Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Outros pobos chamados "CAMBA" ou con nomes semellantes:
Parece ser que CAMBA é unha palabra celta usada para darlle nome a cada unha das duas pezas curvas de madeira que forman parte da roda dos carros.
Recibín un interesante correo de un xaponés chamado Sato Yoshimasa. E cada vez estou mais convencido de que a palabra "camba" está relacionada coa idea de "curva". Collede un bo diccionario galego e mirai o significado de palabras que empezan por "camb-". Atoparedes moitas relativas a cousas curvas. Exemplos: CAMBA: cada unha das pezas curvas que compoñen a roda do carro. CAMBALEAR: non camiñar dereito. CAMBAR: andar torcendo as pernas. CAMBEIRO: dise do que está torto, principalmente as pernas. CAMBELO: que ten as pernas tortas. CAMBRAR: curvar un talo, un vergallo ou unha vara para facer un obxecto. ....
Na zona de Salamanca e en alguns lugares de Cantabria úsase a palabra "camba" como sinónimo de "cama del arado" para designar a peza curva do arado que en galego lle chamamos ravela. E esas palabras "cama" e "camba" teñen orixe céltico, e veñen da palabra "cambos" que significa curvo.
Polo mundo adiante hai moitos pobos, aldeas ou lugares que se chaman Camba. Eu atopei algúns que poño de seguido, pero seguro que hai moitos mais. A información que facilito de cada un deles está collida das páxinas de internet que cito, resumindoa á miña maneira.
Este Camba (o noso) é un pobo moi fermoso, do concello de Laza, provincia de Ourense. Está a mais de mil metros de altura, cerca de Cabeza de Manzaneda, e lindando cos montes do Invernadeiro. Alí nace o río Camba, de augas puras e cristalinas, ata o punto de que se pode beber sen medo a auga do mesmo río. Rio, por certo, de ricas troitas. Na paisaxe de Camba abundan os montes de uces, carqueixas, toxos, .... Pero tamén hai carballos, castiñeiros, vidueiros, escancereixos, acebros, ... E por suposto lameiros verdes, leiras de centeo ou patatas, cortiñas con berzas, hortas, e terreos con frutais. As casas son feitas de pedras pequenas "do país", cubertas con lousa tamén do "país". Ir a Camba é como volver a un tempo lonxano, onde a vida era .... doutro xeito.
Camba, Concello de Pampilhosa da Serra (Portugal) Para ver unha fermosa web deste Camba pinchar aquí; e para ver outra web aquí
Fermosa aldea que pertence á freguesia de Fajão, sita no norte do concello de Pampilhosa da Serra, nunha rexión chamada Alto Ceira, tendo a Serra do Açor e o Picoto de Cebola, cos seus cerca de 1500 m de altitude, como horizonte próximo. Este pobo de Camba está bañado polo Rio Ceira que nace a pouca distancia do limite norte do concelho, xa nas “faldas” da Serra de Estrela.Este Rio de aguas límpas e cristalinas constitue unha das atracción principais da rexión. A paisaxe é mariavillosa, alternando a vexetación de mato, con piñeiros, castiñeiros, érvedos, sobreiros.
Cambeses, concello de Monçao, distrito de Viana do Castelo, Alto Miño (Portugal) web de Cambeses
A freguesía de Cambeses ocupa cerca de 417 ha. Os seus lugares principales son: Sende, Milagres, Carregai, Grandai, Casa Nova, Mende, Outeiro e Outeirinho, Coto, Cerdeiras e Requesende. Parece ser que otopónimo Cambeses provén do celta, camba. O seu patrón é San Salvador. E unha terra fertil, que produce viño, cereais, aceite, verduras, ... No ano 2001 tiña 485 habitantes.
Cambas, concello de Oleiros, (Portugal) web de Cambas Está cerca da CAMBA de Pampilhosa da Serra. Cambas: A TERRA DAS CURVAS. Cóntase que o nome Camba, tanto en latín, como no idioma dos celtas, quere decir curva, como a curva das cobras (que serpentean), como serpentea un río, como curba é a camba do carro, como curvas son as montañas redondeadas onde se asentan os pobos que se chaman CAMBA, ..... A parroquia de Cambas está pola zona centro de Portugal e ten arredor de mil habitantes repartidos en varios lugares e aldeas. Dende o ano 1.960 perdeu pola emigración 2/3 da poboación que antes tiña. En Cambas hai, lóxicamente, boa carne de cabrito. ... Curioso. Cambas é tamén un pobo de montaña. Non deixedes de visitar a súa web.
....
Si atopades outros "Cambas" decídemo e iremos aumentando esta lista de hirmaus no nome.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa