Fotos de Galicia. Termalismo.
Balneario de Lobios. Juan 08/07/2009 |
_MG_7603.jpg | _MG_7641.jpg | _MG_7653.jpg | _MG_7658.jpg |
_MG_7668.jpg | _MG_7670.jpg | _MG_7675.jpg | _MG_7678.jpg |
_MG_7688.jpg |
Balneario de Lobios
O calendario di que estamos no día 8 de xullo de 2009. Ás nove da mañá os alumnos do curso de termalismo preséntanse no Centro Comarcal do Carballiño para coller o autobús que os levará ata o Balneario de Lobios.
Chegamos alí con case media hora de adianto, o que nos permite tomar con calma un bo almorzo na cafetería do Balneario. Así os corpos e as almas están máis contentas e predispostas para construír un bo día.
As ensinanzas teóricas da mañá son interesantes. E as prácticas da tarde reconfortantes. Cando estaban na piscina do Balneario dous alumnos comentaban: con isto xa temos de sobra amortizado o que pagamos por apuntarnos ó curso.
Algún comentou tamén que tiña a impresión de que en Lobios hai unha filosofía de paz e tranquilidade, que os chorros, as masaxes ... parecen máis suaves ca nos restantes balnearios... parece que aquí se coidase especialmente a suavidade en todo...
O día foi fermoso, e o tratamento que nos proporcionaron no Balneario, inmellorable.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
©Instituto de Estudios Carballiñeses.