Galicias.com: una casa para todos |
A cor viaauria
Hai moitas cores: verde, azul, encarnado... Pero a todas elas temos que engadir agora unha nova: a cor viaauria.
20
de maio de 2006. Sábado. Dous autobuses cargados de camiñantes
de Viaauria saen de Ourense ás 7:30 da mañán, con destino
á Costa da Morte, para ir a facer unha andaina cos cinco sentidos dende
Ponteceso ó faro da Punta do Roncudo. Polo camiño empeza a chover.
Juan, despistado, deixou o paraugas no maleteiro do coche. Pouco antes de Carballo
os autobuses paran nun bar de carretera para que os camiñantes podan
estirar as pernas e tomar un café.
Chove. O ceo está cuberto. Despois de tomar
un colacao con madalenas, Juan fala coa señora do bar:
- ¿Haberá por aquí algún sitio para mercar un paraugas?. .
- Aquí non. Hai que ir a Carballo.
- Pero non podo ir a Carballo para eso... ¿E vostede non me podería vender un paraugas?. ...
A señora queda sorprendida. Tarda un pouco en reaccionar. Logo bótase a rir. E di medio para sí mesma:
- Esto é un bar. Aquí non vendemos paraugas...
- Xa. Eso xa o vexo. Pero imos botar todo o día andando e vai chover e voume poñer coma un pito... Calquera tipo de paraugas serviría para sacarme dun apuro...
Juan míralle á cara á señora. Esta mirada transmite moitas máis cousas que as palabras. Cordialidade. Confianza. Esperanza. Imaxinación.
E a señora sorrí e responde con cariño:
- Teño un paraugas que merquei onte para min. Ainda o teño sen estrenar. Custoume dez euros. Ten as varillas bastante fortes ... e poderíache servir.
- Pois se mo vende doulle o que me pida, inda que sexan cincuenta euros.
- Véndocho polo mesmo que me custou. Agarda que o vou buscar.
Ó pouco tempo aparece a señora cun magnífico paraugas e dallo a Juan. Este dalle os dez euros. Trato feito.
A señora vai saíndo da súa sorpresa. Volve a entrar na parte de atrás do bar e sae con outro paraugas, éste vello e un pouco máis pequeno.
- Toma. Leva este tamén por se lle fai falta a algún outro. Este regálocho.
Juan acepta. Fanse unha foto xuntos e Juan promete enviarlla por correo. É a hora de volver ós autobuses.
En Ponteceso empeza a andaina. Sigue chovendo. Juan baixa cos dous paraugas e pronto topa un rapaz que tamén se esqueceu de traer con qué defenderse da choiva. Préstalle o paraugas negro e o rapaz queda encantado.
Ese día Juan aprendeu, entre outras moitas cousas, que tendo fe é posible mercar un paraugas nun bar.
En Viaauria saben moito do poder da fe. Saben, por exemplo, que tendo fe se pode conseguir que cento e pico persoas se levanten un sábado antes das sete da mañán para coller un autobús para ir a facer unha andaina.
En Viaauria saben que facendo as cousas con fe e con amor se lle pode dar á vida de moita xente unha cor diferente, a cor viaauria.
@@@@@@
Por certo. ¿Vos creedes que existe a cor viaauria?. Gustaríame que lle escribirades a Elena para decirlle cómo é para vos o cor viaauria. Tamén mo podedes dicir a min neste mail a@galicias.com. Veña. Vamos a atopar entre todos as características desa nova cor que entrou nas nosas vidas. E vamos a procurar vivir sempre con un pouco de cor viaauria.
@@@
Fe
"Pide
y recibirás.
Busca y encontrarás.
Llama y la puerta se abrirá.
Porque quien pide recibe; quien busca encuentra; y a quien llama se le abre
la puerta".
(Jesús de nazaret, Mateo 7, 7-8)
Los Apóstoles dijeron al Señor:
"Auméntanos la fe".
El respondió: "Si tuvierais fe del tamaño de un grano de
mostaza, y dijerais a esa morera que está ahí: "Arráncate
de raíz y plántate en el mar", ella os obedecería.
(San Lucas 17,6)
"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos." (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
TOP: Ir al INICIO de esta página
Benvid@, a Galicias.com