Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. A cor Viaauria.
Juan 29/02/2008 |
EXPOSICIÓN:
“A COR VIAAURIA”
Juan Rúa
C.H. de Ourense – Marzo de 2008
Hai moitas
cores: verde, azul,
encarnado... Pero a todas elas temos que engadir
agora unha nova: a cor
viaauria.
Nunha andaina de Viaauria, un día que
se puxo a chover, aprendín que tendo fe é posible mercar un
paraugas nun bar.
En Viaauria saben moito do poder da fe. Saben,
por exemplo, que tendo fe se pode conseguir que cento e pico persoas se levanten
o sábado antes das sete da mañá para ir camiñar.
En Viaauria saben que facendo as cousas con
fe e con amor se lle pode dar á vida de moita xente unha cor diferente,
a cor viaauria.
Para min o mundo é mais fermoso dende
que coñezo esta nova cor, dende que aprendín a mirar as persoas
e as cousas cunha ollada diferente, vendo nelas a cor viaauria.
Isto é o que trato de amosar nestas fotos:
algúns dos matices da cor viaauria.
Nota: Esta exposición colocouse a principios de marzo de 2008 e retirouse o día 10 de setembro de 2008. Estivo pois máis de seis meses na sala de espera das consultas de dixestivo do Hospital Santa María Nai.
Logo esta exposición, renovada con algunhas novas fotografías, presentouse no OUTONO FOTOGRÁFICO 2008, e estivo exposta no salón multiusos do Campo da Feira de Maceda, do 17 ao 30 de novembro de 2008.
Despois expúxose:
- No local da FUNDACIÓN COMARCAL DA Paradanta: Do 1 ao 31 de decembro.
- Na librería EIXO (OURENSE): do 2 de febreiro ó 28 de febreiro.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa