Fotos de Galicia. A cor Viaauria. / 14ascampasdelaude
Juan
29/02/2008

Anterior Inicio Siguiente

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20

14ascampasdelaude

14ascampasdelaude.jpg

As Campas de Laude

      Saímos de Ourense ás 8:00, en dous autobuses, pola autovía, en dirección a Madrid. E, cando xa faltaba pouco para que rematase a provincia, collemos por unha estrada que nos levou, xogando ó “escondite” coas montañas, a un pobo chamado Barxacova ou Barjacova, situado xa en terras da provincia de Zamora.

     O día estaba fermoso e soleado. Fresco. Marabilloso. Subimos e subimos, buscando o ceo que estaba cada vez mais preto. Topamos paisaxes impresionantes, flores e plantas que so viven na alta montaña, ras de San Antón e outros animaliños que non nos dixeron como se chamaban...


     
Topamos pequenos lagos. E "castelos" de pedras que marcaban lugares especialmente visibles, recortando a súa silueta contra o azul celeste.

     
Comemos en boa compaña. Repousamos un chisco. E logo baixamos (¡vaia baixada!!!) de cara un val que nos levou de novo a Barxacoba.

     
Pasamos frío na subida, cando camiñabamos pola cara norte da montaña, vendo ó lonxe a neve en Peña Trevinca, e respirando o aire afiado que dende alí viña. E pasamos calor na baixada, cando, protexidos do vento do norte, sentimos o sol nos nosos corpos, camiñando pola aba sur das montañas.

     
E por dentro, cada un sabe o que sentiu... Para algún foi un reencontro coas súas raíces de alta montaña, coa nenez, cos recordos dos días pasados coidando as vacas... Para moitos... notábase de cando en cando un arrecendo intenso que traía a presenza da lembranza de Laude. Para outros... Cada un sabe o que ese día sentiu nacer ou renacer dentro do seu corazón... Pero en todos se escoitaba a música da amizade, da ledicia e da boa compaña. E... ¡todos nos sentimos vivos! ¡Intensamente vivos!.

     
En Barxacoba volvemos coller os buses para Ourense. No zurrón interior trouxemos unha morea de enerxía, aire fresco, conversas amigables, e sorrisos de mil cores... Non foi, dende logo, un día perdido. ¡Nin moito menos!. Foi un día marabilloso, coma todos os días viaauria.

(5-5-2007)