galicias >> Camino de Santiago >> Camino Francés
Mi primer Camino | Camiño Francés 2007 | Camiño con Viaauria |
"... pero, en calquier caso, ¡el Camino de Santiago existe! y en él se encuentra la magia, el espíritu y la simiente de un mundo nuevo, más humano, mejor y diferente". (Juan)
POLO CAMIÑO DE SANTIAGO, DENDE O CEBREIRO A COMPOSTELA.
(Páxina en construcción....(agardo as vosas correccións, aclaracións e complementos...))
O día 2 de abril, pola tarde, os peregrinos van chegando ó Cebreiro. A tarde está fresca e soleada. Cóntannos que o día anterior nevou. De feito ainda se ven restos de "neve burateira".
Nada mais chegar ó Cebreiro, Celso e mais eu topámonos con dous homes estranxeiros. Con un pouco de inglés conseguimos comunicarnos con eles. Son dous peregrinos que viven en Sudáfrica. Están facendo o Camiño. E están felices. Din que existen tres cousas: O mundo, Galicia, e o ceo. Por iste orden. Que despois de Galicia está o ceo.
Pouco a pouco vai chegando xente do noso grupo. Empezamos a preguntar polas habitacións, e Bieito, déixanos clara a primeira mensaxe: "no Camiño non hai roles". Cada un colle a habitación que lle cuadra en sorte. Dormimos en varias pensións, pois non cabemos todos na mesma.
O aire puro das altas montañas vai dibuxando a ledicia nas caras da xente. Todos empezamos a sentirnos extráñamente felices. Xesús Ferro lembra que algúnha vez escoitou que O Cebreiro é un dos lugares con máis enerxía positiva que hai no Camiño.
Tamén hai anécdotas para botar unhas risas. Por exemplo esta: Estamos nun bar, tomando algo. Aparece un gaiteiro. Toca. Manuel mira para él. "Quero ver se aprendo a tocar", dille Manolo ó que toca a gaita. Este rise. Sigue tocando. E Manolo sigue mirando con atención. Conversan. O gaiteiro dille: "se é capaz de tocar unha canción... regálolle a gaita"... Manolo colle a gaita. Coloca os dedos. Empeza a soplar... E sae a música... O dono da gaita alucina... ¡Milagre!!!! (Non sabía o gaiteiro que Manolo toca a gaita dende fai moitos anos). Lóxicamente Manolo devolveulle a gaita ó seu lexítimo dono, quedando a donación desfeita...
Na Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro soa a música gregoriana.
Cenamos. Un rico caldo galego alimeta os corpos de Basilio Losada e Isi, Bieito e Anxos, Xesús Ferro e Susa, Pepe, Manolo González, Antón Pulido e Fina, Carlos e Aurora, Xosé e Nieves, Juan, Celso, Manuel e Asun... A Basilio regálaselle un libro do Camiño de Santiago do que él mesmo é o autor... e no que Pulido dibuxou ó propio Basilio, rodeado por un ceo no que a lúa baila coas estrelas.
Na mesa compartimos conversas e risas. Falamos de literatura, do Camiño, da vida... de mil cousas. Basilio, incansable, nárranos as súas primeiras experiencias vitais, dos tempos de neno... E tamén nos regala unha fonda máxima filosófica que dí: "Surfrir é malo; ter sufrido é bo".
Empeza a rebulir dentro de nos a máxia do Camiño. A noite cae sobre o Cebreiro. As pallozas dormen. E nos decidimos facer o mesmo. Ainda que a maioría de nós case que non durmimos, pois estamos un pouco nerviosos, coma nenos pequenos.
Noite fría, sementada de estrelas. Xea. Estamos a 151 kilómetros de Santiago de Compostela.
Pola mañanciña metemos no corpo un bo almorzo. E de seguido facemos unha visita á Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro, onde Basilio nos conta cousas do Santo Grial, do Milagre do Cebreiro, e da visita que os Reis Católico fixeron ó Cebreiro, regalándolle ós monxes un relicario para conservar a carne e o sangue do milagre... Na Igrexa admiramos tamén unha fermosa talla románica do século XII da virxe sentada co neno no colo.
Pulido merca Credenciais para todos, pagando un euro por cada unha delas.
O día 3 baixamos en coche ata Triacastela... A modiño, moi amodiño... porque hai xeada na carretera... e porque a paisaxe merece ser admirada lentamente, ainda que sexa dende o coche. En Triacastela empezamos a andar. Collemos a variante do camiño que vai por San Xil. Lameiros verdes. Camiños fermosos. Cantan os paxaros. Escóitase a música fresca da auga.
O día está fresco e soleado. Os camiños son fermosos. Imos atopando peregrinos. Admiramos bosques fermosos. Nieves párase a "falar" cun canciño. Todos estamos encantados. Estamos empezando a sentir dentro de nos que "no Camiño as cousas normais son marabillosas".
O primeiro pobo que atopamos leva o nome de A Balsa. O segundo chámase San Xil. Despois de pasar o Alto de Riocabo, o Camiño lévanos ata Montán. Alí topamos un pastor de ovellas que está cantando. Falamos con él. Cónta cousas e cousas. Non ten presa. Pregúntolle se lle podo facer unha foto. Dime que sí. Que xa hai retratos del por todo o mundo. Despídome. Sigo o camiño. E alí queda Manuel de Montán, cantando mentras mira como comen as súas ovellas. Pasamos Fontearcuda, Calvor, Aguiada, San Mamede do Camiño, Carballal... e chegamos a Vigo... barrio polo que entramos na vila de Sarria... onde nos agarda a Bieito coa súa furgoneta amarela para convidarnos a fresas e mazáns...
Alfredo Conde e a súa muller Mar Nogueira súmanse ó grupo. Todos xuntos imos cear ó mesón O TAPAS. A moza que nos sirve é unha colombiana moi simpática. Despois da cea chegan Paco Novoa e a súa muller Mercedes. O grupo segue medrando.
O día 4 cando saímos de Sarria bótase a chover... Pasamos ó lado do convento da Magdalena e do Cementerio. E logo baixamos unha pequena costa que nos leva ata unha fermosa ponte medieval pola que cruzamos o río Celeiro. Cruzamos tamén a vía do tren e seguimos cara adiante...
Imos
conversando mentras camiñamos. E fórmanse "frases colectivas"
coma esta:
- "A autoestima é fundamental" (Isi)
- "Sí, ... e a falta de autoestima non conduce a nada" (Xesús
Ferro)
- "Bueno, a autoestima é importante, pero hai que moderala"
(Basilio)
Pouco despois atopámonos cun castiñeiro centenario que chama a atención de todos os peregrinos que pasan por alí. Mirando para él Basilio comenta: "Esto para min é como retroceder mil anos; é como volver á miña infancia". E Ferro contéstalle: "Pois para nacer no século XI estás nun estado de forma envidiable"
E mentras tanto eu vou meditando na idea de que "mais que o destino, o que importa é disfrutar do camiño".
O Camiño pasa por Vilei e lévanos a Barbadelo. Aquí un señor, que podería moi ben ser o cura da parroquia, convídanos a visitar a Igrexa románica de SANTIAGO DE BARBADELO, coa súa torre de planta cadrada, e o seu fermoso pórtico con variados capiteles, nun os cales se pode ver a flaxelación de Xesús mentras Pilatos le a sentencia. Esta igrexa xa aparece citada no Codex Calixtinus.
Despois o Camiño lévanos por San Silvestre, Rente, Peruscalo, Cortiñas, Casal, Brea, Morgade, Ferreiros, Mirallos (onde comemos, integrando na nosa a mesa a duas canadienses, mai e filla...). Despois de xantar, no adro da igrexa de Mirallos Susa declama un fermoso poema de Xesús Ferro relativo ó Camiño...
E seguimos camiñando... Despois de pasar por varios pobos... topámonos coa baixada cara Portomarín. Cruzamos o río. Subimos unhas empinadas escaleira. E xa nos topamos no pobo novo, que nos agarda cos seus soportais, e coa sua eirexa transplantada e mal orientada despois do trasplante... Todo feito para deixar sitio para as augas do embalse...
No camiño cara Portomarín vou conversando con Alfredo Conde. E desta conversa, que é moi agradabe, quero lembrar esta frase de Alfredo: "En Galicia precisamos xente que sume"
En Portomarín únese ó grupo Modesto Hermida, que despois de cear sae a dar unha pequena volta, e cando regresa dí unha frase que nos fai rir a todos a cachón: "As rás de Portomarín son tontas... porque cantan ainda que faga frío".
O día 5, nada mais sair de Portomarín topámonos cunha costa longa... Pero non senos resiste. Carlos e Mar van conversando de temas serios e profundos... Pasamos por Toxeibo, Cabanas, Gonzar (onde paramos para tomar algo, e onde eu como un enorme bocata de tortilla francesa), Castromaior, Hospital da Cruz, Ventas de Narón, Prebisa, Lameiros, e por fin Ligonde, onde toca comer.
Pero antes de comer temos tempo para falar con Xosé, o labrego políglota de Ligonde, que fala coas peregrinas estranxeiras en francés, inglés e alemán... entendéndose perfectamente con ela. Connosco fala un perfecto galego. E con outros que pasan charla en correcto castelán. Polo que este labrego galego, que estivo emigrado en Suiza, e que agora leva unha gancha de ferro ó lombo, domina polo menos cinco idiomas... amén de entender perfectamente a lingua das vacas...
Outro labrego de Ligonde, Manuel, convídanos a ver as súas vacas e a facerlle fotos. Parece que son xente aberta os galegos de Ligonde. ¿Será que lles gusta ligar coas peregrinas? ¿Será por iso polo que o pobo se chama Ligonde?... Supoño que non...
Despois da comida montamos festa, con música, cantos, e bailes. Non podía ser doutro xeito....
Pola tarde pasamos por Eirexe, Portos, Lestedo, Valos... e outros lugares... para chegar finalmente a Palas de Rei.
Algunhas das frases que escoitei ese día mentras camiñaba son estas:
- Da vida fácil non se aprende nada bó (Alfredo)
- Unha xordeira ben administrada é un capital (Alfredo)
- É moi diferentes gastar bromas que que chas gasten a tí (Susa)
- A felicidade cura case todo.
- A causa da desigualdade máis grande das mulleres está nos tacóns... que nos impiden ir a moitas partes... (Susa)
- O peor é cando cae o pau ó chan (Xesús Ferro)
En canto a min, polo Camiño fun rumiando pensamentos e ideas. Algúns deles apunteinos e pode transcribilos aquí:
- Únenos o amor a Galicia, ainda que teñamos formas diferentes de expresalo.
- O Camiño, ou é sorpresa ou non é Camiño.
- O Camiño é un saco de versos bailando ó redor dun poema, o Camiño é un feixe de beixos tecendo un soño namorado...
- O Camiño... ou é risa... ou non ten chiste...
Pola noite Celso sentencia: "O Camiño, para mín é un relax"
O día 6 camiñamos pola mañan de Palas de Rei ata Melide, onde xantamos na pulpería Ezequiel. E tralo xantar montamos unha enorme festa para recibir a Camariñas e a Fonseca e á súa muller. Todo está regado co estupendo viño tinto de Celso, que tamén aproveitamos para facer "sopas de burro cansado", que comemos mentras agardamos que nos sirvan o "pulpo". A esta festa súmanse todos os que están na nosa ala da pulpería... Alfredo, Manolo González e mesmo Pepiño... descubren que saben tocar o bombo...
Pola tarde camiñamos de Melide a Arzúa.
Antes de sair de Palas de Rei pídolle a uns mozos que me escriban un pensamento na miña libreta. Un rapáz que leva soio un día no Camiño escribe: "El camino de Santiago es un sufrimiento innecesario" (Luis Alberto). En cambio unha rapaza que o acompaña pon: "A las ocho de la mañana preguntas al peregrino y no hay gran respuesta ante la dura jornada que espera. Si preguntas a las seis de la tarde te espera una cansada sonrisa de satisfacción y ya solo quedan los kilómetros superados, la gente conocida y el estar más cerda de Santiago" (Araceli). Y otro peregrino escribe: "Da igual el objetivo con el que te plantees el Camino, porque lo verdaderamente importante es compartir todo esto juntos" (Jaime)
Á saida de Melide paramos para ver unha fermosa igrexa que hai veira do Camiño, á man dereita. Xesús Ferro queda marabillado con ela.
Despois da comida eu merco unha botella de auga... Pouco despois, cando vou a bebela vexo que ten burbullas ... e que a botella xa foi aberta... polo que pensei que ten deterxente e valeiro a botella no chan... Celso... di... "eso cheira a augardente"... Paro. Queda un pouquiño no fondo. E ¡efectivamente é augardente!. ¡Déronme unha botella de litro e medio de augardente por un euro!. Celso día que eso vale máis de doce euros... Chamo ó Ezequiel para contarlle o sucedido e para preguntarlle se queren que lles vaia a pagar a augardente... Eles din que non me preocupe, que foi un despiste deles... e así quedou a cousa: coas silvas da beira do camiño regadas con augardente...
Pouco antes de chegar a Arzúa pásase por Ribadiso de Abaixo, onde hai un fermoso albegue na beira do río. Nel vense peregrinos e peregrinas en animada conversa, sentados no chan, formando grupos... Algúns deles teñen os pes metidos na auga fresca do río... A verdade é que da gloria sentir o arrecendo a ledicia que desprende o lugar...
Luis García Mañá e a súa muller únense ó grupo en Arzúa, onde, pola noite hai unha reunión "seria" para falar do Camiño... e da laboura que está desenvolveldo o grupo da Fundación Premios da Crítica Galicia no seu incansable tecer e destecer para que Galicia, a súa lingua e a súa cultura sigan medrando...
O día 7 pola mañan camiñamos dende Arzúa a Arca, onde comemos no restaurante Regueiro.
Polo camiño vou conversando con Xesús Ferro a maior parte do tempo. A verdade é que da gusto charlar con él. Nun lugar que ben podería ser Salceda atopamos a unha señora de noventa e cinco anos que vai camiñando. Falamos con ela. E comprobamos que goza de perfecta saude tanto física como mental. Ferro pregúntalle cal é o segredo para chegar así os 95 anos. E ela vaille contando varias cousas. Tivo once fillos, dos que dous xa morreron. Traballou moito. Non bebe viño. Come de todo. Cando Ferro lle pregunta qué cremas usa para ter a pel tan suave... ela rí... e resposta: Auga e xabón. E finalmente dinos o seu principal segredo: "nunca me deitei cun incomodo". Unha vez un tío meu falou mal de min sen razón... e cando me enterei funo a buscar á sua casa e trouxeno á miña para que viñese a comer conmigo... e así arranxamos inmediatamente aquel malentendido"... O bo caracter e o bo humor parecen ser a causa fundamental da lonxevidade...
Logo, despois de xantar en Arca, desplazámonos en coches ata o Monte do Gozo. Aquí atópome coa miña muller, María, e coas miñas nenas, María e Carme... Están as tres moi fermosas... E dende alí camiñamos todos xuntos ata a Catedral. A chegada é, coma sempre, unha mezcla de ledicia por chegar e de tristura por ter chegado...
Visita ó Sargego. Abrazo ó Santo.
Cena lixeira no Hostal. Na que compartimos mesa con Manuel González. Todo un placer.
E logo despedida.
Así remataron uns días de intensa ledicia, e de convivencia con un mesmo e cos demáis. Como consecuencia quedan un feixe de vivencias dentro de cada ún, unha pequena semente de cambio interior... E quedan tamén un montón de lazos de amizade que se foron tecendo case sen darnos conta mentras camiñábamos...
E non quero rematar sen deixar constancia de que no Camiño, ademáis do grupo de amigos, atopamos outra moita xente. Podemos intentar lembrar algunha: Victor Palanca e María, os valencianos; Mariví, a pamplonica que facía soia o Camiño; As dúas farmacéuticas de Pontevedra; as dúas canadienses, mai e filla; o catalán que leva tres meses no camiño e que pensa botar polo menos outros tres máis; a italiana (Perla) que camiña coa sua cadela Lola; a rapaza portuguesa que vai con eles; as dúas irmáns de Salamanca e o rapáz que vai con elas (éste chámase Luis Alberto, e unha das irmáns chámase Araceli; do nome da outra non me lembro); Vicente (de París) que camiña coa súa moza Carmen (de Madrid)... Un señor alemán que camiña con dous dos seus fillos e que nos conta que en Alemaña se está poñendo de moda o Camiño de Santiago porque hai pouco tempo se publicou un libro relativo ó Camiño que ten moito éxito... E moita xente mais...
Sei que se me olvidan moitas cousas... E outras que non se me esquecen tampouco as poño para non alongar excesivamente este relato. Soio quero rematar dándolle as grazas a todos os que compartiron conmigo este marabilloso Camiño. Foi un verdadeiro pracer para os cinco sentidos..
E para rematar... lembro a FILOSOFIA de Bieito coa que empezamos:
Evidentemente o DESPOTISMO ILUSTRADO de Bieito funcionou de marabilla. E tamén funcionou a ILUSTRACIÓN de grupo. Pero a máxia do Camiño saltouse todos os controis da organización e colouse dun modo sorpresivo, impensado e imprevisto en moitos corazóns... I é que ¡O Camiño sempre sorprende!
"I came to find God in me. And now I find Him everywhere. I have to bring this back to my daily life, where I actually live now. "Cami" means "God" in Japanese" (Wrenn)
"Caminar es besar la tierra con los pies" (Juan)
TOP: Ir al INICIO de esta página
Bienvenid@, a Galicias.com
©Juan Rúa. e-mail
Ver el libro de Visitas Dejar un mensaje en el Libro