galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> indice de artigos de ágora do orcellón
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
|||||||
ANAGRAMA
Arriba, á dereita, teñen o anagrama do Instituto de Estudios Carballiñeses.
Diseñado en Abril do
ano 2000
DISEÑADOR
J.Valcarcel
MOTIVO GRAFICO
Simplificación
da flor formada polo entramado das nervaduras da crucería que compón
a bóveda da Capela de Nosa Señora dos Anxos na Igrexa de San Salvador
de Pazos, situada en Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, e mandada
construir polo Rector da Encomenda de Pazos, Freí Bartolome Yáñez,
a mediados do século XVI.
COR
Motivo gráfico: Negro
e Pantone 290 CV
Letras: Negro
TEXTO
A
lenda Instituto de Estudios Carballiñeses
rodea o motivo gráfico partindo do angulo inferior esquerdo según
o espectador e rematando exactamente no ángulo inferior dereito, deixando
en branco o espacio que hai entreambos.
O tipo de letra é a CHILSELD manténdose
como regla que as maiúsculas sexan sempre dun tamaño similar ó
diámetro do círculo central do anagrama, para manter a proporción.
FUNDAMENTACION
A
proposta baséase na fuga visual que producen os vértices do cadrado
central que obriga a vista do espectador a dirixirse, partindo do centro da
flor, cara o texto, que pola súa forma circular mantén fixa a
mirada do espectador e obrigando á súa lectura.
Curiosidade: mentras
preparo este páxina para colocar na web decátome de que no anagrama
que está arriba á dereita e que foi publicado no primeiro número
da revista ágora hai un erro. Se se fixan atentamente hai unha diferencia
entre o anagrama e a bóveda que lle sirve de modelo ou inspiración.
¿Cal é?.
Ese erro foi correxido máis tarde, pois
no anagrama que ven abaixo, que é o que actualmente se usa, xa aparece
esa raia recta diagonal que faltaba no que está arriba.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
©Instituto de Estudios Carballiñeses.