Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Viaauria: senderismo cos cinco sentidos
Val do Támega
(por Pilar Abraldes)
Qué ben o pasamos. Cómo rimos. Cánto vimos, “cheiramos” e escoitamos o sábado, 19 de xaneiro, no Val do Támega e na Alta Limia da que, por certo, din algúns, que é un invento.
Non é o caso. Regalounos o tempo un día maravilloso, de ceos azuis e un apreciado sol que, trala néboa de primeira hora, nos foi descubrindo a terra, a flora, a fauna... a vida, en suma, que hai en torno ó Támega, malia a degradación provocada por un desenvolvemento ben pouco sostible. Mais dun de nós podería facer un apaniño na sùa casa con algunha das antigüidades tiradas á beira do Támega; mais dun incluso podería tunnea-lo vólido.
Valeu de moito, a bo fé, a andaina escollida para a mañá. Porque as lagoas do Támega aparecen entre os chopos que nos anticipaban as terras de Castela ata as que nos achegaremos en febreiro. Porque a garza ía e viña, vixiante da particular e pacìfica invasión de Vía Auria. Porque trinou o ruiseñor bastardo e descubrímolo algúns, malia as reticencias de quen non foi pero escoita o relato apresuado e emocionado da recén chegada da andaina. O ruiseñor, seica, tan só canta à noitiña. Ángel, explícalle ó incordiante.
E do viño de Monterrei, qué. Pois que baixa ben, sobre todo se o xantar é bo e sabe mellor. Foi un banquete, o de Riós. Acertaron , sobre todo, quen escolleron os callos. O cordeiro, no punto. Postre caseiro, café e copa. O licor café, eso sí, mellor o do Ribeiro, se cadra, polo augardente. Tan só faltou o baile.
Houbo tempo logo
para unha cabezadiña, no autobús, ata o destino final, na Torre
da Pena, por onde Trandeiras. Prometían posta de sol espectacular e foi.
Ás seis e vinteseis minutos da tarde, quedou rexistrado o ocaso. Unha
intensa cor de fogo alumeou a despedida do día e deixou paso á
noite clara e inmensa da Limia. Téñoa, a posta de sol, fotografiada
na retina. Gustaríame ver outras fotos.
Acabo de darlle o derradeiro bocado á bica
do Val de Laza, a auténtica bica de nata, mercada en Verín.
Rubén, volve pronto.
(Pilar, 19-01-2008)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa
Ver o meu libro de Visitas Deixar unha mensaxe no Libro