galicias >> frases en galego >>

Galicias.com: unha casa para todos


alegria
amizade
amor
arte
bondade
corazón
dor
educación
falemos
fe
felicidade
fermosura
filosofía
liberdade
libros
luz
mirada
muller
paz
política
revolución
riqueza
silencio
sorriso
traballo
valor
varios
vida
xustiza
xuventude
grazas
poemas de amor

Frases Proverbios Amabilidade Pensamentos de Peregrinos Utopía  Vida feliz Felicidade

FRASES BONITAS

Benvido a esta sección de frases bonitas en galego.

en castellano                          galego en galego      english English

     Ti, que les isto, si, ti, es importante. Non te esquezas dunha cousa: se ti mesmo e se feliz. Aquí atoparás frases bonitas de amor, de amizade, de vida, ... Pensamentos positivos para rir interiormente e para sentirte ben.

 

A LINGUAXE DO SILENCIO
"Sentín a gran forza que me empuxaba
a coller a pluma e a dicirche "Gracias".
Gracias porque vexo, porque vexo a alba
e as cousas fermosas que Ti me regalas.
Estaba en silencio, coma outras mañás;
quería oír música que a Ti me levara
e, daquela, sentín que o silencio cantaba.
.....(Carmen Recio)

 

     "O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos". (GOETHE)

"Empeza o teu día cun sorriso". (Mafalda)

"Gústanme os días; gústanme todos os días" (Carmen, 7 años)

"Os pobres xogan e os ricos teñen cartos"

"A ledicia é, ante todo, fomento da saúde" (Joseph Addison)

"A filosofía non é máis có sentido común en traxe de etiqueta" (Oliver S. Braston)

"A mirada é unha ponte entre dúas almas" (Juan)

"Cando se fai o ben cómpre facelo alegremente" (Talmud)

"Cada home debe inventar o seu propio camiño" (Jean Paul Sartre)

"A túa vida é o que tés dado" (Giorgios Seferis)

"A xente coida todos os días o cabelo. ¿Por que non o corazón?" (Proverbio chino)

"Todo home xenial é en certa medida home, muller e neno ó mesmo tempo" (Henry Havelock Ellis)

"Para saber falar é preciso saber escoitar" (Plutarco)

"A mirada é a porta principal da catedral da comunicación" (Juan)

"O que calar non pode, falar non sabe" (Séneca)

"As bágoas sécanse mesturándoas" (Filippo Pananti)

"Ó que a fortuna veste, a fortuna espe" (Proverbio árabe)

"Se queres que te escoiten no corazón, fala desde o corazón" (Juan)

"Non existe no mundo nada máis poderoso que unha idea á que lle chegou o seu tempo" (Victo Hugo)

"A intelixencia embelece á xente" (Oriana Fallaci)

"Se o mundo fose obvio, a arte non existiría. A arte axúdanos a penetrar a opacidade do mundo" (Albert Camus)

"A arte máis difícil e máis importante é a arte de vivir feliz" (Juan)

"A síntese espiritual dun país é a súa arte" (Ángel Ganivet)

"A arte ten don de linguas" (James Joyce)

"Catro características corresponden ó xuíz: escoitar cortesmente, responder sabiamente, ponderar prudentemente e decidir imparcialmente" (Sócrates)

"Consólate de soportar as inxustizas, a verdadeira desgracia consiste en cometelas" (Pitágoras)

"Se un xenio nace pobre, seguirá sendo un xenio, pero o máis probable é que a humanidade non se entere" (Juan)

"Hai moitos xenios cavando nas hortas e moitos mediocres gobernando nacións" (Juan)

"O xenio que necesita cavar para comer ten escasos medios para deixar constancia da súa xenialidade (Juan)

"A muller é o raio da luz divina" (Djalai Al-Din Rumi)

"Os deuses non fixeron máis que dúas cousas perfectas: a muller e a rosa" (Solón)

"O teu sorriso, muller, é a música da fonte da vida" (Tagore)

"Os ollos son o punto onde se mesturan alma e corpo" (Friedrich Hebbel)

"A mirada, o bico e a caricia son as chaves do corazón" (Juan)

"Cada vez que un home ri, engade un par de días á súa vida" (Curzio Malaparte)

"Un político pensa nas próximas eleccións; un estadista, na próxima xeración" (James F. Clarke)

"A risa é a distancia máis curta entre dúas persoas" (Victor Borge"

"Se es sabio, ri". (Marcial)

"Hai quen cruza o bosque e non ve leña para o lume" (León Tolstoi)

"O infinito ten a súa voz: é o silencio" (Gabriel Alomar)

"O silencio é un amigo que nunca traizona" (Confucio)

"A palabra é prata; o silencio, ouro" (Probervio)

"As utopías non son a miúdo outra cousa que verdades prematuras" (Alphonse de Lamartine)

"Quen fai rir ós seus compañeiros merece o paraíso" (Mahoma)

"Os xoves de hoxe aman o luxo, teñen manías e desprezan a autoridade. Responden a seus pais, cruzan as pernas e tiranizan ós seus mestres" (Sócrates, filósofo grego, 470-399 antes de Cristo)

"Se fas algo, faino" (Plauto)

"Non fagas o que che guste facer agora, senón o que che guste logo ter feito" (Jackes Deval)

"Cando se necesitan brazos, o socorro das verbas non serve de nada" (Esopo)

"O xenio é un raio cuxo trono se prolonga durante séculos" (Knut Hamsum)

"Goberna mellor quen goberna menos" (Lao Tse)

"O sol acepta pasar por pequenas fiestras" (Frederuick Van Eden)

"Perigosos son os grandes homes dos que un non se pode rir" (Giovanni Guareschi)

"O elefante déixase acariciar. O piollo non" (Conde de Lautreamont)

"Canto máis se eleva un home, máis pequeno lles parece ós que non saben voar" (Nietzsche)

"O home ha de fixar un final para a guerra. Se non, a guerra fixará un final para o home" (John F. Dennedy)

"As guerras seguirán mentres a cor da pel siga sendo máis importante cá dos ollos" (Bob Marley)

"Non se pode ganar unha guerra, como tampouco se pode ganar un terremoto" (Jeannette Rankin)

"O que lles sobra ós ricos é patrimonio dos pobres" (San Agustín)

"O que non me mata, fortaléceme" (Friedrich Nietzsche)

"Na tormenta é cando se coñece o bo piloto" (Séneca)

"Os golpes da adversidade son moi amargos, pero nunca estériles" (Joseph E. Renan)

"Carecer dalgunha das cousas que un desexa é condición indispensable da felicidade" (Bertrand Russell)

"Desgraciado é o que por tal se ten" (Séneca)

"A forza máis poderosa de todas é un corazón inocente" (Victor Hugo)

"Se domas un cabalo con berros, non esperes que te obedeza cando lle fales" (Dagobert D. Runes)

"Dos tempos o que máis corre é o alegre". (Virxilio)

"A verdadeira amizade é unha planta de desenvolvemento lento". (George Washington)

"Nunca é longo o camiño que conduce á casa dun amigo". (Juvenal)

"Probamos o ouro no lume; distinguimos os nosos amigos na adversidade" (Isócrates)

"Ó contacto do amor todo o mundo se volve poeta" (Platón)

"O amor non é só un sentimento. É tamén unha arte" (Balzac)

"O amor é como o lume, que se non se comunica apágase" (Giovanni Papini)

"A felicidade non é unha estación á que se chega, senón unha maneira de viaxar" (Margaret L. Runbeck)

"Os días son quizais iguais para un reloxo, pero non para un home" (Marcel Proust)

"Só pode ser feliz sempre o que saiba ser feliz con todo" (Confucio)

"Ninguén pode ser feliz se non se apreza a si mesmo" (Jean Jacques Rousseau)

"O espírito goberna o univeso" (Anaxágoras)

"A dita da vida consiste en ter sempre algo que facer, alguén a quen amar e algunha cousa que esperar" (Thomas Chalmers)

"Non podo perder o tempo en ganar diñeiro" (Jean L.R. Agassiz)

"Un home feliz é un ben común" (George Chapman)

"Moitos buscan a felicidade como outros buscan o sombreiro: lévano enriba e non se dan conta" (Nikolaus Lenau)

"Moitas persoas perden as pequenas alegrías mentres agardan a gran felicidade" (Pearl S. Buck)

"Os estados máis corrompidos son os que máis leis teñen" (Tácito)

"Educar non é dar carreira para vivir, senón temperar a alma para as dificultades da vida" (Pitágoras)

"O xove loita para que o vello goce" (Johann W. Goethe)

"Cometín o peor dos pecados que un home pode cometer: Non fun feliz" (José Luis Borges)

"A felicidade agrupa, pero a dor reúne" (Alfred Bougeard)

"O corazón ten razóns que a razón ignora" (Blaise Pascal)

"Ensinando apréndese" (Séneca)

"Ensinar a quen non ten curiosidade por aprender é sementar un campo sen aralo" (Rchard Whately)

"Todo o ignora quen nada dubida" (Conde de Rebolledo)

"Non existen máis cá dúas regras para escribir: ter algo que dicir e dicilo ben" (Oscar Wilde)

"Ningún é tan vello que non poida vivir un ano, nin tan mozo que hoxe non puidese morrer" (Fernando de Rojas)

"Non se collen troitas con bragas enxoitas" (Miguel de Cervantes)

"Perseguindo un escritor auméntase o seu prestixio" (Tácito)

"Non se equivoca o que non fai nada" (Juan)

"Non esperes esperando. Espera vivindo" (Enrique Agilda)

"O meu psicoanalista é a miña máquina de escribir" (Ernest Hemingway)

"Quen dá ós pobres, presta a Deus" (Victor Hugo)

"O que se le sen esforzo ningún, escribiuse sempre cun gran esforzo" (Enrique Jardiel Poncela)

"Sen dor non se forma o carácter; sen pracer, o espírito" (Ernest von Feuchsternesleben)

"Algúns escritores aumentan o número de lectores; outros só aumentan o número de libros" (Jacinto Benavente)

"Quen non é envexado, non é digno de selo" (Esquilo)

"O neno é realista; o mozo, idealista; o home, escéptico; e o vello, místico" (Johann W. Goethe)

"O espírito da educación é o coñecemento, non dos feitos, senón dos valores" (Willian R. Inge)

"O principio da educación é predicar co exemplo" (A.R.J. Turgot)

"Nos ollos do mozo arde a chama. Nos do vello brilla a luz" (Victor Hugo)

"O segredo da educación está no respecto ó discípulo" (Ralph W. Emerson)

"A cada idade lle cae ben unha conducta diferente" (Plauto)

"Quen non teña un rostro sorridente non debería abrir unha tenda" (Probervio)

"A educación consiste en ensinar ós homes, non o que deben pensar, senón a pensar" (Calvin Goolidge)

"Dade palabra á dor: a dor que non fala xeme no corazón ata que o racha" (Willian Schakespeare)

"Se cre vostede que a educación é cara, probe coa ignorancia" (Derek Bok)

"Moitas veces compramos o diñeiro demasiado caro" (Willian Thackeray)

"A xuventude debe acumular; a vellez, usar". (Séneca)

"Se Deus non existise, sería necesario inventalo" (Voltaire)

"A dor é para a alma un alimento fecundo" (Theodore de Banville)

"Toda arte está baseada no inconformismo" (Ben Shahn)

"Ó corazón fálaselle mellor polos ollos que polos oídos" (Jean-Jacques Rousseau)

"Un pintor é un home que pinta o que vende. Un artista, en cambio, é un home que vende o que pinta". (Picasso)

"A beleza artística non consiste en representar unha cousa fermosa, senón na fermosa representación dunha cousa". (Kant)

"En arte, toda repetición é nula" (Ortega y Gasset)

"Se eu pinto o meu can exactamente como é, naturalmente terei dous cans, pero non unha obra de arte". (Goethe)

"Un egoísta é aquel suxeito que se empeña en falarche de si mesmo cando ti estás morrendo de ganas por falarlle de ti" (Jean Cocteau)

"As inimizades silenciosas e ocultas son máis terribles cás abertas e declaradas" (Cicerón)

"A recompensa dunha boa acción é tela feito" (Séneca)

"Todo o que ten fin é breve" (San Agustín)

"Un océano de xenio vale menos que unha pinga de bondade" (Charles F. Gounod)

"¿Non tés inimigos? ¿É que nunca dixeches a verdade ou nunca amaches a xustiza?" (Santiago Ramón y Cajal)

"Unha cousa é o que pasa e outra cousa é a Historia. A Historia é o que queda do que nos contan" (Juan)

"O misterio é a metade da beleza" (Fagus)

"O ben é lento porque vai costa arriba, o mal é rápido porque vai costa abaixo" (Alejandro Dumas)

"Canto menos sabes menos che doe a cabeza" (un abó da Galicia rural)

"Cando vexas un xigante, examina antes a posición do sol, non vaia ser a sombra dun pigmeo" (Von Hardenberg)

"A nosa maior gloria non está en non ter caído nunca, senón en levantarnos cada vez que caemos" (Oliver Goldschmith)

"Non hai nada tan malo que non poida ser peor, nin nada tan bo que non poida ser mellor" (Juan)

"Aflixirse polo que non se ten é desperdizar o que si se ten" (Kern Kayes)

"A miña risa é a miña espada, e a miña ledicia, o meu escudo" (Martín Lutero)

"Querida, vivimos nunha época de transición, dixo Adán mentres acopañaba a Eva fóra do Paraíso" (Willian Ralp Inge)

"As grandes oportunidades de axudar ós demais son raras, pero as pequenas preséntansenos a cada momento". (Sally Roch)

"O home que se levanta, aínda é máis grande có que non caeu" (Concepción Arenal)

"Só quen ten fe e amor pode facer cousas grandes e importantes" (Juan)

"Quen ama e cre no que ama convertirá en realidade o que soña, aínda que para iso se precise un milagre. A fe e o amor son a porta de todos os milagres". (Juan).

"A alma é un océano baixo a pel" (Henri Michaux)

"Un profesor traballa para a eternidade: ninguén pode predicir ónde acabará a súa influencia" (H.B. Adams)

"A min gústame medrar" (Carmen, 7 anos)

"Os alegres curan" (François Rabelais)

"A misión da arte non é copiar a natureza, senón expresala" (Honore de Balzac)

"As persoas boas non morren nunca: viven eternamente no ben que deixan detrás de si." (Juan)

"A alegría foi chamada o bo tempo do corazón" (Samuel Smiles)

"De todos os animais da creación o home é o único que bebe sen ter sede, come sen ter fame e fala sen tener nada que dicir" (John Steinbeck)

"A confianza serve nas conversacións máis có enxeño" (F de la Rochefoucauld)

"Hai certas cousas que, para sabelas ben, non basta telas aprendido" (Séneca)

"A vellez empeza cando un empeza a preocuparse por ela" (Albarracín Ramírez)

"A conciencia é a luz da intelixencia para distinguir o ben e o mal" (Confucio)

"Ámote non só polo que es senón tamén polo que son cando estou contigo" (Descoñezo o autor)

"O amor alumbra: non hai amor sen luz" (Juan)

"O xenio comeza as grandes obras, pero só o traballo as acaba" (Joseph Joubert)

"A alegría prolonga a vida e trae saúde" (Nicholas Udall)

"É unha loucura amar, a menos que se ame con loucura" (Jean Ythier)

"O misterio do amor é máis profundo có misterio da morte" (Oscar Wilde)

"O amor é o desexo infinito do bico eterno" (Nieves Xenet)

"Esta forza ten o amor se é perfecto: que esquezamos o noso contento por contentar a quen amamos" (Santa Tereixa de Xesús)

"O amor é unha fermosísima flor, pero hai que ter a coraxe de ir recollela á beira dun precipicio" (Stendhal)

"O maior pracer, estando sans, é o descanso tralo traballo" (Emmanuel Kant)

"O amor non prospera en corazóns que se amedrentan das sombras" (William Shakespeare)

"Benaventurados os pacíficos, porque eles serán chamados fillos de Deus" (Xesús de Nazaret)

"Ningún home é libre se non é dono de si mesmo" (Epicteto)

"O home libre é o que non teme ir ata o final do seu pensamento" (León Blum)

O amor é un xerador de enerxía. É o motor da vida" (Mauricio Libenson)

"Se o malo que din de ti é verdade, corríxete; se é mentira, ri" (Epicuro)

"O amor nace, vive e morre nos ollos" (William Shakespeare)

"No fondo de cada alma existen tesouros escondidos que só descobre o amor" (Edouard Rod)

"O amor é fe e non ciencia" (Francisco de Quevedo)

"A lúa e o amor, cando non medran, devalan" (Proverbio portugués)

"Só hai tres voces dignas de rachar o silencio: a da poesía, a da música e a do amor" (Amado Nervo)

"Cando os ollos se encontran, nace o amor" (Proverbio hindú)

"Para o que pasou pola nada, amar é volver ser" (Toxo)

"Dous que se aman, co corazón se falan" (Proverbio español)

"Non quero ser unha estrela; prefiro ser un bo exemplo para os cativos" (Zinedine Zidane)

"Só o amor pode dividirse unha e outra vez sen diminuír" (Anne Morrow)

"Canto máis espido está o amor, menos frío ten" (John Owen)

"Non herdamos a terra dos nosos devanceirosos. Témola prestada dos nosos fillos" (Antoine de Saint-Exupéry)

"Nunca se ama bastante se non se ama demasiado" (Peschier)

"Todo obxecto amado é o centro dun paraíso" (Novalis)

"O amor é a porta da plenitude" (Juan)

"É máis dificil facer ben o amor que facer ben a guerra" (Anne Ninón de Lenclos (1616-1705))

"O meu mellor amigo é o que enmenda os meus erros ou reproba os meus desacertos" (José de San Martín)

"A idade non protexe do amor. Pero o amor protexe da idade" (Jeanne Moreau)

"O amor é a á que Deus deu ó home para voar ata El" (Miguel Angel Buonarroti)

"O home que ama con normalidade baixo o sol, adora freneticamente baixo a lúa" (Guy de Maupassant)

"Se non se sobe á montaña, non se descobre a chaira" (Proverbio chino)

"Para ser amado, ama" (Marcial)

"A voz da persoa amiga é a nota máis suave na orquestra da vida" (Roque Schneider)

"Querer non é elección, porque ha de ser accidente" (Lope de Vega)

"Se non se ten o poder de dar o pan, hai que seguir sendo alomenos levadura" (Danielle Miterrand)

"O amor é como lume, se non é alimentado, apágase" (Mijail Lermontov)

"Co puño pechado non se pode intercambiar un apertón de mans" (Indira Gandhi)

"O amor non se manifesta no desexo de deitarse con alguén, senón no desexo de dormir xunto a alguén" (Milan Kundera)

"No amor, o de menos son os insultos; o grave é cando empezan os bocexos" (Enrique Jardiel Poncela)

"O momento máis fermoso do amor, o único que nos embriaga realmente, é este preludio: o bico" (Paul Geraldy)

"Quen non amou nunca, non viviu xamais" (John Gay)

"Ama unha nube, ama unha muller, pero ama" (Theophile Gautier)

"O amor non ten cura, pero é a única medicina para todos os males" (Leonard Cohen)

"O amor é coma Don Quixote: cando recobra o xuízo é que está para morrer" (Jacinto Benavente)

"O amor non é só un sentimento. É tamén unha arte" (Honore de Balzac)

"Mirada, soño, bico, amor: alegría, vida, ceo, felicidade" (Juan)

"Que cada quen barra ante a súa porta e así o mundo estará limpo" (Goethe)

"Herexe non é o que arde na fogueira. Herexe é o que a encende" (Shakespeare)

"Nada do que recibimos dos deuses é tan agradable coma amizade" (Cicerón)

"Non sei cómo será a Terceira Guerra Mundial. Só sei que a Cuarta será con pedras e lanzas" (Einstein)

"O éxito consiste en conseguir o que se desexa. A felicidade, en gozar do que se consegue" (H. Jackson Brown)

"Esperemos o que desexamos, pero soportemos o que acontece" (Cicerón)

"Aquel que queira cambiar o mundo debe empezar por cambiarse a si mesmo". (Sócrates)

"Quen atopa a paz no seu fogar, xa sexa rei ou campesiño, é o máis feliz dos humanos" (Goethe)

"Quen non estea en paz consigo mesmo, estará en guerra co mundo enteiro" (Descoñezo o autor)

"Xamais se conquistou un corazón pola forza" (Moliere)

"A educación é a porta ós demais dereitos" (Katerina Tomasevski)

"A liberdade non fai felices ós homes; fainos, sinxelamente, homes" (Manuel Azaña)

"Os homes non poden ser se non son libres" (Salvador Espriu)

"Os grilletes de ouro son moito peores cós de ferro" (Mahatma Gandi)

"Cando educas ó teu fillo, educas tamén ó teu neto" (El Talmud)

"As persoas intelixentes son capaces de simplificar o complexo; os tontos, en cambio, adoitan complicar o sinxelo" (Gerald Grumet)

"Só a verdade é revolucionaria" (Ives Montand)

"Na loita entre o arroio e a rocha, sempre triunfa o arroio... non porque sexa máis forte, senón porque persevera" (H. Jackson Brown)

"Hai que ter aspiracións elevadas, expectativas moderadas e necesidades pequenas" (H. Stein)

"Máis doado é encontrar un amor apaixoado que unha amizade perfecta" (Jean de la Bruyere)

"O bosque sería moi triste se só cantasen os paxaros que mellor o fan" (Rabindranath Tagore)

"Quen ten un porqué para vivir atopará sempre o cómo". (Nietzsche)

"O futuro non é un agasallo, é unha conquista" (Kennedy)

"O sorriso é a luz da alma na mirada". (Juan)

"Fala desde o corazón e escoita co corazón". (Juan)

"A sinxeleza, a bondade, a fe, o amor e a ledicia son magníficas pedras para construír o edificio da vida". (Juan)

"A alegría é cardiosaudable para o que a ten e para os que están cerca del" (Juan)

"A xuventude non é unha idade, senón unha forma de voar" (Juan)

"Fala, escoita,... sorrí, acaricia, bica... sinte, pensa, ama e soña... co corazón. A túa vida terá sentido e plenitude se a vives desde o corazón" (Juan).

"O amor dá sentido e plenitude á vida" (Juan)

"Cando miro unha persoa ós ollos e vexo neles o seu corazón, intúo que somos algo máis que materia" (Juan)

"Cada vez que, ó medrar, teñas ganas de converter as cousas equivocadas en cousas xustas, lembra que a primeira revolución que hai que realizar é dentro dun mesmo, a primeira e a máis importante. Loitar por unha idea sen ter unha idea dun mesmo é unha das cousas máis perigosas que se poden facer". (Susanna Tamaro. Do libro "Donde el corazón te lleve".)

"E logo, cando ante ti se abran moitos camiños e non saibas cál percorrer, non te metas nun calquera ó chou: senta e agarda. Respira coa confiada profundidade con que respiraches o día no que viñeches ó mundo, sen permitir que nada te distraia: agarda e agarda máis aínda. Queda quieta, en silencio, e escoita o teu corazón. E cando che fale, levanta e vai onde el te leve.” (Susanna Tamaro. Do libro "Donde el corazón te lleve".)

"Mírasme, mirámonos.... e encéndense os farois do amor" (Juan)

"A peor situación da túa vida quizais conteña a semente da mellor" (JOE KOGEL)

"Un bo amigo vale máis que unha mina de ouro" (José Luis Martín Descalzo)

"As sementes dormen no segredo da terra ata que a unha delas se lle ocorre a fantasía de espertar". (El principito, de Antonio de Saint-Exupéry).

"De nada serve que corras moito se non sabes a ónde vas" (Juan)

"O necio teme a morte e foxe dela; o louco búscaa; o sabio, espéraa" (Charron)

"O perdón é cardiosaudable. ... Liberarnos dos rancores é altamente aconsellable para a nosa saúde" (Margarita Rojas. Del libro "Adios Tristezas")

"Ós seres humanos as cousas non nos afectan por si mesmas, senón por cómo as interpretamos" (Epicuro)

"Un corazón desconfiado envellece en seguida" (José Luis Martín Descalzo)

"Amar é dar" (Juan, e miles de persoas máis)

"Cando miro ós ollos á miña filla pequena sinto no meu corazón a certeza de que non somos só materia e química, de que temos alma, de que a vida ten sentido e de que Deus existe". (Juan)

"Estar en paz consigo mesmo é o medio máis seguro de comezar a estalo cos demais". (Frei Luis de León)

"A muller é a luz da vida". (Juan)

"A lectura é unha conversación cos homes máis ilustres dos séculos pasados". (Descartes)

"Damos o que somos, e somos o que damos" (Juan)

Amor non é buscar pracer para un mesmo, senón transmitir alegría ós demais (A idea é de José Luis Martín Descalzo)

"Xuventude é sangue nas veas, frescura nas ideas, vida na alma e luz na mirada" (Juan)

"O que importa non é a idade, senón a cantidade de vida e amor que temos dentro" (Juan)

"Non hai mellor momento para ser feliz que agora mesmo" (descoñezo o autor)

"A vida é fascinante: só hai que mirala a través das gafas correctas. (De Alejandro Dumas, creo)

"Cogito, ergo sum". "Penso, logo existo". "Pienso, luego existo". "I think, therefore I am" (René Descartes)

"A mellor de todas as armas para contrarrestar a bomba atómica é a paz" (Albert Einstein)

"Se dicimos que amamos a Deus, a quen non vemos, e non amamos ós irmáns, que temos ó noso lado, somos uns mentirosos" (Primeira Carta de San Juan, 3, 11-18)

"A construción da paz comeza no corazón de cada un" (descoñezo o autor)

"Só os santos, os xenios e os grandes amantes, teñen o sol nas mans."(Creo que é de José Luis Martín Descalzo)

"Se queres cambiar o mundo esquécete das armas e usa as ideas, as palabras e as mans" (Juan)

"Cada bágoa ensina ós mortais unha verdade" (Ugo Foscolo)

"Intentemos vivir brillando" (Vane)

"Só desexo unha alegría perpetua" (Vane)

"As cousas que máis valen son gratis" (Juan)

"A min gústame moito sorrir; só que non o fago todo o tempo, porque non son perfecta" (Carmen, 6 anos)

"Un sorriso ten un valor incalculable" (Juan)

"A mensaxe máis profunda viaxa de corazón a corazón, polo sendeiro dos ollos, escrito na linguaxe da luz" (Juan)

"Se de noite choras polo sol, as túas bágoas impedirán que vexas as estrelas" (Tagore)

"Se queres que alguén te oia co corazón, fálalle cos ollos" (Juan)

"Non fales demasiado, que quen moito fala, moito erra e dá indicios de saber pouco." (Santa Tereixa de Xesús).

"As cousas -e as persoas- non son nunca grandes ou pequenas dun modo absoluto e por si mesmas, senón que sempre son grandes ou pequenas en relación con outras" (Juan)

"Ben predica quen ben vive" (Miguel de Cervantes Saavedra)

"Sen amizade o home non pode ser feliz". (Aristóteles)"

"Un irmán é un amigo que nos dá a naturaza; e un amigo é un irmán que nos dá a sociedade" (descoñezo o autor)

"Non camiñes diante miña, pode que non te siga. Non camiñes detrás de min, pode que non te guíe. Camiña ó meu lado e se meu amigo”. (Non estou seguro, pero creo que o autor é Albert Camus)

"Os amigos son comas estrelas, canto máis negro está o ceo, máis brillan para un" (descoñezo o autor)

"Sen a amizade, o mundo é un deserto" (Francis Bacon)

"Un home sen amigos é como unha árbore sen raíces." (Juan)

"Amigos son aqueles estraños seres que nos preguntan cómo estamos e esperan oír a contestación".(descoñezo o autor).

"Non deixes medrar a herba no camiño da amizade". (Non sei se esta frase é de Platón, ou de Sócrates... ou de ambos). Parece que os antigos chineses dicían o mesmo desta maneira: "Non deixes que medre a herba no camiño que hai entre a túa casa e a dos teus amigos."

"Aprendemos a voar comos paxaros, a nadar comos peixes, pero non aprendemos a sinxela arte de vivir xuntos coma irmáns" (M.L. King)

"Cando viaxo só levo unha maleta moi pequena. Todo o importante vai dentro de min" (Juan)

"Quen le moito e anda moito, ve moito e sabe moito" (Cervantes)

"Cada idioma é unha visión do mundo" (Keyserling)

"O xenio máis intimo de cada pobo, a súa alma profunda, está sobre todo na súa lingua" (Michelet)

"Ninguén é tan rico que non precise un sorriso. Ninguén é tan pobre que non poida dalo". (Descoñezo o autor)

"Se a xente nos oira os pensamentos, poucos escapariamos de estar pechados por loucos" (Jacinto Benavente)

"A amizade é a luz, a raíz e a alma da vida: se falta a amizade, a vida apágase, sécase e morre..." (Juan)

"Inclínome a crer que a amizade é unha afinidade secreta entre as substancias de dúas almas, porque eu profeso amizade a persoas que pensan de maneira moi distinta cá min."(Sully Prudhomme)

"O egoísmo conduce ó fracaso" (Juan)

"Muller, encarnación do sorriso de Deus" (Sully Prudhomme, premio nobel 1901)

"Para ser feliz non se necesita ouro nin diñeiro, senón amor, amizade e luz interior" (Juan)

"Sen a muller, a vida é pura prosa" (Rubén Darío)

"Hai dúas clases de pais: o pai empresario e o pai agricultor. O pai empresario inviste e esixe resultados. Se ten éxito, os seus fillos serán máquinas perfectas. O pai agricultor sementa con amor, rega con cariño, espera con ilusión e goza vendo medrar a vida. Se ten éxito, os seus fillos serán persoas felices con raíces profundas" (Juan)

"Habería que vivir sempre como se acabasemos de nacer. Vivir no asombro como seres recén estrenados. Só entón gozariamos ante o milagre do sabor da laranxa, da beleza desta paisaxe que, diante da nosa casa, xa nin contemplamos" (José Luis Martín Descalzo)

"O sorriso é a porta do ceo" (Juan)

"Un mozo sen alegría e sen esperanza non é un mozo auténtico, senón un home envellecido antes de tempo" (Juan Pablo II)

"A vida só vale cando se entrega pouco a pouco ós demais" (descoñezo o autor)

"Unha persoa alegre é un anaquiño de ceo na terra". (Juan)

"A alegría, canto máis se gasta, máis queda". (Ralph Waldo Emerson)

"Lembra que de todas as túas armas a máis perigosa é a túa lingua. Rende culto á verdade, pero non esquezas dúas cousas: que xamais acabarás de encontrala completa e que en ningún caso debes impoñela ós demais" (José Luis Martín Descalzo)

"O sabio ten dúbidas, o forte ten debilidades, o valente ten medos, o rico ten miserias, o pobre ten riquezas incalculables, o medoso pode superar os seus temores, o débil pode atopar no máis profundo de si mesmo unha forza secreta, e o que dubida ten na súa alma a semente da sabedoría. No fondo, todos somos un pouco "humanos", de carne ou óso. E todos acabamos sorprendéndonos a nós mesmos. ¡Que pouco nos coñecemos!" (Juan).

"A vida é como unha lenda. Non importa que sexa longa, senón que estea ben narrada" (descoñezo o autor)

"A alegría de vivir é o máis grande poder cósmico" (Theilhard de Chardin)

"Moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en moitos sitios pequenos... conseguen facer algo grande" (anónimo, ou alomenos eu descoñezo o autor. Lino nunha folla da Asociación Española contra o Cancro)

"O principal compoñente da felicidade é a conformidade, non a resignación" (Elias)

"A alegría é pedra filosofal que todo o converte en ouro" (Benjamín Franklin)

"O destino do bo mestre está en ser superado polo seu alumno" (Unamuno)

"Benaventurados os non violentos, porque eles herdarán a terra" (do Evanxeo)

"A alegría prolonga a vida e trae saúde" (R. Udall)

"Unha web é boa se serve á vida, e se fai algo para que o mundo sexa mellor e para que quen a visita sexa máis feliz" (Juan)

"A xustiza é a porta da paz" (Juan)

"Moitas veces é máis difícil querer ós que están cerca cós que están lonxe" (Juan)

"Impón a ese maldito exceso de traballo que te acosa e te asedia algunhas pausas de silencio para atoparte coa soidade, coa música, coa natureza, coa túa propia alma, con Deus en definitiva" (José Luis Martín Descalzo)

"A présa excesiva é a nai das cousas incompletas" (Victor Madueño)

"Ubi caritas et amor Ibi Deus est". "Onde hai caridade e amor alí está Deus"

"LABOR OMNIA VINCIT IMPROBUS" (O traballo constante vence todas as dificultades) (Virxilio).

"A clave da felicidade está no equilibrio espiritual de quererse a si mesmo e amar ós demais" (Vicente Ferrer)

"Ningunha acción boa se perde neste mundo. Nalgún lugar quedará para sempre" (Vicente Ferrer)

"¡Ah mamá!: ninguén é perfecto" (Carmen: 6 anos)

"Non coñezo a ninguén que non teña cometido algún erro" (Juan)

"O home non morre, senón que a súa esencia sofre unha transformación tan grande que os nosos ollos de barro xa non o poden ver. ... Choramos polos defuntos, pero ningún morreu. Os atoparemos a todos". (Vicente Ferrer)

"A morte non é unha morte total, non é a fin, senón a continuación da vida por outros camiños" (Vicente Ferrer)

"Moitos autores coinciden en definir os instantes que preceden á morte como instantes dunha felicidade profunda" (Vicente Ferrer)

"O medo a morrer ocasiona máis sufrimento cá morte"

"A beleza está nos ollos que a miran, nos beizos que a bican e na alma que a sente e que a vive" (Juan)

"Non é mellor mestre o que sabe máis, senón o que mellor ensina". (Vanceli)

"O amor non mira cos ollos senón coa alma". (Shakespeare)

"Un gran problema convértese en pequeno en canto temos outro maior" (Juan)

"Canto máis calados estamos, mellor escoitamos" (BARBARA LARMOYER)

"A forza é o dereito das bestas" (CICERÓN)

"A felicidade non depende do que un ten, senón do bo uso que fai do que ten" (THOMAS HARDY)

"Se xunto á súa biblioteca o home ten un xardín, non necesita de nada máis". (CICERÓN)

"Para ser feliz cómpre sobre todo estar a gusto cun mesmo" (Juan)

"A fermosura das cousas existe no espírito de quen as contempla". (DAVID HUME)

"Coñécete a ti mesmo" (SÓCRATES)

"A fermosura dunha flor provén das súas raíces". (EMERSON)

"Aquel que traballa e nunca se aburre, xamais será vello. Sempre encontrará algo útil que facer e que poida dar sentido á súa vida". (JOSÉ MARÍA TOBAR).

"O amor non é contemplarse o un ó outro, senón mirar ambos na mesma dirección". (Antoine de Saint-Exupéry)

"Nunca escribo o meu nome nos libros que merco ata que os teño lido, porque só entón podo dicir que son meus". (Carlo Dossi).

"Educade ós cativos e non será necesario castigar ós homes" (Pitágoras)

"Para chegar lonxe hai que ir de vagar" (Juan)

A porta do ceo é redonda, ou, alomenos, curviliña. Non creo que ninguén sexa capaz de imaxinarse un ceo cadrado ou rectangular. O ceo ten maxia, ondas, alma, soños, luces frescas, estrelas dulces.... O ceo ten sorpresas. O ceo ten segredos. O ceo ten mil curvas poboadas de diamantes.

"O egoísmo é como colesterol: moito é malo, pero un puoco fai falta" (Juan)

"Existe o que pensas" (Avelino Muleiro)

"Arranca medos, sementas soños e serás unha leira feliz" (Juan)

"Coa vida ocorre o que cos chistes: o importante non é o que duren senón o que fagan rir" (Anthony de Mello).

"O silencio é a verdadeira linguaxe das almas" (Maeterlinck).

"Algún diñeiro evita preocupacións, moito, atráeas" (Confucio)

"Onde hai xustiza non hai pobreza" (Confucio)

"A acción é unha oración sen palabras .... A acción boa contén todas as filosofías, todas as ideoloxías, todas as relixións ...." (Vicente Ferrer)

"A acción boa fainos felices. A mala destrúenos." (Vicente Ferrer).

"A acción une ós homes. As ideoloxías adoitan separalos" (Vicente Ferrer).

"A utilidade dos libros é que inspiran e axudan ó home para entender e descifrar o seu propio corazón". (Vicente Ferrer).

"Nesta vida non hai ningunha persoa, cousa ou acontecemento que sexa inútil" (Vicente Ferrer).

"Deus é o corazón do mundo" (Vicente Ferrer).

"O importante é facer o ben" (Vicente Ferrer).

..... hai que entrenar a mente e o espírito para saber vivir en paz no medio das tempestades do mundo". (Vicente Ferrer).

"O ser feliz rexuvenece" (Juan)

"A avaricia é vivir constantemente na pobreza por medo a ser pobre" (San Bernardo).

"Quen de verdade sabe de qué fala, non encontra razóns para levantar a voz". (Leonardo da Vinci).

"Quen coñece a arte de vivir consigo mesmo ignora o aburrimento" (Erasmo de Rotterdam).

"Non hai rei que non tivese un escravo entre os seus antepasados, nin escravo que no tivese un rei entre os seus" (Helen Keller)

"Todo o que non é dado, é perdido"(proverbio indio)

"Equilibra as túas necesidades coa túa riqueza e non serás pobre nin rico, senón simplemente afortunado" (Quilón de Lacedemonia)

"Ó final de toda a nosa exploración chegaremos a onde tiñamos comezado e coñeceremos ese lugar por primeira vez" (T.S.Eliot)

"Ama e fai o que queiras" (Ruth Bermeo y San Agustín)

"O amor e a amizade son a esencia da vida"

"Ama, se bo, axuda ós demais ... e atoparás a felicidade"( Juan)

"A ledicia non está nas cousas senón no máis profundo da nosa alma" (Santa Teresa de Lisieux)

"Buscando o ben dos nosos semellantes atopamos o noso" (PLATON)

"Anque soubera que ía morrer mañá, aínda plantaría unha maceira hoxe" (MARTIN LUTERO)

"As circunstancias son importantes ... pero o esencial está dentro de cada un" (Juan)

"É posible dar sen amar, pero non é posible amar sen dar" (RICHARD BROUNSTEIN)

"Ó final do camiño, para a outra vida, levamos só o que demos" (Juan)

"Ó atardecer da vida ... examinaránnos do amor ..." (San Juan de la Cruz)

"A muller sabia edifica a súa casa, a necia coas súas mans destrúea". (Proverbios, 14, 1)

"Máis vale ración de verduras con amor, que touro cebado con rencor". (Proverbios, 15, 17)

"A forza é o orgullo dos xoves, e as canas o adorno dos anciáns"(Proverbios, 20, 29)

"Douvos un mandamento novo: amádevos os uns ós outros". (Xesús. Juan, 13, 24)

"A verdadeira amizade chega cando o silencio entre dous parece ameno" (Erasmo de Rotterdam)

"O home que cometeu un error e non o corrixe comete outro error maior" (Confucio)

"A maior sabedoría que existe é coñecerse a un mesmo" (Galileo Galilei)

"... non se ve ben senón co corazón. O esencial é invisible ós ollos". (de El pincipito, de Antonio de Saint-Exupéry).

"Unha rosa non necesita falar, simplemente esparexe a súa fragancia". (Gandhi)

"Cando só os desexos constitúen o fundamento da nosa felicidade, non é doado acadala, porque os desexos nunca teñen fin". (José María Tobar)

"O traballo sen presas é o mellor descanso para o organismo" (Gregorio Marañón)

"A modestia consiste en escribir con lápiz, e a humildade en aceptar que borren o que escribimos con tinta" (José Laguna Menor)

"Non pretendas que as cousas sexan como as desexas; deséxaas como son"· (Epicteto)

"Non digas todo o que sabes, pero procura saber sempre o que dis" (Matthias Claudius).

"Estar en silencio cos amigos é tan importante como falar con eles" (Henri Nouwen)

"De homes é equivocarse; de loucos, persistir no error" (Cicerón)

"O verdadeiro amor non se coñece polo que esixe, senón polo que ofrece" (Xacinto Benavente)

"Ningún home é inútil mentres conte cun amigo" (Robert L. Stevenson)

Pódese ter conciencia social sen ser crente, pero non se pode ser crente sen ter conciencia social.

"Escoitar con paciencia é ás veces maior caridade que dar" (San Luis, Rei de Francia)

"É duro caer, pero é peor aínda non ter intentado subir" (Teodore Roosevelt)

"Se non vives como pensas, acabarás pensando como vives"(esta frase díxoma Guillermo, pero aínda non sei quén é o seu autor)

"O planeta ofrece canto o home precisa, pero non canto o home cobiza" (Gandhi)

"Unha tontería segue sendo unha tontería anque sexa dita por 50 millóns de persoas "(Anatole France)

"O importante non é onde se está, senón a dirección en que se camiña"(Wolfgang Goethe)

"Case todos os nosos errores son máis perdoables cós métodos que discorremos para ocultalos" (F. de la Rochefoucauld)

"Todo acontecemento doloroso encerra unha semente de crecemento e de liberación" (Anthony de Melo)

"Ningún cañonazo conseguiu nunca abater unha idea"(descoñezo o autor, pode que sexan moitos... )

"¡Qué pouco ruído fan os verdadeiros milagres!" (Antoine de Saint-Exupery)

"O canto dos paxaros proba máis a existencia de Deus que moitos sermóns" (José Laguna Menor)

" Calquera que crea que a súa propia vida e a dos seus semellantes está privada de significado, non só é infeliz senón a penas capaz de vivir" (Albert Einstein)

"Ante todo é necesario coidar a alma se se quere que a cabeza e o resto do corpo funcionen correctamente". (Platón)

"Se tes a fortuna de encontrar un estilo de vida que che gusta, busca a coraxe para vivilo". (John Irving)

"A vida é o que ocorre mentres nós perdemos o tempo facendo plans".

"O home é rico cando se familiariza coa escasez". (Epicuro de Samos)

"O libro é un alimento que non ten data de caducidade". (Josep Mª Espinás)

O que aprendes estudiando, esquécese vivindo; o que aprendes vivindo, non se esquece estudiando. Se queres aprender para sempre, non estudies, ¡vive!.

"Peregrino é todo aquel que ten un espirito libre, unha equipaxe lixeira, un alma solidaria, ... e segue espontanemente o camiño dos seus soños". (Juan)

"O que nos fai persoas non é ter dous ollos que ven, senón a nosa forma de mirar". (FRANCISCO ÁLVAREZ)

"Desgraciados os homes que teñen todas as ideas claras". (LOUIS PASTEUR)

A vida inclúe, entre outras moitas cousas, unha viaxe gratis ó redor do sol todos os anos. (anónimo)

"Vivimos en soidade porque, alienados polo superficial, eludimos o noso ser máis profundo". (VICENTE MARQUÉS)

"Deus nunca nos tira ó lixo por moi estragados que nos vexa".(ALBERTO INIESTA)

"Gústame mirar o mar e ver cómo me trae os teus doces bicos en cada onda que baña a area da miña alma." (Flor)

"A educación e a cultura son a base do progreso e da felicidade dos pobos". (de autor que ignoro)

"O teu tesouro está cerca,
está aquí,
está ó teu lado;
pero ti non o ves,
non podes velo;
Será preciso
que percorras un longo camiño
para que cando volvas poidas,
co teu corazón novo,
encontrar e ver o teu tesouro
e disfrutar da súa beleza". Juan

"Os que se senten amados, melloran de carácter e de costumes". (S. Arzubialde)

"É bo empezar o día cunha dose de ternura e así perfumar o día" (A. MAUROIS)

"Facede sempre o ben, que nunca vos pesará" (Xosé Rúa)

"O amigo é quen abraza un segredo sendo o noso seguro cómplice, quen abranda a angustia, quen aconsella nunha decisión, e sobre todo, quen alegra e conforta" (Invitación á Serenidade. Séneca).153.

A liberdade está dentro de cada un. Só quen é dono de si mesmo pode considerarse libre.

"A amizade beneficia sempre, o amor causa dano ás veces". (Seneca)

"O CAMIÑO DE SANTIAGO é un camiño cara ó interior de un mesmo". (Eva)

"O camiño cara ó cume é coma o camiño cara a un mesmo: unha marcha en solitario". (R. Messner)

"A amizade é alimento para o espírito"

"O traballo e o servicio son o amor feito visible" (K. Gibran)

"Meu pai di que os tesouros son máis valiosos se un é capaz de compartilos.

"Vinde a min todos os que estades cansados e angustiados, e eu aliviareivos". (Evanxeo de Mateo, 11,28)

"Onde existe un gran amor, sempre se producen milagres" (Willa Cather)

"Moitas maravillas hai no mundo, pero a obra mestra é o corazon materno" (BERSOT)

 

Non deas voltas ó pasado,
pois non o podes cambiar.
Que non te agobie o futuro:
non sabes se chegará.
Goza e vive o presente,
non o deixes escapar,
porque unha vez que se vaia
xa nunca máis volverá.
(Juan, 31-01-2005)

     "Cando era xove e libre, e a miña imaxinación non tiña límites, soñaba con cambiar o mundo.
     Cando me volvín máis vello e sabio, descubrín que o mundo non cambiaría, así que acortei os meus anhelos un pouco e decidín cambiar só o meu país. Pero este tamén parecía inmutable.
     Cando entrei no ocaso da miña vida, nun último intento desesperado, propúxenme cambiar só a miña familia, os meus achegados, pero, por desgraza, non me quedaba ningún.
     E agora, mentres me atopo no meu leito de morte, repentinamente doume conta: Se me tivera cambiado primeiro a min mesmo, co exemplo tería cambiado a miña familia.
     E a partir desa inspiración e estímulo podería ter feito un ben ó meu país e, quén sabe, tal vez incluso... tería cambiado o mundo."

(Estas palabras ó parecer atópanse escritas na tumba dun bispo anglicano na cripta da Abadía de Westminster).


     (Avelino Muleiro traducíu maxistralmente todas estas frases ó galego. Gracias a el podemos disfrutar estas perlas na nosa fermosa lingua. Cada vez que visitedes esta páxina non vos esquezades de dárllelas gracias no fondo do voso corazón a este carballiñés galego universal. Gracias, Avelino).

 


Na leira do teu ser
procura arrancar os medos e as malas herbas,
para que os teus soños medren en liberdade,
e para que a túa vida de froitos
bos e abundantes
de ledicia, amor,
paz e felicidade.

(Juan, 21-5-05)


 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador



TOP: Ir ó INICIO desta páxina

Benvid@, a Galicias.com