Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Viaauria polos arredores de Ourense. O ceo está cerca.
05/06/2010

IMG_3876 IMG_3890 IMG_3921 IMG_3923
IMG_3876.jpg         IMG_3890.jpg         IMG_3921.jpg         IMG_3923.jpg        
IMG_3939 IMG_3941 IMG_3950 IMG_3951
IMG_3939.jpg         IMG_3941.jpg         IMG_3950.jpg         IMG_3951.jpg        
IMG_3958 IMG_3965 IMG_3966 IMG_3972
IMG_3958.jpg         IMG_3965.jpg         IMG_3966.jpg         IMG_3972.jpg        
IMG_3978 IMG_3984 IMG_3986 IMG_4016
IMG_3978.jpg         IMG_3984.jpg         IMG_3986.jpg         IMG_4016.jpg        
IMG_4023 IMG_4038 IMG_4056 IMG_4066
IMG_4023.jpg         IMG_4038.jpg         IMG_4056.jpg         IMG_4066.jpg        
IMG_4078 IMG_4079 IMG_4090 IMG_4118
IMG_4078.jpg         IMG_4079.jpg         IMG_4090.jpg         IMG_4118.jpg        

 

 

O ceo está moi cerca.
05/06/2010

 

     Quedas a unha hora calquera dun día calquera no Xardín das Burgas. Neste caso ás nove da mañán do cinco de xuño de 2010. Xúntaste cun montón de amigos. Atópaste cun mozo tan alto que a súa cabeza sae por enriba de todas as demáis, un mozo que coñece os camiños, que lle gusta amosarlle ós demáis eses recantos fermosos que vai descubrindo cada día, que vive e conta as cousas con paixón... Un home que sabe tanto de tantas cousas que sempre nos sorprende contándonos cousas que non nos imaxinábamos que as poidera saber...

     Ese home guíate. Sigues os seus pasos. E, andando, sin gastar en billetes de avión, atópaste moi pronto nun lugar totalmente descoñecido, no medio dun bosque... Pechas os ollos e imaxínaste que estás de viaxe, a miles de quilómetros do lugar onde vives... Pensas que estás no medio da selva, onde o silencio se escoita, onde todo é sorprendente... Vas apartando as ramas das árbores para abrir camiño. Gozas co frescor das sombras fondas. Topas un regato no que se bañan os xabaríns... Todo é salvaxe, puro, virxe... Non se ve unha casa... Non se escoita ningún ruido urbano... Non hai nin rastro de civilización... Comes no alto dun monte, sentado enriba dunha peneda... Conversas. Calas. Dormes. Soñas...

     Volves a camiñar. Outra vez por un bosque salvaxe. Antes perdiches a noción do espazo. Agora perdes tamén a noción do tempo. Non sabes en qué século estás. Pode que no XI. Pode que no XV. Non tes nin idea. Cantan os paxaros, coma fan sempre dende fai milleiros de anos... Escoitase o ruxir da auga dun pequeno regato... E o suave vento da carde acariciáte con tenrura...

     Enriba das árbores adiviñas a existencia dun ceo azul, cheo de estrelas que neste intre non se ven, pero que sabes que están ahí... Sintes dentro do teu corazón como baila unha estrela grande, facéndoche cóxegas, e desprendendo unha luz grande que te envolve... Agora o ceo nace en tí, dende dentro...

     Sigues camiñando. Case non pousas os pés. Tópaste lixeiro.

     Comes tres ou catro cereixas... Bebes auga fresca dunha fonte... Volves a camiñar... e de pronto... ¡tópaste de novo en Ourense!...

     ¿Canto tempo pasou?. Non tes nin idea. Parece que foi un segundo. Parece que foi unha eternidade. Un fermoso segundo eterno, deses que cheiran a soño namorado. Preguntas qué hora é. ¡As nove da noite!. Vaia, que según as matemáticas pasaron doce horas. Pero as matemáticas importan pouco...

     O único que importa é que estiveches no ceo. E que agora sabes que ¡O CEO ESTÁ MOI CERCA!

(Juan, 06-06-2010)

 

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador