galicias >> termalismo

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

Inicio
Curso de termalismo 2005
Mondariz 2006
Fotos de Lobios 2006
Fotos Guitiriz e Talaso A. 2006
Peche curso 2006
CURSO DE TERMALISMO 2007
CURSO TERMALISMO 2008
Carballiño 2009
Lobios 2009
Isla da Toxa 2009
Termalismo 2010
Termalismo 2011
Termalismo 2012
Gran Balneario, un conto e un soño

 

PROGRAMA DO CURSO DE TERMALISMO 2014


Termalismo: Balnearios e Talasos

Tipo de curso: Curso Extensión
Ano académico: 2014
Código: 2014/506
Modalidade: Presencial
Data da matrícula: Dende: 21/04/2014
Ata: 18/07/2014
Data de realización: Dende: 28/07/2014
Ata: 31/07/2014

Descrición:
O Curso de Termalismo preséntase baixo as diversas alternativas que ofrece o termalismo na sociedade actual. Parecen evidentes os beneficios que a sociedade do benestar reclama e pode conseguir acudindo a estes lugares. A cura de enfermidades somáticas e o restablecemento do equilibrio psíquico xerado polo stress teñen nestes lugares un punto de referencia inevitable.

Como os balnearios do Carballiño teñen prestixio internacionalmente recoñecido, ningún sitio mellor para realizar esta actividade. Coa entrada dun novo milenio, no que o tempo de lecer vai aumentar considerablemente para os/as cidadáns privilexiados/as,- habitantes de países desenvolvidos e nos que as expectativas de vida se amplían cada vez máis-, ten que resultar sumamente interesante recibir unha ampla información científica sobre a natureza, a esencia e as circunstancias que rodean estes centros causantes de saúde.

Exercen importantes funcións sociais: sanitarias, estéticas, turísticas, etc.

Ante estas grandes perspectivas que se abren ao termalismo parece oportuno e aínda necesario, propiciarlle á colectividade universitaria a oportunidade de informarse e preparase, se cadra, neste mundo das augas misteriosas.


Dirixido a:
Comunidade universitaria e público en xeral
Lugar de realización: Centro Termal Carballiño; Balnearios Mondariz; Talaso-Atlántico e Lobios
Poboación: Ourense
Mínimo nº de prazas: 15
Máximo nº de prazas: 35
Créditos: 2
Créditos ECTS: 1
Horas: 32
Taxas: 80€ (Os membros da comunidade universitaria terán un desconto do 25%, e os que, ademais, sexan bolseiros do MECD, un 50% )
Centro/dpto. organizador: Extensión Universitaria
Director/a:
José Luis Legido Soto
Teléfonos: Fixo: 986-812294
Enderezo postal: Fac. de Ciencias do Mar - C. Experimentais - Campus Vigo
Enderezo electrónico: xllegido@uvigo.es

 

Programa:

Día: 28/07/2014 luns
09:30 Acreditación dos participantes (Centro Comarcal do Carballiño)
09:45 Presentación do curso polos seus directores (Jose L. Legido, Avelino Muleiro, L. Mourelle)
10:00-11:30 Termalismo en Galicia: historia, tradición, actualidade e futuro
Dr. Luis Rodríguez Míguez. Dr. en Medicina
11:30-12:30 Talasoterapia en el sur de Europa
Dr. José Luis Legido Soto. Universidade de Vigo
12:30-13:30 Termalismo en Galicia: situación actual do sector
Asociación de Balnearios de Galicia
16:00-20:30 Prácticas no Balneario do Carballiño
Dna. Carmen P. Gómez Pérez. Membro da Sociedade Galega de Peloides Termais. Dna. Lidia Martínez Casás. Doutora en Enxeñería Química.

Día: 29/07/2014 martes
09:00 Saída para Mondariz
10:00-11:00 Química e Termalismo.
Dr. José Antonio Rodríguez Vázquez. Universidade de Vigo
11:00-12:00 O manexo integral do paciente no balneario
Dra. Laura Gómez. Directora Médica do Balneario de Mondariz
12:00-13:00 Nutrición en centros termais
Dra. Lourdes Mourelle Mosqueira. Universidade de Vigo
13:00-14:00 Mesa redonda sobre augas e centros termais
Avelino Muleiro, Antonio Freire e Carlos Medina
15:30-18:00 Prácticas no Balneario de Mondariz
Dra. Laura Gómez. Directora Médica do Balneario de Mondariz


Día: 30/07/2014 mércores
09:00 Saída para o Balneario de Lobios
10:30-11:30 Augas Mineromedicinais e Técnicas Termais.
Dra. Dolores Fernández Marcos. Directora Médica do Grupo Caldaria
11:30-12:30 Estrutura xeolóxica para as surxencias termais.
Dr. Pedro Araujo Nespereira. Dr. en Xeoloxía da Universidade de Vigo
12:30-13:30 Peloides e Cosmética Termal.
Dra. Lourdes Mourelle Mosqueira. Universidade de Vigo
16:00-18:00 Prácticas no Balneario de Lobios
Dra. Dolores Fernández Marcos. Directora Médica do Grupo Caldaria
18:00-20:30 Mesa redonda sobre produtos termais
José Luis Legido, Avelino Muleiro, Lourdes Mourelle e Carmen Gómez

Día: 30/07/2014 xoves
09:00 Saída para o Talaso Atlántico
11:00-12:00 Talasoterapia: aspectos fisico-químicos e terapéuticos de produtos termais
Dra. Rosa Meijide. Universidade da Coruña
12:00-13:00 Turismo e Termalismo. Accións da Secretaría Xeral de Turismo. Conferencia de clausura
Secretaria Xeral de Turismo
13:00-14:00 Clausura e entrega de diplomas
Secretaria Xeral de Turismo Dr. José Luis Legido Soto. Universidade de Vigo
16:00-20:30 Prácticas no Talaso Atlántico
D. Jesús Pérez Gil. Gerente del Talaso Atlántico y Doña Vanesa Seoane Amorín

Observacións
OS DESPRAZAMENTOS DENDE VIGO AO CARBALLIÑO SERÁN CON SAÍDA DENDE A UNIVERSIDADE DE VIGO, CAMPUS UNIVERSITARIO LAGOAS-MARCOSENDE, PARA TODOS/AS AQUELES/AS QUE O SOLICITEN.

Información: Departamento de Física Aplicada. Tel. 986-814070

 

Nota: información tomada o día 23 de xuño de 2014 da páxina web que logo se cita, a cal se aconsella consultar para máis información e para ver se hai cambios no programa previsto: http://apv.uvigo.es/cursos_extension/publico/publico.php?funcion=amosa_info_curso&tipo=1&id_curso=658

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador