galicias >> Camiño de Santiago


Historia Efemérides  Pensamentos de Peregrinos Cartas de peregrinos O Camiño de Bruno
Camiño francés Camiño do Norte Camiño primitivo Camiño Portugués Camiño inglés
Santiago-Fisterra Camiño Aragonés Vía da Plata FOTOS Camiño con Viaauria

"... pero, en calquera caso, ¡o Camiño de Santiago existe! e nel atópase a maxia, o espírito e a semente dun mundo novo, máis humano, mellor e diferente". (Juan)

 

español español                          galego galego

Santiago, o maior: fillo de Zebedeo e Salomé.

     Os Evanxeos amósannos a Santiago como un dos primeiros discípulos de Xesús, e formando parte (con Pedro e Xoan) do grupo máis cercano ó Maestro.

   O Evanxeo de San Mateo cóntanos así a forma en que Xesús escolleo ós seus primeiros discípulos:

   "Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a dous hirmáns: Simón, tamén chamado Pedro, e Andrés; os dous, que eran pescadores, estaban largando o aparello no mar. Díxolles:
-Vide conmigo, e fareivos pescadores de homes.
Eles deixaron de contado o aparello, e seguírono. Máis adiante atopou outros dous hirmáns: Santiago e máis Xoan, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca arranxando o aparello. Tamén os chamou, e eles coa mesma deixaron a barca e mais a seu pai e seguírono."
(Mateo, 4, 18-22).

     Santiago era pescador no mar de Galilea. Era fillo de Zebedeo e de Salomé, e hirmán de Xoán (o Evanxelista). É coñecido como Santiago o de Zebedeo e como Santiago o Maior, para diferencialo de outro apóstolo que tamén se chamba Santiago, o de Alfeo, e de Santiago o Menor.

   Santiago, o seu hirmán Xoan e Pedro son os discípulos que acompañan a Xesús nos momentos máis importantes, como na transfiguración e na oración no horto de Xetsemaní.
"...colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoan seu hirmán, e subiu con eles sos a un monte alto. Alí transfigurouse diante deles;..." (Mt 17, 1-2).
"Entón chegou Xesús cos seus discípulos a un terreo chamado Xetsemaní e díxolles:
-Sentade aquí mentres eu vou orar.
E, levando consigo a Pedro e mais ós dous fillos de Zebedeo, empezóu a poñerse triste a a sentirse fondamente angustiado. E díxolles:
-Morro de tristura. Quedade aquí e vixiade conmigo"
(Mt 26, 36-38).

   Santiago predicou o Evanxeo en Xudea e Samaría. E segundo unha antiga tradición predicouno tamén en España (anos 36-39), formando a primeira comunidade cristiana en Galicia. Logo, en Zaragoza, para darlle ánimos na súa predicación, aparecéuselle o Virxe no lugar onde logo se levantou a Basílica do Pilar.

    Foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa I, convertíndose no primeiro apóstolo que sufriu o martirio. "Por ese tempo o rei Herodes botou man dalgúns membros da Igrexa, para os maltratar. Mandou matar coa espada a Santiago, o irmán de Xoán, e, vendo que iso lles agradaba ós xudeus, mandou prender tamén a Pedro." (Feitos dos Apóstolos 12, 1-3). Tendo en conta que Herodes Agripa I morreou no ano 44, esta persecución e a conseguinte morte de Santiago hai que situala entre os anos 41-44.

     Conta a tradición que despóis da súa morte, o seu corpo foi recollido por dous dos seus discípulos, Teodoro e Atanasio, e colocado nunha nave, que despois de sete días de navegación arribou nas costas galegas de Iria Flavia, cerca da actual vila de Padrón; logo os restos do Apóstolo foron levados nun carro de bois a un terreo onde foron enterrados, sito no lugar onde moitos séculos máis tarse se acabaría construíndo a Catedral de Santiago.


Historia das peregrinacións

     As guerras, e as invasións de suevos, godos, visigodos, e musulmáns, serían a causa de que os restos do Apóstolo se mantuvesen agochados durante séculos.

     Conta a tradición que ó redor do ano 820 da era cristiana, un ermitán, que se chamaba Paio, viu no lugar de Solovio, no bosque de Libredón, -onde hoxe se atopa Santiago de Compostela-, luces prodixiosas, que semellaban unha chuvia de estrelas nun pequeno lumbeiro. E comunicóullelo ó bispo de Iria Flavia (lugar que hoxe se chama Padrón, no que naceu o premio nobel de literatura Camilo José Cela). E Teodomiro -que así se chamaba o bispo- foise alá con un grupo de fieis, seguindo un camiño que lles ía marcando unha estrela, e deron cunha cova, na que atoparon unha arca de mármore, dentro da cal estaban os restos do Apostol Santiago o Maior, o fillo de Trueno, evanxelizador de España. Alí, naquel campo a onde os levou a estrela (Campus Stellae), nacería Santiago de Compostela.

 

Catedral de Santiago

Catedral de Santiago de Compostela, dentro da cal se conserva o sepulcro do Apóstolo Santiago.

     Por aquel entón a Península Ibérica estaba ocupada polos musulmáns. Os hispanos, refuxiados nas montañas do norte da Península, formaron un pequeno reino en Asturias, dende onde enpezaron a Reconquista. Santiago aparece neste momento, e o 4 de setembro do ano 829 Alfonso II, o Casto, rei de Asturias, manda construir no lugar onde apareceran os restos do apóstolo unha eirexa, e nomea a Santiago Patrón de toda España.

     Alfonso III (866-910) mandou construír unha segunda basílica. Almanzor destruíuna. E San Pedro de Mezonzo (997-1003) mandou construir unha terceira.

     No ano 1095 o papa Urbano II trasladou a sé episcopal dende Iria Flavia a Compostela.   

     Dende o momento en que apareceu a tumba de Santiago, moi pronto empezaron as peregrinacións a Compostela.

    Durante a Idade Media os monxes da poderosa orde de Cluny fomentaron as peregrinacións e a Compostela chegaban peregrinos procedentes de toda Europa e incluso de Oriente. No século XI os reis Sancho o Maior de Navarra e Alfonso VI de León estableceron a traza do Camiño Francés.

     Nos séculos XI e XII as peregrinacións a Santiago alcanzaron o momento de maior explendor. Os peregrinos eran considerados como enviados de Deus, como homes diferentes e cun espíritu superior ó común.

     Arredor do Camiño foron nacendo mosteiros e hospitais para acoller ós peregrinos. Incluso moitos pobos naceron por e para o Camiño. E ainda hoxe hai pobos que teñen no Camiño a principal razón da súa existencia.

     No século XII o crego francés Aymeric Picaud presentou o "Liber Sancti Iacobi", tamén coñecido como "Códex Calixtinus", composto por cinco libros e varios documentos soltos. No libro V informase con detalle dos treitos do camiño, santuarios, fontes, lugares para comer e hospedarse... os pobos, as xentes e os costumes locais.... Unha guia medieval para peregrinos.

     O papa Calixto II (1118-1124) instituiu o "Ano Santo Xacobeo" outorgando o Xubileo (indulxencia plenaria) ós que peregrinasen a Santiago nos anos nos que o 25 de xullo (día de Santiago) coincidise en domingo. Este privilexio foi confirmado polo seu sucesor Alexandre III (1159-1181) na Bula Regis aeterni. Todo esto impulsou aínda máis as peregrinacións a Compostela.

    Pero no século XIV a "peste negra", as guerras, e outras catástrofes que sufriu o continente europeo, fixeron que comezase a decadencia das peregrinacións. E a partires do século XVI, despóis da Reforma Protestante, en España empezou a medrar a desconfianza e o recelo respecto dos peregrinos que viñan dos países de Europa. Había medo de que trouxesen ideas "enemigas". E continuou a decadencia da peregrinación a Compostela. Felipe II foi un dos que puxo máis atrancos á circulación de peregrinos, e, por exemplo, no ano 1590, prohibíu o uso do traxe de peregrino por os naturais do país, e esixíu que os peregrinos extranxeiros trouxesen documentos que os acreditasen.

     A finales do século XVIII case que desapareceron as peregrinacións a Compostela, e o Camiño, o seu espíritu e a súa infraestructura física e material, convertíronse pouco a pouco en ruinas cheas de vellas telarañas ignoradas e agochadas no casi completo esquecemento.

     No século XIX case que desapareceron de todo as peregrinacións a Compostela. E, por poñer un exemplo, cóntase que o 25 de xullo de 1867 non había máis de 40 peregrinos na cidade de Santiago de Compostela.

     Pero, como sempre, as cousas van e ven.

     No Ano Santo de 1982 o papa Xoan Paulo II peregrinou a Santiago de Compostela. Na cripta da Catedral, fronte á tumba do Apóstolo, púxose unha placa que reza: "Yo Obispo de Roma y Pastor de la Iglesia Universal, desde Santiago te lanzo, vieja Europa, un grito lleno de amor: vuelve a encontrarte, se tu misma". El papa en su peregrinación a Compostela. 9 de noviembre de 1982.

Placa sita na cripta da Catedral de Santiago, fronte a tumba do Apóstolo

       Nos derradeiros anos do século XX e nos comenzos do XXI está rexurdindo con moita forza a peregrinación a Compostela, e cada ano que pasa aumenta o número de peregrinos. Polos camiños físicos dende que empeza o ano ata que remata vese un regeiro contínuo de persoas que camiñan cara Santiago, e polos camiños incorpóreos do pensamento o espíritu do Camiño de Santiago estáse expallando polo mundo enteiro a través da literatura, da fotografía, do cine, das páxinas web, ... Estamos diante dun rexurdimento espiritual de consecuencias incalculables.

     As estadísticas existentes demostran que nos derradeiros 20 anos o aumento do número de peregrinos que chegan a Compostela é alucinante. Nos anos 1985 e 1986 chegaban a Santiago menos de 2.500 peregrinos por ano. Pero o número de peregrinos foi aumentando paulatinamente ano tras ano, e así, por exemplo, no ano 2002 (sin ser Ano Santo) chegaron a Santiago 68.952 peregrinos. Nos "Anos Santos" o número de peregrino é moito maior. E ademáis hai que ter en conta que moitos peregrinos fan tramos intermedios do Camiño, sin chegar a Santiago, e non están contados nestas estadísticas.


Os Camiños de Santiago

   Según se dice no Codice Calixtino e según consta en moitos outros documentos da época, no século XII viñan de Europa cinco grandes vías, que entraban en España por dous puntos dos Pirineos: Roncesvalles (en Navarra), e Somport (en Aragón). Estes dous camiños, navarro e aragonés, xuntábanse en Puente la Reina. E dende aquí xa había un único camiño hasta Santiago.

     Pero antes do "Camiño Francés" existíu o "Camiño Primitivo", que viña dende Asturias a Santiago. E, a partires do século XIV, fóronse abrindo outros camiños. E hoxe, soio dentro de España, topamos os seguintes camiños:

- O Camiño Francés, coas suas duas ramas navarra e aragonesa das que antes falamos. Dende Puente la Reina sigue por Estella, Viana, Logroño, Nájera, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, Hornillos del Camino, Castrojeriz, Frómista (¡Santo Deus, ¡qué fermosa é a igrexa de San Martín de Frómista!!Igresa de San Martín de Frómista), Carrión de los Condes, Sahagún, León, Astorga, Ponferrada, Villafranca del Bierzo, O Cebreiro, Sarria, Portomarín, Melide, Arzúa, ... e ¡Santiago!. Este é o "Camiño por antonomasia", o máis coñecido e o máis percorrido.

 

 

 

 

O Camiño Francés. (Na foto pequema de arriba vese a Igrexa de San Martín de Frómista: unha pequena-gran xoia do románico no Camiño Francés).

- O Camiño mozárabe ou Vía da Prata. Parte de Sevilla, sube por Extremadura, pasa por Salamanca e Zamora, entra en Galicia pola Gudiña, e segue por Campobecerros, Laza, Xunqueira de Ambía, Ourense, Cea, Oseira, Lalín, Silleda, ... e chega a Santiago. Ten outras variantes, como a que pasa por Verín, Allariz e Xinzo de Limia, ou a que dende Zamora sube a Astorga donde se xunta co Camiño Francés.

- O Camiño Portugués. Ten varias rutas. Unha delas parte de Lisboa e pasa por Sintra, Caldas da Rainha, Alcobaça, Coimbra, Porto, Tui, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón, chegando finalmente a Santiago.

- O Camiño Inglés, que vai dende Coruña ou Ferrol a Compostela. Os peregrinos chegaban en barco dende Inglaterra ás costas Galegas, e logo facían por terra o camiño ata Santiago. O Camiño que sae de Ferrol pasa por Xubia, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Betanzos, Bruma, Ordes, A Igrexa (Oroso), Sigueiro e Santiago. O que sae da Coruña pasa por O Burgo, Cambre e Carral, e xúntase en Bruma co que ven do Ferrol.

- O Camiño do Norte. Vai beira do mar Cantábrico, dende San Sebastián (Donostia), pasando por Bilbao, Santander e Oviedo, entra en Galicia por Ribadeo, e vira logo cara o SO xuntándose co Camiño Francés en Melide. A derradeira parte deste camiño, dende Asturias a Santiago, sería o Camiño Primitivo, que seguirían os primeiros peregrinos que dende o pequeno reino de Asturias virían a Compostela.

Camiño do Norte. Camiño Primitivo.

- O Camiño da Costa da Morte, que siguen os peregrinos que despois de chegar a Compostela, queren seguir camiñando ata chegar a Finisterre, para alí cumplir co rito de queimar á beira do mar as roupas usadas durante a peregrinación.

      .... .esta historia seguirá.... esta páxina está en construcción... espero que ó longo deste ANO SANTO XACOBEO 2004 vaia medrando e collendo corpo ....

     Dende a Edade Media, Santiago de Compostela (a onde van os peregrinos), Roma (a onde van os "romeros"), e Xerusalén (a onde van os "palmeros"), son os tres centros de peregrinación máis importantes do cristianismo.


As iconografías de Santiago

     Santiago aparece representado en tres formas diferentes:

- Como apóstolo: vestido cun manto longo, sentado, con un libro nas mans. Algunhas veces aparece descalzo. Outras veces aparece con unha espada, que simboliza o seu martirio.

- Como peregrino: vestido con manto de peregrino, cun sombreiro na cabeza, un bastón con unha calabaza nunha man, un libro na outra man, unha vieira colgando.....

- Como matamouros: Bandeira, alma e patrón da Reconquista. Aparece montado a cabalo, coa espada en alto, vencendo a varios guerreiros musulmáns.


A "credencial de peregrino" e a "Compostela"

     Os peregrinos levan un documento chamado "credencial" que é como un "pasaporte" que os identifica como tales peregrinos. A "credencial" obtense nas parroquias, cofradías, asociacións de amigos do Camiño, .... Tamén se pode conseguir no mesmo Camiño de Santiago, en algúns albergues ou igrexas.

     A "credencial" sirve para acreditar a condición de peregrino para ser acollido nos albergues do Camiño. E tamén para solicitar a "Compostela" cando se chega a Santiago. Na credencial vanse poñendo "sellos" dos lugares polos que se pasa. Cada día hai que poñer polo menos un "sello". E así na credencial queda constancia do camiño que se leva percorrido.

Algúns "sellos" nunha credencial.

     A "Compostela" é un documento que se lles entrega ós peregrinos que chegan a Santiago despois de percorrer polo menos 100 km a pé ou a cabalo, ou 200 km en bicicleta.


Poesía no Camiño de Santiago.

     Un pouco antes de chegar a Nájera, beira do Camiño, nunha parede, está escrito este fermoso poema:

POEMA DEL CAMINO DE SANTIAGO, Eugenio Garibay (párroco)

Polvo, barro, sol y lluvia
es Camino de Santiago.
Millares de peregrinos
y más de un millar de años.

Peregrino, ¿Quién te llama?
¿qué fuerza oculta te atrae?
Ni el campo de las estrellas,
ni las grandes catedrales.

No es la brava Navarra,
ni el vino de los riojanos,
ni los mariscos gallegos,
ni los campos castellanos.

Peregrino, ¿Quién te llama?
¿qué fuerza oculta te atrae?
N i las gentes del camino,
ni las costumbres rurales.

No es la historia y la cultura
ni el gallo de La Calzada
ni el palacio de Gaudí
ni el castillo de Ponferrada.

Todo lo veo al pasar
y es un gozo verlo todo,
más la voz que a mi me llama
la siento mucho más hondo.

La fuerza que a mi me empuja,
l a fuerza que a mi me atrae
no sé explicarla ni yo.
¡Sólo el de Arriba lo sabe!


O Camiño de Santiago na rede.

     Son incontables as páxinas web que falan do Camiño de Santiago. Hai fotos, foros, diarios de peregrinos, historia do camiño, ...etc etc. Por exemplo, o día 9-01-2004, buscando en "google" a expresión "camiño Santiago" ou "camino de Santiago" aparécen 362.000 páxinas, buscando"way Saint James" aparecen 870.000, e buscando"Santiago" aparecen máis de 4 millóns de páxinas web.

    Aquí tratarei de ir poñendo pouco a pouco enlaces a algunhas páxinas que me parecen fermosas, interesantes ou orixinais...

 

.

 

Ola Amig@... déixate acariciar pola maxia do Camiño...


"I came to find God in me. And now I find Him everywhere. I have to bring this back to my daily life, where I actually live now. "Cami" means "God" in Japanese" (Wrenn)

"Camiñar é bicar a terra cos pés" (Juan)


TOP: Ir ao INICIO desta páxina

Benvid@, a Galicias.com

Contador