COMERCIOS DO CARBALLIÑO |
||||||
ARENTEIRO INGENIEROS
Cando
era cativo só desexaba traballar nalgunha profesión na que me
permitira conducir unha moto, xa sabedes, garda civil de tráfico ou do
seprona, piloto de motos, repartidor (con moto), etc, pero os soños mudan,
e aínda que me quedou como unha frustación que supoño que
temos tódolos maiores cando lembramos a nosa infancia, a cousa non tirou
por ahí, pero case.
Case, porque a miña profesión permíteme,
aínda que non sempre, desprazarme en moto. Ademais disto, teño
preferencias polos traballos que non sexan monótonos, explícome,
gústame facer esto hoxe, aquello mañá, e o traballo que
desenrolo adáptase, polo menos ata o día de hoxe.
Son Enxeñeiro Técnico Agrícola,
e desenrolo traballos de campo e traballos de oficina, o cal cumple cas dúas
condicións que desexo no meu traballo, a primeira é o poder ir
en moto a visitar a un cliente, a ver un traballo, presentar o papeleo en Ourense;
que o combino co traballo de oficina, como pode ser, atender a un cliente, realizar
un trámite, redactar un informe, elaborar un plano, etc, cumplindo así
a segunda das condicións, que é alternar o traballo de oficina
co traballo fora dela.
Deste xeito naceu………..………………………. ARENTEIRO INGENIEROS
oficina técnica de enxeñería
do Carballiño que nace como non, no Carballiño, e que a día
de hoxe dá traballo a tres persoas, a unha delineante que fai as labores
de delineación, topografía e trámites catastrais, a una
enxeñeira técnica industrial que fai proxectos de naves industriais,
proxectos eléctricos, adaptación de locais comerciais, valoración
de bens mobles e inmobles, e mais eu, enxeñeiro técnico agrícola
que fai as labores de partición de herencias, informes periciais, proxectos
agrícolas, medioambientais, proxectos de parcelación, e un longo
etcétera de traballos relacionados ca enxeñería.
Así, esta oficina técnica está
desenrolando o seu labor dende o século pasado, que aínda que
semelle moito, só é dende o ano 1.999. Xa son 13 anos dando servicio
a toda a comarca e fora dela, alá donde se precisen os nosos servicios.
Estamos no Canexón da Cerca, 6-baixo do
Carballiño e o noso teléfono é o 988 27 04 05.
(Magín Daparte, O Carballiño, 20-09-2012)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
©Instituto de Estudios Carballiñeses.