galicias >> Comercios

COMERCIOS DO CARBALLIÑO

Arenteiro Ingenieros
Calzados Perez
Confecciones Carballido
Contos
Electrodomésticos José Luis
Espa Quarz
Expendeduría 3
Ferretería Otero
Hipólito Rodríguez
Hobby Sport
H.R.Derby
Moon93
Papaventos
Peñasco
Trebellos
El Celta
Catro Olas
Comonacasa
Tercerio
Inicio

ESPA QUARZ

     ¿Sabedes de onde ven este nome e qué significa...? Se o queredes saber leede as historia que segue, que vos vai agradar e sorprender...

     Rúa Martinez Avellanosa 16, baixo. José Otero ten un pequeno taller para a reparación de reloxos. Estamos no ano 1986... Un taller moi pequeniño, que nin tan xiquera ten nome...

     Pepe, Luisa, amigos, familia... xúntanse e conversan: ¿Teremos que lle poñer un nome?... Ocurrencias. Nervios. Risas... O nome da criatura é algo importante...

     "Os reloxos bos son os reloxos QUARTZ... Quartz son tódolso reloxos de pilas... E isto quere pasar de ser un simple taller a ser unha reloxería de verdade"... "Vale. O de Quartz está ben... pero eu poríalle algo mais... por exemplo ESPA"... "¿Espá? ¡Pero se isto non é un balneario!"... "Non, home non, ESPA quere decir Estamos Solo Para Atenderles..." "Pois gústame iso, podemoslle chamar ESPA QUARTZ". E así, ou parecido, foi como se bautizou a nova reloxería que acababa de nacer onde antes había un taller de reloxería...

    Pero... velaiquí que as cousas ás veces non saen como un pensa... Resulta que os que fixeron o letreiro esquecéronse da T... e o nome que puxeron foi o de ESPA QUARZ. E así quedou para sempre... E a verdade é que queda millor, máis corto, máis facil de pronunciar, e mais orixinal... Din que os grandes avances xenéticos se poden deber a erros que producen mutacións... E neste caso tamén foi un erro o que deu lugar a un nome novo... Un erro creativo...

     Naquel momento ainda non era xoiería... Era un local pequeniño, alí no portal, e vendía e reparaba reloxos...E tamén vendía algúns obxectos de regalo... Pero sobre todo estaba para atender as enfermedades dos reloxos... e para curalas... Era coma un quirófano de reloxos... As xoias eran moi caras e ainda non cabían no presuposto...

     Pero co tempo a cousa foi medrando... O local agrandouse... E pouco a pouco foi medrando a criatura e acabou dando a luz a xoieria. As xoias eran moito mais caras ca os reloxos e ademais habia que pedir permisos novos para poder vender ouro... e poñer medidas de seguridade e todo iso... Supoña un gasto moi grande. non foi fácil. Pero Pepe e Luisa non se arredaron ante as dificultades. Sempre pra diante.

     Logo a xoiería tamén foi medrando. E hoxendía ten unha gran clientela e un amplo surtido, tanto en reloxos coma en xoias... Hoxe é con maiúsculas a XOIERÍA RELOXERÍA ESPA QUARZ. ... Pero mantendo o antiguo lema: Estamos Solo Para Atenderles.

     E coma sempre este negocio segue aberto onde estivo sempre, na RÚA MARTINEZ AVELLANOSA, 16, BAIXO, agora nun fermoso local.

 

(O Carballiño, 20-09-2012)

 

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador