Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia.
Fotos de Ponteceso. Autor: Juan. 20/05/2006 |
20
de maio de 2006. Sábado. O grupo de Viaauria foi a camiñar por
terras de Bergantiños. Deixamos os autobuses en Ponteceso e empezamos
a camiñar, pola beira do río, río
abaixo, buscando o mar. Pasamos por diante da casa
na que naceu EDUARDO PONDAL, o autor do himno
galego e de "Queixumes dos Pinos". A casa é realmente
fermosa. Pero unha rapaza comentou: "a min inda me gusta máis
a finca que a casa".
Seguimos camiñando. Chovía
manseniñamente. Vimos á esquerda a Punta
do Curro, gobernada por un señorial piñeiro de grande copa.
Camiñamos uns cantos pasos mais e os
nosos ollos empezaron a alucinar. Unhas fermosas dunas
apareceron diante de nos. Parou de chover. Empezamos a ver o ceo xogando coas
areas. O día empezouse a encher de nova luz. Os corazóns empezaron
a despertar.
Pasamos as dunas e recibimos outra enorme sorpresa
visual. De rempente apareceu diante de nos o mar: océano Atlántico.
Coas súas olas. A súa bravura. A súa forza. Sentimos
que dende o fondo do mar nos chegaban enerxías milenarias que nos enchían
o corpo por dentro. Pasamos un bo anaco paseando pola praia
de Dalaris, ollando e escoitando a forza do mar, e vendo o xogo das olas
arredor da pequena Isla Tiñosa.
Cando saimos da praia empezamos a subir e topamos
froles moi fermosas
xogando coa area entre
as rochas. Seguimos camiñando.
Sempre vendo o mar. Pasamos ó lado
da Praia de Balarés. E logo fomos
deixando atrás a Punta da Facha, a Punta de Verdillo, a Praia de Rocabo...
E Ángel, o noso guia, levounos a ver a orixinal
Pedra da Serpe. Aquí volveu a empezar a chover.
Baixamos ata a praia do Osmo, lindante coa praia
da Ermida, vimos fronte a elas a Illa da Estrela,
e, cada un por onde pudo e un pouco en desvandada, pois chovía e facia
vento, camiñamos ata Corme,
onde nos agardaban os autobuses. E a comida. Comemos coma sempre en paz e
en harmonía. En pequenos grupos. Incluso houbo quen xantou de restaurante,
no Miramar, vendo pola fiestra como o a auga marina acaricia cariñosamente
a praia da Arnela.
Despois de xantar xa non chovía. Subimos
sen presa ata a Punta do Roncudo. Á nosa esquerda ían quedando
a Punta Choiz, a Ensenada de Portanova, a Punta de Aguillón, a Ensenada
de Nosa Señora do Faro, a Punta Xeixudo...
Na Punta Roncudo botamos un bo anaco de tempo.
Escoitando a voz do mar que rompía
con forza contra as rochas. Vendo as cruces
brancas levantadas nas mesmas rochas en lembranza de mariñeiros falecidos.
Mirando o redondo faro. E acerándonos
con precaución ás rochas mais perigosas, onde oas olas do mar
defendían os percebes que se agochaban
entre os mexilóns, como perlas verdinegras.
Contan que aquí, na Punta do Roncudo,
é onde nace a Costa da Morte.
Alí, na mesma Punta Roncudo, viñéronnos
a recoller os autobuses,
que nos trouxeron de volva a Ourense. Polo camiño soio paramos en Buño,
onde algúns mercaron recordos de cerámica.
Foi un día longo e fermoso. Cargado coma
sempre de sorrisos, de amizade, de ensinanzas, de sorpresas, ¡e de vida!.
Un día cheo de flores, flores, flores...
Monte Branco e praia de Dalaris. Magnífica foto de Elena.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa