Galicias.com: unha casa para todos |
Frases | Proverbios | Amabilidade | Pensamentos de Peregrinos | Utopía | Vida feliz | Felicidade |
RECORDO A UNHA AVOA
“Grazas a todos por estar hoxe aquí
acompañando á nosa avoa e apoiando á familia.
Os que a coñecestes, sabedes que sempre
foi una muller moi loitadora, traballadora e cunha fortaleza difícil
de imaxinar. ¡Todos aprendemos dela!, sexa polo seu saber estar, pola
súa forza de sacrificio e voluntade, pola súa intelixencia...
así como polas súas conversas.
Aproveitaba calquera momento para aconsellarnos;
consellos dunha muller que viviu toda una vida adicada á súa familia.
Os seus fillos, netos e bisnetas levaremos sempre con nós os contos e
historias fermosas que nos contaba, como a da “nena perdida no bosque
encontrada por un cazador”; persoalmente xamais esquecerei ese conto.
Todos estamos dacordo en que pasaríamos
horas e horas escoitando a súa doce voz cando a oïamos relatar.
Gustáballe ler a Biblia e a vida de Santa Teresa de Xesús, penso
que eran estas as súas lecturas preferidas.
Ó seu carón rezamos, enxeñándonos
a palabra de Deus, da cal ela sacaba esa forza para pedir por toda a súa
familia. Era tan grande a súa fé, que nos seus responsos apoiámonos
todos: para un exame, para un traballo, un recollecemento médico; ¡todos
nos guiamos por ela!, polas súas palabras de tranquilidade e serenidade.
A persoa que a coñecía por primeira
vez, marabillábase e sorprendíase do ben que falaba e do ben que
se explicaba, sempre tendo una palabra de alento en cada conversa.
A súa escola foi o campo, o gando, as leiras
e unha horta. Unha horta que lle daba vida, que disfrutaba, que a facía
sufrir se non estaba abonada ou regada. Era o seu refuxio e alí pasaba
longas horas ensimismada, quitando herbas, observando a terra e falando con
Deus.
Por todo isto non estemos tristes. Deixounos un
legado moi fermoso: ¡Estar unidos e querernos sempre!.
Ademais, familia, cando queiramos falar con ela,
a parte de estar no noso corazón, só temos que ir a súa
horta, ¡alí a encontraremos!.
GRACIÑAS A TODOS.
(Palabras de Mary, pronunciadas no enterro da súa aboa Socorro, na Igrexa de Santa María, Trasigrexa, Vilardevós, o día 9 de maio de 2011)
Na leira do teu ser
procura arrancar os medos e as malas herbas,
para que os teus soños medren en liberdade,
e para que a túa vida de froitos
bos e abundantes
de ledicia, amor,
paz e felicidade.
(Juan, 21-5-05)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
©Instituto de Estudios Carballiñeses.
Benvid@, a Galicias.com