INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

Inicio
Curso de termalismo 2005
Mondariz 2006
Fotos de Lobios 2006
Fotos Guitiriz e Talaso A. 2006
Peche curso 2006
CURSO DE TERMALISMO 2007
CURSO TERMALISMO 2008
Carballiño 2009
Lobios 2009
Isla da Toxa 2009
Termalismo 2010
Termalismo 2011
Termalismo 2012
Gran Balneario, un conto e un soño
Fotos de Galicia. Termalismo. Gran Balneario do Carballiño.
Juan
07/07/2009

_MG_7395 _MG_7450 _MG_7461 _MG_7467 _MG_7479
_MG_7395.jpg         _MG_7450.jpg         _MG_7461.jpg         _MG_7467.jpg         _MG_7479.jpg        
_MG_7489 _MG_7494 _MG_7495 _MG_7508 _MG_7517
_MG_7489.jpg         _MG_7494.jpg         _MG_7495.jpg         _MG_7508.jpg         _MG_7517.jpg        
_MG_7523 _MG_7527 _MG_7532 _MG_7536 _MG_7544
_MG_7523.jpg         _MG_7527.jpg         _MG_7532.jpg         _MG_7536.jpg         _MG_7544.jpg        
_MG_7545 _MG_7557 _MG_7560 _MG_7578 _MG_7581
_MG_7545.jpg         _MG_7557.jpg         _MG_7560.jpg         _MG_7578.jpg         _MG_7581.jpg        

CURSO DE TERMALISMO 2009

     Un ano máis a Universidade de Vigo e o Instituto de Estudios Carballiñeses organizaron un novo curso de termalismo. O tema deste ano foi: TERMALISMO: INNOVACIÓN EN CENTROS TERMAIS. Empezou o día 7 de xullo de 2009 no Centro Comarcal do Carballiño.

     Despois das clases teóricas veu a hora do xantar. E pola tarde realizáronse clases prácticas no Gran Balneario do Carballiño. Primeiro unha explicación sobre a forma de analizar as augas. E logo un percorrido participativo, en vivo e en directo, polas instalacións do Gran Balneario, no que os alumnos puideron facer uso das bañeiras e doutras instalacións. A continuación o propio Balneario serviu viño, refrescos e pinchos... unha fantástica merenda que fixo dicir a mais dun aquilo de "eu xa cenei".

   Para rematar, algúns aínda se foron tamén tomar un baño no Balneario de Partovia.

     Cando o día rematou os alumnos xa tiñan moi claro que este curso é marabilloso.

     Nas fotos de arriba pódense ver con claridade dúas cousas: a fermosura do Gran Balneario... e a ledicia dos alumnos asistentes ó curso. Cousas que non deixan de gardar unha certa relación entre si.

 

 

PROGRAMA DO CURSO DE TERMALISMO 2009:

(Mais información)

TERMALISMO: INNOVACIÓN EN CENTROS TERMAIS

7, 8, 9 e 10 de xullo de 2009

Día:07/07/2009
09:30 Acreditación dos cursillistas (Centro Comarcal do Carballiño)
10:00 Presentación do curso polos seus directores (Jose L. Legido, Avelino Muleiro, L. Mourelle)
10:30 Antecedentes do termalismo
Dr. Luis Rodríguez Míguez. Dr. en Medicina
12:00 Innovación e Tendencias en Termalismo
Dr. Antonio Freire. Director Gala termal
13:00 Química e Termalismo
Dr. José Antonio Rodríguez Vázquez
16:00 Prácticas no Balneario do Carballiño
Dna. Carmen Gómez Pérez. Membro da Sociedade Galega de Peloides Termais.

Día: 08/07/2009
09:30 Saída para o Balneario de Lobios
11:00 Augas Mineromedicinais e Técnicas Termais
Dra. Dolores Fernández Marcos. Dra. Médica do Grupo Caldaria
12:00 Proxecto Termal de Aproveitamento Enerxético
Dr. Pedro Araújo Nespereira
16:00 Prácticas Balneario de Lobios
Dra. Dolores Fernández Marcos
18:00 Mesa redonda sobre Augas e Peloides
José Luis Legido, Avelino Muleiro, Lourdes Mourelle e Carmen Gómez Pérez

Día: 09/07/2009
09:30 Saída para o Balneario da Toxa
11:00 Talasoterapia
Dra. Rosa Meijide. Catedrática da Universidade da Coruña
12:00 Peloides e Cosmética Termal
Dra. Lourdes Mourelle Mosqueira. Universidade de Vigo
13:00 Termalismo: aplicacións curas de saúde e benestar
Dra. Marta Arribas Rioja. Directora Médica do Balneario Isla de la Toja
16:00 Prácticas no Balneario Isla de la Toja
Dra. Marta Arribas Rioja. Directora Médica do Balneario Isla de la Toja
18:00 Mesa redonda sobre innovación en centros termais
Marta Arribas, Ramón Braña, Rosa Meijide, J. Luis Legido e Carlos Medina

Día: 10/07/2009
09:30 Centro Comarcal do Carballiño
10:00 Innovación Termal
D. Mario Crecente Maseda. Director de Crecente e Asociados
11:00 Termalismo en Galicia
Presidente da Asociación de Balnearios de Galicia
12:00 Odenación do Sector do Turismo de Saúde
Representante da Secretaría Xeral de Turismo
14:30 Saída para o Centro Talaso Atlántico
16:00 Prácticas Centro Talaso Atlántico
Dna. Dolores Rodríguez. Directora Centro de Talasoterapia
Clausura
Dr. José Luis Legido Soto. Universidade de Vigo

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador