galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> indice de artigos de ágora do orcellón

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

AGORA DO ORCELLON: NÚMERO 7

     (No número 7 de Ágora do Orcellón publicouse un longo e documentado traballo elaborado por don Manuel Torres Campos titulado "Pequenas historias das medidas agrarias desde os primeiros tempos ata a implantación do sistema métrico decimal (1880)". A continuación reprodúcese una pequena parte do devandito traballo. Vale a pena facerse coa revista número 7 para poder ver o artigo enteiro.)

MEDIDAS AGRARIAS

na comarca do Carballiño

(provincia de Ourense)

Manuel Torres Campos

     A MODO DE PREAMBULO

     Desde que existe o comercio, aínda na súa forma máis rudimentaria (mediante o intercambio de froitos e mercadorías de todo tipo), tense sentido a necesidade de medir e pesar os diversos productos.

     Estas medidas esixen a elección dunhas unidades ou patróns permanentes.

     Fase antropométrica: estas unidades de medida nacen das propias dimensións do corpo humano, dando lugar ó PÉ, CODO, PUÑO, PALMO, DEDO, PASO, CUARTA, BRAZA, etc., e para as medidas moi pequenasol ancho ou longo dun cereal cultivado en cada zona ("GRAN"), e para os moi grandes, con relación ó corpo humano aparecen unidades como o alcance da voz humana ou a distancia percorrida por unha frecha...
Presentaba como principal ventaxa a permanente disponibilidade dos "patróns", e como inconvenientes máis notables "as diferencias individuais", e sobre todo, "a falla dunha relación de multiplicidade simple entre elas".-

     Fase significativo-funcional: Xa non se trata da lonxitude das partes do corpo humano, senón do resultado dunha acción determinada.
     Esta fase é de singular importancia, respecto ás medidas das terras de cultivo, respecto á relación de dita superficie cos resultados do labor do agricultor sobre o terreo:
     1.- Relación ó tempo de traballo necesario para cultivar dita superficie de terra.- Este concepto provén da antiga Roma, extendéndose por toda Europa, e chegando a permanecer nalgúns países durante séculos ("días de bois", en Asturias; ou os "jornais de viñedos" ou a "cavadura" en Galicia).-
     2.- Cantidade de gran necesario para sementala.- Xurde posteriormente, anque coexiste coa anterior, e exténdese por toda Europa. Nun principio pensouse en medir a superficie de terra “pola cantidade de gran que produce", pero foi pronto desbotada dadas as grandes oscilacións das colleitas debido á influencia das irregularidades climáticas e substituída pola relación co gran sementado, por ser este constante e independente da colleita obtida.

     A coincidencia da denominación das unidades de superficie e as de capacidade de áridos é unha proba da orixe funcional daquelas con relación á sementadura. É o caso máis común en Galicia onde se fala de "fanega", "ferrado", "cuartillo", etc. para nomear as medidas de capacidade de gran e ó mesmo tempo a superficie de terra na que se sementan ditas medidas. Este feito atópase frecuentemente na expresión utilizada nos Interrogatorios do Marqués de la Ensenada (1752-1753) na expresión: "ferrado de centeno en sembradura".

     Os grans e sementes en xeral (áridos) adoitan medirse polo seu volume, polas chamadas medidas de capacidade, que non son máis que uns recipientes de formas diversas e construídos con materiais ríxidos, de forma que non se deformen; e como exemplo en Galicia temos o "ferrado” de trigo e centeo ou de millo, consistente nunha caixa de madeira cuxa sección ten forma de trapecio rectángulo e cuxas aristas están reforzadas por listóns de ferro (que dan orixe ó nome da medida).-.
     Os líquidos mídense tamén polo seu volume en relación con determinados recipientes que se toman como unidade.
En todo iso a principal característica é que segundo sexa o tipo de sementes, nos áridos, ou segundo se trate nos líquidos, de viño, augardente, aceite,… cambia o tamaño da correspondente unidade, aínda cando teña o mesmo nome.
     Hoxe a ninguén se lle ocurriría pensar en utilizar unidades distintas para medir cantidades dunha mesma magnitude física, polo mero feito de tratarse de distintos productos; pero non debemos olvidar que a conquista do concepto abstracto de magnitude, esixiu moitos centos de anos a través das distintas fases.
     A obtención dos datos correspondentes ás medidas superficiais na provincia de Ourense, procede fundamentalmente de dúas fontes:
     O Catastro do marqués de la Ensenada, que facilita información a "nivel parroquial".
     A "Fórmula de Metrología Universal..." de Calvo y Valcárcel, e "Las Equivalencias Métricas", de Antonio Valcárcel, que proporcionan datos globais "a nivel municipal, es decir por cada Ayuntamiento".
Estas son as fontes principais para a confección das táboas numéricas das medidas de superficie nesta provincia, xa que outro tipo de datos se referen en xeral a nivel "global" de toda a provincia; así por exemplo, na publicación da Dirección Xeral de Agricultura (Op. c., p. 108) danos a superficie para viñedos:


Ferrado: 6,29 áreas.
Cavadura: 4,37 áreas
Jornal: 1,94 áreas.
E para as terras non dedicadas a viñedos:.
Ferrado: 6,29 áreas.
Tega: 3,88 áreas.
Fanega: 31,45 áreas.

     Ou aínda máis incompleto, anque con maior aproximación as "Equivalencias entre pesos e medidas..." publicadas polo Instituto Xeográfico e Estatístico (1886, p.40), que nos dan unicamente, como valores provinciais:

Ferrado superficial de 900 varas cadradas castelás = 6,2886235 áreas.-
Cavadura de 625 varas cadradas castelás = 4,367107 áreas.

     A unidade superficial máis estendida na provincia para as terras non dedicadas ó viñedo é "el ferrado o tega", que na provincia de Ourense coinciden no seu valor, son sinónimos.
     Ademais destes utilízanse na provincia de Ourense para a medida de terras outras moitas unidades, todas elas múltiplos e divisores do ferrado ou tega:

     A "fanega", que consta de 5,6 ou 4 ferrados, sendo a de 5 ferrados a de uso máis estendido, con gran diferencia sobre as demais.
     O tocante ós submúltiplos do ferrado ou tega: "el cuarto", "cuartal ou sesma", cuxo valor pode ser, segundo as zonas, 1/6, 1/4 e ás veces 1/8 de ferrado. A "maquila" ou "maquía", que é 1/8 de ferrado, nuns lugares, e noutros equipárase ó cuartillo de 1/24 ou 1/30 de ferrado (estes últimos son tamén os valores usuais do "copelo", que constitúe unha medida característica nesta provincia. Outro é o "cuartillo", cuxos valores máis frecuentes son de 1/24 e 1/30 de ferrado ou tega, como dixemos, pero que tamén chega a aparecer como 1/20 de ferrado, e que recibe tamén diversos nomes: "pichola ou trollo", "neto", "quinto" e "cuarterón".
     As terras de viñedo mídense principalmente coa "cavadura", que presenta variacións notables nas distintas parroquias, sendo os máis frecuentes o de 625 veras cadradas castelás, é dicir, 4,37 áreas, e o de 900 varas cadradas castelás, equivalente a 6,29 áreas. Pero tamén se utiliza como valor os de 4,53, 3,14 e 3,58 áreas, etc. Como vemos, "valores análogos ós empregados para o ferrado de terra".
     A parte desta cavadura existe a chamada "cavadura de monte", para os montes "estrumales", que equivale a dúas cavaduras de viña, ou sexa 1.250 varas cadradas castelás (8,74 áreas).

     Unha das principais características na provincia de Ourense é a gran proliferación de unidades de medidas de capacidade para áridos. Así, entre os múltiplos e divisores do "ferrado de centeo" existen ata máis de vinte nomes distintos, xa que cada múltiplo ou divisor do ferrado, contén a este ou está contido nel, distinto número de veces nos diversos lugares ou zonas.
     Dos múltiplos do ferrado o máis utilizado é "la fanega" (normalmente de 5 ferrados); o "cuartal" (1/6 de ferrado, normalmente, pero nalgúns, 1/4 de ferrado). O "copelo", a "maquila", o "neto", a "pichola", o "cuartillo" e o "quinto", todos eles cos valores de 1/30 ou 1/24 de ferrado, agás a "maquila ó maquía” que en Boborás e Irixo vale 1/12 ferrado. As medias máis comunmente utilizadas son o "copelo" e o "cuartillo".
     Outros submúltiplos son: a "sesma" (1/6 de ferrado), o "cuarto", o "sexto"; a "cuartilla" (que en Beariz vale 1/4 de ferrado).
     Para medir o millo úsase o "ferrado colmado", que polo xeral é maior có ferrado de centeo e que presenta na provincia ata 84 valores distintos, dos cales ningún se repite en máis de tres municipios.
     Como divisores deste o máis usado é o "copelo", sendo o máis frecuente que entren 30 copelos nun ferrado. Tamén o "cuartal" (1/6 ou 1/5 de ferrado, e ás veces tamén 1/4 ferrado). Úsase Igualmente, anque moito menos: a "sesma" 1/6 de ferrado); o "neto" (Punxin, e é 1/30 de ferrado), e a "cuartilla" (Beariz 1/4 de ferrado).

     Respecto ás medidas de capacidade, "liquidos", na provincia obsérvase a existencia de gran cantidade de medidas para o viño, sendo as máis importantes o "cuartillo", que é a máis pequena, e o "moio", a máis grande. Respecto deste chéganse a contabilizar ata 33 valores distintos, todos eles comprendidos entre o de 110,08 litros (Ribadavia) e o de 395,81 litros (As Ermitas-O Bolo). Sen embargo, existe un valor dominante en todo o Ribeiro: o de 145,92 litros.
     Outras medidas: a "cuarta", a "ola" e o "cañado".
     Existen tamén o "moio acabazado" e a "ola acabazada". Outras medidas son "o pote" utilizada en Beariz.
     Para o aceite utilízase o "cuartillo", xeralmente de 0,50 litros.

     Respecto a las medidas ponderais, redúcense a:

"Arroba galega" de 25 libras (14,376 Kilogramos).
"Libra galega" de 0,575 Kilogramos, tamén chamada "maquila harinera".

_____________________


1.-MEDIDAS DE LONGITUD.-

CUARTA OU PALMO LINEAL:............................................................................. .........................0,209 metros.
É igual en todos os concellos da comaca e coincide co valor do palmo castellán.


PALMO LINEAL DE PONTON: (madeiras).-...................................................................... ........0,209 metros.
Ten valor constante de 0,209 metros en todos os concellos da comarca onde se ten constatado o seu uso, agás en: Beariz, Boborás, Irixo e Maside.-


PÉ LINEAL:....................................................................................................................................0,2786 metros.
É igual en todos os municipios da comarca e coincide o seu valor co castelán.


PULGADA LINEAL:.......................................................................................................................0,0232 metros.
É igual en todos os municipios da comarca, e coincide no seu valor co castellán.

VARA LINEAL:
En toda a comarca, agás o municipio de Beariz.................................. 6 cuartas ou palmos = 1,254 metros.
En Beariz.......................................................................................... 4        "           "        = 0,836     "

(Nota: "Das varas de 4, 5 e 6 palmos só se fai uso no tráfico rural de tecidos caseiros, como son os lenzos, picotes, mantas, panos burdos e algunhas trenzas, tráfico que se limita ó sinxelo axuste de mercado, que as súas entidades non están comos froitos suxeitas a ningunha prestación e que por conseguinte é pouco probable que sexan materia litixiosa; pero para o remoto caso en que cheguen a selo, van expresadas as equivalencias". Antonio Valcárcel: "Equivalencias Métricas de la Provincia de Orense"; Imp. Antonio Otero, 1878, p. 1 e 2.).

___________________________

No artigo da revista hai de seguido máis de 50 cadros nos que se relacionan con exhaustividade as equivalencias entre unhas medidas e outras. Quen precise pode acudir á revista para ver todos estes cadros. Aquí poñemos a continuación un pequeno resumo, ordenado por Concellos. Se atopades algun erro non llo achaquedes a quen fixo o artigo senón a quen fixo o resumo.

2.- MEDIDAS DE SUPERFICIE.

     Advertencia previa: o ferrado e a cavadura son equivalentes (1 ferrado = 1 cavadura). Pero normalmente úsase a cavadura nas terras de viñedo e o ferrado nas terras de non viñedo. A fanega e a tega onde se usan equivalen a 5 ferrados. O palmo tabular (ou fragueiro) ten en todas as parroquias da comarca 9 cuartas de largo por 1 pé de ancho, e equivale a 0,52 metros cadrados.

CONCELLO DE BEARIZ (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Concas
Cuartillas
Cuartillos
Varas Cadradas Castelás
Todas
1
6,29
12
4
24
900

 

CONCELLO DE BOBORÁS (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Cavadura
Áreas
Cuartas
Cuartillos
Copelos
Varas Cadradas Castelás
Albarellos, Astureses e Pazos
1
4,37
4
16
24
625
Resto
1
6,29
-
-
-
900

CONCELLO DE BOBORÁS (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Cuartal ou Cuartos
Netos, Cuartillos ou Copelos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Albarellos, Astureses e Pazos
1
4,37
6
24
12
625
Resto
1
6,29
6
24
12
900

 

CONCELLO DE CARBALLIÑO (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Cavadura
Áreas
Cuartas
Cuartos
Cuartillos
Copelos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Arcos (San Xoan)
1
4,37
-
5
20
20
625
Carballiño
1
4,37
4
6
24
24
-
625
Partovia e Señorín
1
6,29
-
6
24
24
30
900
Resto
1
6,29
-
6
24
12
900

 

CONCELLO DE CARBALLIÑO (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Cuartal ou cuartos
Netos, copelos ou cuartillos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Longoseiros, Madarnás, Mudelos e Ponteveiga
1
6, 29
6
24
12
900
Partovia e Señorín
1
6,29
6
24
30
900
Resto
1
6,29
6
24
24
900

 

CONCELLO DE IRIXO (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Ferrado
Cavadura
Áreas
Cuartas
Cuartos
Cuartillos ou copelos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Campo, Cangues, Espiñeira, Froufe, Loureiro
1
-
6,29
6
24
12
900
Resto
1
1
4,37
4
6
24
12
625

 

CONCELLO DE IRIXO (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Fanega ou tega
Áreas
Cuartal ou cuartos
Copelos, cuartillos ou netos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Cidade, Cusanca, Dadín, Parada de Laviote e Reádigos
1
1/5
4,37
6
24
12
625
Resto
1
1/5
6,29
6
24
12
900

Unha fanega=unha tega=5 ferrados.

CONCELLO DE MASIDE (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Ferrado
Cavadura
Áreas
Cuartas
Cuartos
Copelos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Garabás
1
4,37
4
5
25
25
625
Louredo
1
4,37
4
5
20
-
625
Maside e Piñeiro
1
-
6,29
-
6
24
30
900
Resto
1
-
6,29
4
6
24
30
900

 

CONCELLO DE MASIDE (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Fanega ou Tega
Cuartos ou Cuartal
Copelos
Maquías
Cuartillos ou netos
Varas Cadradas Castelás
Garabás
1
6,29
1/5
6
30
30
24
900
Louredo, Maside e Piñeiro
1
6,29
1/5
6
24
30
24
900
Resto
1
6,29
1/5
6
24
24
24
900

 

CONCELLO DE PIÑOR (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Cavadura
Áreas
Cuartas
Cuartos
Copelos ou cuartillos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Carballeda, Coiras e Torcela
1
4,37
4
5
25
25
625

 

CONCELLO DE PIÑOR (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Cuartos
Copelos, netos ou cuartillos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Barran e A Canda
1
6,29
6
30
30
900
Resto
1
6,29
6
24
24
900

 

CONCELLO DE PUNXÍN (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Ferrado
Cavadura
Áreas
Cuartos ou cuartal
Cuartillos ou copelos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Ourantes e Vilela
1
-
6,29
6
24
30
900
Resto
-
1
4,37
6
24
24
625

 

CONCELLO DE PUNXÍN (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Cuartos ou cuartal
Copelos, netos ou cuartillos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Todas
1
6,29
6
24
24
900

 

CONCELLO DE SAN AMARO (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Cavadura
Áreas
Cuartas ou cuartos
Sesma
Copelos
Varas Cadradas Castelás
Todas
1
4,37
4
6
24
625

 

CONCELLO DE SAN AMARO (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Fanega
Cuartos ou sesmas
Copelos ou cuartillos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Todas
1
4,37
1/5
6
24
24
625

 

CONCELLO DE San Cristovo de CEA (medidas de terras de viñedo):

Parroquias
Cavadura
Áreas
Cuartas
Cuartos
Cuartillos
Copelos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Mandrás e Vilaseco
1
4,37
4
5
20
25
25
625
Resto
1
4,37
4
5
20
20
20
625

 

CONCELLO DE San Cristovo de CEA (medidas de terras de non viñedo):

Parroquias
Ferrado
Áreas
Fanega ou Tega
Cuartos ou cuartal
Copelos
Netos
Cuartillos
Maquías
Varas Cadradas Castelás
Mandrás e Vilaseco
1
6,29
1/5
6
30
24
-
30
900
Resto
1
6,29
1/5
6
24
24
24
24
900

 

2.- MEDIDAS DE CAPACIDADE: para medir áridos (centeo, millo...).

     Advertencia previa: hai que diferenciar entre "medidas colmadas", que se usan principalmente no millo, e "medidas rasas", que se usan sobor de todo no centeo.

     A fanega, que equivale a 5 ferrados, úsase en Boborás, Carballiño, Irixo, Maside, Piñor e Cea, para medir o centeo.

    En Beariz úsase tamén a cuartilla tanto nas medidas colmadas como nas rasas; equivale a 1/4 do ferrado, de xeito que cada ferrado ten 4 cuartillas.

     En Punxín emprégase a maquía como medida colmada. Un ferrado ten 30 maquías. E tamén se usa o neto (1 neto = 1 maquía).

     En San Amaro úsase a sesma. Un ferrado ten 6 sesmas.

 

Medidas colmadas (millo)

Concello
Parroquia
Ferrado
Cuartais (cuartal)
Cuartos
Cuartillos
Copelo
Litros
BEARIZ Todas
1
-
-
24
-
22,63
BOBORÁS Todas
1
6
-
24
-
26,41
CARBALLIÑO Todas
1
6
-
24
-
25,80
IRIXO Todas
1
6
-
24
-
26,46
MASIDE Todas
1
6
-
24
-
22,28
PIÑOR Todas
1
6
6
24
-
21,88
   
1
6
6
30
-
21,88
PUNXÍN Todas
1
6
-
24
30
26,14
   
1
-
-
30
-
26,14
SAN AMARO Todas
1
4
-
24
-
28,18
S. C. DE CEA Todas
1
6
6
24
-
21,88


Medidas rasas (centeo)

Concello
Parroquia
Ferrado
Cuartais (cuartal)
Cuartos
Copelos
Maquías
Cuartillos ou netos
Litros
BEARIZ Todas
1
-
-
-
-
24
16,06
BOBORÁS Todas
1
6
6
24
12
24
19,11
CARBALLIÑO Todas
1
6
6
24
24
24
16,68
IRIXO Todas
1
6
6
24
12
24
17,98
MASIDE Todas
1
6
6
24
24
24
17,82
PIÑOR Barrán e A Canda
1
6
6
30
30
30
17,58
  Resto
1
6
6
24
24
24
17,58
PUNXÍN Todas
1
6
6
24
24
24
19,28
SAN AMARO Todas
1
4
6
24
24
24
18,50
S. C. DE CEA Todas
1
6
6
24
24
24
17,58


3.- MEDIDAS DE CAPACIDADE: para medir líquidos (centeo, millo...).

Moio de viño

Concello
Parroquia
Moio de Viño
Canados
Olas
Cuartas
Cuartillos
Onzas
Litros
BOBORÁS Todas
1
4
8
16
256
5.120
145,92
CARBALLIÑO Todas
1
4
8
16
256
5.120
145,92
IRIXO Todas
1
4
8
16
256
5.120
145,92
MASIDE Todas
1
4
8
16
256
5.120
145,92
PIÑOR Todas
1
4
8
16
256
5.120
133,12
PUNXÍN Todas
1
4
8
16
256
5.120
145,92
SAN AMARO Todas
1
4
8
16
256
5.120
145,92
S. C. DE CEA Todas
1
4
8
16
256
5.120
145,92

Ola de viño

Concello
Parroquia
Cuartas
Azumes
Cuartillos
Onzas
Litros
BOBORÁS Todas
2
8
32
640
18,24
CARBALLIÑO Todas
2
8
32
640
18,24
IRIXO Todas
-
8
32
640
18,24
MASIDE Todas
2
-
32
640
18,24
PIÑOR Barrán
2
-
32
576
16,64
  Resto
2
-
32
576
16,64
PUNXÍN Todas
2
-
32
640
18,24
SAN AMARO Todas
2
8
32
640
18,24
S. C. DE CEA Todas
2
8
32
640
18,24

 

Complementos:

Un azume = 0,28 litros.

Un cuartillo de aceite = 0,50 litros (úsase en Beariz, Boborás e Carballiño).

Un cuartillo de viño = 0,57 litros, salvo en Piñor onde un cuartillo de viño equivale a 0,52 litros.

En Boborás un neto de viño é o mesmo que un cuartillo e equivale a 0,57 litros.

A ola acabazada de viño en Boborás e Maside ten 34 cuartillos e 680 onzas e equivale a 19,38 litros.

En Beariz un pote de monte de viño ten 32 cuartillos e 640 onzas, polo que é igual a 18,24 litros.

 

3.- MEDIDAS PONDERAIS.

     A ARROBA GALEGA en toda a provincia de Ourense ten 25 libras e 500 onzas, equivalendo a 14,376 quilogramos.

     En toda a provincia de Ourense a LIBRA GALEGA equivale a 0,575 quilogramos. Cada libra ten 20 onzas.

     Finalmente a MAQUÍA FARIÑEIRA equiva a 0,575 quilogramos en toda a provincia de Ourense. Chámase "maquía fariñeira" ó pago que se fai ó dono do muiño dunha libra por cada ferrado que se leva a moer.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador