que se vai formando unha piña de xente que
quere facer que o futuro sexa máis feliz para todos. Un profe e un
motivo común. Un grupo de xente. Unha idea que se vai estendendo
coma un regueiro de pólvora. Xuntémonos para que os nosos
fillos se crien sanos, física e mentalmente, afastados das drogas,
do alcool e do aburrimento. Activos. Alegres. Cheos de enerxía e
de ilusión. Foto.
-
25 de maio de 2008. No
Parque do Carballiño: un coche que choca contra unha árbore.
Un rapáz de 23 anos morto. E outro rapaz de 18 anos, o conductor,
sen pernas. Duas vidas segadas. Duas familias rotas. Unha desgracia. Moitas
razóns para pensar.
-
23 de maio de 2008. No
Barazal. Comida de despedida e homenaxe a Dona Cristina Sueiro Morán,
que foi secretaria do xuzgado número 2 do Carballiño e que
se acaba de ir para Pontevedra. Xuices (Laura, Luis, Darío, Ricardo,
Leonardo), secretarias (Raquel, Lourdes, Loli e a propia Cristina), Fiscais
(Carmen), avogados, procuradores, garda civil, notario, rexistrador, persoal
dos xuzgados... Non sei se se me esquece alguén máis... Se
así sucede prego disculpas. Moitos amigos. Discursos, como o de Ricardo
e o de Lourdes, que destacaron acategoría de Cristina como profesional
e como persoa. E outros como o de Prada, parte en prosa e parte en verso,
pero todo él cheo de humor. Logo o discurso longos anos agardado
de Luis Rúa, que nos fixo rir, e que parecía o conto de nunca
acabar... A oratoria de Luis é das da época clásica,
coñecida de todos. Entre outras cousas recordounos que estamos na
idade de ouro nos xuzgados do Carballiño. E para remate as verbas
emocionadas de Cristina, con arrecendo de agrademento. Regalos. Alguna bágoa
atada ó corazón por un fío para que non se ceibase...
Un día para recordar. E Cristina, unha rapaza, tamén para
non esquecer. Graciñas por deixar un bo recordo e un regueiro de
cousas ben feitas.
-
Domingo 18 de maio de
2008: Festa das mudacións en Boborás. Danza branca. Catro
parellas. Colorido. Música. Procesión. Fermosura. Historia
viva. Misa en Boborás. Procesión ata Xuvencos. Misa solemne
en Xuvencos. Televisión. Fotos. Moitas cousas xuntas.
-
Venres, 16 de maio de
2008: 81 persoas, 5 adultos e 76 mozos recibiron a confirmación na
parroquia de San Cibrao do Carballiño. Celebración en galego,
presidida polo Sr. Bispo de Ourense.
-
Domingo, 4-05-08. Un
piano, unhas mans, un corazón, un artista. Enrique Paisal, o pianista
dos Tamara. Emocionounos, o domingo, no Casino, ós contados privilexiados,
que tivemo-la fortuna de disfrutar do seu recital.
Ah... se as miñas mans fosen quén de recoller nestas letras
a música do mestre.
Imaxinade. Imaxinade un tango de Gardel envolto a ritmo de bolero. Imaxinade
clásicos do pop como Suavemente me mata con su canción ou
a banda sonora de Desayuno con Diamantes. Imaxinade o Galicia terra nosa
dos Tamara, convertido xa nun himno.
Din que ó ceo chegan os ditosos. Pois ditosos nós, contado
auditorio, a quen o mestre Enrique Paisal se entregou coa paixón
dos gloriosos tempos do Olimpia de París cos Tamara e coa xenerosidade
dos artistas e homes grandes.
Así se fai a historia, a nosa máis íntima historia,
con tres cuartos de hora de emoción, sentimento, sensibilidade.
Grazas, mestre Paisal. Saiba que somos xente de palabra e agradecida. Conxurámonos,
os do domingo no Casino, para que, ben pronto, moitos máis carballiñeses
ateiguen ese salón de actos que se volveu inmenso o domingo, e para
que os aplausos cheguen, multiplicados polo eco, ata a súa Palmeira
natal, aló en Ribeira, na ría de Arousa.
Imaxinade que aplaudan a quen saca do piano mesmo o son da gaita... Imaxinade
que ata unha bágoa furtiva, esvare por algunha meixela.
Así pasou o domingo, o día despois da Santa Cruz, véspera
de luns de resaca. Aquí, manda o fútbol.
O recital de Enrique Paisal pechou a programación da primeira das
tres fins de semana de maio que a Agrupaciòn Avantar enche co festival
Orcellón fála e canta. Abriuse, o venres, con outro canto
á sensibilidade. Paga a pena reler, ou descubrir, "Memorias
dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas. Como interesarnos por
saber quén foi Antonio García Varela. Buscade. Sorprenderavos.
(Pilar Abraldes)
-
-
Xoves, 24-04-2008: presentación
en Vigo, no Corte Inglés, do libro OS NOMES DO RIBEIRO, de Frutos
Fernández. Así nolo conta Pilar Abraldes: "Xoves, 24-0408,
20.00, Vigo, Sala de Convencións de El Corte Inglés. Aforo
abarrotado, para sorpresa dos propios xestores do recinto. Presentan o libro
“Nomes do Ribeiro”, de Frutos Fernàndez. Acompañan
ó autor moitas xentes do Ribeiro en Vigo como o é, de Ventosela,
o académico Xesús Alonso Montero, que oficia de presentador.
Faino con oficio e con paixòn.Louba o libro “Nomes do Ribeiro”
e o traballo do seu autor. Recoméndao, para satisfacción de
Frutos Fernández, como un libro de letura, e non tan só de
consulta. E explica por qué: porque está documentado e porque
introduce elementos narrativos, con historias, nun casos, lendas, noutros,
recordos, moitas veces, e sentimentos, sempre.
Frutos Fernández agradécelle ó mestre o seu agarimo
e lé un texto de moito calado. Vai pasando follas, literarias, nas
que ten escritas vivencias, de cando neno, na sùa casa, en San Clodio.
Da nomes de persoas. Hai fillos na sala, que escoitan emocionados as mencións
ós pais. Da nomes, tamén, de autores das nosas letras que
fixeron dos viños do Ribeiro compañeiros fieis. O grande Álvaro
Cunqueiro. Enumera nomes de lugares do Vigo que comparten nomes con outros
do Ribeiro: Beade, A Costeira, A Ponte, Sanín, A Pena, A Oliveira...
e ata Ribadavia. ¡Cántas declaracións de amor á
terra!, coa nostalxia dun tempo que xa non volverá. Remata, o autor,
cunha reflexión que lle é recorrente e sempre igual de dolorosa.
A morte do Ribeiro, da que é testemuña a súa xeración.
O acto remata, entre aplausos e felicitacións, e por qué non,
o culto ó autor, que Frutos Fernàndez está saboreando.
Asina, feliz, un bo número de exemplares de “Nomes do Ribeiro”.
Coñece moitos dos que levan entre as mans o seu libro. Descobre outros.
Avelino Muleiro, presidente do Instituto de Estudios Carballiñeses,
obra milagres".
-
No Carballiño,
"Xornadas sobre a globalización", do 16 ó 19 de
abril de 2008. Entre outros moitos actos, cabe destacar unha conferencia
de Carlos Taibo: "unha mirada crítica á globalización",
na CASA DA CULTURA, o Xoves 17, ás 20:30. E tamén a exposición
de Sebastiao Salgado, "OS SEN TERRA", no IES Chamoso Lamas, do
10 ó 19 de abril.
-
18 de abril de 2008:
No Barazal, comida de despedida ó Xuíz DON LUIS DOVAL PÉREZ.
Autoridades. Xuíces. Secretarias. Fiscais. Avogados. Procuradores.
Funcionarios. Moita xente. Moitos amigos. Porque Don Luis foi un xuíz
querido no Carballiño. Un home galego, da terra, que entendía
o que era unha aira, un resío, un paso... Un xuíz, según
contan, con moito sentido común.
Esta crónica da súa despedida
queda un pouco curta e breve pola sinxela razón de que o que esto
escribe non puido estar na comida por mor da gripe. E ben que o sentín.
Graciñas, Don Luis, polo bo recordo que deixa no Carballiño.
-
14-04-2008, luns: O IES
MANUEL CHAMOSO LAMAS de O Carballiño, organizou catro sesións
teatrais en inglés no Auditorio Multifuncional do Carballiño.
Empezouse coa obra "Ronny and Julie",
que se representou dúas veces, unha para os alumnos de 1º e
2º de ESO e outra para os alumnos de 3º e 4º de ESO, adaptando
a interpretación ó nivel de coñecemento de inglés
que tiñan os alumnos asistentes en cada caso. Esta obra estaba financiada
pola CAIXANOVA.
Logo seguiu a obra "MULAN", para
os alumnos de Primaria, financiada pola CAIXA.
E rematouse pola tarde coa obra "CLEVER
CUPID", financiada pola CAIXAGALICIA, para os alumnos de bacharelato,
Ciclos, adultos e Escola de Idiomas.
Asistiron alumnos dos dous institutos da
Vila do Carballiño, da Escola de Idiomas, dos colexios Calvo Sotelo,
Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, dos CPI de Maside, Cea, Beariz
e Irixo. En total máis de mil trescentos alumnos, cos seus correspondentes
profesores.
Os actores divertíronse un montón,
e os alumnos asistentes tamén. Non soaron os móbiles, pero
si as risas e os aplausos, sobre todo cando os actores fixeron participar
a algúns dos integrantes do público asistente. Non cabe dúbida
de que os que máis gustaban de participar eran os alumnos de primaria.
Todas as obras foron representadas polo grupo
Clever Pants. Grazas á financiación concedida polas entidades
bancarias antes mencionadas a asistencia foi totalmente gratuíta
para os alumnos, e os institutos e colexios so tiveron que pagar os autobuses
empregados para os desprazamentos. A organización por parte do Instituto
Manuel Chamoso Lamas foi un éxito e a resposta dos restantes centros
foi magnífica. Todo o mundo quedou moi contento, e os alumnos expresaron
o seu agradecemento e o seu desexo de que o ano que ven isto se volva a
repetir...
-
21-03.08. Procesión
de Venres Santo no Carballiño. San Benito. O inverno na primavera.
Hai días felices. Foi así,
para un sanador de almas e un sanador de corpos, o vintéun de marzo
do ano en curso, San Benito, o inverno na primavera.
Unha procesión, como non lembran os
máis vellos do lugar, acompañou os pasos coas imaxes da Dolorosa
e do Cristo Xacente. Unha marea humana, con homes, mulleres, nenos, participou
na comitiva, que saiu e chegou ó templo da Veracruz, tras percorre-las
rúas do centro da vila.
Por primeira vez nesta parroquia, incorporouse
unha confraría, a recentemente creada Confraría da Veracruz.
Algo mais de trinta feligreses, enfundados en túnicas e capuchóns,
déronlle luz, coa luz da súas velas, á fría
e escura noite carballiñesa. Alumearon tamén espíritus,
gozosos ante unha manifestación silenciosa e respectuosa dunha fe,
que non precisa de ruidos.
A José Benito Sieiro, párroco
do Carballiño, e Rafael Melero, presidente da Confraría da
Veracruz. Sanadores de persoas, os dous, inmensamente felices, os dous,
o Venres Santo. (Pilar Abraldes)
-
18-03-08. Funeral por
Aurelio, o fotógrafo, na Veracruz. Colleunos por sorpresa a moitos.
Sabíamos da sùa delicada saùde, pero non contabamos
coa morte, da que nos enteramos, cáseque todos, pola esquela publicada
no xornal La Región.
Foi, Aurelio, un ourensán que se fixo
carballiñés por amor, o gran fotógrafo da crónica
social da nosa vila. Nuns tempos, éstes, nos que a chamada prensa
rosa ou do corazón carece de sentido, Aurelio inmortalizou, coa súa
cámara, a vida social de varias décadas e xeneracións
de familias do Carballiño. Vodas, bautizos, comunións, homenaxes,
festas, a da Mimosa tamén, están nos negativos tirados por
Aurelio, un home que, coa mistura de arte e bondade, retratou, sempre, a
alegría dos seus veciños.
Malia a súa pena.
Porque Aurelio nunca se recuperou da repentina
morte do seu fillo, Aurelio, un brillante estudante de Medicina, nun accidente
de tráfico, camiño da casa. Nunha noite de verán, polas
terras de Lalín, quedaron enterrados para sempre moitos dos soños
de Aurelio, e de Choncha, a súa muller, e de Marián, a filla
e irmá, unha adolescente, daquela, que de súpeto e violentamente
se fixo adulta.
Imaxes e recordos, apresurados, sucedéronse
durante o funeral por Aurelio, nunha mirada atrás no tempo sen cronoloxía
definida... Faltaban moitos na Veracruz. Por fortuna para eles, Aurelio,
segue nas súas casas. Nas súas paredes, nas súas mesas,
nos seus álbunes, están os sorrisos asinados por Aurelio.
Na miña casa tamén. A miña
voda foi unha das últimas que fixo Aurelio. Antes, fixo a miña
Primeira Comunión, e as das miñas irmás, e os retratos
de familia. Retratos que están polo Carballiño, por Santiago,
por Logroño, por Madrid, por Venezuela e hainos, incluso, que fixeron
a viaxe de ida e volta de Alemaña.
Descanse en paz, Aurelio. (Pilar Abraldes)
-
Sagra. 17 de marzo de
2008. Seis da tarde. Xente. Moita sente. Silencio.
Para de chover. O sol mira por entre as néboas.
Chega o coche da funeraria. José Manuel Soto Quesada. 21 anos. Fillo.
Hirmau. Sobriño. Primo. Amigo. Unha familia moi grande e querida.
Xogador de fútbol do Arenteiro B. Estudiante de Ciencias da Información.
E moitas cousas mais. O cadaleito entra na igrexa. O sol da tarde acaricia
con dozura as nosas penas. O crego empeza a misa. Palabra de esperanza.
Igrexa chea. Xente no adro e na carretera. Todos unidos nun mismo silencio.
O sol vaise escondendo. Escóitanse
os paxaros. Hai moitos mozos e mozas. Naide chora. Non hai sorrisos. Soio
miradas caladas e rezos. Silencio.
Nas alas rotas da tarde latexa e voa a eterna
pregunta sin resposta. ¿Por qué? Ente rezo e rezo, amasada
de tristura e de esperanza, escóitase, calada, terca e fonda, a voz
elocuente do silencio.
-
06-03-2008: Xa se poden
ver en Ourense, no Hospital e na residencia, as exposición fotográficas
de dous membros da asociación fotográfica carballiñesa
POTIÑOS: "A cor viaauria" , de Juan Rúa, exposta
na sala de espera de Dixestivo do Hospital Santa María Nai (planta
principal); e "Sensacións viaauria", de Luisa Lorenzo na
sala de espera de Oftalmoloxía do Hospital Materno Infantil (planta
principal).
-
06-03-2008: Resolución
do concurso de fotografía do entroido convocado polo Concello de
O Carballiño: 1º premio para Maricarmen Izquierdo. 2º premio
para Juan Rúa. 3º premio para Luisa Lorenzo.
-
05-02-2008: Desfile de
carnaval do Carballiño. Primeiro premio para a comparsa de San Amaro...
e segundo premio para a comparsa TOLOS POLO ENTROIDO.
-
03-02-2008: A bisbarra
do Carballiño impón a súa lei no desfile do carnaval
de Ourense: A comparsa dos de SAN AMARO levou o primeiro premio de animación,
o premio á comparsa máis numerosa e o primeiro premio absoluto.
E a comparsa TOLOS POLO ENTROIDO (do Carballiño) recibiu o premio
ó mellor diseño e o segundo premio absoluto.
-
28-01-2008: Morreu don
Juan Corral Pajariño.
Pili Abraldes lémbrao así:
"Foise don Juan. Morreu Juan Corral Pajariño,
home sabio e boa persoa, que procurou o mellor para xeracións de
carballiñeses cun maxisterio inspirado nos clásicos de Grecia
e Roma ós que tanto amou. Grego, latín, castelán, francés...,
foi sabio en tódalas linguas, tamén no galego, nun tempos
nos que as nosas letras non se estudaban na escola, pero falaban os fillos
da terra, como don Juan. Física, Química, Matemáticas...
Ningunha ciencia escapaba a súa curiosidade. A traducción
dun texto, dicianos, era como un problema.
Sabémolo ben, quen pasamos, e nunca
mellor dito, polas súas mans. Milleiros de nenos e nenas da comarca
enteira que medraron e se fixeron homes e mulleres baixo a sombra protectora
de don Juan. O seu colexio -Isabel la Católica- o Corral para todos,
foi a súa casa e a casa na que nos acolleu a todos, ¡cántos
fillos da emigración!.
Agora, na despedida, somos moitos os que
nos sentimos orfos do mestre que, nin don Juan nin nós sabiamos,
ata qué punto marcou as nosas vidas. O pracer de aprender, o pracer
do traballo ben feito, o pracer do esforzo, o pracer da cultura, o pracer
da conversa... o pracer de sentírmonos persoas.
Ten este O Carballiño virtudes. Ten
tamén defectos. Témolos os carballiñeses. Non somos
dados ó afecto en vida. A rúa Juan Corral Pajariño
é unha anécdota. Don Juan foise facendo vello diante de nós.
O seu andar firme perdeu brío; o seu verbo un día fluido e
a súa potente voz quebráronse paseniño; deixámolo
de ver polo Casino, pola Calle Principal, pola Veracruz. Sen ruido, apagouse.
Apagouse, como antes o fixeron outros compañeiros,
ós que hoxe recordamos, como unha xeración de mestres xa desaparecida.
MESTRES, así, en maiúscula, que fixeron do seu traballo unha
vocación, que conseguiron que os nenos e nenas que pasabamos polas
sùas aulas soubésemos ler, escribir, sumar, restar, multiplicar,
dividir, os verbos, os ríos, as cordilleiras, os cabos, os golfos
da Península Ibérica, os reis visigodos, as capitais do mundo...
Doña Denza, doña Isabel, don Manuel Doval, don Eduardo Cela,
mestres do grupo escolar. O seu director, don Amador, e a súa muller,
doña Nievitas, que nos chamaban a todos polo nome e sabían
de quen eramos fillos. Con don Juan, en fin, acabouse esa estirpe de mestres,
que impartían o seu maxisterio dentro e fóra da escola, sen
pedir nada a cambio.
En torno a don Juan, xuntámonos hoxe
moitos dos seus discípulos. Ogallá a súa memoria, e
a dos outros mestres, siga viva entre nós, fillos da súa devoción
polo ensino.
Don Juan Corral Pajariño naceu en
Dacón. Morreu onte, vinteoito de xaneiro, día de Santo Tomás
de Aquino. Non é casualidade.Tiña noventa e sete anos. Chegoulle
o ben merecido, e sei que feliz, descanso" (Pilar, 29-01-2008).
-
07-01-2008: A exposición
fotográfica "Galicias"
(de Juan Rúa) pódese ver dende hoxe ata o día 30 deste
mes na Casa do Concello de Carballiño. Anteriormente estivo no Centro
de Saúde da Teixeira (dende o 1 ata o 30 de novembro de 2007) e no
centro de Saúde de Parada de Sil (dende o 1 de decembro de 2007 ata
o 2 de xaneiro de 2008). Está previsto que tamén se expoña
este ano 2008 nos locais das seguintes Fundacións Comarcais: Deza:
Do 1 ao 15 de febreiro; O Salnés: Do 16 ao 30 de abril; Terras de
Trives: Do 2 ao 16 de xuño; A Ulloa: Do 1 ao 15 agosto; Bergantiños:
Do 15 ao 30 de novembro; A Paradanta: Do 1 ao 15 de decembro; A Mariña
Occidental: Do 17 ao 31 de decembro. E tamén no centro comercial
Pontiñas, de Lalín, do 18 de febreiro ó 30 de marzo.
E no concello de Leiro, do 1 ó 15 de Maio. Como é lóxico,
tamén se pode ver en internet, nesta web.
-
28-12-2007: Frutos Fernández
González presentou na Casa da Cultura do Carballiño o seu
libro NOMES DO RIBEIRO. Eu nunca vira o salón de actos da Casa da
Cultura tan ateigado de xente. E, trala erudita presentación de Avelino
Muleiro, Frutos sorprendeunos a case todos cun discurso emotivo e cálido...
que tivo ó público calado e pendente del coma se dunha novela
de suspense se tratara. Foi unha agradable sorpresa. E dende logo, a presentación
do libro resultou ser un éxito rotundo. Parabéns ó
autor. E desexar un longo éxito para o libro.
Entre as cousas que o autor conta do libro
figura esto que transcribo: “Nomes do Ribeiro” é unha
viaxe pola toponimia maior do Ribeiro e a súa contorna. Nos douscentos
noventa e tres artigos que contén o libro analízanse máis
de mil nomes de lugar, tratando de atopar o significado de cada un e de
enmarcar ese significado dentro da súa realidade xeográfica,
histórica ou cultural. O libro é tamén unha invitación
a que o lector descubra os grandes tesouros que se atopan agachados nos
nosos nomes de lugar. Uns tesouros que, sen dúbida, enriquecerán
a todos aqueles que estean interesados na historia e na cultura destas terras.
Como apunta Avelino Muleiro no prólogo: “..Neste libro, Frutos
aposta por liberar todos os recunchos do Ribeiro da orfandade de soidade
en que se atopan, enchéndoos dese aroma que produce nas cousas unha
significación ideal...”.
-
21-12-2007: No colexio
do Sagrado Corazón fixeron hoxe pola tarde un belén viviente...
que daba gloria velo. Decoración e personaxes. Portal. Reis Magos.
Lavandeiras. Deserto. Oasis. Pozo de auga. Cando levabas alí un pouco
dábache a impresión de estar realmente en Oriente. ¡Noraboa
á AMPA, que foi quén o organizou!. ¡Noraboa ó
director do colexio, Alfonso, que actuaba de San Xosé!. E noraboa
a todos os que colaboraron no evento. ¡Chapó!..
-
20-12-2007: Comida xudicial
de nadal. Na Carballeira da Santa Cruz. ¡Canto rimos!. Respírase
ben, moi ben, no mundo xudicial do Carballiño. Así da gusto.
E paréceme que cando os funcionarios e os profesionales se levan
ben... o traballo faise mellor e mais agusto... e todo iso redunda en beneficio
dos que pola razón que sexa acoden á xusticia. Ó final
é un ben para o conxunto da sociedade do Partido Xudicial.
-
23-11-2007: No Barazal
tivo lugar a comida de despedida de Dona Laura Guede Gallego, Ilustrísima
Xuíz do Xulgado número dous dos do Carballiño. Alí
estaban, ademais da homenaxeada e do seu marido, moitos amigos: Xuíces,
Secretarias de Xulgado, membros do Ministerio Fiscal, o Subdelegado do Goberno,
a cabeza visible da Garda Civil no Carballiño, avogados, procuradores,
persoal do xulgado, e incluso un notario. E seguro que aínda se me
esquece alguén. Aparte da comida, que foi moi boa, como non podía
ser doutro xeito tratándose do Barazal, houbo tamén discursos.
A secretaria Dona Cristina dixo unha palabras breves, pero intensas, cargadas
de emoción, que fixeron bailar as bágoas. O xuíz Don
Luis pronunciou tamén un discurso, como compañeiro e como
amigo, mencionando algunhas das grandes virtudes persoais e profesionais
de Dona Laura, e pondo de manifesto a boa química que hai dende fai
anos nos xulgados Carballiñeses. O avogado Don Manuel Souto Cacabelos
pronunciou un discurso breve pero moi atinado, dedicándolle á
homenaxeada palabras de eloxio e agradecemento. O actor, e procurador, Xosé
Prada, amenizou a festa cunha representación realmente divertida,
cargada de humor, que nos fixo rir a cachón. Dona Laura contestou,
emocionada e feliz, dando as grazas a todos, con palabras nas que se podía
apreciar a súa gran fondura humana. Finalmente, e xa fora de prazo,
o avogado Don Perfecto Luis Rúa, pronunciou un discurso complexo,
amasando risas con verdades, botándolle tamén abundante auga
de elocuencia e unha “pizca” de sal de retranca. O "pan"
que de alí resultou convenceunos a todos. Nesta vez, o amigo Luis,
obtivo para si mesmo unha sentenza totalmente favorable.
Foi unha tarde moi fermosa. Como se merecía
unha gran persoa como é Dona Laura, á que todos lle desexamos
moita sorte, e lle pedimos que siga sendo como é. Moitas grazas por
todo e moita sorte, tanto na vida persoal coma na profesional.
-
11-11-2007: Nun accidente
de tráfico ocurrido en Madrid morreu Faustino José Pérez
San Martín «Fusi», entrenador do equipo cadete do Arenteiro.
Nacera o 10-11-1970. Tiña 37 anos e un día. Era moi querido
no Carballiño por todo o mundo. Pero especialmente queríanlle
con loucura os rapaces ós que entrenaba. Está enterrado no
cementerio de Señorín, de Carballiño, e na súa
lápida está escrito: "Tu alegría siempre en nuestros
corazones". Ano e medio máis tarde algún dos rapaces
ós que entrenaba ainda ten como frase no seu nick do mesenger: "FUSI,
te queremos". Y otro dice: "FUSI, nunca te olvidaré"...
-
24-07-2007: Ás
dez da noite morre en Ourense José Rúa Basalo. Un home bó.
Natural de Camba. Pai de cinco fillos, un dos cales é notario no
Carballiño... Cando morreu tiña 90 anos. Nas súas mans
levaba unha longa vida de traballo e sacrificio. Labrego de profesión.
Quedou viuvo cando o seu fillo máis vello tiña once anos e
o máis novo menos dun mes. Coa axuda da familia sacou adiante os
seus cinco fillos. Foi un home de paz, honrado, traballador, relixioso,
amante da verdade... Despois de moitos anos de esforzo, Deus premiono permitindo
que durante os derradeiros anos da súa vida poidera gozar vendo como
os seus fillos e netos se xuntaban ó seu redor formando unha familia
unida e feliz. .
- 13-07-2007: Concierto de Carlinhos Brown
en Carballiño. No Campo de Futbol. Moita xente. E moi bo ambiente.
Carlinhos conecta totalmente cun público que se lle entrega. Todos
estes días hai un aire de festa en Carballiño. As terrazas están
ateigadas de xente. E moitos comentan: "esto parece o Septiembre"...
facendo alusión a que parece coma se estiveramos nas festas do Setembro
que cada ano enchen o Carballiño de xente.
-
09-07-2007: Empeza o
VII CURSO DE TERMALISMO, organizado pola Universidade de Vigo e o Instituto
de Estudios Carballiñeses. A inauguración ten lugar no Centro
Comarcal do Carballiño. Asisten 50 alumnos. O curso segue durante
os días 9 (Carballiño e Mondaríz), 10 (Balneario de
Lobios), 11 (Balneario de Guitiriz) e 12 (Talaso Atlántico). Igual
que en anos anteriores o éxito é total: Todos os asistentes
rematan encantados.
-
27-05-2007.- Eleccións
Municipais. No Carballiño os resultados foron: 8 PSdeG-PSOE, 5 PP,
4 BNG. O PSOE gaña, pero non acada a maioría absoluta. O BNG,
con Amil, consegue un bos resultados. O PP mantén os seus 5 concelleiros.
Parece que gobernará o PSOE en minoría...
-
31-03-2007: O poeta de
Barbantes, Manuel Vilanova, gaña o PREMIO NACIONAL DA CRÍTICA
de poesía en língua galega co seu libro A ESMERALDA BRANCA.
-
09-3-2007: inaugurouse
a exposición permanente de fotografías de Potiños no
local cedido por D. José Ignacio Fontaiñas, no baixo do edificio
número 15 da Alameda do Carballiño...
-
06-03-2007, martes: O
IES MANUEL CHAMOSO LAMAS, de O Carballiño, organizou cuatro sesiones
teatrales en inglés no Auditorio Multifuncional de Carballiño.
Tratouse das obras de teatro“School is Back” (que se representou
tres veces, unha para Bacharelato, financiada pola CAIXANOVA, e outras duas
sesións para PRIMEIRO CICLO e SEGUNDO CICLO DA ESO, ambas financiadas
pola CAIXAGALICIA) e "Midnight Madness", para Educación
Primaria, financiada por "LA CAIXA". Todas as obras foron representadas
polo grupo Clever Pants. A elas foron invitados os alumnos de todos os centros
de ensino existentes na Vila e tamén os de Cea e Maside. A asistencia
foi masiva, dado que foron presenciadas por mais de mil cincocentos rapaces.
A organización foi todo un éxito e a resposta dos restantes
centros foi magnífica. Todo o mundo quedou moi contento, e os alumnos
expresaron o seu agradecemento e o seu deseo de que o ano que ven esto se
volva a repetir...
-
14-01-2007: Na misa de
11:15 deuse a coñecer o resultado do concurso de Beléns da
parroquia do Carballiño . O primeiro premio foi para o nacemento
feito por María Rúa e Carmen Rúa.
-
07-12-2006: Inauguración
do Hotel Arenteiro. Un símbolo importante na Vila do Carballiño.
Alí estaban Manolo e Rosa. Estaba tamén Celso Carballal. Había
moita xente da política: como o Conselleiro de Medio Ambiente, Pachi
Vazquez, o Alcalde do Carballiño e varios concelleiros, o Delegado
da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, o Gobernador Civil de
Ourense... e moitos máis. Estaba Juan Valcarcel, o pintor que adornaba
a sala con unha exposición de cadros. Estaba José Luis Cuerda,
amable e amizoso, coma sempre, enchendo o acto coa sua pacífica presencia.
E moitos destacados empresarios e veciños do Carballiño. Don
Xosé Benito bendeciu o Inmoble, rezando en galego. Logo chegou a
hora de comer e beber nunha carpa instalada na Alameda. Por suposto que
non faltou o "pulpo". Un día moi importante para a Vila
do Carballiño, que hoxe é, dende logo, moito máis cidade
que onte. Creo que o Hotel Arenteiro é un fermoso símbolo
que da servicio e prestixio a esta fermosa Vila.
-
02-12-2006: Rematou no
concello de O Carballiño o curso de fotografía impartido por
HECTOR GUZMAN. Con entrega de diplomas, regalo ó maestro... e momentos
de emoción. "Gracias, Guzmán, por ser profe, maestro
e amigo. Gracias por ser punto de encontro. Gracias por ser fonte de creatividade,
de soños e de ledicia. Gracias por ser en cada momento semente de
novos camiños...". Hoxe pola tarde haaberá tamén
unha conferencia sobre o tema da composción fotográfica impartida
polo maestro H. Guzmán. E logo cea.
-
01-12-2006: Antonio,
tenente da Garda Civil, organizou un xantar no lecer, onde se mexturaton
xuices, secretarios, fiscais, conselleiros, alcaldes, notarios, comisarios,
músicos, empresarios, obreiros, parados, xubilados... nun clima de
total harmonía... Foi un exemplo de democracia...
-
14-10-2006: Ya se sabe
el resultado del concurso de fotografía de la fiesta del pulpo (o
del polbo). Primer premio para MANUEL BLANCO GUERRA. Segundo premio para
MILA FERNANDEZ SILVA. Y tercer premio para JOSE LUIS DIZ. Las fotos son
estupendas. Enhorabuena a los premiados.
-
12-10-2006: Día
del Pilar. Patrona de Correos y de la Guardia Civil. Misa solemne, en gallego.
La Veracruz abarrotada. Y luego pincho-comida con casi todo el pueblo invitado.
Este año en el Isis Faria. Un día soleado y precioso. Y quizás
se deba destacar que este año hubo masiva asistencia de autoridades
judiciales: jueces, secretarias... e incluso un juez y una secretaria que
estuvieron en Carballiño pero que ahora ya no están aquí,
sino en Lugo y en Ourense. Una gran familia. Da gusto ver el buen ambiente
que hay.
-
17-09-2006: Hoxe celébrase
no Carballiño a FESTA de SAN CIBRÁN. O día propio de
San Cibrán é o 16 de setembro, pero a petición dos
comerciantes, para que a festa non coincida coa feira, por iso se celebra
a festa o día 17 en lugar do 16. Houbo procesión, e logo misa
solemne, en galego, coa Veracruz ateigada de xente, con asistencia do Sr.
Alcalde e de outras autoridades. A celebración da misa presidiuna
DON SEREFÍN MARQUES GIL, un crego que fai ó redor de 30 anos
foi profesor deste que agora está escribindo... e coas súas
ensinanzas despertou en min (e supoño que en moitos outros) o amor
á lectura e á escritura. Probablemente se non fora por aquelas
lonxanas ensinanzas de Don Serafín... esta web non existiría,
ou, polo menos, non sería así.
E a todo isto... ¿vos sabedes quén
foi San Cibrán?. Foi bispo e martir. En África. No século
III. Naceu en Cartago, no ano 200. Convertiuse ó cristianismo. E
foi ordenado crego. E despois proclamando bispo de Cartago, no ano 248.
No ano 257 o emperador Valeriano puxo en marcha una forte persecución
contra os cristiáns... e o bispo Cipriano negouse a adorar ós
deuses pagáns, polo cal foi condenado a morte, e cortáronlle
a cabeza cunha espada. Deste xeito sufriu, como outros moitos naqueles tempos,
o martirio. Foi o Bispo e o Santo máis importante de Africa ata que
apareceu San Agustín.
-
16-09-2006: conmemoración
do 40 aniversario da fundación da empresa carballiñesa CONSTRUCCIONES
JOENFE, SL. Misa na Veracruz. E logo xantar no restaurante O POTE. Asistiron
ó redor de 200 persoas. Despois da comida chegaron os discursos,
algúns moi emocionantes. É moi bonito ver xunta á familia
de Joenfe, compartindo mesa, lembranzas e proxectos. A historia do Carballiño
moderno non se debe escribir sen falar desta empresa que deu traballo a
moita xente e que lle deu un fogar a moita outra. Por certo, o nome JOENFE....
está formado polas iniciais dos tres hirmaus fundadores da empresa:
José, Enrique, e Felisindo. Contan que un doce de setembro do ano
1966 os tres himaus decidiron poñer en marcha a empresa, e que o
16 de agosto de 1967 asinaron formalmente a escritura de constitución
desta sociedade. ¡Xa choveu!. ¡E xa fixo sol!. Noraboa a JOENFE.
E que cumpla moitos máis, facendo casas e dando vida e traballo.
-
12-08-2006: presentación
do número 12 da revista Ágora do Orcellón. É
lóxico que o número 12 se presente un día 12 dun ano
no que 2*6=12. Doce foron os apóstolos. Doce os meses do ano. Doce...
-
08-08-2006: morreu a
viuda de POTIÑOS.
-
Segunda semana de agosto.
Arde Galicia. Lume e fume por todas partes. Asesinato da natureza, da vida,
da economía, da xente... Un crimen. Bágoas. ¿Hai duas
galicias: a dos que prantan lume e a dos que o apagan?. ¿Duas galicias
en loita?. Xa vai sendo hora de que gañe a boa. ¿Quén
está detras do lume?. Parece que naide o sabe... pero creo que Séneca
sí que o averiguaría. Lembremos a súa frase: "Autor
del delito es aquel al cual aprovecha" (SENECA)
-
Primeira semana de agosto
de 2006. Xociviga. Carballiño convírtese pro uns días
na terra do cine. Proxéctanse un montón de películas.
E entre elas está LA EDUCACIÓN DE LAS HADAS, do director amigo
destas terras Don JOSÉ LUIS CUERDA.
-
07-07-2006: Está
previsto que TIRULEQUE, Grupo de Teatro, estree ROMA ¡UNHA TOLERÍA!
ás 22'30 horas no Auditorio do Carballiño.
-
30 de xuño de
2006: No balneario de Laias tivo lugar a comida de despedida de D.ª
Raquel Blanco Pérez, que foi secretaria do xugado número 1
do Carballiño e que agora se vai para Ourense. Os dous xuices do
Carballiño, a secretaria do xuzgado número 2, o xuíz
e mais a secretaria do xuzgado de Ribadavia, a fiscal, o persoal dos dous
xuzgados, moitos abogados e procuradores, o rexistrador da propiedade, un
dos notarios do Carballiño, guardia civil, policía local,
o titor de Raquel... E seguro que algúns mais que neste momento non
me veñen á memoria. Eran máis de cincuenta as persoas
que estiveron presentes homenaxeando a Doña Raquel. Houbo discursos:
de Don Manuel Souto Cacabelos, de Xosé Prada, de Luis Doval, da mesma
Raquel. Houbo regalos, emoción e incluso bágoas. A verdade
é que Raquel é unha persoa estupenda e por iso é moi
querida en todolos sectores xurídicos do Carballiño. E, ademáis
dos que estaban alí, hai outra moita xente anónima que no
fondo do seu corazón homenaxeou en silencio a unha persoa que sempre
repartiu comprensión, humanidade e cariño, non soio para os
coñecidos, senón tamén para a xente que por unha razón
ou por outra acudía ó xuzgado. Raquél estaba sempre
en actitude de axudar á xente, e ademáis facíao cun
permanente sorriso que enchía de paz o corazón de calquera
persoa que se topaba diante dela. Cónstame que axudou a moita xente
humilde (labregos, inmigrantes...), incluso en asuntos que non lle incumbían
directamente a ela e dos que se houbera podido excusar fácilmente.
Había veces que incluso facía ben sen darse conta. Raquel
é unha gran persoa, na que se da unha perfecta combinación
de profesionalidade, eficacia, humanidade, humildade e ledicia; unha boa
forma de construir XUSTICIA, unha xusticia humana. Quizáis o que
máis me gustou de todo o que se dixo na comida foi esta frase: "Raquel,
soio che pedimos que non cambies".
-
18-05-2006: 20 horas,
na casa da cultura do Carballiño, presentación do libro e
do DVD "Carrilanos. Os túneles dun tempo", de Rafael Cid.
Proxección do estupendo documental que nos fala da construcción
do ferrocarril de Puebla de Sanabría a O Carballliño, e especialmente
da construcción dos túneles do Padornelo e do Corno, e da
problemática humana e social que levaron consigo: homes mortos pola
silicose, viuvas, orfos...
-
04-05-2006: Tivo lugar
a clausura da IIIª ESCOLA DE PAIS E NAIS, Programa Protego, con un
acto solemne no que estiveron presentes o Alcalde do Carballiño,
Carlos Montes, a Concelleira de Servicios Socias, Elisa Dominguez,
o Director do Colexio Sagrado Corazón, Alfonso Bernardez,
e do director do curso, José Manuel Fariñas (Secho).
A escola, organizada polo Concello do Carballiño, desenrolouse ó
longo deste curso, durante sete sesións. Dirixiuna maxistralmente
o incansable Secho. E a ela asistiron máis de cincuenta nais e pais.
A súa finalidade foi a de ensinar ós pais habilidades para
educar e formar ós seus fillos, indicando pautas para mellorar a
conducta dos rapaces, comunicarse con eles, mellorar as relacións
familiares, establecer límites e normas de comportamento e sancións
en caso de incumplimento dos mesmos, resolver problemas cando se presentan...
Tamén se incidiu na posición familiar ante o tabaco, o alcohol
e as outras drogas. O Colexio Sagrado Corazón prestou de balde as
súas instalacións para que esta escola se poidese desenvolver.
O acto de clausura foi ledo e emotivo. Carlos, Elisa e Alfonso, tras pronunciar
unhas breves e acertadas palabras, levaron a cabo a entrega dos diplomas
a tódolos asistentes.
-
27-04-2006, xoves: O
IES MANUEL CHAMOSO LAMAS, de O Carballiño, organizou duas obras teatrales
en inglés no Auditorio Multifuncional de Carballiño. Tratouse
das obras de teatro“Teenage Kicks” e "Happy Ending",
do grupo Clever Pants. A elas foron invitados os alumnos de todos os centros
de ensino existentes na Vila e tamén os de Cea e Maside. A asistencia
foi masiva, dado que foron presenciadas por mais de oitocentos rapaces.
A organización foi todo un éxito e a resposta dos restantes
centros foi magnífica. A financiación puxérona as entidades
CAIXANOVA e CAIXAGALICIA. Todo o mundo quedou moi contento, e os alumnos
expresaron o seu agradecemento e o seu deseo de que o ano que ven esto se
volva a repetir..
-
07-04-2006: A Asociación
Alvaro das Casas presenta na Casa da Cultura do Carballiño o libro
: "CONVERSAS NO RIBEIRO-ENCONTROS COA TRADICIÓN-O VIÑO",
que vai acompañado dun CD no que se recollen as voces de xente maior
que fala de cómo era o cultivo e a cultura do viño fai cerca
de cen anos.
-
07-04-2006: Nos días
7, 8 e 9 de abril o Centro de Estudos “Chamoso Lamas”, en colaboración
coa Universidade de Vigo, organiza no Carballiño un congreso sobre
o tema: "O Home e o medio: A Educación como salvagarda do Ecosistema".
-
01-03-2006: Silandeiramente,
sen ruído, tomou posesión o novo rexistrador da propiedade
do Carballiño, Don Antonio Alcántara.
-
28-02-2006: a comparsa
de PAQUITO CHOCOLATERO participou no desfile do carnaval no Carballiño,
acadando a segundo premio. Animada polo calor e o aplauso apaixoado dun
público emocionado. O paso pola rúa principal ateigada de
xente foi apoteósico. O primeiro premio foi para a compasa MUSICAL
OS AZUCARADOS, de Maside; e o terceiro para OS VIQUINGOS, de San Amaro.
Houbo moitos máis premios. Pero o mellor premio de todos foi a satisfacción
de haber disfrutado moito durante o desfile. Día frio, pero soleado.
-
26-02-2006: PAQUITO CHOCOLATERO,
a comparsa dos amgos do Titanic, participou no desfile do carnaval de Ourense,
e gañou o PREMIO DE ANIMACIÓN e tamén o PRIMEIRO PREMIO
ABSOLUTO para comparsas de máis de dez compoñentes. Desfilaron
na comparsa 49 persoas. O éxito foi total. Día moi frío,
pero sen choiva.
-
29-01-2006: Na pastelería
Royal está exposta no escaparate unha fermosa reproducción
"en chocolate" da torre da igrexa da Veracruz feita polo maestro
chocolatero DON JOSE MANUEL DE LA IGLESIA BARROS. Esta doce obra arquitectónica
mide 1,68 m de alto e 0,70 m de ancho. Na súa elaboración
empregáronse 50 horas de traballo e 74 kilos de chocolate. Ver
foto
-
29-01-2006: Dia fresco
e soleado. A partir de Seoane xa se empezaba a ver neve. Cea estaba todo
cuberto de branco. E tamén eran brancos outros moitos pobos, como
por exemplo Lousado. Indo de cara Santiago todo se vía branco dende
Cea ata máis alá de Lalín. Pero a parte mais fermosa
era a de Castro de Dozón, onde tamén eran brancas as ramas
das árbores. Un fermoso día de sol para ver paisaxes nevados.
-
28-01-2006: Hoxe pola
mañán, nevou mansamento no Carballiño. Durante mais
dunha hora estiveron caindo grandes folerpas de neve. E chegou a cuallar
a neve nos lousados. Pero logo a neve foise e a Vila quedou da cor de sempre.
-
02-01-2006: Hoxe tamén
me contaron que dende fai un tempo se está tentando espabilar unha
asociación que levaba un certo tempo adormecida: Trátase da
Agrupación Cultural Avantar. Unha agrupación que, según
contan, tivo unha grande actividade en tempos pasados, nos tempos aqueles
nos que o poeta MANUEL MARIA andaba polo Carballiño.
-
02-01-2006: O ano novo
empeza sen grandes novedades. Cicais que o que máis chama a atención
é a gran variedade de carteles que hai nas portas dos bares falando
do tabaco. Dan ganas de facer un concurso para premiar ó mais orixinal.
Tamén poderiamos facer unha estadística. Creo que a gran maioría
dos bares pequenos están "reservados para fumadores". E
parece que os restaurantes e cafeterías, mentras non fan as obras
para separar as zonas de fumadores e non fumadores, acóllense á
opción de espacio libre de fume. Tamén hai quen acordou facer
unha votación para que os clientes decidisen se querían que
o establecemento fose de fumadores ou de non fumadores. Así fixo,
por exemplo, a confitería-panadería-cafetería ROYAL.
Aquí gañaron os non fumadores. E Estrella, a dona, saíu
falando pola tele, nada menos que na primeira cadena. Esto é poderío
e o demáis son contos.
-
23-12-2005: Xa están
rematadas as beirarrúas da Avenida de Julio Rodríguez Soto.
-
22-12-2005: Comida xudicial
de Nadal. No fermoso Pazo de San Damián (concello de Amoeiro). Trinta
e unha persoas. Xuíces, segredarios, persoal dos xulgados, avogados,
procuradores, notario... E non sei se me queda algún esquecido. Tarde
soleada e fermosa. Un bó cocido. Ambiente moi agradable. Cordialidade.
E moita risa. Por ausencia de Don Manuel Souto Cacabelos, pronunció
o discurso de rigor o avogado Don Perfecto Luis Rúa Rodríguez.
Discurso breve pero "enjundioso", especialmente pola mímica
e polo manexo do tono e da cadencia da voz. A contabilidade do xantar correu
a cargo do actor de teatro, e tamén procurador, Don José Prada
Martínez. Por suposto que non sobrou nin faltou un céntimo
de euro. E a señora Xuiz, Dona Laura, fixo tamén de fotógrafo,
lucindo unha fermosa e potente cámara. O reportaxe será estupendo,
sen dúbida. Tamén se descubriu como fotógrafo artístico
e orixinal Xan Alfonso. E o fundamental de todo foi que reinou a ledicia,
a amizade, e a harmonía xeral. Un día para lembrar.
E todo isto aconteceu no fermoso Pazo de San
Damián, que foi contruído por Don Fernando Boán, cura
de Abruciños, a finales do século XVI, e que recentemente
foi restaurado para adicalo a casa de turismo rural.
-
22-12-2005: Xa están
rematando as obras da segunda beirarúa da Avenida de Xulio Rodríguez
Soto. Pola mañan vense tódolos días os obreiros da
brigada municipal traballando, co lume acendido, para escorrentar a xeada.
Porque hoxe, por certo, parece ser que chegamos a -7 grados, sí,
sete grados baixo cero.
-
22-10-2005: O Peñasco
reabriu as suas portas. Remozado. Fermosamente decorado. Pero conservando
o fermoso chau case centenario. Luis e Madelón. ¡Noraboa!.
-
12-10-2005: Día
do Pilar. Festa da Guardia Civil.
-
12-10-2005: Partido para
recaudar fondos para axudar a FATIMA. No campo municipal de Espiñedo.
Xogan o RCD CORUÑA contra un combinado do CD ARENTEIRO-MASIDE FC.
O mércores día 12 ás 12 horas. Día festivo por
ser día do Pilar. Vendéronse todas as entradas. Todo un éxito.
-
8-10-2005: No multifuncional,
ás 8:30 da tarde, XXIII Festival Galaico-Portugués, coa
participación da CORAL POLIFÓNICA DE VILA NOVA DE CERVEIRA,
da ASOCIACIÓN VERINENSE AMIGOS DA MÚSICA, e da CORAL POLIFÓNICA
CASINO DO CARBALLIÑO. Había bastante xente. Aplauso a rabear,
para todos, pero moi especialmente para a Coral do Casino do Carballiño
e para a súa directora Ana Docampo Arocas. A directora da coral
portuguesa, Cintia Andrea Alves Pereira, moi noviña, pero moi simpática.
A coral de Verín estivo dirixida por Edelmiro Mateo García,
un home con pinta de afable e sonrinte. Despois un pincho e un viño.
Había moi bo ambiente. Entre as autoridades estaba o Alcalde do
Carballiño, Carlos Montes, e a concelleira Inmaculada Ucha.
-
7-10-2005: Despedida
de Loly. Secretaria do xulgado número 1 do Carballiño durante
máis de cinco anos. Moi querida polo personal do xulgado, polos
avogados e procuradores, e por todo o mundo. Comida no restaurante Carballeira.
Estaba todo moi rico. Discursos emocionados e cariñosos de Doña
Laura Guede Gallego (Xuiz do xulgado número dous), Don Manuel Souto
Cacabelos, Don Xosé Prada Martínez e da mesma Loly. Regalos.
Había moita xente e moi bo ambiente. Unha tarde fermosa.
-
3-10-2005: Ourense
adica o día mundial da arquitectura a DON ANTONIO PALACIOS, con
celebración dun acto na igrexa da Veracruz, onde tamén se
pode ver unha exposición de fotos da Vera Cruz feitas por membros
da Asociación Potiños.
-
30-09-2005: O Concello
do Carballiño concédeulle a medalla de ouro do concello ó
actor francés, de moda, José García, fillo de carballiñeses
emigrados a París. José García amosouse emocionado
e fixo a súa intervención en galego.
-
16-9-2005: 11:30 da noite.
Praza do Emigrante (que case todos chaman Plaza Roxa). Bustamante. A praza
e as rúas ateigadas de xente. Público heteroxéneo.
Dende bebés de poucos meses a persoas maiores de oitenta anos. E
Bustamante canta. A xente escoita. Pero fai frio. E non acaba de quecer
o ambiente. Por cada persoa que intenta bailar hay trinta que están
firmes de pé, coma se foran estátuas. Soio o público
que está mais cerca do palco (xente nova, moi nova) parece estar
verdadeiramente metido no concierto. Canto remata a actuación de
Bustamante empezan os fogos artificiais. O público miráos
aguantando estoicamente o aire frío que corre.
-
15-9-2005: están
empezando as festas do setembro 2005. Este ano parece que a actuación
máis comentada é a de David Bustamante.
-
14-9-2005: xa fai uns
días que comenzaron as obras de reforma do edificio no que estivo
o Hotel Arenteiro. Este edificio é, sen dúbidas, un dos símbolos
da vila do Arenteiro. Cando a súa reforma remate poderá quedar
convertido nun dos nosos símbolos de modernidade..
-
13-09-2005: o Banco do
Pituxo. Diante do Pituxo hai un banco, colocado na beirarúa, pegado
á parede do restaurante. Contan que dende fai máis de setenta
anos sempre houbo un banco nese lugar, e que cando polo uso se estropeaba
o banco puñan outro novo no seu lugar. Cando remataron as obras da
última reforma do Pituxo os clientes o primeiro que lle pediron ó
dono é que volvese a poñer o banco no sitio de sempre. E así
se fixo. Según parece o Banco do Pituxo é unha institución
na vila do Carballiño. A min gústanme os bancos nas rúas,
porque fomentan a tertulia e a relación social, e porque nos fan
a vida máis levadeira. Os bancos son fonte de descanso para o corpo
e para a mente. Unha vila con máis bancos será unha vila con
menos estrés e con menos infartos.
-
9-9-2005: Juan Valcarcel
inaugura, un ano máis, a sú exposición de pintura na
rúa do paseo do Carballiño. Este ano leva por título:
"...esos locos bajitos".
-
12 a 19 de agosto de
2005: Xornadas de Cine e Video de Galicia: XOCIVIGA. ¿Onde?. Vaia
pregunta máis tonta. ¡No Carballiño!. Onde foron sempre.
-
14-08-2005: 11 da noite.
Carballiño está cheo de xente. Nas terrazas non se atopa ningunha
mesa libre. Na praza maior canta María do Ceo. A súa voz resoa
forte, poderosa, enmeigada... e o público, que ocupa a praza toda,
aplaude a rabear. Todo cheira a ledicia.¡Qué fermoso é
o verán!!.
-
14-08-2005: Lenvanteime
pola manán en Ares e baixei á praia: estaba ateigada de xente.
Facía un día espléndido. Logo fomos a Acuapark (concello
de Cerceda): estaba tan cheo de xente que non cabía unha formiga.
Colas para todo. E unha hora de espera para conquerir un bocata para comer.
Eran as oito da noite cando chegamos ó Carballiño: o Parque
Municipal e as rúas do pobo estaban cheas de xente. Contan que houbo
ó redor de 70.000 persoas hoxe no Carballiño na festa do polbo.
Agora estou na casa e penso: ¡Eu non sei de onde sae tanta xente!.
.
-
14-08-2005: Festa do
polbo, antes do pulpo, do Carballiño. Cóntase que asista o
presidente da Xunta.
-
12-08-2005: no salón
de actos do Centro Comarcal do Carballiño: conferencia do doutor
Xaime Enríquez Paradela, médico do hospital sant Pau de Barcelona
e socio do Instituto de Estudios Carballiñeses, co título:
Estado actual da hepatite C. Despois de rematar a conferencia celébrase
a asemblea Xeral ordinaria do IEC. E preséntase o número 10
da revista Ágora do Orcellón. Termina todo cunha cea no Derby
á que asisten 25 persoas.
-
Agosto do 2005: Manuel
Vazquez Fernandez, Pachi Vazquez, o que fora alcalde do Carballiño
durante dez anos, é agora o Conselleiro de Medio Ambiente.
-
21-07-2005: Elisa Dominguez
preside (no salón de actos do Casino) o acto de clausura do Curso
de Termalismo. Remata así un curso ó que asistiron 41 alumnos,
a mor parte deles mulleres (e ben fermosas, por certo). Todos moi contentos.
Nótase satisfacción e ledicia nas caras. A verdade é
que se respira un algo de optimismo e de ilusión que fai sentir que
loitar por facer cousas para que o mundo sexa mellor segue tendo sentido.
(Por certo que Elisa Dominguez é unha persoa que arrecende a simpatía
e cercanía, que desempeña moi ben o papel institucional de
Alcaldesa (ainda que sexa en funcións), unha persoa coa que un se
sinte ben. E probablemente sexa esta a primeira alcaldesa que tivo o concello
do Carballiño, ¿non si?).
-
19-07-2005: O Instituto
de Estudios Carballiñeses e a Universidade de Vigo (Campus de Ourense)
organizan un novo curso de Termalismo. Título do curso: Termalismo:
Augas e barros. Datas: 18, 19, 20 e 21 de xullo. Lugar de celebración:
Centro Termal (O Carballiño), Balneario de Mondariz (Mondariz), Centro
Talaso Atlántico (Baiona) e Balneario de Lobios (Lobios).Directores
do curso: D. Xosé Luis Legido Soto, Dna. Lourdes Mourelle Mosqueira
e D. Avelino Muleiro García .Asisten máis de corenta "alumnos".
É unha gran honra para o Carballiño o feito de que este curso
teña lugar. E debémosllo a Avelino Muleiro, unha persoa que
caladamente loita polo ben do Carballiño dende fai moitos anos. Gracias,
Avelino.
-
06-07-2005: Carballiño
chora. Olladas silandeiras. Corazóns encollidos. Dor. Unha frol inocente
arrincada de súpeto. Misa ás oito do serán. A Veracruz
ateigada de xente. Rezos, silencio e bágoas. Unha familia rota. Todo
o pobo ferido. Unha caixa branca. E dentro unha nena de menos de dous anos.
Morreu unha nena inocente. E non somos capaces de entendelo. Eu pídolle
a Deus que lle axude ós pais e a familia toda a seguir adiante nestes
momentos tan difíciles.
-
01-07-2005: Xa levan
algún tempo funcionando os colectores do lixo soterrados, ainda que
non houbo inauguración oficial. E tamén xa se pode facer uso
da remodelada praza das Galiñas, ainda que tampouco foi inaugurada.
O Pituxo xa non ten andamios, e xa abriu de novo. Cafetería, hotel,
restaurante. Quedou moi fermoso. E tamén parece que pronto van a
reabrir o Peñasco.
-
20-05-2005: Cena de políticos
e empresarios do Carballiño no Restaurante Santa Cruz coa muller
de presidente de Panamá. É a primeira vez que unha primeira
dama visita a vila do Carballiño.
-
20-05-2005: O Instituto
CHAMOSO LAMAS de Carballiño está celebrando o seu 25 cumpleanos.
O venres 20 de maio cena no restaurante Isis Faria, con asistencia de más
de duascentas persoas: alumnos, profes, exalumnos, exprofes ... Foi unha
fresta grande para os amigos do Chamoso. Seguida de baile que se prolongou
máis alá das seis da mañán. Contan as crónicas
que as mulleres bailaban sen parar ... e que os homes, sentados, falaban
entre sí, recordando vellos tempos. Pero que, en calquera caso, uns
e outras pasárono moi ben. Como debe ser.
-
14-05-2005: Despois de
dez anos no cargo o alcalde do Carballiño, "Pachi Vazquez",
dimite para presentarse ás eleccións do Parlamento Galego,
e déixalle o seu posto de rexidor do concello do Carballiño
a Carlos Montes.
-
14-05-2005: Estes días
andan facendo obras na praza das Galiñas, para pavimentala, e para
unificala coa praza de Emilia Pardo Bazán. Un bo novo cacho de Carballiño
gañado para a peatonalización e para o disfrute dos veciños.
-
11-05-2005: Peregrinación
da parroquia de Carballiño á igrexa de Fátima de Ourense.
Dous autobuses grandes ateigados de xente. E logo a xente que foi en coche
particular. Misa en galego ás nove da noite na igrexa de Fátima,
que estaba completamente chea. Presidiu don José Benito.
-
04-05-2005: Santiago.
Hostal dos Reis Católicos. Xuices, fiscais, secretarios de xuzgado...
homes e mulleres ... xúntanse en Santiago para decir que están
dispostos a usar a língua galega na administración de xustiza.
Galeguizar Galicia. Deixar patente que o galego é unha lingua "como
Dios manda", que sirve non soio para falar cos amigos, senón
tamén para redactar todo tipo de documentos. E que naide se debe
sentir discriminado por falar galego. O acto está organizado pola
Asociación de funcionarios apra a normalización linguística
de Galicia, presidida polo amigo Monteagudo. E detrás do telón
está, ¡¿como non?!, Xosé González, funcionario
do concello de Redondela e argallante maior en todas as movidas que se organizan
para defender a lingua galega. O acto ten moita solemnidade: polo lugar
no que se celebra, polos medios de comunicación presentes, polos
políticos que interveñen (entre outros o Presidente da Xunta,
Don Manuel Fraga, e dous conselleiros), e sobre todo pola relevancia das
persoas que se están comprometendo públicamente a empregar
e defender o idioma galego. Entre os comprometidos no acto figuran varias
persoas vinculadas co Carballiño, entre as que podemos citar a: Don
Carlos Varela García, Fiscal-Xefe do Tribunal Superior de Galicia;
Don Luis Doval Pérez, Xuíz do Xulgado número 1 do Carballiño;
Don Antonio Piña Alonso, que foi fai poucos anos xuíz do Xulgado
número 2 do Carballiño e que agora mesmo é Maxistrado
do Xulgado número 3 de Ourense e decano dos xuíces de Ourense...
-
-
23-04-2005: día
do libro. Nun lugar de Galicia ... Na praza maior do Carballiño levouse
a cabo unha lectura do libro do Quixote, en galego, dende as doce do mediodía
ata as doce da noite. Doce horas de lectura ininterrumpida. 72 quixotes
ou lectores, cada un dos cales leu durante dez minutos. Día morno,
no que o sol bailou coa chuvia, alternándose ós poucos. O
concello puxo unha carpa, un atril, un micro e un altavoz, unha lámpara
para poder seguir lendo cando se fixo de noite, unhas cantas sillas para
o público, ... O señor Alcalde foi o primeiro en ler, abrindo
o acto ás 12 en punto. Na lectura participaron tamén outros
políticos de todos os partidos e moitos outros persoeiros da vila
do Carballiño e incluso de fora dela (como o subdirector do libro).
Pero foi fundamentalmente una acto quixotesco dos veciños, novos
e vellos, homes e mulleres ... xentes de toda idade e condición social.
Organizou o Instituto de Estudios Carballiñeses e a Concellería
de Cultura do Concello do Carballiño e a Biblioteca Municipal do
Carballiño. Os que realmente curraron foron principalmente José
(o bibliotecario) e José Ignacio Bello. Foi unha fermosa aventura
quixotesca que todos os participantes ofrecemos ás nosas fermosas
sin par Dulcineas do Toboso.
-
17-04-2005: hoxe cúmplense
44 anos do falecemento de don Evaristo, o promotor da Veracruz.
-
09-04-2005: ás
20:00 misa funeral solemne -en galego- na igrexa da Veracruz do Carballiño
por Juan Pablo II. A igrexa abarrotada. Preside don José Benito.
Hai bastantes cregos mais. Están as autoridades: Sr. Alcalde, concelleiros,
membros dos partidos da oposición. Fermosa homilia. Carballiño
únese a esta cadea de oración que se espallou polo mundo enteiro
como consecuencia da morte de Juan Pablo II. Gracias, Juan Pablo II, por
todo o ben que fixeches coa tua vida e coa tua morte.
-
08-04-2005: Funeral en
Roma por Juan Pablo II. Impresionante a cantidade de xente. Impresionante
a cobertura dos medios de comunicación. Impresionante a repercusión
que tivo en todo o mundo. Un home bo. Un home coherente. Un home de fe.
Un home de paz. Un lider indiscutible. Juan Pablo II fixera moitas viaxes
e en todas elas xuntara moita xente para escoitar a súa mensaxe.
Pero esta derradeira viaxe súa foi a máis importante, a que
máis xente congregou e a que máis repercusión tivo:
millóns e millóns de persoas de todo o mundo acompañaron
a Juan Pablo II nesta súa derradeira viaxe. Rezando, pensando, falando,
xuntándose, ... de mil maneiras. Cicais a morte deste papa foi a
súa predicación mais grande e o maior servicio que lle fixo
á Igrexa Católica. Estou seguro de que a súa morte
fixo medrar a fe en Deus moito máis ca calquera dos seus outros actos.
Hai xente que hasta despois de morta sigue facendo o ben.
-
02-abril-2005: hoxe morreu
o Papa Juan Pablo II. Ás 21:37 horas. O mundo está triste.
Un santo deixa a terra para ir ó ceo. Despois de moitos traballos,
Deus chamouno para que fose descansar ó seu lado. Aquí na
terra deixa un rastro moi fondo. Este Papa cambiou o mundo en moitos aspectos,
e moito máis houbera cambiado se os gobernantes houberan feito caso
dos consellos e das ideas de Juan Pablo II. Predicou sin descanso a xusticia
e o amor social. As primeras verbas que dixo cando fai 26 anos foi elexido
Papa foron: "Non teñades medo ...". E agora dende o ceo
seguramente nos está dicindo o mesmo: "Non teñades medo.
Eu estou ben, estou con Deus. E Deus sigue convosco. Non teñades
medo. Abride as portas a Cristo. Deixar entrar a Deus no voso corazón".
-
12-03-2005: Están
xa a punto de rematar a obra para colocar os colectores do lixo soterrados
beira da praza de Abastos do Carballiño. Serán os primeiros
colectores soterrados que haxa no Carballiño.
-
12-03-2005: galicias.com
chega ás 800.000 visitas, xusto cinco meses despois de haber chegado
ás 400.000.
-
12-03-2005: Festa da
Mimosa no Casino do Carballiño. O pregón é a cargo
de Victor Moro. Logo cena e baile.
-
11-03-2005: ás
20:15 no salón de actos do Casino ten lugar una mesa redonda con
periodistas para falar dos medios de comunicación. Dirixe Avelino
Muleiro. Asisten: Emilio (da televisión do Carballiño), Isabel
(da Región, corresponsal en Ribadavia), Berta (de onda cero), Luisa
(da COPE),, Javier Moro (de Faro de Ourense e Arenteiro Dixital). Asite
pouco público. Pero a mesa redonda está moi interesante. Dura
hora e media larga. Pero o tempo pasou voando.
-
11-03-2005: Fai un ano
que foron os atentados de Madrid. Cocentración na praza Maior do
Carballiño para recordalo e para pedir que non volva a suceder. Asistiron
tamén á concentración os nenos do colexio.
-
05-03-2005: O Peñasco
leva xa varios días pechado. Con un cartel que dice SE TRASPASA RENTA
BAJA. Alí dentro, agochados entre aquelas catro paredes, dorme unha
boa parte da historia non escrita do Carballiño: tertulias, amizades,
soños... O Peñasco non é unha cafetería calquera:
ten moita personalidade. Como tamén a ten o Pituxo. E o Celia. E
outros moitos sitios. E agora está pechado. Pode que se traspase.
Pode que volva a abrir as súas portas. Pode ... Pero seguramente
será por poucos anos. A miña intuición dime que antes
de quince anos onde hoxe está o Peñasco ... farán un
burato, colocarán un guindastre, e levantarán un edificio
novo, moderno, impersonal, como calquera outro. Unha casa de planta baixa
no medio da rúa principal é un luxo que a especulación
urbanística non pode permitir por moito tempo. E comprendo que, romanticismos
aparte, é lóxico e normal que así sexa, pois o mundo
está organizado deste xeito e non doutro.
-
26-02-2005: Hoxe pola
mañanciña Carballiño apareceu vestido de branco. Neve
nas ruas e nos teitos das casas. Neve nas terrazas e nas árbores.
Neve. Neve branca e fresca. E onte pola tarde choveu un pouco. Este ano
estamos tendo un inverno frío e seco. Dende que empezou o ano case
que non choveu nada en Galicia. Nevou por Europa adiante. E nevou por outros
lugares de España. Pero por estas terras galegas foi máis
o sol que a neve ou a auga. E o mesmo debe estar pasando en Portugal, pois
o periódico "LA VOZ DE GALICIA" traía onte na portada
esta curiosa noticia: "Portugal combate la sequía bombardeando
las nubes para provocar la lluvia. El pasado mes de enero fue el más
seco en el país vecino desde el año 1900".
-
13-02-2005: O periódico
LA REGION trae hoxe unha noticia na que se conta que no ano 2004 houbo 133
accidentes no Carballiño.
-
08-02-2005: Martes de
entroido. Gran desfile de comparsas en Carballiño. A comparsa "CARLINHOS
BROWN", organizada polos amigos do Titanic, desfila e gaña o
primeiro premio absoluto, dotado con 1800 euros. Unha tarde soleada, expléndida,
con boa temperatura. O público que presencia o desfile é moi
numeroso.
-
07-02-2005: A comparsa
"CARLINHOS BROWN" gaña o terceiro premio no concurso organizado
en Ourense, na praza do Correxidor. Neste concurso soio estan presentes
soio unha cuarta parte dos membros da comparsa. Se estiveran todos non habería
quén lles quitase o primeiro premio.
-
06-02-2005: A comparsa
"CARLINHOS BROWN", organizada polos amigos do Titanic, desfila
no carnaval de Ourense e acada un éxito total: gaña o primeiro
premio absoluto, dotado con 1200 euros, e un dos seus compoñentes,
Diego González ("perlita Brown") é elexido "rei
do entroido", polo que obten un premio de 600 euros.
-
06-02-2005: XI Festa
da cachucha no Carballiño: máis de 250 persoas xuntanse baixo
a carpa instalada na praza do Emigrante para comer cachuca e outras viandas.
Moitos asisten disfrazados. A noticia sae, por exemplo, no FARO DE OURENSE
do día 7 de febreiro, páxina 5. Polas rúas do Carballiño
hai ambiente de carnaval. Fai frío. Non chove, de momento. Pola tarde
anda pola rúa a charanga dos Liborianos.
-
05-02-2005: Asemblea
Xeral do Insituto de Estudios Carballiñeses no Casino do Carballiño.
Presentouse o número 9 da revista Ágora do Orcellón.
-
03-02-2005: Xa se pode
camiñar pola nova beirarúa empedrada da Avenida de Xulio Rodríguez
Soto, dende a Praza do Emigrante ata a entrada do Parque. A beirarúa
da dereita (indo cara o Parque) xa está empedrada e con faroles.
Da gusto camiñar por ela. A beirarúa da esquerda ainda está
como antes.
-
03-02-2005: Están
empezando os carnavales. Hoxe, xoves, xa houbo festa infantil no colexio
Sagrado Corazón. Este domingo hai desfile de carrozas e comparsas
en Ourense. E o próximo martes desfile de carrozas e comparsas aquí
no Carballiño. Este ano os carnavales veñen moi cedo: a principios
de febreiro. E a xente pregúntase ¿por qué os carnavales
uns anos son máis cedo e outros anos máis tarde. E naide sabe
dar unha resposta convincente. Para os que teñan curiosidade voulles
dar a explicación. Os carnavales son xusto antes do comenzo da cuaresma,
que empeza o mércores de cinsa. E a cuaresma son os corenta días
anteriores ó domingo de resurrección. Todo (os carnavales,
a cuaresma e a semana santa) está pois en función da data
na que cae cada ano o domingo de resurrección. E o domingo de resurrección
cae no primeiro domingo da primavera no que hai lúa chea. A festividade
do domingo de resurrección ten a súa orixe na pascua xudía.
E os xudeos guiábanse polo calendario lunar e celebrában a
pascua no primeiro domingo da primavera que tiña lúa chea.
Tradicción ésta que se mantén, aínda que nos
seguimos o calendario solar e non o lunar. Esto é o que explica que
as datas dos carnavales e das vacións de semana santa varíen
cada ano.
-
02-02-2005: O periódico
LA REGION conta que a Xunta de Galicia editóu un fermoso libro sobre
a contrucción do Templo da Veracruz do Carballiño. Está
escrito por Adolfo Otero Cerdeira, un dos fillos de Adolfo Otero Landeiro
(o construcctor da Veracruz). Nel cóntase, entre outras moitas cousas,
cómo se foron facendo as obras desta fermosa igrexa. Un libro estupendo
para os carballiñeses, para os que están interesados nas obras
do arquitecto Antonio Palacios e para todos os amantes da arquitectura galega
do século XX. Por certo que neste libro atopamos tamén marabillosas
fotos da igrexa da Veracruz, algunhas de cando a estaban facendo e outras
da actualidade. Un libro que forma parte importante da historia do Carballiño.
-
01-02-2005: Empeza a
"emitir" para todo o mundo unha nova páxina web que se
chama galicias.com/agora. Nela vanse
recoller noticias relacionadas co Instituto de Estudios Carballiñeses
e coa revista que publica chamada Ágora do Orcellón. E pode
que máis adiante se amplie o seu contido a outros asuntos. Desexámoslle
longa vida. E que a súa existencia sexa positiva para O Carballiño
e para as súas xentes, para as da vila e para as da diáspora.
-
19-01-2005: Están
facendo un gran burato rectangular beira da Praza de Abastos. No chau. Grande
e fondo.. Unha excavadora botou hoxe medio día traballando. ¿Para
qué será?. Non o sei certo. Pero pola ubicación e tamaño
... eu case diría que pode ser un sartego ... para enterrar os colectores
do lixo. ¿Van empezar a poñer colectores de lixo soterrados
na vila do Carballiño?. Cicáis sí. E se así
é ... ¡benvidos sexan!.
-
Neste comenzo do ano
2005 a presencia da vila do Carballiño en internet é moi importante.
A modo de exemplo podemos citar as seguinte páxinas: galicias.com:
unha páxina feita dende o Carballiño na que se atopan fotos
de moitos pobos e lugares de Galicia, información sobre o grupo de
senderismo dos rillamillas, información sobre as actividades da asociación
fotográfica O POTIÑOS, e moitas cousas máis; www.arenteiro.com:
con información sobre a bisbarra do Carballiño, a súa
xente, a súa historia, a súa cultura; www.temploveracruz.com:
unha fermosa páxina na que se pode ver con detalle a historia das
elección no Carballiño dende o ano 1979, e na que hai ademáis
unha estupenda exposición de fotos (novas e vellas) do Carballiño;
iesmanuelchamosolamas/metereoloxia.com:
a páxina do tempo que fai e vai facer no Carballiño; www.carballino.org:
a páxina web oficial do Concello do Carballiño;
-
15-1-2005: inauguración
no Mosteiro de Oseira dunha fantástica exposición de fotografías
en branco e negro feitas por membros da asociación fotográfica
O POTIÑOS. Esta é a primeira exposición que os "potiños"
levan a cabo fora do concello do Carballiño. No ano 2004 revitalízase
a asociación fotográfica O POTIÑOS coa incorporación
de novos membros e novas actividades. A chegada a Carballiño do fotógrafo
mexicano HECTOR GUZMAN dalle un gran impulso a esta asociación fotográfica.
O grupo xúntase para ir a facer fotos e logo os que queren traballan
no laboratorio de revelado en branco e negro que ten a asociación.
Con poucos medios, pero con moita imaxinación e moita ilusión,
prepáranse varias exposicións fotográficas, entre as
que destaca, pola súa calidade e importancia, a de Oseira, que se
expón primeiro no Concello do Carballiño, e logo no mesmo
Mosteiro de Oseira, onde se inaugura o día 15 de xaneiro do 2005,
con asistencia do Señor Alcalde de Cea e de varios monxes do mosteiro,
e coa presencia da televisión local do Carballiño e de varios
medios de prensa. Alí, o mesmo día da inauguración,
algunhas persoas asistentes ó acto valoran moi positivamente as fotos
expostas e piden que se é posible se prepare unha exposición
das mesmas no Liceo de Ourense. Algunhas das fotos feitas por membros da
asociación O POTIÑOS pódense ver tamén nesta
web.
-
14-1-2005: Comida no
Esclavo de despedida ó que durante 5 anos foi xuiz titular do xuzgado
número 1 do Carballiño, que ascende a maxistrado e se traslada
para Figueres. Houbo unha asistencia masiva. Discurso de Don Manuel Souto
Cacabelos, Don Xosé Prada Martínez, e do mesmo homenaxeado
DON JOSE MANUEL RUIZ GARCIA.
-
-
12-10-2004: día
do Pilar. Celebrouse como tódolos anos a Festa da Garda Civil, con
misa solemne ás 12:30 no templo da Veracruz, e comida popular na
discoteca Paulino. Asistiron varios centos de persoas.
-
17-9-2004: inauguración
da estatua de Don Evaristo Vaamonde, na explanada da Veracruz. Don Luciano
Evaristo Vaamonde da Cortiña naceu no ano 1.880 e foise ó
ceo un día 17 de abril de 1961. A súa gran obra espiritual
foi o ben que sementou nas xentes de Carballiño dende o ano 1930
ata o día do seu falecemento e a súa gran obra de pedra foi
o Templo da Veracruz.
-
6-8-2004: presentación
do número 8 da revista AGORA DO ORCELLON.
-
Según dí
La voz de Galicia, o día 16-6-2004: O carballiñés Carlos
Varela será desinado Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza
de Galicia. Dende esta web queremos darlle a nosa máis sincera e
cordial noraboa a este carballiñés amante da súa terra.
¡Noraboa, Carlos!
-
27-03-2004, día
mundial do teatro. No multifuncional, ás 20:30, levouse a cabo polo
grupo de teatro TIRULEQUE (baixo a dirección de JOUSE) unha lectura
dramatizada da obra de teatro "MARIA FERNANDEZ" (do autor PEDRO
MUÑOZ SECA). Tratábase de rememorar así o 50 aniversario
da representación da devandita obra que tivo lugar no desaparecido
cine Alameda, alá polo ano 1954. Aínda viven algúns
dos que foron actores naquela representación.
-
26-03-2004. No multifuncional,
ás 22:30 horas, representouse no Multifuncional a obra de teatro
"VANCETTI", escrita no ano 1993 polo dramaturgo Luís Araujo.
Un obreiro italiano emigrado a USA que pedía a berros máis
xusticia social e que foi condenado por dous crimes que non cometera. Morreu
na silla eléctrica. A súa hirmá. O seu pai. Os seus
sufriron e loitaron contra un absurdo. Todo foi representado marabillosamente
pola compañía TEATRO DO ATLANTICO (constituída no ano
1985, e que ten a súa sede en Sésamo (Culleredo, A coruña).
Non asistíu moito público (menos de media entrada). Pero o
que había soupo valorar o bo traballo dos actores que recibiron ó
remate un longo e caluroso aplauso. A obra básase nun feito histórico
acontecido en USA arredor do ano 1920: Saco e Vancetti foron condenados
a morte e executados por un delito que non cometeran. Tempo andando demostrouse
que eran inocentes. Pero xa naide foi quén de devolverlles a vida
que inxustamente lle segaran. Entradas a 3 euros.
-
21-03-2004.- XXXVIII
FESTA DA MIMOSA.- Magnífico pregón de GONZALO NAVAZA BLANCO.
Estupenda actuación da CORAL DO CASINO DE CARBALLIÑO. E presencia
na festa de Uxía Blanco que lle deu un matiz especial e que fixo
que "esta festa da mimosa fose diferente das anteriores". Cena
no restaurante DERBY (marisco, merluza, cabrito e tarta). E baile con orquesta
no Casino. Foi realmente un día marabilloso.
-
16-03-2004: A VOZ DE
GALICIA publica un artigo (unha páxina enteira) falando da fermosa
e interesante web WWW.ARENTEIRO.COM
e do seu creador (Amancio Carballido). Leva pouso máis de dos meses
na rede. Pero promete ser un estupendo fogar virtual para a expresión
da cultura do Carballiño e da súa bisbarra. Animo a todos
a visitar esta web e a disfrutar paseando tranquilamente por os seus fermosos
recantos. Quero desexarlle o mellor a esta páxina e dárlle
a noraboa ó seu creador. Gracias Amancio, polo teu traballo desinteresado
a prol da nosa cultura..
-
En toda a provincia de
Ourense, despois de Ourense capital (que ten 89.104 electores), O Carballiño
é o concello que ten máis electores (10.900), seguido de Verín
(10.393), O Barco (10.283), Xinzo de Limia (7.949), Barbadás (5.943),
Celanova (5.186), Pereiro de Aguiar (4.740), Ribadavia (4.721) e Allariz
(4.632).
-
Os resultados (provisionales)
das eleccións de 14 de marzo de 2004 na bisbarra de Carballiño
foron os seguintes no que ó Congreso se refire:
Municipio |
ELECTORES |
PP |
PSOE |
BNG |
IU-EU |
OTROS |
NULOS |
BLANCOS |
ABSTENCION |
| Beariz |
1160 |
766 |
53 |
19 |
2 |
3 |
5 |
9 |
26,12 |
| Boborás |
2768 |
1450 |
397 |
135 |
4 |
8 |
8 |
4 |
27,53 |
Carballiño
(O) |
10900 |
4498 |
2604 |
991 |
66 |
39 |
55 |
111 |
23,27 |
Irixo (O) |
1909 |
949 |
264 |
89 |
3 |
4 |
5 |
7 |
30,8 |
Maside |
2802 |
1444 |
633 |
124 |
10 |
6 |
5 |
27 |
17,74 |
Piñor |
1350 |
600 |
374 |
74 |
6 |
2 |
4 |
6 |
21,04 |
Punxín |
857 |
409 |
213 |
54 |
3 |
3 |
4 |
8 |
19,02 |
San Amaro |
1269 |
675 |
251 |
62 |
0 |
6 |
10 |
6 |
20,41 |
San Cristovo
de Cea |
2688 |
1426 |
409 |
284 |
7 |
6 |
13 |
19 |
19,49 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sumas
totales |
25.703
|
12.217
|
5.198 |
1.832 |
101
|
77 |
109 |
197 |
22,82 |
-
O PSOE gañou as
eleccións do día 14 de marzo de 2004 obtendo 164 diputados,
seguido do PP que conqueriu 148. O BNG acadou 2 diputados. Pero na provincia
de Ourense o ganador foi o PP con 3 diputados, seguido do PSOE con 1 diputado.
-
12 de marzo de 2004:
A Vila do Carballiño sigue mollada de bágoas e tristura polos
mortos e feridos en Madrid. Concentración ás 12:00 diante
do concello. E manifestación ás 19:00 na Praza Maior "COAS
VICTIMAS. COA CONSTITUCION. POLA DERROTA DO TERRORISMO". A manifestación
das 19:00 foi multitudinaria. A plaza e as rúas estaban abarrotadas
de xente. Moitos establecementos e comercios pecharon ás sete da
tarde para asistir á manifestación e logo volveron a abrir
cando rematou.
-
11 de marzo de 2004:
O Carballiño enteiro quedou conmovido polos atentados de Madrid.
Ás 12:00 houbo unha manifestación na Praza Maior. Na eirexa,
en moitas casas, en moitos corazóns, .... rézase polos mortos,
polos feridos, e polas súas familias e amigos..
-
Marzo empieza tranquilo,
con buen tiempo. De cuando en cuando se escuchan por las calles de Carballiño
los altavoces de algún coche de propaganda electoral. Pero no se
percibe sensación de crispación política ni de enfrentamiento
entre partidos.
-
27 de febrero de 2004:
a las 8:30 de la mañana nevó copiosamente. Pero no llegó
a cuajar. Luego hizo un día frio, pero limpio y soleado. Cayó
nieve de cuando en cuando. Fue un día bonito, cargado de aire fresco
y puro, y de energía positiva. Los carballiñeses estuvieron
contentos.
-
En este año 2004
se están llevando a cabo obras de reforma en el PITUXO: una de las
casas de comidas más antiguas y emblemáticas de la Villa de
Carballiño. El edificio se vació totalmente por dentro, conservándose
la fachada.
-
25 de febrero de 2004:
entierro de la sardina en la Plaza Mayor. Se quemó un muñeco
con una camiseta en la que se leía el nombre de NINFAS.
-
Día 24 de febrero
de 2004. A las 10:45 horas de la mañana está nevando copiosamente
en la Villa de Carballiño. "Caen mansamente grandes farrapos
de neve. Pero as folepas de neve derrétense nada mais tocar o chau:
non cualla".
Este mismo día por la tarde tuvo lugar un excelente desfile de carnaval
en Carballiño. Numerosas carrozas y más de mil personas recorrieron
las principales calles de la villa, en presencia de un numerosísimo
público. La tarde estuvo fresca, pero ni la lluvia ni la nieve se
atrevieron a molestar el desfile carnavalesco.
-
Del año 2003 recordamos
algunas cosas:
- La reforma de las aceras de la Avenida
de Julio Rodríguez Soto.
- La terminación de las obras
de construcción del Edificio El Corral, en el solar donde había
estado el Colegio Isabel La Católica.
- La inauguración del aparcamiento
contruído por Regenga San Fiz, SL, en el subsuelo de la Alameda
y la Plaza del Emigrante. Sobre el aparcamiento se colocó una
nueva rotonda con una nueva fuente (diseñada por CHEMA DAPENA)
y un momumento a la emigración (obra de JESUS CARBALLIDO).
- La inauguración de la plaza
de LOS LIBORIANOS el día 1 de marzo de 2003.
- Día 25 de abril de 2003: Nace galicias.com.
Eran las diez horas, un minuto, cuarenta y siete segundos.
- 17 de setembro de 1952: inauguración
do templo da Veracruz.
- 27 de outubro de 1945: morte do arquitecto
Antonio Palacios Ramilo (1874-1945), autor do proxecto da Veracruz.
- Domingo, 20 de xuño de 1943, colocación
da primeira pedra da Igrexa da Veracruz.