galicias>> instituto de estudios carballiñeses 

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

   DOCE HORAS CON DON QUIXOTE

    O Instituto de Estudios Carballiñeses en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello do Carballiño organizou un acto de lectura pública de contino do libro “O Enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha”, de Miguel de Cervantes Saavedra. O acontecemento tivo lugar o día 23 de abril de 2005, na Praza Maior do Carballiño, durante 12 horas sen interrupción, dende as 12 do día ate as 12 da noite. A lectura foi en galego.

     Participaron 72 persoas, empezando polo Sr. Alcade do Carballiño. Leron moitos veciños do Carballiño e tamén algunhas persoas de fóra.

     Foi unha fermosa "festa da cultura", animada por setenta e dous quixotes. Pola rúa cicais pasou algún sanchopanza que mirou e pensou que a carpa instalada polo Concello na Praza Maior non era un Castelo, nin tan sequera unha venta, senón unha carpa. Pero a maioría dos que alí estivemos sabiamos ben que aquelo era un castelo e que nós eramos cabaleiros andantes chamados a desfacer as marañas dun mundo mal tecido para tecer logo un mundo mellor de ledicia e ilusión...

 

pie index fotos Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador