Benvidos a galicias.com/boboras.
Aquí atoparedes fotos de parroquias e lugares do concello de Boborás.
Este é o mapa deste recanto
que forma parte da web Galicias.com:
Eirexa de San Martiño de Cameixa.
O Concello de BOBORAS está
formado por 14 parroquias e 112 lugares. Veleiquí tedes a lista das parroquias,
e de seguido, con letra máis miuda, os pobos, aldeas e lugares que cada
parroquia comprende:
- Parroquia de Albarellos (San Miguel), formada
polos seguintes lugares: Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario,
Lamela, O Paraiso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André,
A Seara, Sobredo, Valdesenda.
- Parroquia de Astureses (San Xulián),
formada polos lugares de: Astureses, Batallás, Cibreiro, Eixán,
Fondo de Vila, O Outeiro, A Penela, Xoane.
- Parroquia de Brués (San Fiz),
formada por: Barro, A Batoca, Brués, Conchouso, A Fontela, O Igresario,
A Ponte, Riande, Santa Isabel, O Souto, A Teixeira, O Torrón.
- Parroquia de Cameixa (San Martiño),
na que están os lugares de: Cameixa, Córneas, O Currelo, O Domo,
Figueiroa, Gontelle, A Granxa, Leboreira, Morouzón, O Outeiro, Parada,
A Petada, Salceda, San Bartolomeu, San Cristovo, e Vilanova.
- Parroquia de Cardelle (San Silvestre),
que soio comprende o lugar de Cardelle.
- Parroquia de Feás (Santo Antón),
que comprende: Borraxas, As Costiñas, O Curro, Feás, A Fenteira,
A Vesada, Vilachá.
- Parroquia de Laxas (San Xoan),
formada por: Laxas, Leborín, Liñariños, O Lugar, e O
Souto.
- Parroquia de Moldes (San Mamede):
A Groba, Laxa, Miandreiras, Moldes, Nonás, Paradela, Ponterriza, O
Porto do Carro, Valiñas, e Xesteira.
- Parroquia de Moreiras (Santa Mariña):
Fonte Moreiras, Gabián, Moreiras, Vecoña de Abaixo, Vecoña
de Arriba.
- Parroquia de Pazos de Arenteiro (San Salvador):
Figueiredo, O Igrexario, O Pazo, Pazos de Arenteiro, Requeixo, e A Vila.
- Parroquia de O Regueiro (San Pedro):
As Antas, Regueiro de Abaixo, Regueiro de Arriba, Sonello. A esta parroquia
pertenecen tamén alguns lugares comprendidos dentro de o Concelo do
Irixo.
- Parroquia de Xendive (San Mamede):
Meixe, Nogueira, Pereiras, Porto Pereiras, Xendive.
- Parroquia de Xurenzás (San Pedro):
Ensalde, O Igrexario, A Pontenova, O Prado, Valboa, Ventosa, Xurenzás.
- Parroquia de Xuvencos (Santa María):
A Almuzara, Bergazos, Boborás, Frnza, O Igrexario, A Lama, O Penedo
de Xuvencos, As Quintás, Rodas, Sande, Xesteira.
O Concello de Boborás
tiña 7399 habitantes no ano 1.900, 7367 habitantes no ano 1.960, e soio
3560 habitantes no ano 1.998. Igual que outros concellos rurais do interior
de Galicia, está perdendo poboación como consecuencia dun crecemento
vexetativo negativo e da emigración (cara outras cidades e vilas, e cara
Carballiño, cabeceira da comarca)
"O que converte a vida
nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que
nos guste o que facemos" (GOETHE)
Benvid@, a Galicias.com
MAPA
DA WEB